Issuu on Google+

memoria grรกfica.


MUROS memoriagrรกfica


13

A vila de Muros: un percorrido por unha paisaxe de séculos. Algunhas claves para a interpretación dunha paisaxe urbana singular 1

Na marxe dereita da ría do Tambre, cando xa o Atlántico comeza a impoñer a súa lei á dozura e á calma interior das augas da ría, nun recuncho dunha ampla baía, a vila de Muros, a antiga “Puebla del Muro” nos documentos medievais, alonga

a súa figura en paralelo ás augas do océano. Apertada entre a montaña e o mar, preséntase ante a nosa vista como unha espectacular fachada urbana, unha paisaxe froito de séculos de intervencións como corresponde a aqueles espazos que como Muros teñen tras de si un longo pasado. Desde os remotos tempos medievais do seu nacemento ata o momento actual, moitas das vicisitudes polas que pasou a realidade urbana a través da historia, momentos de florece-


15

14

mento e de crise, de esplendor e ocaso, van deixar pegada na súa imaxe dunha ou doutra forma. Así, na paisaxe actual, como resultado da mutación da vila a través do tempo, imos atoparnos cunha serie de espazos ou arquitecturas pertencentes a diferentes etapas históricas que van establecer un diálogo entre o pasado en que naceron e o momento actual. Serán as fontes da memoria cidadá, os fitos referenciais do seu pasado. É un feito recoñecido que a vila de Muros, como todas as realidades urbanas nacidas nun pasado tan afastado, constrúese sobre si mesma en continua reedificación. Falar de Muros e do seu patrimonio urbano é falar do quefacer do home, do seu esforzo diario no tempo, do seu traballo, adaptación ó medio e da súa obra creadora. E así, a cidade histórica aparece como unha amalgama de arquitecturas con predominio absoluto do anonimato, que en feliz combinación entre si e cos espazos libres que delimitan e conforman, constitúe unha paisaxe singular. A pesares dos graves quebrantos sufridos nos anos en que especulación e franquismo camiñaban da man, aínda cun alto grao de deterioro froito do abandono e falta de sensibilidade, a cidade antiga constitúe o espazo más sentido, mellor valorado

e percibido con máis intensidade polos habitantes da vila pois segue conservando nos seus espazos unha serie de elementos que a converten en singular desde o punto de vista estético. Pasear polo casco histórico muradán de vagar, admirar as súas arquitecturas diversas que nos falan das diferentes sociedades que o poboaron, escudriñar ata descubrir os seus máis insólitos recunchos, nunca esgotará a nosa capacidade de sorpresa ante a innumerable cantidade de novas e inéditas perspectivas: aquel espazo agochado, esoutro corredor pechado con nobre rexería de ferro forxado, o traballo de ourive dun lintel, as gárgolas en granito dunha imaxinación desbordante, as magníficas portas en madeira nas que destaca un soberbio chamador, unha filigrana na branca galería de madeira, a sinfonía de soportais que enmarca a súa fachada marítima...


17

16

Nas páxinas que seguen falaremos de séculos de intervencións na vila de Muros con grandes efectos nas súas arquitecturas, espazo urbano ou característico perfil morfolóxico enmarcado pola súa paisaxe, combinación de mar e montaña que lle dan acougo. No longo proceso de conformación da paisaxe actual das entidades urbanas galegas que como a vila de Muros teñen tras de si un pasado de séculos, podemos distinguir dous momentos básicos nos que a cidade adquire os seus elementos definidores: unha primeira etapa que podemos denominar como preindustrial, que comprendería desde os inicios da vida urbana ata as grandes transformacións que vai sufrir a vila como consecuencia do pulo industrializador; unha segunda que comezaría no século XIX e nos levaría ata os anos sesenta ou setenta do


19

18

século pasado. Aparece agora, da man do proceso industrializador, unha burguesía industrial, comercial e funcionarial, que vai refacer a antiga vila para adaptala ás novas necesidades. A cidade preindustrial Con esta denominación faise referencia á cidade construída no longo espazo de tempo que vai desde os inicios da vida urbana ata aproximadamente a metade do século XIX. Correspóndese coa nomeada como cidade antiga, cidade vella, casco histórico e outros cualificativos que o que queren significar é o feito da súa dilatada historia no tempo. A maioría dos elementos da paisaxe urbana pertencentes a esta época constitúen na actualidade unha mínima parte da vila; non obstante, a súa pegada pervive con tal forza, que non se concibe o espazo urbano sen a súa presenza. A cidade nacida antes das transformacións froito do proceso industrializador do século XIX presentaba unhas características singulares, herdanza dos tempos medievais en que na-


21

20

cera. A súa silueta era característica: un perímetro compacto, onde as casas se apertaban no espazo cinguido por unha muralla, e as torres das igrexas ou fortalezas sobresaíndo de xeito destacado. Nas proximidades deste conxunto, o arrabalde, os barrios nacidos a carón da cidade amurallada, os denominados burgos extramuros que co paso do tempo incluso chegan a ser máis importantes que a vila ou pobra inicial. Aínda na actualidade estes dous espazos son claramente percibidos na vila de Muros. Vexamos de seguido como se orixinaron e cales son as súas características máis singulares.

O nacemento da vila de Muros: a elección do sitio e do lugar A aparición da vila de Muros témola que poñer en relación co proceso urbanizador que vai ter lugar na Europa Occidental e que chega con toda a súa forza a terras galegas desde mediados do século XII e principios do XIII. É agora cando Galicia se integra nos circuítos comerciais da Europa Atlántica a través dunha serie de portos que van engalanar a costa desde Ribadeo ata a Garda. O territorio galego, ocupado preferentemente por comunidades rurais, vai ver como no curto espazo de tempo duns douscentos anos, este esquema se modifica e cando o proceso chegue ó seu remate, alá polo século XIV, serán as sociedades urbanas as que ocupen o lugar de privilexio na xerarquía ocupacional do espazo.


23

22

boación algunha, ou pola contra, nun lugar ocupado por algunhas vivendas. Segundo se deduce dos diversos documentos, o caso da vila de Muros deberiamos encadralo no segundo dos casos. A existencia da vila de Muros é, por conseguinte, anterior ó momento en que aparece citada nos documentos escritos que fan referencia á súa fundación. É baixo o reinado de Alfonso IX (1188 -1230) cando se comeza a poboar “La Puebla del Muro” a futura vila de Muros, e ten lugar durante o que se denomina como a segunda etapa de fundacións urbanas na costa galega. No entanto, non será ata o reinado de Sancho IV cando reciba o seu foro ou estatuto de vila. No ano 1286, Muros recibe a súa Carta Pobra como cada unha das vilas e como en todas elas, dito documento remítese a uns corpos xurídicos de máis amplo aspecto, ós Foros, neste caso o Foro de Benavente, (este Foro xa se lle dera á Coruña por parte de Alfonso IX por exemplo). A carta foral é un ordenamento xurídico que recolle os privilexios e exencións tributarias, penais ou procesais concedidas polo monarca. Trátase dunha

O nacemento das realidades urbanas na Galicia medieval é un proceso histórico de orixes non sempre fáciles de detectar. É particularmente escuro o período que precede á aparición do núcleo no primeiro documento escrito e, cando isto sucede, xa estamos diante dunha poboación que reúne practicamente todas as características que definen unha realidade urbana. Isto que é unha norma bastante corrente pode facernos pensar que a etapa anterior non existe e que a simple vontade real é suficiente para crear un núcleo urbano, ou pola contra, podemos supor que a creación real non foi máis que dar carácter a unha realidade previa, creada de maneira completamente espontánea durante un prolongado espazo de tempo, ou fase preurbana. Así pois, as vilas “creadas”, puideron fundarse onde non existía po-


25

24

serie de privilexios como por exemplo liberar ós habitantes urbanos dunha serie de obrigas co obxectivo de atraer cara á urbe o maior número de xente. A cidadela inicial xorde en Muros ó abrigo do monte Rebordiño no extremo sur do grande entrante que constitúe a denominada enseada de Muros, golfo que se abre entre a illa de San Antón e a punta do Cabo Rebordiño. Este emprazamento atópase ben resgardado dos axentes naturais. O monte de Miraflores protéxea dos ventos do Oeste e o monte Rebordiño permite que se ampare dos do Sur. Asemade, se temos en conta que polas épocas de fundación destes enclaves urbanos as condicións de tranquilidade son mínimas debido ós constantes ataques que a piratería sarracena e normanda efectúan sobre estas costas, un elemento a ter en conta é o carácter defensivo que se pretende dar ó establecemento. Neste senso o emprazamento de Muros é ideal. A súa instalación nunha curva interior, ó amparo do monte Rebordiño, fai que sexa dificilmente visible para aquelas persoas que penetren na ría por mar. Por outra banda,

as escarpadas ladeiras do monte, contribúen de xeito natural como elementos defensivos. Este carácter defensivo que adopta a cidade fai que as casas se apiñen arredor da igrexa, formando elas mesmas unha especie de cinto protector inicial e anterior ó que pronto prestará a construción dunha cerca ou muralla que rodee o conxunto. Igualmente, se aceptamos como boa a afirmación de que a razón de ser das cidades, máis que ó sitio que ocupan, débese á actividade dos seus habitantes, teremos que inclinarnos a pensar que os homes e mulleres que construíron e fixeron medrar a vila de Muros tiveron sempre na súa mente a importancia que para a cidade tería o mar no seu desenvolvemento e toda


