Page 1

Eurocidade Chaves-Verín c h a v e s - v e r i n

Nº 3 - Setembro 2010

UE FEDER Invertemos no seu futuro

Saúdos dos alcaldes, Unha vez máis, con esta nova newsletter, queremos continuar transmitindo todas os eventos e actividades de educación, deporte e cultura así como as accións conxuntas de desenvolvemento económica e desenvolvemento sostible que pretenden promover unha maior interacción entre os cidadáns flavienses e verineses, hacia una converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental entre dúas cidades. Ante esta gran unión que representa a Eurocidade Chaves-Verín, deuse un paso máis na consolidación institucional da mesma coa aprobación por os dous municipios na súa incorporación na Agrupación Europea de Cooperación Territorial ChavesVerín, un novo instrumento xurídico europeo que permite ós entes territoriais de Estados distintos por en marcha grupos de cooperación dotados de personalidade xurídica. Mostra deste ambicioso proxecto que representa a Eurocidade e do seu continuo crecemento son as catro candidaturas que se presentaron á nova convocatoria do POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal) para os anos 2011-2012 co fin de consolidar esta área como un espazo común de servizos e oferta cultural, reforzando a calidade de vida dos seus veciños e veciñas. A Eurocidade permite así reforzar os lazos xa existentes entre estes dous municipios á vez que vai tomando forma e consolidándose co aumento da participación dos cidadáns en cada proxecto mellorando así a calidade de vida dos seus habitantes e impulsando o sentimento de pertencer a un territorio común. Ademáis da nova páxina web da Eurocidade recentemente presentada, esperamos que con esta publicación, os destinatarios da newsletter poidan seguir periodicamente as accións realizadas e os proxectos futuros que con paso firme está a realizar a Eurocidade. João Gonçalves Martins Batista Alcalde-Presidente Municipio de Chaves Juan Manuel Jiménez Morán Alcalde-Presidente Municipio de Verín

OS MUNICIPIOS DE CHAVES E VERIN PRESENTAN CATRO CANDIDATURAS A NOVA CONVOCATORIA DO POCTEP No ámbito da Eurocidade, os municipios de C h a v e s e Ve r í n p r e s e n t a r o n c a t r o candidaturas conxuntas á nova convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) para os anos 2011-2012, co obxectivo de consolidar esta área como un espazo común de servizos, oferta cultural, de lecer e negocio, reforzando a calidade de vida dos veciños e veciñas, a mentalidade do cidadán e fixando a poboación.

As catro candidaturas presentadas son as seguintes: 1. Eurocidade II. Busca dar continuidade ao proxecto, aprobado na primeira convocatoria do POCTEP. Un obxectivo que se enmarca no desenvolvemento de catro liñas de traballo: posta en marcha da Eurocidade Chaves-Verín, AECT -inclúese o funcionamento operativo e institucional da Eurocidade Chaves-Verín e dos seus órganos, do Portelo da Eurocidade para atender ao cidadán sobre as actividades realizadas no ámbito deste territorio e unha unidade de publicacións sobre a mesma-, potenciamento da Eurocidadanía establécese a organización de servizos públicos transfronteirizos -, formación da Eurocidadanía e a posta en marcha da Oficina Transfronteiriza da Xuventude e do Local de Ensaios Transfronteirizos coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, organización conxunta de eventos culturais e deportivos (aséntase na cooperación das entidades para crear unha oferta conxunta que promocione os eventos deportivos e culturais de ambos municipios), dinamización económica da Eurocidade establece un plan de desenvolvemento do turismo -centralizado en temas de saúde e benestar-, potenciamento das rutas turísticas e a promoción da Fronteira Comercial Aberta (co fin de desenvolver iniciativas de fomento dos centros de comercio tradicional, cara a renovación do mesmo e animación das zonas comerciais).

