Newsletter da Eurocidade nº4

Page 1

Eurocidade Chaves-Verín c h a v e s - v e r i n

Nº 4 - Marzo 2011

UE FEDER Invertemos no seu futuro

Saúdo dos alcaldes, Tras unha dura travesía, a Eurocidade ChavesVerín chegou a un punto de inflexión na súa folla de ruta, un punto de non retorno no que as bases están asentadas e os obxectivos inícialles, xa plasmados na Axenda Estratéxica no ano 2008, foron consolidados. En tres anos de funcionamento afianzámonos como un verdadeiro laboratorio de eurocidadanía e apostouse fortemente por nós dende a Eurorrexión e dende Europa para desenvolver un proxecto que representa un exemplo de integración cidadá a todos os niveis. Agora, xa comezado o ano 2011, temos por diante unha nova singladura, avalada unha vez máis pola UE e chea de retos que afrontamos coa mesma ilusión e entrega que o primeiro día. Deste espírito deixouse constancia na pasada reunión estratéxica do 4 de xaneiro onde o Grupo de Traballo da Eurocidade, presidido polo Conselleiro Alfonso Rueda, analizou o escenario aberto coa aprobación de novas candidaturas europeas. Un destes proxectos é o Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga cuxo obxectivo é consolidar a Eurocidade como destino de saúde e benestar europeo. Algunhas das accións previstas a curto prazo e que verán a luz nos próximos meses son: o lanzamento do Carné de Eurocidadán que simbolizará a unión e pertenza dos cidadáns a este territorio e que permitirá o acceso universal e compartido ás instalacións deportivas, culturais e de recreo dos dous barrios; a presentación da guía turística da Eurocidade "Dous países, un destino" ou o manual de boas prácticas para os comerciantes dun lado e do outro da raia. Os nosos obxectivos a medio prazo pasan por transformar a rede sanitaria de ambos os dous municipios nunha cidade da saúde, crear unha rede de transporte público que interconecte os dous barrios e poñer as bases para facilitar unha educación internacional sen barreiras. Non obstante, a asimetría institucional entre os dous países fai necesario seguir incrementando as nosas relacións institucionais para solucionar algúns dos problemas que transcenden o eixe de competencias da Eurocidade e permitan un aumento da mobilidade na fronteira. É unha realidade que a Eurociudade está de moda, a diario vemos noticias nos medios de comunicación dos éxitos que vimos obtendo, como o noso recente premio á excelencia polo "Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín" que a Comisión Europa outorga aos compromisos máis destacados de 2010 na Carta Europea de Seguridade Viaria. Todo iso avala o noso traballo e compromiso por seguir mantendo o liderado da cooperación local transfronteiriza e implicar a todo o tecido social e empresarial, especialmente nun momento de grave crise económica. En definitiva, achegar a Eurocidade aos flavienses e verinenses para que vexan nela un sentimento de orgullo e de posibilidades reais económicas, de benestar e de desenvolvemento. Joâo Gonçalves Martins Batista Alcalde-Presidente Municipio de Chaves Juan Manuel Jiménez Morán Alcalde-Presidente Municipio de Verín