27

26

todo, o imprescindible, o sal, produto vital cuxo tráfico estaba controlado pola realeza e só era canalizado a través duns estancos -os alfolís- situados en determinados portos. Outros artigos que ocupaban un lugar destacado no comercio eran os panos, o viño e os coiros. Pero aparte de contar cunha xeografía favorable para o refuxio de persoas e embarcacións, unha condición fundamental para o desenvolvemento da vida urbana é todo un conxunto de relacións que se establecen entre o núcleo e o seu entorno, así como, entre os diferentes espazos urbanos entre si. Por iso, todo espazo urbano que pretenda perdurar necesita situarse nun lugar no que converxan rutas ou camiños polos que flúan homes e mercadorías base da súa existencia. A vila de Muros, pola súa situación no extremo occidental da marxe dereita da Ría, convértese en punto intermedio entre a comarca de Fisterra e as terras de Noia. As relacións entre a parte norte de Fisterra, Corcubión, Cee, Dumbría, que a través de Carnota dirixían os seus pasos a Noia pola costa ou a Compostela pasaban necesariamente pola vila de Muros. Antigo edificio do Concello de Muros, coa torre do reloxo ó lado. Esta torre toda de perpiaño era o derradeiro vestixio que quedaba das murallas de defensa desta Vila. Concello e torre foron derrubados no ano 1958 para construílo novo edificio municipal.

a serie de actividades que xurdiron ó seu amparo. No momento do seu nacemento, a vila de Muros aparece coa pretensión de ser un porto pesqueiro que aglutine e ordene as actividades relacionadas co mar na marxe dereita da ría. Téntase concentrar na nova vila a venda do peixe, os oficios artesáns e o mercado dos domingos, e que nela residiran a corporación municipal e o notario; a colonia de pescadores que dera lugar á Pobra debía igualmente residir nela, impedíndoselle dispersar as súas “cabanas” pola costa. É precisamente a actividade pesqueira que se perfecciona e organiza co tempo a que vai dar a Muros os alicerces do seu desenvolvemento e unha proxección exterior. Xunto coas outras vilas arcebispais de Pontevedra e Noia vai xogar un papel estelar tanto pola súa privilexiada situación xeográfica como pola concesión dunha serie de privilexios, como por exemplo: a elaboración de saín ou aceite de peixe, tan útil na industria dos panos, como lubricante ou como combustible para as candeas de aceite; licenza para salgar, secar ou afumar peixe; e sobre


29

28

Por conseguinte, se ás inmellorables condicións como porto protexido na bocana da ría lle engadimos a súa posición nodal nas comunicacións terrestres, de seguida nos decatamos que o enclave urbano conta, nos momentos iniciais do desenvolvemento urbano, coas condicións xeográficas necesarias para chegar a converterse nun enclave comercial importante, tanto desde o punto de vista terrestre como marítimo. O desenvolvemento do plano: a vila amurallada e o arrabalde da ribeira

As necesidades de protección fixeron aproveitar elementos naturais como sistema defensivo que eran utilizados como obstáculos para o inimigo. En Muros, vemos como se busca a protección da montaña, colocando o emprazamento no recuncho máis resgardado e menos visible para o inimigo que puidera chegar procedente do Atlántico. Ese carácter defensivo que adopta a cidade fai que se prefira a incomodidade dunha topografía adversa, dada a pendente do terreo, a unha superficie máis favorable pero que ofreza unha menor protección. Ó pé do Rebordiño as casas apíñanse na aba da montaña desde o mar ata a igrexa formando elas mesmas unha especie de cinto protector inicial e

Os condicionantes de tipo xeográfico xogan sempre un papel destacado no futuro desenvolvemento do plano de calquera localidade. No caso de Muros, a topografía e o elemento mariño condicionan grandemente a súa expansión espacial. Deste xeito, o pequeno recinto inicial emprazado na aba empinada do Rebordiño, axiña se revela como insuficiente e incómodo, e a vila expándese do único xeito que pode facelo, dado o impedimento da montaña e o mar, a través da estreita franxa de terra que queda entre ambos.

anterior ó que pronto prestará a cerca ou muralla de pedra. Este recinto inicial, que pronto se considerará insuficiente para acoller a unha poboación en expansión, está formado por unha serie de rúas que desde a Porta da Vila ascenden en dirección á igrexa parroquial, que cortan a outras paralelas ás rondas interiores da muralla, presentando en conxunto unha manifesta angostura e sinuosidade característicos dos espazos urbanos nestas épocas. O carácter defensivo complétase cando se crea o elemento dedicado fundamentalmente a este fin, a muralla ou cerca de pedra que circunda o conxunto.


31

30

Dous planos da vila de Muros de finais do século XVI descubertos fai uns anos no Arquivo de Simancas, resultan sumamente interesantes para comprender como era o aspecto que presentaba a vila nese tempo. A minuciosidade no tratamento da liña de separación entre o rural e o urbano, entre o campo e a cidade, convérteos nun documento básico á hora de falar do trazado da muralla, da mesma maneira que resultan imprescindibles como guía para coñecer o número e emprazamento das portas que ían permitir a conexión entrámbolos dous mundos. A muralla é un elemento constante en toda realidade urbana en época medieval; protexer á poboación residente no espazo urbano ante as continuas loitas señoriais, e principalmente do perigo exterior que viña polo mar, fai que moi cedo a vila de Muros alce poderosos murallóns protectores que constitúen un dos elementos máis característicos das vilas medievais, chegando a afirmarse que a súa posesión dá carácter de cidade ó enclave por elas pechado. Os planos de finais do XVI representan a liña da muralla cunha grande perfección. A intervalos regulares sobresaen unha especie de pequenos cadrados que seguramente indican

Planos de Muros do século XVI Arquivo Xeral de Simancas


33

32

as portas que se abrían na muralla. Unha especie de rombos que figuran nos dous vértices da muralla oeste e un que aparece situado máis ó leste, aluden seguramente a portas que dispuñan de torres defensivas. As portas permitían o acceso ó núcleo interior. En total aparecen sinaladas ó longo da cerca dezasete saíntes, que supoñemos coincidentes co número de portas, que poñían en comunicación o recinto pechado co espazo circundante e pechábanse en caso de perigo (guerra ou epidemia). As tres portas principais da muralla atopábanse colocadas nos tres vértices principais do pentágono, a saber: o vértice leste, que coincidiría coa denominada Porta da Vila, sen dúbida a máis importante vía de entrada tanto para os que se dirixían a Muros procedentes dos pobos circundantes, como para os pro-

Forte de artillería no extremo sur da vila a finais do século XVI, baixo as ordes do Marqués de Cerralbo, Capitán Xeral de Galicia, e home encargado da defensa da Coruña do ataque inglés encabezado polo almirante Francis Drake no ano 1589.


35

34

pios habitantes da vila. Esta viría a coincidir co comezo da rúa do Camiño Novo que leva á Colexiata e estaría flanqueada por dúas altas torres, das cales unha foi derrubada no ano 1834 por atoparse en estado ruinoso. A outra chega ata mediados do século pasado (1959) e medía 12,50 metros de alto e 30 metros en cadro. Esta, como todas as demais estaba construída con pedras de cantaría ben labrados. As outras dúas portas estarían situadas nos dous vértices occidentais da muralla. A muralla levantaba entre 6 e 7 metros e tiña uns 3 metros de anchura.

Este temor ó perigo procedente do mar (temor, por outra banda lóxico, pois no 1115 está documentado un ataque sarraceno á illa da Creba, ataque que sería un dos moitos que o conxunto das poboacións da ría sufrirían e que rematarían co arrasamento e toma de prisioneiros) fai preciso que ademais da cerca protectora, todo un sistema defensivo de alerta sexa levantado para a protección das xentes habitantes do burgo. Por iso, de cara á vixía da costa se levantan nos cumes dos montes principais, torres de pedra de varias alturas, nas cales facían garda os veciños e das que hoxe se atopan restos no Muíño do

Vento, Pedras Agudas, Monte Louro, etc. Posteriormente, e ante a ineficacia defensiva que representaban as antigas murallas, ineficacia que se puxo de manifesto ante o perigo de ataque de Drake á vila de Muros e a comprobación do estado lamentable en que estas se atopaban, será o momento en que se formulará o levantamento dun forte de artillería no extremo sur da vila a finais do século XVI, baixo as ordes do Marqués de Cerralbo, Capitán Xeral de Galicia, e home encargado da defensa da Coruña

do ataque inglés encabezado polo almirante Francis Drake no ano 1589. Nacía así o coñecido como Forte do Castelo de Muros, emprazado na entrada do porto, sobre unha masa rochosa. Tiña forma irregular e na súa fronte marítima instalábanse dezaseis troneiras destinadas á artillería. A porta principal de dito forte daba a unha praza que servía como espazo de separación entre a antiga muralla medieval e o novo forte defensivo. Esta fortaleza foi convertida en cárcere do partido e posteriormente sufrirá unha completa transformación ó ser en parte modificada


37

36

O burgo da Ribeira Case simultaneamente á construción das murallas protectoras, iníciase tamén por diversos motivos, a expansión extramuros dos arrabaldes. A importancia que ditos sectores urbanos adquiriron ó longo da historia, vai ser nalgúns casos, como sucede en Muros, superior ó recinto inicial. En Muros, dada a moi reducida extensión do espazo de intramuros, axiña a zona exterior paralela á ribeira dun mar que é elemento fundamental no seu desenvolvemento, vai estirándose en dirección á principal vía de entrada da cidade. Este arrabalde da ribeira é o exemplo claro de adaptación ó medio xeográfico no que se enclava. O mar e a montaña delimitan o crecemento, deixando entre ambos un reducido espazo ou corredor por onde ou ó través do cal a vila medra. O camiño é o elemento que prolonga a cidade no espazo. A vía de entrada a Muros é a responsable do alongamento do burgo extramuros. Dita vía non se corresponde coa actual, senón que discorría polo interior, máis pegada á faldra da montaña que ó mar. Sería o Camiño Real de entrada á vila, que seguiría o trazado que actualmen-

como lonxa municipal, quedando o resto para cárcere. A finais dos anos 50 do pasado século, o espazo onde se levantaba dito castelo e praza frontal, xa se atopaba practicamente desaparecido. O sistema defensivo completábase cunha serie de baterías dun número variable de pezas de artillería que se emprazaban en puntos estratéxicos da ría. Na Praza do Curro, existía unha batería de cinco canóns. Estas pezas de artillería estiveron moitos anos abandonadas por varios puntos da vila. Outras pezas de artillería estaban instaladas, unha na illa de San Antón, mesmo fronte á anterior, e outra preto do Cabo Rebordiño. O sistema defensivo completábase coa forte de Louro, edificada no ano 1520, na que estaban instalados 16 canóns. Todo o conxunto de construcións defensivas instaladas no espazo urbano tiveron unha importancia destacada no futuro desenvolvemento urbano da vila. Aínda desaparecidas en gran parte, a súa pegada pervive con forza na maioría dos casos.