2. Proxecto da ciclovía da Eurocidade Chaves-Verín: destinado á creación dunha rede de circuítos de ciclovía nas marxes do río Támega que potenciará o uso da bicicleta, conservará e dará valor ao patrimonio natural asociado ao río Támega. 3. Centro de Formación Turístico-Termal e da Investigación da Auga. Este proxecto, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense (Xefe de Fila), Secretaría Xeral para o Turismo, Turismo do Porto e Norte de Portugal, ER, Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica, Asociación de Termas de Portugal, ten como obxectivo a construción e posta en funcionamento do Centro de F o r m a c i ó n T u r í s t i c o - Te r m a l e d e Investigación da Auga Transfronteirizo, conformado por unha Escola Hostaleira Termal (Verín) e un Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga (Chaves). Unha acción destinada ao desenvolvemento da formación de calidade, investigación e promoción como destino de saúde e benestar de Galicia-Norte de Portugal, para lograr a consolidación do Clúster da Auga. 4. Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET). O fin último deste proxecto, que ten como socios o Triángulo Urbano Ibérico Rayano (Xefe de Fila), Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero, Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e a Diputación de Salamanca; é apoiar a posta en marcha e consolidación dunha rede de entidades transfronteirizas en toda a fronteira luso-española, que permita a obtención de sinerxias, o intercambio de boas prácticas, análise prospectivo e maior visibilidade. As tres principias accións do proxecto consiste en crear un Observatorio de Fronteira -situado en Cáceres e Portalegre-, un Servizo de Estudos -con sede en Salamanca- e constituír un Centro de D o c u m e n t a c i ó n Tr a n s f r o n t e i r i z o n a Eurocidade Chaves-Verín.


Eurocidade Chaves-Verín

Nº 3 - Setembro 2010

MEMORIA DE ACTIVIDADES DA EUROCIDADE CHAVES-VERÍN Xaneiro

“Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial”

iReunión conxunta dos técnicos dos dous municipios

para a realización de prácticas profesionais dos

seguido de unha clase de Tai Chi iAprobación no pleno do Concello da integración do

para o reparto de experiencias e identificación de

estudantes do mesmo, no Gabinete de Apoio

Municipio de Verín na Asociación Europea de

barreiras legais a nivel administrativo e legal con

Técnico da Eurocidade Chaves-Verín

Cooperación Territorial (Eurocidade Chaves-Verín

vista a elaboración de un Plan de Acción Local, a efectuar no ámbito do proxecto URBACT-EGTC;

iRatificación polos municipios de Chaves e Verín da

AECT), e dos respectivos estatutos

Carta Europea de Seguridade Viaria en Madrid, nun

iVisita da Eurocidade ao Municipio de Melgaço, para

acto celebrado no Ministerio de Sanidade e Política

Xullo

coñecer os proxectos de cooperación

Social que contou cá presenza do Director Xeral de

iRealización das primeiras xornadas hípicas

transfronteiriza que a UNIMIÑO - Asociación do Val

Tráfico de España e con representantes da

“Eurocidade Ecuestre Chaves-Verín”, no Club

do Miño Transfronteirizo desenvolve.

Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte da

Hípico Monterrei

iStand da Eurocidade na 4ª Edición da feira “Sabores

Comisión Europea

iDefinidos os vencedores dos concursos de

iOrganización da iniciativa Maios na Fronteira na

& Saberes” de Chaves.

localidade de Feces de Abaixo (Verín) destinada a Febreiro

que os nenos das escolas de Vila Verde da Raia

 Participación da Eurocidade no Seminario

(Chaves) coñezan a historia e festa dos Maios.

URBACT-EGTC en Lille,

fotografía e creación da mascota da Eurocidade Chaves-Verín (Chavín) i1ª Convivencia das Forzas de Orde Público da Eurocidade Chaves-Verín iPresentación polos municipios de Chaves e Verín

 Participación da escola EB2,3 de Vidago no desfile

aos medios de comunicación das catro candidaturas

infantil do Entroido de Verín, que ten como tema a

conxuntas a nova convocatoria do Programa de

“Auga e Sostentabilidade”

Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) para os anos 2011-2012

Marzo

iL a n z a m e n t o d a W e b d a E u r o c i d a d e

iStand da Eurocidade na feira do Lázaro e na 3ª

(www.eurocidadechavesverin.eu)