A EUROCIDADE CHAVES-VERÍN CONTARÁ CUN CENTRO DE FORMACIÓN TURÍSTICO-TERMAL E DE INVESTIGACIÓN DA AUGA E UN SERVIZO DE TRANSPORTE TRANSFRONTEIRIZO O pasado 4 de xaneiro, a localidade de Verín acolleu unha nova reunión do Grupo de Traballo da Eurocidade Chaves-Verín, na que Alfonso Rueda Va l e n z u e l a , c o n s e l l e i r o d e P r e s i d e n c i a , Administracións Públicas e Xustiza aceptou a presidencia do mesmo e tamén se repartiron os primeiros carnés de Eurocidadáns aos representantes institucionais presentes. No acto presidido por Rueda Valenzuela, e que contou ca presencia do coordinador da Comunidade de Trabalho Galiza-Norte de Portugal CCDR-N, Nuno Almeida, o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Plácido Álvarez, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, o presidente do Municipio de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, a administradora da Delegação Turismo Saúde e Bem Estar - Entidade Regional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, Ana Ladeiras, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús María Gamallo Aller, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, o delegado territorial de Ourense, Rogelio Martínez González, e o xefe do negociado de Desenvolvemento Local e Recursos Europeos Deputación de Ourense, Francisco Javier Rodríguez-Nóvoa González, presentáronse no só o informe do Secretariado Técnico Conxunto realizado por Luis Meiriño, secretario da Comisión Executiva da Eurocidad, no que se explicaron as actuacións realizadas e futuras-, senón tamén o 'Estudio de Transportes da Eurocidade' -a cargo de Miguel Rodríguez Bugarín-, 'Centro de Investigación Turístico-Termal e Investigación da Auga' -efectuado por Carmen Pardo López-, 'Cidade da Saúde' -realizado por Xoan Vázquez Mao- e “Estratexia de cooperación institucional da Rexión do Norte' -a cargo de Nuno Almeida-.Ao longo do mesmo, o secretario xeral do Eixo Atlántico indicou que, ata o momento, se cumpriron todos os compromisos e calendarios asumidos polo Grupo de Traballo da Eurocidade, tanto no referente á presentación da Axenda Estratéxica, “presentada en menos dun ano e que recolle o que a poboación de Verín e Chaves quere que sexa a Eurocidade”, a aprobación de candidaturas europeas presentadas e a remodelación da estrutura operativa, encargada de coordinar os novos proxectos da Eurocidade, e que estará conformada por un Grupo de Traballo, presidido por Alfonso Rueda, unha Comisión Executiva por Jesús Gamallo Aller e un Secretariado Técnico acompañado dun gabinete de apoio técnico. Con respecto ás candidaturas, o Vázquez Mao recordou que nestes dous anos, a Eurocidade Chaves-Verín, logrou catro proxecto aprobados, tres POCTEP (Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España Portugal), e un URBACT, “algo inusual, pero que revela o traballo ben feito por parte da Eurocidade”, dos que os dous xa se realizaron e os restantes “poranse en marcha a finais de xaneiro ou principios de febreiro”. Unha destas candidaturas é a do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga, presentado aos asistentes por Carmen Pardo López, secretaria xeral para o Turismo. Un proxecto, cun orzamento de 1.786.923,20 euros -75% financiado por Fondos Feder- e no que colaboran a Deputación de Ourense, Secretaría Xeral para o Turismo e Turismo do Porto e Norte de Portugal,

Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e Asociación de Termas de Portugal. O mesmo ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de Formación TurísticoTermal e de Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de GaliciaNorte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga, e na que tamén se incluirá unha ruta transfronteiriza termal e da auga, similar a actuación 'Rutas do Viño de Galicia e Norte de Portugal'. Por outra banda, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, presentou un 'Estudio de Transportes da Eurocidade', que abre a posibilidade de poñer en funcionamento un servizo de transporte público entre Verín e Chaves e que “sería o primeiro da Península Ibérica”, indicou o secretario xeral do Eixo Atlántico, “tanto na fronteira de España con Portugal como con Francia”. Tamén Vázquez Mao, durante a presentación de 'Cidade da Saúde', indicou que nun prazo inferior a dous meses celebrarase unha reunión entre os titulares de sanidade de Galicia e Portugal, “co obxecto de que se comece a traballar na planificación e compartimento de recursos e servizos á poboación entre os dous municipios e rexións, é dicir, dar máis con menos”. Unha cuestión apoiada polo titular de Presidencia que indicou que “a Eurocidade, tanto cos proxectos realizados como futuros, revela a existencia dun modelo de cooperación transfronteiriza na que os cidadáns poidan comprobar os efectos positivos e beneficios da mesma, e conforman un exemplo para toda a fronteira entre Galicia e Norte de Portugal”. Ademais engadiu que os proxectos presentados son de “transcendencia inmediata “, como o “de termalismo, no que se aproveitan os recursos de aquí e alá, e situarase á cabeza en materia de recursos termais de Galicia e norte de Portugal” ou “o de transporte entre o barrio norte e sur, como indicaron diferentes poñentes, e que reflicte un xeito de expresar a compenetración e cooperación existente entre Chaves e Verín”. Na mesma liña expresouse o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, que entregou xunto co seu homónimo de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, os primeiros carnés do Eurocidadán, e afirmou que “os dous municipios teñen o reto de ser un laboratorio de construción de cidadanía europea, destinado a mellorar a calidade de vida de verinenses e flavienses”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.