39

38

te segue a rúa con ese nome. Desde principios do século XVI detéctase unha fuga de habitantes desde o núcleo amurallado cara ó arrabalde da ribeira, fluxo que as autoridades municipais intentan impedir coa obriga de residir no espazo intramuros ós cargos públicos e ás súas familias. Non obstante, pronto o espazo extramuros vai adquirir unha importancia superior ó resto do espazo circundado pola muralla, e vai ser este lugar o que tome a primacía durante a época Moderna, primacía que chega ata a actualidade. No plano de Muros de finais do XVI, podemos apreciar a importancia xa adquirida polo burgo extramuros, así como, o estado de abandono e ruína en que se atopa o interior do espazo amurallado pola mención que se fai do número de casas que se atopan destruídas, sinalando que tan só 30 ou 40 estaban en pé naquel momento. Fóra do recinto amurallado, no burgo extramuros, na zona coñecida como barrio do Carme, erguíase unha torre que pertencía ó dominio arcebispal. Compoñíase a devandita torre de dous corpos segundo Artaza “un alto e almenado que formaba a Torre propiamente dita, e unido a el, pola parte do sur, outro máis amplo...”. Esta torre aparece citada en varios documentos ó longo da historia e constituía o símbolo da Mitra Compostelá.

Non debemos esquecer que aínda que Muros nace como vila de realengo, é doada á igrexa compostelá polo rei Fernando IV no ano 1299, converténdose en dependente da Mitra Compostelá e baixo xurisdición do seu arcebispado. Xa no ano 1326 estaba levantada, posto que o arcebispo compostelán, Don Berenguel de Landoira, nese ano permutou co Cabido a metade de todo o que lle correspondía na Tenencia do Hórreo de Santiago, pola metade da vila e Torre de Muros. O espazo edificado O espazo edificado é un dos compoñentes esenciais da paisaxe da cidade. O seu conxunto, volume e tipoloxía, é dicir, as características construtivas son produto das condicións sociopolíticas e económicas predominantes nas distintas épocas. Diferentes estilos de vida e modos de organización socioeconómica dan lugar a concepcións diferentes do espazo edificado.


41

40

A edificación compacta na época medieval respondía a unha escaseza do espazo de intramuros, polo que as casas buscaban a súa agrupación de cara a un mellor aproveitamento do solo. O tipo de casa predominante, a casa-vivenda do pescador máis humilde, era a denominada “casa cha” ou casa terrea. Edificación moi simple cunha única altura, onde se concentraban o lar, habitacións, almacén dos trebellos de traballo de mariñeiro e cortello dos animais. Variantes da anterior son as casas do pincho e as casas do remo, así denominadas estas últimas porque a súa anchura coincide coa lonxitude dun remo. Ambas presentaban a fachada principal no muro piñón e estaban dispostas xeralmente en medianeira. A diferenza estriba en que a casa do remo serve como un elo entre a casa terrea e a casa de un andar, posto que nela pode apreciarse o uso do espazo situado entre a vivenda e a cuberta á que se accedía interiormente por medio dunha esqueira interior. A casa con patín, representa unha terceira tipoloxía que se caracteriza polo acceso exterior a un andar superior da edificación que se corresponde coa vivenda, sendo o andar terreo empregado como almacén para os trebellos dos mariñeiros.


43

42

Nos séculos correspondentes á Idade Moderna, foron incrementándose alturas, así como saíntes e beirados, con vistas a acoller un número cada vez maior de persoas. Asemade, o soportal, un dos elementos con orixe na tradición construtiva medieval vai ter unha notable pervivencia no tempo, e a súa xeneralización construtiva, vai convertelo en definidor da paisaxe das rúas da vila mariñeira de Muros. O soportal vai formar parte do espazo público da rúa e vai ser, ó mesmo tempo, unha prolongación do espazo privado da vivenda. Aínda que nalgúns casos aparece como un elemento illado, o normal é que formase conxuntos de fermosas rúas cun continuo de soportais. As rúas principais de Muros presentaban soportais a ámbolos lados e as actividades económicas desenvolvíanse e expandíanse ó longo de espazo. Artesáns e comerciantes teñen os seus negocios na fachada inferior da súa vivenda e mediante a instalación de taboleiros de madeira sobre os que expoñen os seus produtos, prolongan o local

cara ó exterior, quedándolles desta maneira maior espazo para realizar os seus labores artesanais, ou mesmo para almacenar as materias primas no interior da vivenda. O soportal, por conseguinte, constitúese como lugar de exhibición e venda das mercadorías. Asemade, o espazo interior do soportal dedicábase en moitos casos como bodegas de salgado emprazadas no andar baixo que daba ó soportal, ou onde os mariñeiros gardaban as redes, palangres, e incluso, se a situación do mar o requiría, como o lugar no que poder protexer as propias embarcacións. A casa de soportal tiña dous andares. O andar terreo está dominado polo espazo cuberto, que normalmente está aberto cara á fronte e comunicado polos laterais cos soportais das casas veciñas. Segundo sexa o modelo de soportal podemos falar de dous tipos de vivendas:

- Aquela que se sostén sobre robustos arcos de medio punto e poderosos piares e columnas, con muros construídos por boas pedras de cantaría. O seu tellado prolóngase sobre un corredor sustentando por fortes canzorros ou ben apoiados sobre soportais construídos con esteos e trabes de pedra. O andar terreo era empregado polos mariñeiros como almacén, quedando a vivenda limitada ó andar superior. Aparte das que aparecían no interior da vila, este tipo de casa era predominante na fachada mariña da vila de Muros. As casas repousaban directamente sobre a praia que constituía o lugar natural de fondeamento dos barcos.

- A casa de soportal máis simple, consistente nunha sucesión de columnas de pedra de sección cadrada ou circular, sobre as que descansan as trabes que soportan o peso do corredor. Destas aparecen magníficos exemplos na praza da Pescadería Vella. A mediados do XIX, a vila de Muros, presentaba unha harmonía na altura das edificacións, con casas predominantes de dúas e un andar, sobre as que destacaba maxestosa a imaxe do edificio relixioso. A igrexa, unha das primeiras edificacións en toda cidade, sitúase na parte máis elevada do espazo. En Muros, dada a súa espe -


45

44

cial orografía, a antiga Colexiata aparece no extremo superior do recinto amurallado inicial, case en contacto coa muralla. Asemade, no burgo da Ribeira, o edificio relixioso destaca sobre o resto de edificacións que nunca ocultan a súa silueta. A importancia espiritual que posúen as cidades en época medieval fai que a igrexa domine a paisaxe urbana e se constitúa nun símbolo de orgullo da cidade sobre a que se sobrepón. Edificios relixiosos, locais de carácter asistencial, casas nobres e pazos urbanos, eran tipos de edificacións que destacaban sobre o conxunto pola súa propia e diferente natureza construtiva. Esas construcións son as que van converterse co paso do tempo, en símbolos da cidade, nos seus elementos representativos, parte fundamental do seu patrimonio e da súa memoria. Para un cidadán de Muros a súa vila non se concibe sen a existencia de edificios relixiosos como a Antiga Colexiata de Santa María, hoxe igrexa parroquial de San Pedro, ou os restos da primitiva parroquial e capelas xurdidas ó seu carón; edificios de carácter asistencial, como os hospitais de leprosos ou peregrinos, como o que actualmente se conserva nunha das rúas

que van ó camposanto ou o que ocupaba o lugar onde hoxe se atopa a capela da Virxe do Camiño, que recordan a importancia de Muros como ruta de peregrinación a Compostela. Igualmente son fitos destacados na súa memoria, os magníficos exemplos de casas nobres e pazos urbanos sobre arcos de medio punto ou apuntados, da rúa da Mariña, símbolos de fortaleza e poder señorial, cuxa sinatura en forma de escudo de armas, figura nalgunha das fachadas; de igual xeito, os restos de importantes lenzos da antiga cerca recordan os muros que rodeaban a tota-

lidade da vila inicial e orixe do seu topónimo, e a torre do reloxo do concello actual figura como referente da porta principal de entrada á cidade cercada. Espazos libres Outro elemento fundamental da cidade constitúeno os seus espazos libres, as rúas e prazas. Se a cidade non é máis ó fin e ó cabo que unha serie de camiños bordeados de arquitecturas, decatarémonos de seguida da importancia primordial


47

46

do camiño na construción da cidade. O viario é o elemento de composición urbana, é o elemento estruturador da cidade. O camiño serve ademais como cordón umbilical de unión entre todo un rosario de pobos e prolonga o elemento urbano a través do territorio. Os condicionantes xeográficos xogan un papel importante no desenvolvemento das rúas da cidade. No caso de Muros a topografía e o elemento mariño condicionan grandemente o desenvolvemento urbano e o trazado das vías de comunicación. O interior do recinto inicial, está formado por un conxunto de rúas que desde a porta da vila ascenden en dirección a igrexa parroquial, que cortan a outras paralelas ás rondas interiores da muralla, presentando en conxunto unha manifesta angostura e sinuosidade característicos dos espazos urbanos desta época.