Edición do Certame Gastronómico “Vila de Verín”

iRealización do programa entre nenos de Chaves e

iCelebración do “II Concurso Social de Doma Clásica

Verín, “Convive coas Linguas”, que permite fomentar

Eurocidade Chaves-Verín”, no Club Hípico

o aprendizaxe do portugués e o castelán entre os

Monterrey (Queizás-Verín), encuadrado nas

nenos

actividades da feira do Lázaro e o Certame

iFinal do 2º Torneo de fútbol-sala Inter-

Maio

Gastronómico “Vila de Verín”

iConferencia final do proxecto EGTC-URBACT

iEncontro Musical Vila de Verín

(Esztergom, Hungría) iOrganización da 4ª Edición do programa de

Abril iInicio do 2º Torneo de Futsal Torneo de Fútbol-sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín,

Termalismo Social da Eurocidade e da 2ª Edición do

freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín iAprobación na Asamblea Municipal da integración do Municipio de Chaves na Asociación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (AECT), e dos respectivos estatutos

Programa Fin de semana Termal da Eurocidade

que se realizou entre Abril e Xuño

Agosto

iLanzamento do Concurso de Narrativa Biblioteca Pública Municipal de Verín, dirixida aos alumnos da

Xuño iCelebración conxunta do dia Mundial da Infancia en Chaves onde estiveron presentes máis de 3600

Eurocidade Chaves-Verín iFirma do Convenio de Cooperación Educativa entre a Universidade de Vigo e o Municipio de Verín, no ámbito do programa oficial de post-graduación

nenos de ambos municipios

Adxudicación definitiva da obra de rehabilitación da antiga Alfándega localizada en Feces de Abaixo (Verín), para a localización da futura sede da Eurocidade, Gabinete Transfronteirizo da Xuventude e

i2ª Andaina da Eurocidade co nome “Rotas dos Ríos

Local de Ensaios Transfronteirizo.

da Fronteira”, comezando en Vilarelho da Raia

PRÓXIMAS ACTIVIDADES Setembro

Eurocidade” e “Chavín - a mascota da

iDía 19: VI Maratón BTT - Rota do Presunto

Eurocidade”

iDía 28: Visita Técnica á Eurocidade dunha iCurso de formación de Portugués e Castelán M

(Lamadarcos-Feces de Cima-Vila Frade-

i Día 29 e 30: Xornadas Empresariais e Comerciais da Eurocidade Chaves-Verín

Feces de Abaixo)

delegación de Brasil

L

(Liége-Bélxica)

iA n d a i n a “ R o t a d o C o n t r a b a n d o ”

Chaves-Verín

i Día 30 e 1/12: Conferencia Anual do URBACT

X

J

V

S

D

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

iPresentación do proxecto Eurocidade nos centros educativos i5ª edición dos Programas de Termalismo de Eurocidade L

Outubro iDías 4 ó 7: Open Days 2010 8th European Week of Regions and Cities (Bruselas) iDías 15 e 17: Feira “Termatalia 2010” (Ourense) iDías 1 ó 20: Exposición dos traballos presentados aos concursos da Eurocidade “Recursos Históricos e Naturais da

M

X

J

L

M

X

J

V

S

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

V

S

D

Decembro

1

2

3

i Día 2 e 3: Fórum Transfronteirizo da Eurocidade

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

Chaves-Verín: “Eurocidade Chaves-Verín: novos desafíos” L

M

Novembro i Días 2 ó 5: 2ª Semana da Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín i Días 20 e 21: 4º Encontro Mostra Xuvenil Norte de Portugal-Galicia em Chaves

