ISDIN INFANTIL Cuento GALL

Page 1

NIVEL INFANTIL

Conto

O

NOSO PRIMEIRO CROSS

Ana e Daniel están moi emocionados. Van participar no seu primeiro cross escolar con máis nenos e nenas da súa clase. Preparados, listos… xa!

Daniel: Moi ben, Ana!

Ana vai das primeiras, pero parece que hai algo que lle preocupa ... Será a pel do neno que corre ao seu carón? Por que a ten vermella?

Daniel: Ana! Onde vas?

Ana: Ven! Axúdame!

Ana saíu da carreira! Por que o fará?

Ana: Viches que o rapaz que corría ao meu carón tiña a pel vermella?

Daniel: Veña! Rápido!

Daniel: Aquí está!

Na mochila de Ana e Daniel hai todo o necesario para protexerse do sol: camiseta, gorra, lentes de sol, cantimplora con auga e… protector solar!

Ana e Daniel corren tan rápido que están a piques de atinxir o rapaz que vai primeiro.

Ohhhh! Case o conseguen. Martín chegou o primeiro.

Ana e Daniel: Parabéns!

Martín: Estabas gañando. Por que deixaches a carreira?

Ana: Vin que precisabas protector solar.

Martín: Protector solar? Para que?

Ana: A nosa profesora explicounos que temos que protexer a nosa pel dos raios do sol con protector solar.

Daniel: Nós puxémonolo antes de saír de casa.

Ana, Daniel e Martín: Cando fagas deporte, protexe a túa pel con protector solar!

E non esquezas botar o envase baleiro ao contedor de reciclaxe! Tamén debemos coidar o planeta!

Hoxe Martín gañou moito máis que un cross. Fixo dous novos amigos e descubriu como protexer a súa pel dos raios do sol.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.