Santa Cruz

Dentro do espazo que corresponde ó burgo extramuros, e tendo como referencia o plano de Simancas de 1585, podemos apreciar claramente dous sectores que sen dúbida responden a diferentes momentos da evolución da cidade. O primeiro sector, colocado máis próximo ó recinto amurallado, presenta unha trama viaria máis complexa, sobre todo na parte superior da Praza do Curro. Esta trama viaria está en relación seguramente coa pronta instalación neste sector da vila dun pequeno núcleo inicial San Xosé

San Marcos

Antiga Colexiata de Santa María


49

48

extramuros e a constitución dunha serie de dependencias como o Hospitaliño e tamén lugar de asentamento de actividades como lagares para a produción de viño como o que había no Chalón. O segundo sector do burgo extramuros presenta unha menor complexidade e nel figuran, na parte inicial que parte da Praza do Curro, dúas rúas que coinciden coas actuais denominadas de A Fonte Vella a superior, e primeiro tramo da Real, a inferior. Estas serían denominadas rúa de Arriba e rúa do Medio nos documentos medievais e modernos, que logo se unen e continúan nunha única rúa que viría a coincidir coa actual rúa da Esperanza e Pescadería. Estas rúas paralelas ó mar e á montaña, que alargan o espazo urbano en dirección á Virxe do Camiño, son cortadas por

outras máis pequenas e angostas e que serven para comunicar o mar, a praia na que se desenvolvía unha intensa actividade, coas partes superiores da poboación, constituíndo elementos de aforro de tempo e esforzo no senso relacional, pois acurtan o espazo no desprazamento entre o interior e o exterior do recinto. Asemade, dita distribución, tan característica por outra banda nas vilas costeiras, protexe dos ventos frecuentes nestes lugares. O aspecto do plano e a súa relación co mar fai que ás veces se denomine “plano espiña de peixe”. A rúa de Arriba co paso do tempo, e seguramente xa rematada na Idade Moderna, estaría constituída pola rúa do Carme que se engadiría á inicial da Fonte Vella. Da inicial rúa do Medio,

xurdiría posteriormente á altura da unión da rúa Real coa da Esperanza, unha prolongación da rúa Real cara a arriba que remataría nunha praza da que en épocas posteriores sairía o inicio da rúa da Axesta. A rúa da Axesta xunto coa superior da Esperanza é a repetición do esquema inicial de expansión urbana pero realizado agora de forma principal ó longo do século XVIII. O nome de Axesta vén do inicial Giesta, xesta, que fai referencia á grande cantidade de matogueiras deste tipo que cubrían esta parte da montaña. Aínda recoñecendo que podían existir algunhas construcións illadas, como semellan indicar certos documentos, non será ata finais do XVIII cando esta rúa comeza a poboarse definitivamente de edificacións. Neste barrio levantábase o ROLLO, que era unha columna vertical colocada sobre un asento, que servía para expoñer ós delincuentes, ou persoas que cometían determinadas faltas. Os así mostrados á vergoña pública, eran suxeitados á columna por medio dunha corda á que se lle daba voltas arredor da mesma e do corpo do inculpado.

As casas da rúa de Abaixo ou rúa do Mar erguíanse sobre as areas e rochas da praia, e o baseamento dos seus soportais eran lambidos polas augas do mar. O tránsito por dita rúa de Abaixo realizábase baixo os continuos soportais e en momentos de altas mareas e temporal incluso dito tránsito se facía difícil. Dentro dos espazos libres as prazas desempeñaban na cidade preindustrial unha función destacada como lugar de reunión e mercado. A Praza do Curro, fronte á principal porta de entrada á cidade, constituía un elemento de unión entre os dous espazos principais da vila, a cidadela amurallada e o burgo extramuros. De moita menor extensión que na actualidade, presentaba unha fronte en ángulo a xeito de peirao protector das augas do mar que, bordeando dito espazo, chegaban ata a torre do reloxo. No centro da mesma alzábase unha fonte de pedra. O seu primitivo nome de Praza do Curro fai referencia a unha actividade que se practicaba na mesma como era correr os touros que traían das montañas próximas.


51

50

pesca e, sobre todo, co levantamento de complexos de salgado ó longo da costa, producíndose os primeiros indicios de capitalismo na produción pesqueira das rías. A parte diso, industrias papeleiras, curtidos e outras, algunhas xa existentes en épocas anteriores, reciben agora un renovado pulo. A nova mentalidade capitalista deu lugar a profundas transformacións, tanto en todo o proceso produtivo da industria de salgado, como en todo o conxunto de actividades comerciais e artesanais. A actividade industrial, xunto cunha importante reactivación comercial, vai dar lugar á aparición dunha cada vez máis numerosa burguesía industrial, comercial e funcionarial que, procedente na súa maior parte do exterior, vai amosar preferencia por instalarse nos núcleos urbanos, co que os vellos recintos medievais sofren un incremento de poboación que parellamente trae consigo unha maior demanda de vivendas. A compactación dos antigos recintos intramuros, que tivera lugar durante a Idade Moderna, viñera xa acompañada dun crecemento en altura, con

Outras prazas destacadas da vila e con topónimos referidos ás actividades principais que nelas tiñan lugar son por exemplo a Praza da Leña ou a fermosísima Praza da Pescadería Vella. A cidade da burguesía. Unha nova paisaxe para unha nova sociedade O século XIX, principalmente a súa segunda metade, supón un cambio significativo nas condicións de vida de Galicia en xeral, e en particular na ría de Muros e Noia. Aínda non sendo posible falar dunha verdadeira industrialización no conxunto do territorio galego, o que si se deron foron intentos localizados de implantación industrial que revolucionaron as maneiras de concibir o traballo tal como se viña desempeñando ata ese momento. Na zona das Rías Baixas, este cambio da sociedade artesanal e gremial á nova sociedade industrial, vén da man de persoas de fóra que chegan agora coa intención de instalarse aquí definitivamente. Son os cataláns principalmente, coas novas artes de


53

52

elevación dos andares nos edificios e crecemento das áreas de expansión extramuros xa aparecidas en época medieval. Agora, o proceso toma una dimensión maior. A presión poboacional que teñen que soportar os vellos recintos non viñera acompañada dunha modificación da trama urbana dos mesmos. A cidade do XIX é en esencia a cidade xurdida en época medieval, que foi progresivamente perdendo parcelas libres a favor de novas edificacións, así como a elevación do volume edificatorio cunha proliferación de sobrados ou beirados, que contribúen a aumentar a densidade de poboación cos graves inconvenientes que isto supón para un espazo reducido. Por outra banda, o conxunto viario non estaba pensado para soportar tan importante tráfico e, sobre todo, é totalmente inadecuado para os novos medios de transporte. Un aspecto a destacar é o progresivo deterioro das condicións de vida nos recintos urbanos. O obsoleto das súas construcións, así como as deficientes condicións hixiénicas, o escuras e húmidas que eran as súas rúas, son razóns que levan ás

clases burguesas á busca de solucións para poñer remedio a esta situación. Precisan unha mellora nas condicións de vida e una profunda transformación das condicións hixiénicas existentes nas vilas, pois continuar vivindo nesas condicións supoñía un serie perigo que ameazaba á burguesía. A visita de epidemias non era infrecuente e o tributo cobrado cando facían aparición era elevado, dada a facilidade de propagación nun medio tan propicio. Ante este serio perigo, as autoridades municipais, en definitiva as capas burguesas, levarán a acabo unha serie de melloras orientadas a conseguir unhas condicións hixiénicas que dificulten a aparición e propagación de enfermidades. Estas melloras van manifestarse en dous aspectos principais : - Elaboración e difusión dunha serie de Ordenanzas para unha mellor hixiene pública, nas que se intenta regular toda unha serie de actuacións que se desenvolven no interior dos recintos urbanos: limpeza da vía pública, escusados, latrinas e sumidoiros, urinarios públicos, animais no interior dos recintos urbanos, etc.


55

54

- Realización dunha serie de obras orientadas á mellora dos servizos urbanos: construción de matadoiros e prazas de abastos, fontes, traídas de auga, sumidoiros, alumeado público, etc. Entre os anos 1846 e 1865 a vila de Muros sufriu grandes melloras no que a ornato, recreo e utilidade pública se refire. TRANSFORMAR A CIDADE: A REFORMA URBANA Remodelación da trama viaria As rúas estreitas e de trazado sinuoso que caracterizaban a cidade preindustrial aparecen ante a nova clase social como obstáculos importantes para as novas actividades comerciais. Por este motivo faise necesario conseguir unhas rúas máis amplas, máis rectas, máis hixiénicas...

Construír novas vías no interior dos espazos urbanos era unha solución inviable, polo que a burgueses recorre entón ás Normas de Policía Urbana, nas que a Corporación e o arquitecto municipal xogarán un papel destacado e que se centran na progresiva supresión de saíntes e beirados, e sobre todo, nunha implacable eliminación dos soportais mediante as novas aliñacións das rúas. Esta actuación é tamén consecuencia da nova estética urbana moi influída polas ideas neoclásicas que prestan especial atención ós espazos públicos constituídos polas rúas e prazas, e vai dar lugar a que se redacten directrices conducentes a realizar trazados máis rectos das rúas de cara a conseguir a súa perpendicularidade, e aconséllase ás autoridades locais que supriman beirados e soportais.