D

X

J

V

S

1

2

3

4

D 5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

23

27

28

29

30

31


Eurocidade Chaves-Verín

Nº 3 - Setembro 2010

Aprobación da integración de Chaves e Verín na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (AECT) As corporacións da Cámara Municipal de Chaves e do Concello de Verín aprobaron a integración de ambos municipios na Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín. A Eurocidade Chaves-Verín AECT, con personalidade xurídica, terá por obxectivo promover a cooperación territorial, transfronteiriza, nos ámbitos da cultura, deporte, educación, entretemento, ordenación do territorio, patrimonio, protección civil, saúde, turismo, aproveitamento conxunto e protección do río Támega, do medio ambiente e dos recursos naturais. A Eurocidade Chaves-Verín AECT, terá por atribucións concibir e executar proxectos ou accións para a consecución desta cooperación, promover ou elaborar estudios, planos, programas e formas de colaboración entre os entes públicos asociados. Así como, construír e xestionar infraestruturas e equipamentos e prestar servizos de interese público, facilitar e promover a cooperación no ámbito territorial en que exerce as súas funcións, con ou sen o financiamento da Unión Europea, pero sempre co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e reforzar a cohesión económica e social do territorio de ambos os municipios. A mesma estará conformada por dous órganos de goberno: Asemblea Xeral (constituída pólos asociados e dirixida por unha Mesa conformada por un Presidente -alcalde de Verín ou Chaves, de modo rotatorio- e un Secretario que exercerá de Subdirector) e Director (alcalde de Chaves ou de Verín, rotativamente), e o seu domicilio social estará situado na Antiga Aduana de Feces de Abaixo (Verín).

10 PREGUNTAS SOBRE AS AECT 1.¿Qué é a AECT? A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) é un novo instrumento xurídico europeo que permite ós entes territoriais de Estados distintos por en marcha grupos de cooperación dotados de personalidade xurídica. 2. ¿Qué tarefas lle corresponden? Organizar e xestionar accións de cooperación transfronteiriza, transnacional ou interrexional, estén ou non cofinanciadas pola Unión Europea. Para cumprir a sua misión, unha AECT pode dotarse de unha organización, dispoñer de un presuposto e empregar persoal. 3. ¿Algúns exemplos? A organización dun servizo sanitario ou de transporte transfronteirizo, da xestión dun programa cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenrolo Rexional (FEDER), a xestión dun proxecto incluido no programa marco de investigación e desenrolo tecnolóxico,etc. 4. ¿Qué accións de cooperación non pode levar a cabo a AECT? Non pode ter poderes policiais nin executar ningunha misión no ámbito da xustiza nin da política exterior. 5. ¿Quen pode crear unha AECT? As rexións, entes locais, as autoridades nacionais, os organismos de Dereito Público e as asociacións. 6. ¿Cómo se crea unha AECT? Establécese un convenio, adóptase un estatuto e notifícanse ambos ás autoridades nacionais correspondentes, que disporán dun plazo de 3 meses para aprobar a participación dos posibles membros ou no seu caso xustificar a sua negativa baseándose no regulamento. 7. ¿ Qué zoa xeográfica debe abarcar? Os membros dunha AECT deben pertencer o territorio de dous Estados membros como mínimo. 8. ¿Pode crearse unha AECT fora das fronteiras da Unión Europea? En principio si, sempre que a lexislación dos terceiros países ou os acordos firmados entre estes e os Estados membros o permitan. 9. ¿A partir de cándo será posible constituír unha AECT? A partir do 1 de agosto de 2007. Antes desta fecha, os Estados membros deberán adoptar medidas lexislativas ou administrativas complementarias o Regulamento (CE) nº 1082/2006. 10. ¿Aínda queda plazo para a programación 2007-2013? Si. As futuras AECT poderán propor proxectos que se financiarán dentro dos distintos programas de cooperación. No caso dos programas operativos, tamén se pode contemplar a transferencia dás funcións dá autoridade de xestión do programa a unha futura AECT. Fonte: Comité das Regións

EUROCIDADE CHAVES-VERÍN, AECT Ámbito territorial Municipio de Chaves e Municipio de Verín Socios Municipio de Chaves (Portugal) e Municipio de Verín (España) Sede estatutaria A sede estatutaria será en España, concretamente, en Feces de Abaixo, Verín, na Dirección Antiga Aduana s/n Código Postal 32699, Provincia de Ourense, (España). Funcións Facilitar e promover a cooperación territorial, executar proxectos ou accións para a persecución desa cooperación, promover ou elaborar estudos, planos, programas e formas de relacionamento entre os entes públicos asociados, construír e xestionar infraestruturas e equipamentos e prestar servizos de interese público. Obxectivos A Eurocidade Chaves-Verín, AECT ten por obxectivo promover a cooperación territorial, transfronteiriza, nos dominios da cultura, educación, lecer, ordenamento do territorio, patrimonio, protección civil, saúde, turismo, aproveitamento conxunto e protección do río Támega, do medio ambiente e os recursos naturais, entre outros. Órganos - Asemblea Xeral, constituída polos Asociados, sendo cada unha delas representada por unha delegación de seis membros. Dirixida por unha Mesa constituída por un Presidente (presidente de Chaves ou de Verín, rotativamente) e por un Secretario, que é o Subdirector. - Director, presidente de Chaves o de Verín, rotativamente.


