Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 3 Xullo 2010

CONCELLO DE VERÍN

a eurocidade da água

1

A Eurocidade Chaves-Verín presenta a súa páxina web O presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentaron este lúns a páxina web da Eurocidade Chaves-Verín. O novo site, www.eurocidadechavesverin.eu, nace co obxectivo de dar visibilidade a un proxecto pioneiro a nivel da Península Ibérica e tamén de Europa, exemplarizando un novo modelo de cooperación de segunda xeración que vai máis alá da colaboración institucional, e do sumatorio de simples programas e iniciativas de cooperación, potenciando a asunción de que é posible adoptar un novo modelo de cidadanía europea. O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín pretende a posta en común dos recursos, a través do planeamento e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos municipios fronteirizos de ambos municipios, que proporcionen unha maior calidade de vida á poboación de Chaves e Verín. Nesta páxina web, en portugués e galego -nas próximas semanas tamén en castelán e inglés-, os/as internautas poderán coñecer a historia, obxectivos e servizos comúns postos en marcha no ámbito da Eurocidade, os eventos culturais e deportivos, ofertas de termalismo e información sobre os recursos termais e de augas minerais naturais existentes en ambos municipios. Ademais, das actividades realizadas e en curso deste proxecto destinadas á cidadanía; así como información sobre os proxectos europeos executados e os futuros, noticias, subscrición á newsletter, fotografías de ambos municipios e a participación en enquisas, entre outros servizos.

Os municipios de Chaves e Verín presentan catro candidaturas conjuntas ao POCTEP No ámbito da Eurocidade, os municipios de Chaves e Verín presentaron catro candidaturas conxuntas á nova convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) para os anos 2011-2012, co obxectivo de consolidar esta área como un espazo común de servizos, oferta cultural, de lecer e negocio, reforzando a calidade de vida dos veciños e veciñas, a mentalidade do cidadán e fixando a poboación. As catro candidaturas presentadas son as seguintes: 1. Eurocidade II: busca dar continuidade ao proxecto en curso actualmente, e aprobado na primeira convocatoria do POCTEP. Un obxectivo que se enmarca no desenvolvemento de catro liñas de traballo: posta en marcha da Eurocidade Chaves-Verín AECT, potenciamento da Eurocidadanía, organización conxunta de eventos culturais e deportivos, dinamización económica da Eurocidade . 2. Proxecto de Ciclovía da Eurocidade Chaves-Verín: destinado á creación dunha rede de circuítos de ciclovía nas marxes do río Támega, que une as dúas localidades, que permitirá o impulso dos seguintes obxectivos específicos: fomento do uso da bicicleta como medio de transporte, conservación e valorización do patrimonio natural asociado ao río Támega, potenciación de actividades ligadas ao turismo de natureza, ou xestión e ordenación coordinada del curso fluvial do río Támega y do embalse transfronteirizo de Vila Verde da Raia, entre outras. 3. Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga: ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga. 4. Red Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET): posta en marcha e consolidación dunha rede de entidades transfronteirizas en toda a fronteira luso-española, que permita a obtención de sinerxias, o intercambio de boas prácticas, análise prospectivo e maior visibilidade. As tres principias accións do proxecto consiste crear un Observatorio de Fronteira -situado en Cáceres e Portalegre-, un Servizo de Estudos -con sede en Salamanca- e constituír un Centro de Documentación Transfronteirizo na Eurocidade Chaves-Verín.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 3 Xullo 2010

a eurocidade da água

CONCELLO DE VERÍN

Máis de 3600 alumnos de Chaves e Verín comemoran o Día Mundial da Infancia No ámbito do proxecto da Eurocidade, celebrouse en Chaves durante dúas xornadas o Día Mundial da Infancia, no que participaron máis de 3.600 alumnos flavienses e verinenses dos colexios de Infantil e de 1º ciclo de Primaria de ambos municipios. Na terceira edición desta data conmemorativa, os/as nenos/as asistiron, conxuntamente, a unha actividade diferente e singular: unha visita ao circo. Ao longo de ambos días, o Circo Chen efectuou catro espectáculos, dous en cada xornada -mañá e tarde-, no que presentaron actuacións de trapecistas, malabaristas, cabalos, cintas xaponesas ou pallasos, entre outros. Este actividade busca promover o intercambio educativo e social entre as poboacións dos dous municipios fronteirizos, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os 'eurocidadáns'.

2

2ª Andaina da Eurocidade “Ruta dos Ríos da Fronteira”

Máis de oitenta participantes, dos municipios de Chaves e Verín, asistiron a 2ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín, realizada o domingo 13 de xuño pola 'Ruta dos Ríos da Fronteira'. Esta andaina realizouse por vías próximas aos ríos Támega e Fornos, que marcan a fronteira entre ambos municipios, atravesando as rutas tradicionais do contrabando e lugares de beleza paisaxística de gran interese, en pleno contacto coa natureza. A concentración realizouse na localidade de Vilarello da Raia, ás 10 horas, onde se repartiron as mochilas con froita. O percorrido de doce quilómetros finalizou ás 12,45 horas na presa de Vila Verde da Raia. A continuación efectuouse unha clase de tai chi e un almorzo de convivencia.

Un grupo de Verín participa na 4ª edición do

Programa de Termalismo Senior Un total de vinte verinenses participou na 4ª edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves-Verín, que se desenvolvou nas Termas de Chaves SPA do Emperador durante nove días. Esta iniciativa, da continuidade ao programa de turismo de saúde e benestar sen saír da casa, e foi posible grazas ao protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas e o Concello de Verín. Unha acción que complementa outro protocolo asinado en 2008, que permite que os residentes no municipio de Verín teñan os mesmos prezos que os residentes en Chaves. Esta cuarta edición permitiu que estas persoas realizasen nas Termas de Chaves un tratamento que, en cada caso, indicou o médico hidroloxista na consulta realizada o primeiro día. Os participantes tiveron acceso as prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapeútico en vigor, cun desconto do 50% sobre o prezo fixado.

O IES Xesús Taboada Chivite e a Escola de Vidago vencedores dos concursos da Eurocidade A Eurocidade Chaves-Verín fallou os resultados da primeira edición do Concurso Fotográfico 'Recursos históricos e naturais da Eurocidade' e o destinado a creación da mascota 'Chavín'. No concurso fotográfico, o primeiro lugar foi para Andrea de Dios López, do Instituto Xesús Taboada Chivite de Verín. En segundo lugar clasificouse Cristina Díez Márquez, do CEIP Amaro Refojo. E na terceira posición quedou Kevin Luiz Ponte Pucci, de Chaves. No concurso “A Mascota da Eurocidade - Chavín” o primeiro lugar foi para o grupo de 5ºB da Escola EB2,3 de Vidago/Chaves. O segundo lugar para o 4º ano da Escola de Santo Amaro, tamén en Chaves e a terceira posición foi para o grupo 1 do Externato Pinguim de Chaves. O xurado, que escolleu os tres primeiros clasificados de cada concurso, estivo conformado por: Margarida Pizarro, representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín; António Ramos, representante da Câmara de Chaves; Augusto Ladeiras, representante das Escolas de Chaves; Víctor Baladrón, representante do Concello de Verín e Elisabeth González, representante das Escolas de Verín.

Boletín Informativo Eurocidade nº3  

Boletín Informativo Eurocidade nº3

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you