A posta en práctica desta normativa, vai traer como consecuencia na vila de Muros, que moitas edificacións que aínda conservaban na súa fachada o típico soportal, van ser derrubadas, e os seus propietarios obrigados a reducir a súa fachada ó lugar onde arrancaba o soportal. Isto ten lugar de xeito preferente nas rúas principais do interior. Pola contra, os soportais lograron pervivir con forza na fachada marítima, e iso polo tardío en que esta parte da vila toma importancia, dado que antes do recheo dos diques todo o tránsito se realizaba polo interior da vila. Pero a reforma da trama viaria non afecta unicamente ó espazo interior do recinto urbano, con novas aliñacións de rúas dirixidas a facelas máis anchas e rectas, ou remodelación tendente á mellora do seu firme, con traballos de chapacuña-


57

56

do ou embaldosado de pedra. Simultaneamente a este feito, ten lugar unha das transformacións que máis radicalmente influíron no cambio de imaxe da vila de Muros, como é o trazado e construción da vía de comunicación costeira que bordeando o núcleo facilita o tránsito e comunicación de homes e mercadorías da vila entre si e co exterior. Desta maneira, co recheo e posterior construción dos peiraos e diques, xa non vai ser preciso atravesar o núcleo urbano, senón que este será bordeado por unha vía de comunicación adaptada ós novos medios de transporte, con todas as vantaxes que iso supón cara a unha maior facilidade de desprazamento. As obras sucesivas para a construción de peiraos protectores (no ano 1837 constrúese o antigo peirao) van modificar, sobre todo, a parte onde se instalara a antiga fortaleza ou castelo de Muros. Igualmente, o recheo e construción da estrada marítima vai supor unha notable modificación na morfoloxía e estrutura urbanas no conxunto da vila. Unha das consecuencias do trazado desta nova vía, vai ser a desaparición da primitiva muralla que se atopaba en pé na fachada marítima. O efecto de dique protector ante as acometidas do mar que desempeñaba a

muralla non facía aconsellable a súa demolición. Unha vez que se gaña terreo ó mar, este papel desaparece e en consecuencia a muralla vai eliminarse. O que fora un elemento fundamental na defensa da vila, desaparecidos estas formulacións e ante as novas necesidades, as murallas aparecen como un obstáculo para a burguesía e en consecuencia fanse desaparecer. No seu lugar érguense edificacións que en moitos casos empregan a propia pedra das murallas. A construción, por exemplo, do peirao vello no ano 1837, realízase cos esquinais e torreóns arruinados da muralla. Na actualidade atópanse en pé varios lenzos da antiga muralla: un arranca desde o concello cara ó norte, paralelo á rúa das Laxes, o outro vai desde a casa reitoral, segue paralelo a un espazo de horta á que serve en parte de muro para logo torcer en dirección ó mar seguindo o leito do río da Torre. O límite exterior da vila, a súa fachada marítima é profundamente transformada pola burguesía. Como resultado do trazado da nova vía costeira, vai producirse a alleamento e ven-


59

58

da de solares sobrantes da nova aliñación, producindo unha demanda que vai repercutir no aumento de novas edificacións, así como na profunda transformación que sofre esta parte da cidade que agora adquire protagonismo importante. No tramo de Dique, entre a Praza do Curro e o final da rúa da Florida hai agora unha dura disputa por parte dos particulares e autoridades municipais por facerse co espazo público do soportal. O propósito dos propietarios consiste en poder adiantar as fachadas das vivendas de nova construción. A consecución dos seus obxectivos vai dar como resultado, neste tramo da fachada marítima, a total desaparición do primitivo soportal e a súa substitución por un novo de moita menor calidade estética e arquitectónica. O vello soportal queda integrado na nova vivenda e a súa presenza detéctase con frecuencia na fachada medianeira da nova construción. É o resultado da apropiación privada dun espazo público. Igualmente, no interior da vila podemos atopar algún exemplo do que acabamos de dicir. É interesantísimo todo o proceso de disputa polo espazo ocupado polo soportal entre particulares e autoridades municipais que se pode seguir a través dos libros de sesións dos anos finais do XIX e principios do século XX.

As prazas Os conceptos de “ornato” e “hixiene públicas” que xustificaban a desaparición do soportal, son válidas igualmente na apertura de prazas. Conseguir ampliar as prazas, hixienizalas, así como permitir que os monumentos que se erguen nas súas proximidades sexan máis facilmente observados, levan á burguesía muradana a permitir unha serie de transformacións orientadas a conseguir unhas prazas máis amplas. Baixo estas premisas lévase a cabo no espazo da vila de Muros, por exemplo, no ano 1870 a realización do plano de aliñacións e ensanche da antiga rúa e praza da Pescadería, proxecto que non será aprobado por Real Decreto ata o 19 de marzo de 1879. As razóns esgrimidas para a súa realización coinciden co exposto anteriormente, e así no expediente de referencia afírmase :


61

60

”Nas poboacións antigas nas que domina unha lamentable irregularidade, contraria á hixiene, á seguridade e á fácil viabilidade pública, debe terse moi en conta ó proxectar ensanches e reformas, o estado de vida dos edificios, e collendo o medio de realizalos danando o menos posible á propiedade privada”. Os motivos para a elección deste lugar e as xustificacións da súa necesidade figuran igualmente expostas no expediente “ … por considerar a rúa da Pescadería como a única susceptible dun ensanche regular e pouco custoso para a municipalidade e para os veciños pode servir para establecer nela un mercado cómodo e decente, con arranxo á importancia do pobo no que non só se venda o peixe, senón tamén o pan, a froita, a leña e outros artigos hoxe diseminados ó aire libre obstruíndo a circulación noutras rúas e principalmente na praza central pola cal case é materialmente imposible transitar nos días festivos”.

na súa imaxe vai ter lugar no conxunto de construcións que a enmarcan. Así, a desaparición da muralla vai traer como consecuencia un cambio profundo. A adquisición da casa do gremio dos mareantes –por estas datas unha das mellores casas da provincia- e a súa unión a un dos torreóns de entrada dunha das portas da primitiva muralla, a coñecida como torre do reloxo, vai dar lugar á antiga Casa Consistorial, que pervivirá no tempo ata que no ano 1958 sexa demolida para dar lugar ó edificio actual.

Igualmente, a simbólica Praza do Curro, sofre sucesivos cambios. A súa transformación vai moi ligada ós recheos da fronte marítima que lle afectan directamente, producindo unha considerable ampliación da mesma. Asemade a plantación de árbores nos seus bordes e outra serie de obras menores contribuirán ó seu embelecemento. Pero ademais, a reforma fundamental

Espazos axardinados e zonas verdes Os ideais naturalistas e hixienistas que toman pulo nestes momentos, poñen tamén de moda a valoración do aire libre e do sol. A burguesía vai tentar dotar os espazos urbanos de lugares para o esparexemento e descanso, lugares onde poder gozar da natureza. Nacen así as alamedas, e o amor á árbore fai que sexa plantada en diferentes lugares da cidade. Muros dótase no ano 1847 dunha ampla e frondosa alameda preto da antiga Colexiata, lugar de paseo dominical que sofre sucesivas reformas nos primeiros anos do século XIX, e en prazas e rúas


63

62

A burguesía muradana vai levar a cabo, durante a segunda metade do XIX e a primeira metade do XX, unha intensa remodelación da edificación da época anterior que vai significar un cambio substancial no alzado da cidade. A intensidade da remodelación veuse tamén favorecida pola situación de deterioro en que se atopaban un gran número de edificacións como consecuencia da guerra contra os francés que deixara máis de 180 casas destruídas e un importante número delas deterioradas en diferente grao. A actividade construtora vai supor principalmente dous tipos de actuacións: por un lado, a construción de novas edificacións que substitúan ós vellos edificios anteriores; e por outra banda, un segundo tipo de actuacións, dunha menor escala pero que contribúen a transformar a imaxe das edificacións, que se centran na reforma exterior de edificios xa existentes, como elevación de andares, apertura de ocos nas partes baixas da fachada para adaptar as vivendas ás novas necesidades comerciais, ou nas partes superiores cunha intención eminentemente hixienista.

a árbore dá un toque de natureza viva á fría e inerte pedra da edificación. Plántanse árbores, por exemplo, na Praza do Curro e unha gran polémica créase posteriormente cos veciños cando estes se queren facer desaparecer. O espazo edificado: un novo modelo construtivo A intensa transformación que vai ter lugar no núcleo de Muros por parte das capas burguesas maniféstase de xeito máis visible no que afecta ó espazo edificado. Unha nova forma de concibir o espazo, espazo que debe adaptarse ás novas necesidades dunha clase social con cada vez maior poder económico e político, e será lóxico que os cambios máis profundos afecten ó lugar de residencia, á vivenda, que ve como é modificada a súa natureza construtiva, a súa altura e a súa imaxe.