Eurocidade Chaves-Verín Convenio de Cooperación Educativa entre a Universidade de Vigo e o Concello de Verín

Nº 3 - Setembro 2010

Adxudicación da obra de rehabilitación da aduana de Verín para a futura sede da Eurocidade

No contexto da Eurocidade Chaves-Verín, o Concello de Verín e a Universidade de Vigo asinaron un Convenio de Cooperación educativa, no marco do programa oficial de posgrao “Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial”, para a realización de prácticas profesionais dos estudantes do mesmo, no Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade ChavesVerín. Devandito convenio é un froito máis das labores de cooperación no ámbito universitario que se teñen establecido dende o Concello de Verín, para favorecer e potenciar a difusión dos obxectivos deste proxecto transfronteirizo, permitindo así que os estudantes de devandito postgraduado fagan prácticas laborais no Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade ChavesVerín. O obxectivo específico será o de proporcionarlle unha visión global do proxecto de cooperación transfronteriza “Eurocidade ” que están a desenvolver ambas cidades. Estas prácticas permiten ós/ás alumnos/as ter información de primeira man sobre a experiencia da colaboración transfronteiriza, xa que participan de forma activa nas actividades.

A Deputación Provincial de Ourense adxudicou a obra para a rehabilitación da antiga aduana de Verín, situada en Feces de Abaixo, co obxecto de convertela en futura sede da Eurocidade ChavesVerín. As obras foron adxudicadas á empresa Vipeca, Obras y Servicios, S.L., que as executará según a oferta económica presentada no seu día por un total de 323.339 euros, IVE e demais impostos incluídos. Devandita reforma está integrada no Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal 2007-2013 (POCTEP), cofinanciado nun 75% con fondos FEDER da Unión Europea. O proxecto desta reforma inclúe unha rehabilitación integral das Instalacións e permitirá situar na

Mesma o Portelo da Eurocidade, Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade, Oficina Transfronteiriza da Mocidade e do Local de Ensaios Transfronteirizos, coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude.

A Eurocidade Chaves-Verín presenta a súa páxina web No mes de xullo, o presidente da Câmara Municipal de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán presentaron a páxina web da Eurocidade Chaves-Verín. O novo site, www.eurocidadechavesverin.eu, naceu co obxectivo de dar visibilidade a un proxecto pioneiro a nivel da Península Ibérica e tamén de Europa, exemplarizando un novo modelo de cooperación de segunda xeración que vai máis alá da colaboración institucional, e do sumatorio de simples programas e iniciativas de cooperación, potenciando a asunción de que é posible adoptar un novo modelo de cidadanía europea. O proxecto da Eurocidade Chaves-Verín pretende a posta en común dos recursos, a través do planeamento e xestión conxunta de servizos e equipamentos dos

municipios fronteirizos de ambos municipios, que proporcionen unha maior calidade de vida á poboación de Chaves e Verín. Nesta páxina web, os/as internautas poderán coñecer a historia, obxectivos e servizos comúns postos en marcha no ámbito da Eurocidade, os eventos culturais e deportivos, ofertas de termalismo e información sobre os recursos termais e de augas minerais naturais existentes en ambos municipios. Ademais, das actividades realizadas e en curso deste proxecto destinadas á cidadanía; así como información sobre os proxectos europeos executados e os futuros, noticias, subscrición á newsletter, fotografías de ambos municipios e a participación en enquisas, entre outros servizos.