65

64

Esta reforma non se realiza por igual en todo o espazo urbano, senón que hai preferencia por aqueles lugares máis frecuentados pola poboación. Son as rúas principais polas que discorrían os fluxos económicos e humanos en época medieval, as rúas interiores paralelas ó mar -o que amosa que a accesibilidade xa producira unha selección do espazo, e tamén como factores históricos perviven como proba de estabilidade ó longo do tempo- ás que hai que engadir aqueloutra xurdida como consecuencia da construción da vía de circulación costeira co que supuxo a posta en valor da fachada marítima coa conseguinte importancia que vai supor o mirar ó mar. As rúas Real, Axesta, Esperanza, Pescadería, e a que construída nese momento percorre a totalidade da súa fachada marítima, son intensamente transformadas. Trátase na maioría dos casos de rúas formadas no lento transcorrer dos séculos,

que reúnen unhas peculiares calidades urbanas que van identificalas: o constituír o eixo principal de comunicación, a súa posición central, a súa orientación, anchura, soleamento, topografía suave. Son rúas desde sempre de gran tradición comercial, rúas de percorrido obrigado para a maioría dos habitantes que fan delas espazos significativos, espazos que ocupan un lugar de privilexio na xerarquía das partes urbanas. Estes van ser os lugares escollidos pola burguesía para a súa instalación e van ver como se poboan dunha particular arquitectura, arquitectura anónima na súa maior parte, pero dunha grande calidade, que vai dar carácter á imaxe de cidade burguesa que constitúe hoxe a parte fundamental da paisaxe urbana de Muros.


67

66

Os séculos XIX e XX suporán un cambio na fisionomía da vila de Muros, polo novo deseño das fachadas nas que adquirirá destacado protagonismo o balcón ou corredor. Casas con balcóns en diferentes combinacións van substituír ás típicas vivendas con soportais da época preindustrial. O máis característico vai ser a aparición de casas dunha nova tipoloxía guiada por conceptos académicos unificadores, cunha altura de dous, preferentemente, ou tres andares, e unha concepción austera e recta das fachadas. Este será o modelo de edificación que conquiste o espazo urbano muradán e do que na actualidade quedan importantes testemuñas que resistiron a destrución especuladora.

No andar baixo, estas edificacións presentan xeralmente dúas luces, con portas e ventás con linteis que con frecuencia se curvan en arcos de medida cana ou rebaixados. Este andar estaba destinado para un estrato social determinado como era o dos comerciantes e artesáns, polo tanto organízase en función da actividade mercantil. Conforme dita actividade comercial vai cobrando importancia, os propietarios destas vivendas presentan solicitudes de cara a poder abrir novas luces na fachada ou ampliar establecementos comerciais.

No primeiro andar aparece o balcón, miradoiro que xa estaba presente na etapa precedente, convértese agora no elemento característico do perfil das fachadas das casas edificadas neste período. Balcón sobre ménsulas corridas ou sobre canzorros de pedra, pode aparecer nunha soa peza ó longo de toda a fachada ou formando dous ou tres máis pequenos. No segundo andar, cando existía, habitualmente existía tamén un balcón. Un elemento importante no cambio de imaxe das fachadas dos edificios desta época vai ser a aparición dunha variante das casas con corredor: a galería acristalada, que tanto éxito acadou nas vilas e cidades galegas. A galería, que xeralmente aparece instalada no derradeiro piso con vistas a obter o máximo aproveitamento solar, supón un exemplo claro de adaptación ó medio. A creación dunha estancia onde o aire se vai quecendo ó longo do día, mitiga os efectos da humidade dun clima chuvioso como o galego, ademais de supor un posto de vixía privilexiado desde onde contemplar o discorrer da vida nas rúas. Na vila de Muros podemos contemplar fermosísimos exemplos deste tipo de vivendas que xunto cos soportais, dan carácter singular á fachada marítima da vila.


69

68

A destrución da paisaxe e da memoria En resumo, o século XIX, a súa segunda metade, e a primeira metade do século XX, suporá un cambio na fisionomía da vila mariñeira de Muros, orixinado polo novo deseño das fachadas nas que adquirirán un grande protagonismo os balcóns pechados con fermosas rexerías de ferro forxado e as galerías acristaladas, construídas de madeira e pintadas de cor branca; a apertura de amplas prazas desde as que poder contemplar as antigas edificacións; a creación de frondosas alamedas para goce da natureza e do sol; unha remodelación intensa da trama viaria para así adaptala ás novas necesidades; construción de fontes; etc., que vai dar lugar a que ó final do proceso unha vila profundamente transformada se presente ante nós. Estes anos teñen unha importancia decisiva na creación da imaxe actual da vila de Muros pois foi neles cando adquiriu a fisionomía que hoxe podemos contemplar. A vila de Muros, declarada Conxunto Histórico Artístico, conta no seu espazo urbano cunha gran riqueza monumental. Case todos os seus habitantes coñecen os seus elementos e edificios máis significativos, na súa maior parte levantados en época preindustrial – edificios relixiosos, casas nobres, etc. – non obstante, outros elementos que forman parte maioritaria da súa imaxe, como os que acabamos de facer mención, non se lles concede a importancia que en realidade se merecen. Todo ese conxunto de espazos libres e construídos que na súa combinación configuran a paisaxe urbana, constitúen parte fundamental do Patrimonio das nosas vilas e cidades, e son elementos esenciais da súa memoria. A súa catalogación, estudo e divulgación, xunto coa decidida intervención por parte das autoridades municipais de cara á súa conservación, é contribuír a preservar a nosa identidade, e manter viva a nosa memoria histórica.

O 28 de agosto do 1900 ás 17 horas arribou á bahía muradá o iate “Giralda”, traendo a bordo a D. Alfonso XIII, a súa nai Da. María Cristina de Habsburgo-Lorena que exerceu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo, entre 1885 e 1902. Tamén viñeron as dúas fillas da Raíña Rexente: María de las Mercedes e María Teresa.


71

70

O acoirazado Cardenal Cisneros, bautizado así na honra do franciscano e político que foi confesor de “Isabel la Católica” e rexente á morte do seu marido, Fernando, afundiuse na ría de Muros tras unhas manobras o 28 de Outubro de 1905, só tres anos despois de entrar en servizo. Como o oficial de derrota (encargado do rumbo), esqueceu a bordo o caderno de bitácora, nunca se puido precisar o lugar exacto onde as rochas esgazaron 50 dos 106 metros que medía o casco do buque de proa a popa. “O día era claro e o mar estaba como un prato. O máis seguro é que o oficial equivocase o rumbo. Creu que superara os baixos de Meixidos e topouse de fociños coas rochas”, explica Alejandro Anca, investigador naval e autor do libro “ El crucero acorazado Cardenal Cisneros”.

Orfeón Muradán ( Febreiro 1928)

28 de Outubro de 1905: náufragos do Cardenal Cisneros no Porto de Muros.

1. Manolo Malvárez (Malcriadiño) 2. Eduardo Cerviño Lago 3. Ramón González Fernández (Ramón do Cabo) 4. Nacho de Petra 5. Manuel Pazos (Cochedo) 6. ¿...? 7. Joaquín Dubert 8. Juan Lojo Iglesias (Corazón) 9. Manuel Fiuza Lariño (Manolo Fiuza) 10. Santiago Formoso (Jijo) 11. Antonio Lojo Bori (Antonio Loxo) 12. Guillermo (Randanica Rexistro) 13. Eduardo 14. Antonio Dubert Dizz (Quinteiro) 15. ¿...? 16. Pedro Galindo Morales (Pedrito) 17. ¿...? 18. Eugenio Fernández (Geniño) 19. Manuel Luces (Paletó) 20. Bernardo Santiago Beiro (Pitilán) 21. Manuel Campelo Lamela (O Olludo) 22. Domingo (Mingolos) Director 23. Santiago Bermúdez (Santiago da Calota)


73

72

Banda Municipal de Muros Juan Pedrosa, o número 22 foi o que facilitou os nomes dos restanes compoñentes da banda de música. Daquela era a única persoa viva do grupo 1. Francisco Iglesias (Clarinete) 2. Heriberto Mosquera (Clarinete) 3. Juan González (Clarinete) 4. Xelo de Penán (Requinto) 5. Pepe Caamiña (Clarinete) 6. Manuel García (Flauta) 7. Elías García (Saxofón) 8. Juan Figueroa (Bombardino) 9. Alejandro Castiñeiras (Baixo) 10. Antonio Lestón (Baixo) 11. Pepe Longa (Fiscornio) 12. Ramón Pereira (Clarinete) 13. Francisco Pérez (Cornetín) 14. Argimiro Caamiña (Trompa) 15. Pedro Agulla (Fiscornio) 16. Tomás de Campo das Cortes (Barítono) 17. Peregrino Caamiña (Cornetín) 18. D. Valentín Alonso Arias (Director) 19. Juan Varela (Saxofón) 20. Santiago Dosil (Clarinete) 21. Paco Pérez (Trombón) 22. Juan Pedrosa (Caja) 23. Bernardo Lago (Bombo) 24. Manuel Siaba (Ruídos) 25. José Benito Lariño (Platillos) 26. José Malvárez (Cornetín) 27. Paquito Agrafojo (Flautín) 28. Manuel González (Trombón) 29. José Campos (Trombón) 30. Juan Ballesteros (Trombón).

Directiva da “Liga de Amigos” . Anos 10 1. Ramón París Rodríguez 2. José París Sande (Os Carcamáns) 3. Cisneros 4. Gumersindo Mayo 5. José Barreiros (O Labouco) 6. Farmacéutico Campelo 7. Antonio Artaza Soto 8. ¿...? 9. Sergio Fuentes 10. Rodolfo López Gallego 11. Juan Rama (O Largo) 12. Luís Costa 13. Jacobo Formoso 14. Pepe Fuentes 15. Vicentiño do Boelo.


75

74

ESTEIRO.- Xornada de confraternidade entre a Protección Social Esteirana e a Agrupación Barcalesa. Anos 20.

MUROS.- Xunta Inspectora e de Goberno do Pósito de Pescadores de Muros, ó solemnizar o acto de inaugurar a sección cultural o 6 de marzo do 1921, que presidiu a autoridade local da Mariña como inspector do Pósito.


77

76

Grupo de “Acción Católica” de Muros No pé da foto orixinal di : “Recuerdo de mi actuación en la comedia Cuatro Robinsones y del sainete Seis Retratos, tres pesetas; puestos en escena por las J.A.C de Muros el 11 de enero de 1949.