Chaves e Verín ratifican o seu compromiso coa Carta Europea da Seguridade Viaria O 30 de abril de 2010, o presidente da Cámara Municipal de Chaves, João Batista, e o alcalde do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán desprazáronse a Madrid para ratificar o seu compromiso coa Carta Europea da Seguridade Viaria, impulsada pola Comisión Europea co fin de reducir o número de vítimas de accidentes de tráfico. Esta carta constitúe unha plataforma participativa integrada por máis 1.700 empresas, asociacións e entidades públicas de toda Europa que se comprometeron a efectuar accións concretas destinadas a redución de accidentes de tráfico. A Carta Europea da Seguridade Viaria conta, ata a data, con máis 220 organizacións españolas entre as que se atopan os municipios de León, Zaragoza ou Madrid, Real Automóvil Club de España (RACE), Dirección de Tráfico del Gobierno Vasco, Federación Nacional Asociaciones Transporte de España ou Cruz

Roja Española-.Ademais, constitúe un recoñecemento ao traballo realizado desde a Eurocidade Chaves-Verín co fin de concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada; e un dos obxectivos xa realizados dentro das actuacións de cooperación transfronteiriza establecidas no ámbito do POCTEP (Programa de Cooperación Transfronteiriza E s p a ñ a - P o r t u g a l ) . A adhesión a esta carta permite desenvolver accións concretas, entre os municipios de Chaves e Verín, no ámbito da educación e seguridade viaria dirixido a diferentes grupos, nenos/as, embarazadas, discapacitados/as, persoas da 3º idade desenvolvemento campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o

comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónica, mantemento e reposición de sinais de tráfico, e sobre todo, repetir en anos posteriores, a 'Semana da Seguridade e Educación Viaria' na Eurocidade ChavesVerín.


Eurocidade Chaves-Verín A Red Ibérica de Entidades Transfronteirizas reuniuse en Chaves

Convivencia das Forzas do Orde Público na Eurocidade Chaves Verín

A Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET realizou o pasado día 5 de Marzo a súa comisión executiva na cidade de Chaves. Na citada reunión aprobáronse as tres principais accións inmediatas da rede transfronteiriza: a creación do Centro de Documentación en Chaves; o Observatorio de Fronteira, situado en Cáceres e en Portalegre; e o Servizo de Estudos, con sede en Salamanca. Co fin de avanzar na creación de estruturas transfronteirizas ao longo da fronteira lusoespañola, a executiva decidiu que a creación destas infraestruturas serían incluídas nunha candidatura ao POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal) para a súa programación. A RIET foi constituída no pasado verán en Cáceres auspiciada polo Eixo Atlántico e pola Triurbir (formada polas cidades de Cáceres e Placencia, pola parte española e polas portuguesas de Castelo Branco e Portalegre). A Red Ibérica de Entidades Transfronteirizas integra 12 institucións, entre elas a Eurocidade Chaves-Verín, que actualmente traballan na fronteira luso-española. O organismo naceu co obxectivo de promover o desenvolvemento socioeconómico nas zonas fronteirizas e de ter unha soa voz xunto dos gobernos de España e de Portugal e da Unión Europea, no momento en que se negocian os fondos de Bruxelas para o período de programación 2014-2020.

O complexo deportivo de A Granxa de Verín acolleu a 1ª Convivencia das Forzas do Orde Público, organizada pola Eurocidade Chaves-Verín. Na mesma participaron membros da Guardia Civil de Verín, Policía Local de Verín, Policía de Segurança Pública, Guardia Nacional Republicana de Portugal e bombeiros de ambos lados da fronteira. Esta convivencia, na que se disputaron varios partidos de fútbol, permitiu sentar as bases para a realización da segunda edición da 'Semana da Seguridade e Educación Viaria', onde participarán todos estes corpos e forzas de seguridade do Estado. Unha semana na que a través da realización de charlas-coloquios e xornadas prácticas, como exposicións, exhibicións de medios, teatro ou actividades con karts, móstranse actuacións conxuntas en materia de educación e seguridade viaria aos cidadáns das localidades de Verín e Chaves.

2º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves - Verín O domingo 11 de abril iniciouse a segunda edición do “Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves - Verín”. Unha edición que contou coa participación de 31 equipos do municipio de Chaves e tres de Verín. A actividade estivo dirixida a todas as parroquias dos municipios de Chaves e Verín, que poideron participar cun único equipo, constituído por individuos de ambos sexos. Os xogos tiveron lugar nos polideportivos de ambos concellos ata a clasificación dos vencedores de cada serie. A partir desta fase, os xogos foron realizados no Pavillón Municipal de Chaves. O día 20 de xuño tivo lugar a final e a entrega dos premios aos tres primeiros clasificados: 1º Clasificado: Madalena 2º Clasificado: Santo Estêvão 3º Clasificado: Santa Cruz-Trindade Ademais, entregáronse os premios ao Equipo menos goleado (Madalena), máis goleador (Madalena) e Premio Fair-Play (Vilas Boas e Madalena, por inscribir mulleres nos seus equipos).