MUROS F.C. 1921 1. Paco Romaní 2. Ramón Lestón 3. Paco Cadolo 4. Jesús Ferrer 5. Julio Santos 6. Juan Moragón 7. Felipe Sendón 8. Alonso Dubert 9. Jacobo Formoso 10. José Barreiro 11. Ignacio Lestón


79

78

Equipo do LOURO Anos 40 1. Marimolo 2. O FerrolĂĄn 3. Benito de Cupido 4. Pedro do Neto 5. Pepe do Loureiro 6. O Jicho 7. Manolo do Neto (o cura) 8. FĂŠlix de Senande 9. Manolo da Rexidora 10. Geno da Roura 11. Chindo de Jumersindo

Muros.- Xornada ciclista


81

80

Lira F.C. - 3 Esteirana F.C. - 4

Chemanel, Ricolo, Diego, Ríchar, Aurelio, Mayo e Teodoro.

Campo de Valdexería (Serres)

Manolín, Torres, José Manuel, Benigno, Paco, Fidel, Campelo e José da Nena.

Tripulación da canoa “Elvira” de Boavista-Baño

IV Copa Ría de Muros. Ano 1971.

Carme de Ambrosio, Encarna de Severo, Manolo do Foco, Gelita da Chinchona, Julia de Chatola


83

82

MUROS.- Escola de D. Alejandro da Pepuda Ano 1936

MUROS.- PescaderĂ­a Vella Ano 1953


85

84

MUROS.- Xunto a igrexa parroquial

Por detrás da foto orixinal di: “Escuela Nacional del Pósito Marítimo de Muros. El Sr. Maestro D. Jesús Cifuentes con sus alumnos. Su discípulo José García Lariño. Muros 4 de Mayo 1933”.


87

86

LOURO.- Escola de Da. Petra Lojo. Curso 1953-1954 Juana da Toreana de Taxes, Isolina de Félix, Malena de Gumersindo, Lola de Jalleiro, Rosa de Inocencia, Pepa de Jalleiro, María Benita, Chencha da Pascuala, María da Pitusca, Pepa da Canela, Chocha de Gumersindo, Salada de Gumersindo, Pura de Amador, Tina de María Rosa, Carmen da Ferrolana. Pepita da Ferrolana, Tina de Villar, Tina de Rafael, Virtudes de Pepa de Lira, Madalena da Micha, Benita de Sidros, Da. Petra Lojo, Manela da Benita, Lalita de Gumersinda, Flora de Pexejo, Esther da Canela, Maricarmen de Rosalía, María de Petra. Meluca de Fruta, Madalena da Toreana, Vitorina da Torea, María do Rico, Virocha de Cacheiro, Lola de Rafael, Liria de Inocencia, Lolita do Ricardón, Marisa de Curuto, Lola de Xoniño, Juana de Pepito, Maruja de Inocencia, Jacinta da Canela, Rosa de Carme de Rosalía, Cadita de Dora.

MUROS.- Colexio “Amor de Dios” Curso 1962-1963


89

88

SERRES.- Escola de D. Félix. Curso 1966-1967

Compañía Fuerte. Anos 40


91

90

Pepa a Loba Anos 40 1. Juan Manuel Cerviño Lago (Juan Manuel de Cerviño) 2. José Gómez Bueno (Pepe Gómez) 3. Manuel Barreiros Uhía (Manuel da Delicada) 4. Manuel Lago Díaz (Lajodías) 5. Roque Lago Varela (Roque da Canisa) 6. Antonio Lariño Varela (Tonecho) 7. Víctor García Malvárez (Víctor do Motorrón) 8. Ignacio González Agra (Nasito da Perecha) 9. Mateo Figueiras Arias (Mateu da Churra) 10. Clemente 11. Juan Varela Gudín (Juanito da Pucheta) 12. Domingo Lariño Varela (Milagroso) 13. Juan Iglesias (Juanito das Maias)


92

93


94

95


96

97


98

99


100

101


102

103


104

105


106

107


108

109


110

111


112

113


115

114

SERRES.- Invitados a unha boda


117

116

MUROS.- Toureiros no Curro da Praza


119

118

SERRES.- Leiteiras de volta a casa Ano 1924

MUROS.- Folco Lulli, intérpetre da película “El hereje” con un grupo de muradáns. Estreóuse o día 20 de outubro de 1958 no Real Cinema de Madrid.


121

120

MUROS.- Grupo de amigos da Virxe do Camiño ESTEIRO.- Ultramarinos Pura Romaní. Ano 1960


123

122

ESTEIRO.- Escolares. Curso 1956-1957 ESTEIRO.- Ribeira do Maio Ano 1955


125

124

Incendio antigo casino Ano 1960

SERRES.- Sr. Aurelio “o capador” e a súa muller.


127

126

Incendio Fonda Petra. Anos 60.

Fragata Ariete. 25 febreiro 1966.


129

128

MUROS.- Afundimento vapor


131

130

Altari単o xunto a capela de Sta. Isabel Ano 1910


133

132

Palomi単as.


135

134

LOURO.- El pailebot “César Víctor”, propiedad de D. Enrique Goday, construído en los astilleros de San Francisco, deslizándose sobre la “anguila”. (Reproducción literal do pé de foto da revista “Vida Gallega”)

Esteiro.- Cargamento de madeira no Artón. Anos 20.


137

136

MUROS.- El pailebot “Compostelano”, construído en los astilleros de Gardiña, momentos antes de ser botado. Es propiedad de los Sres. Mosquera, de Santiago, y lo construyó D. Juan Malvárez Vaamonde. (Reproducción literal do pé de foto da revista “Vida Gallega”).

Momento da botadura do pailebote Ano 1920

SERRES.- Os capeláns do buque escola Galatea na enseada de Venancio

Acompañantes á botadura do “Compostelano” nunha foto en Muros.


139

138

Descarga e venta de berberecho Anos 60

O Galatea, buque escola da armada espaĂąola dende 1922 a 1969, sigue aĂ­nda vivo en Glasgow co nome que tivo orixinariamente: Glenlee.


141

140

Anos 60

Ano 1924

Anos 70


143

142

Ano 1954

Ano 1924


145

144

Ano 1953

Ano 1953


147

146

ESTEIRO.- Nos primeiros meses do ano 1806 chegou ó porto de Esteiro, Joseph Romaní y Ytllas procedente da vila de Blanes (Girona).

2

Industria salgadeira catalana en Muros . Foi a partir da segunda metade do século XVIII, cando os primeiros grupos de mercadores cataláns elixiron o mar de Galicia como punto ideal para realizar operacións comerciais de tipo pesqueiro, aproveitando a prodigalidade e asentamento da sardiña e outras especies nas distintas rías que configuran a recortada costa da rexión galega.

Ano 1953

As primeiras vangardas estaban formadas por negociantes sen dúbida oportunistas, que a título individual ou formando compañías eventuais que se disolvían ó finalizala campaña pesqueira, unicamente adquirían en fresco ós nativos a materia prima que extraían do mar, tanto sardiña como congro, atún ou pescada, a cal unha vez elaborada de acordo co criterio que eles tiñan da salga, remitían por mar como mercancía pouco perecedoira ós centros de recepción, con-


149

148

sumo e distribución, entre os que destacaban pola súa importancia as cidades de Málaga, Almería, Cartaxena, Alacante, Valencia, Castellón, pero sobre todo Barcelona. Estas primeiras enxurradas de inmigrantes ocasionais procedentes de Cataluña, en principio foron estacionais ou de temporada, e unha vez concluída esta no mes de decembro, regresaban ós seus lugares de orixe cos beneficios obtidos, para retornar ó seguinte ano ó comezo da nova costeira, que tanto hoxe como onte daba principio nos meses de marzo ou abril, para continuar co seu negocio a título individual ou formando sociedades cos partícipes anteriores ou con outros novos. Foi a partir dos derradeiros anos do século XVIII e do primeiro quinquenio do XIX, cando outros empresarios substituíron a aqueles pioneiros, para afincarse definitivamente nos portos galegos, pero xa non o fixeron como simples traficantes, senón que se asentaron como capitáns de empresa, ben individualmente ou, polo regular e en grande maioría, formando orepresentando con amplos poderes a sociedades mercantís ben documentadas e sempre escudadas por unha forte tesourería, e aínda que ó principio practicaran a endogamia para non

Recollendo as pezas do xeito no Campo de Anido. Ano 1957

diminuílo caudal operativo e en moitos casos para aumentalo, esta tendencia desapareceu ó correlos anos, pasando a integrarse totalmente na sociedade nativa. Non se pode esquecer que estes empresarios foron os que revolucionaron na súa época os lentos sistemas artesanais, que desde tempos inmemoriais prevalecían en Galicia, tanto no que se refire a extraccións marítimas como á elaboración da primeira materia, nin tampouco que foron no último cuarto do século XIX, os creadores da

ESTEIRO.- Punta do Bico.