II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade Chaves-Verín O pasado 19 de marzo, o Club Hípico Monterrey (Queizás) acolleu a celebración do “II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade ChavesVerín”, enmarcado dentro das actividades da Feira do Lázaro e o Certame Gastronómico 'Vila de Verín'. Os xinetes e amazonas do club, españois e portugueses, con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos, sairon á pista para realizar as reprises Asento e Posición - 1 y 2 - e Promoción -1, 2 y 3 -. Ao concluír devanditas probas entregáronse os correspondentes diplomas. O “II Concurso Social de Doma Clásica Eurocidade Chaves-Verín”, finalizóuse con un espectáculo ecuestre a cargo de Juan Francisco Fernández Muñoz, xinete de Doma Clásica, Alta Escola e Doma Vaquera.

Nº 3 - Setembro 2010

Eurocidade Ecuestre Verín-Chaves O Club Hípico Monterrey organizou o pasado 3 e 4 de xullo, no centro Ecuestre Cigarrón (Queizás-Verín), as primeiras xornadas hípicas 'Eurocidade Ecuestre'. O programa deste evento incluiu as seguintes actividades: - Sábado 3 de xullo: Doma clásica 'C', 'D' e Copa A.C.C.E.GA. Promocións 1 a 4 (10 horas), Doma Clásica AP1 e 2 e San Jorge (16 horas), Doma Vaquera e Alta Escuela (18.30 horas) e Espectáculo ecuestre 'Sabor Andaluz' (20 horas). - Domingo 4 de xullo: Concurso Doma Clásica (10 a 14 horas), Doma Clásica P3 e 4 e San Jorge (16 horas), Entrega de premios (18.30 horas), Espectáculo ecuestre 'Sabor Andaluz' (19 horas) e Torneo medieval entre cabaleiros españois e portugueses. As xornadas 'Eurocidade Ecuestre Verín-Chaves' contou coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, a través do Concello de Verín, Xunta de Galicia, Deputación de Ourense, Federación Hípica Galega e empresas de ambos municipios.

Curso de Monitor de Lecer e Tempo Libre para mozos lusos e galegos A Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil, co apoio da Eurocidade ChavesVerín, promove a realización dun curso de Monitor de Lecer e Tempo Libre, co obxectivo de impartir aos/ás mozos/as portugueses/as e galegos/as formación e acreditación que lles permita traballar a ambos lados da fronteira. Una acción incluída dentro do proxecto Espazo Xuvenil, dirixido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Instituto Português de Juventude, e aprobado no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP). Este curso terá lugar en Chaves, cunha duración de 200 horas teóricas e 150 prácticas, e será impartido por unha escola de tempo de lecer e animación sociocultural, debidamente acreditada polo Goberno Galego para emitir certificacións nesta área. Unha acreditación imprescindible para traballar no sector do tempo de lecer en España e, de acordo coa lexislación vixente, tamén en Portugal. A duración deste curso, gratuíto e na que os participantes terán dereito ao almorzo, será do 13 de setembro ao 8 de outubro, das 10 ás 14 horas e das 15.30 ás 21.30 horas, no Centro Cultural de Chaves. O número de prazas dispoñibles é de 25, 15 para mozos/as lusos e as restantes para os/as galegos/as, que deben residir nesta zona transfronteiriza e ter idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.


Eurocidade Chaves-Verín Máis de 250 nenos de Verín e Chaves participan no programa 'Convive coas Linguas 2010' A Eurocidade Chaves Verín organizou, por terceiro ano consecutivo, o programa 'Convive coas Linguas'. Unha iniciativa entre os dous municipios transfronteirizos que se asenta na realización de actividades lúdicoformativas que fomenten a aprendizaxe do castelán e o portugués e a convivencia entre nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos. Hípica, visitas a parques botánicos, bibliopiscina ou actividades deportivas como tenis, fútbol e baloncesto foron algunhas das actuacións previstas no programa 'Convive coas Linguas'.