151

150

vizosa industria conserveira, de grande prestixio tanto a nivel nacional como internacional. Pero se ó principio, cando arribaron como especuladores, non encontraron reticencias nin oposición da mariñeiría, se a tiveron (é moi forte), por parte do clero, que non renunciaba a perdelos décimo do mar que os cataláns se negaron a pagar, e tamén por bastantes membros destacados socialmente da alta e ben acomodada burguesía galega, propietaria en grande medida das redes tradicionais, traíñas, cercos e sacadas que utilizaban a diario os mariñeiros nativos, sendo tamén deostados por algúns ilustrados do século XVIII, que mesmo houbo algún que pediu e aconsellou a súa expulsión do

Somorto e Laxeiras, na ría de Muros. Lousas e pedras abruptas que impedían os lances das xábegas, porque unha vez largado o aparello non era posible xa, preto da terra na culminación do lance, sacala captura do cope por ter embarrado contra elas, perdéndose a causa destes obstáculos parte das capturas, pero ó cabo dun par de meses, con traballo e esforzo, as postas reais quedaron outra vez útiles ó seren retiradas as pedras. As fábricas de salgado, as cales eran todas rectangulares e estaban divididas en tres seccións : a chanca, o claro (patio) e o morto. As paredes, sen excepción, estaban caleadas. Sempre se erixían nas

Xeiteiros metendo as redes a bordo, aparellando para saír ó mar. Ano 1948

territorio galego, cando viron que ó facerse definitiva a súa situación e pór en servizo as redes denominadas xábegas, arremeteron con todas as súas forzas e medios para que se prohibise de modo terminante o emprego do citado aparello. O uso desta arte de pesca foi o detonante que deu orixe a longos e custosos preitos entre os fabricantes recentemente instalados neste litoral e os gremios de pescadores, coa peculiaridade de que quen preiteaba e gastaba o diñeiro eran os gremios do mar, mentres que a burguesía que os encirraba se mantiña na sombra, á marxe, esperando o resultado final. Algúns gremios quedaron totalmente arruinados, como lle sucedeu ó Gremio do Mar de Muros. E no desquite, socios pertencentes ó mesmo procederon en 1812 ó incendio de fábricas en Portosín, Freixo e Esteiro, e a obstruír con grandes lousas as postas reais ou “traitos” das enseadas do Salto,

Xeiteiros lavando as redes no peirao de Venancio, Anido. Ano 1941

radas, calas ou enseadas que estiveran resgardadas dos ventos do terceiro e cuarto cuadrante, que como se sabe son os responsables dos temporais, dos vendavais que frecuentemente azoutan a costa, sobre todo durante os meses outonais e o inverno. Deste xeito, en sitios abrigados as infraestruturas non eran tan gravosas, porque quedaban reducidas á construción dos atracadoiros e varadoiros, e non había necesidade de levantar muros de contención nin diques.


153

152

Pegada á fábrica e comunicada coa mesma por unha ou dúas portas, alzábase a vivenda, que era ampla, pero como estes empresarios eran moi proclives ó reinvestimento dos beneficios obtidos, adquirían bens raíces, terras de labrar, piñeirais ou monte, pero sobre todo adaptaban á súa industria do mar novos métodos e sistemas para

Campo de Anido, recollendo os aparellos unha vez secos e reparados. Ano 1958

modernizala, estando sempre no ápice da mellora e competitividade, e precisamente por estas razóns non é de estrañar que nas súas casas, nos seus domicilios, non houbera enxovais de alto prezo, carecendo de moblaxe ou outras comodidades de tipo ornamental. Alí todo era funcional, práctico. Dispoñían de bastante lencería de fío e de louza que os seus propios barcos traían de Valencia e Bristol, contando tamén cunha despensa ben abastecida.

A dirección da empresa levábaa o mesmo empresario, a pesar de ter baixo as súas ordes un encargado xeral que fora adestrado convenientemente para responsabilizarse do salgado e posterior elaboración, lavado, envasado e prensado, dispoñendo o persoal para as diferentes tarefas. Outro encargado ocupábase de cortalas velas e coselas ou reparalas, destinando tamén as mulleres redeiras para repasalos aparellos que tiveran sufrido avarías.

ESTEIRO.- Fillas de José Romaní Ferrer lavando as redes do xeito. Ano 1886

O salgado da sardiña ou outra pesca facíase no mesmo momento en que entraba na fábrica. Non podía haber demora por ningunha causa: tanto é así, que o mesmo empresario ou os seus fillos empuñaban as pas de madeira para axudar á salga. A forma de proceder no traballo material destes empresarios, coñecidos tamén co nome de fomentadores, marcaba unha diferenza notoria coa acomodada burguesía nativa, a dos señores, que presumían de non manchalas mans traballando materialmente.


155

154

O grande obstáculo co que se atoparon os salgadores foi a inexistencia de factorías téxtiles para a confección de fíos, redes, lonas, cabos de esparto ou de cánabo e talleres para a fabricación de pinturas, breas e alcatráns, que lles eran imprescindibles para aprovisionala súa enorme flota pesqueira. Esta deficiencia suplírona re-

Unha breve análise centrada única e exclusivamente na ría de Muros, reflicte a inxente cantidade de redes, lona, cabos, sineiras ou lías e demais calamento que era esencial para a boa marcha das pesqueiras. Cada lancha do xeito, cada xeiteira, levaba cinco redes que multiplicadas por oitocentas, darían un resultado de catro mil redes só nesta ría. Os aparellos fabricados con fío de liño eran de curta vida e polo tanto a reposición tiña que ser constante. Para cada embarcación necesitábanse tres cabos ou cordas de corenta brazas cada unha, que tamén había que repor á causa do uso diario de amarre e ancoraxe.

Salga de bocarte. Ano 1890

correndo constantemente á industria catalá, especialmente á de Barcelona, onde se fornecían de todo o necesario para manter en plena produción a industria extractiva. Ramón de Artaza, en La Villa de Muros y su distrito, di: “A últimos do pasado século aínda funcionaban na ría de Muros vinteoito fábricas de salga e conservas, e para abastecelas existían unhas oitocentas embarcacións exclusivas para a pesca da sardiña, as fábricas daban emprego a varios miles de homes e mulleres”.

Enlatado de bocarte. Ano 1926.

Se á flota pesqueira da ría muradá se sumase a que había nas outras rías, tanto nas Altas como nas Baixas, o resultado sería de varios milleiros de embarcacións que por si soas sosterían unha importante industria téxtil, aínda que unicamente se dedicase á fabricación de aparellos e lonas. Pero en Galicia, nin a alta burguesía nin os señores facendeiros se atreveron a crear nin unha soa industria deste tipo. Galicia quedou afogada na propia riqueza duns cantos.


157

156

O transporte por vía terrestre case non existía e o pouco que había era moi lento e deficiente. Recuas de mulas, carretos ós que se xunguían xuntas de bois, tardos e de mínima capacidade, unicamente útiles para traxectos moi curtos. Por esta causa, todas as expedicións se facían por vía marítima, en veleiros procedentes de Inglaterra, Francia, Suecia ou Dinamarca, que fondeaban nas distintas rías á espera da carga, trasladada ata eles por buques auxiliares. Pero a partir do primeiro cuarto do século XIX, os empresarios máis fortes economicamente reaccionaron ante a sangría que significaba o pago dos fretes e procederon ó reinvestimento de parte dos beneficios obtidos, destinándoos á construción dunha flota de cabotaxe propia constituída por bergantíns e goletas disposta para o seu servizo e tamén para a carga xeral doutras firmas. E foi tan rápida e contundente a súa irrupción no transporte marítimo, que en moi poucos anos eliminaron por completo a toda a flota estranxeira que antes monopolizara as rotas comerciais do Atlántico ó Mediterráneo, competindo mesmo con éxito nas expedicións dirixidas á América Latina. Como é lóxico aproveitaban o retorno con distinta carga para os portos do Norte e do Noroeste. Neste aspecto adiantáronse en máis de cen anos ó que hoxe de denomina o valor engadido, porque evitaron o desembolso de portes que reper-

cutiron na súa propia economía como beneficios engadidos á mesma. Non obstante, co paso do tempo e tal vez por falta de empuxe ou visión das novas xeracións, ou quizais pola dispersión da tesourería entre os seus descendentes, fallaron ó non adoptalo vapor como medio de navegación e fundar compañías ou sociedades que explotarían a nova mariña mercante de propulsión a hélice, rexeitando os vellos e xa anticuados bergantíns que non podían competir coa nova tecnoloxía. Esa mariña mercante que sen dúbida podería tela súa orixe en Galicia, comezou as súas singraduras de mans dos incipientes armadores vascos.

Hai unha crenza moi xeneralizada en Galicia pero moi lonxe da realidade, de que todos os inmigrantes cataláns fixeran cuantiosas fortunas e mesmo crearan imperios económicos ó longo de todo o século XIX, e de que no seu día monopolizaran a industria extractiva da sardiña e outras especies así como a súa elaboración. Pero a verdadeira situación foi totalmente distinta, porque daquela primeira marea inmigratoria, só conseguiron uns cantos, moi poucos, despexalo camiEnlatado de bocarte. Ano 1890.


158

ño do éxito. Pero outros moitos, mesmo os da primeira xeración, fracasaron na súa totalidade e víronse sumidos nunha espantosa ruína, e outros non lograron pasar da segunda xeración, na que por falta de caudal ou de dirección terminaron por incorporarse ó mundo do mar

SERRES.- Cemiterio de lanchas xeiteiras a causa da crise sardiñeira entre 1949 e 1955. Nas edificacións que se ven á fronte tiña instalado Abelardo Romaní unha fábrica de conservas.

como simples mariñeiros ou traballando como asalariados, mentres que outros optaron polo trillado camiño da emigración ós países da América Latina. De toda esa pléiade de homes de empresa destacaron algúns a título individual, pero outros, quizais os máis avisados e con maior proxección de cara ó futuro e para evitala distribución do activo persoal entre os seus herdeiros, constituíronse en sociedades mercantís anónimas ou limitadas, que foron os que en realidade prevaleceron ata o día de hoxe. Bibliografía 1. Pedro García Vidal : Estudio de xeografía urbana de Muros. 2. Arturo Romaní : Unha industria salgadeira catalana en Galicia. Orixe, apoxeo e ocaso.


Muros, un espazo singular