Nº 3 - Setembro 2010

Maios na Fronteira Máis de 3600 alumnos/as de Chaves e Verín conmemoran o Día Mundial da Infancia A localidade lusa de Chaves promoveu dúas xornadas, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia, no marco da Eurocidade Chaves-Verín, nas que participaron máis de 3.600 alumnos flavienses e verinenses dos colexios de Infantil e de 1º ciclo de Primaria de ambos municipios. Na terceira edición desta data conmemorativa, os/as nenos/as asistiron, conxuntamente, a unha actividade diferente e singular: unha visita ao circo. Ao longo de ambos días, o Circo Chen efectuou catro espectáculos, dous en cada xornada -mañá e tarde-, no que presentaron actuacións de trapecistas, malabaristas, cabalos, cintas xaponesas ou pallasos, entre outros. Este actividade estivo integrada no proxecto da Eurocidade Chaves-Verín e buscou promover o intercambio educativo e social entre as poboacións das dúas localidades, espertar o interese pola cultura, e promover unha ocupación saudable do tempo de lecer entre os 'eurocidadáns'.

A Eurocidade Chaves-Verín organizou con motivo da festividade dos Maios a actividade 'Maios na Fronteira' na localidade de Feces de Abaixo (Verín). Nesta iniciativa participaron 100 alumnos/as, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, das Colexio Rural Agrupado de Monterrei, Xardín de Infancia Vila Verde da Raia e Escola de 1º Ciclo Vila Verde da Raia; así como profesores, pais e nais, concelleiros/as de ambos municipios e persoal dos departamentos de Educación.

Ao longo da xornada, destinada a que os/as nenos/as lusos/as coñezan a historia da festa dos Maios, os/as participantes realizaron as tradicionais esculturas de carriza (musgo), flores e plantas silvestres, cadros para recordar esta iniciativa e coroas de xestas. Con posterioridade recorreron a localidade de Feces de Abaixo cantando coplas realizadas polos/as alumnos/as, e tivo lugar un almorzo conxunto e xogos populares.

Concurso de Narrativa Biblioteca Pública Municipal de Verín A Eurocidade Chaves-Verín e a Biblioteca Pública Municipal organizaron un Concurso de Narrativa, co fin de fomentar a escritura e os valores culturais e deportivos entre os/as nenos/as da comarca. Neste concurso poideron participar todos os/as usuarios/as que o desexaron, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos. O relato debía ser orixinal e inédito, comprender a seguinte temática: A Biblioteca Fantástcia. O proceso de selección dos traballos, no que cada participante só pode presentar un traballo, realizouno a Biblioteca Pública Municipal de Verín, convocando un xurado con membros externos ou co seu propio persoal. O número de traballos seleccionados fíxose en función do número de obsequios doados polas entidades deportivas participantes. Os premios consistiron en sortear entre todas e todos os participantes seleccionados obsequios de material deportivo doados por diversos clubs de fútbol (Primeira, Segunda, Segunda B, Terceira División e Rexional Preferente). Na realización desta actividade, promovida polo Concello de Verín, participaron o F.C. Barcelona, Monterrey C.F., R.C. Deportivo de A Coruña, Lugo C.F., R.C. Celta de Vigo, Verín C.F. e a Selección Española de Fútbol.

Participación de alumnos de Chaves no desfile de Entroido de Verín Cerca de 30 alumnos da escola de ensino básico do ciclo 2º e 3º, participaron no desfile de Entroido de Verín. A 'auga e sostibilidade' foi o tema adoptado polos alumnos de Vidago, divulgando ao longo do desfile as boas prácticas no uso racional da auga. Esta actividade busca un maior intercambio entre os alumnos de ambos lados da raia e incentivar a participación en actividades lúdicas e culturais impulsando a creatividade, a imaxinación e o espírito, típicos desta festa.

A Eurocidade Chaves-Verín presente na Feira do Lázaro Unha edición máis, a Eurocidade Chaves-Verín participou na Feira do Lázaro e no Certame Gastronómico “Vila de Verín”, co fin de mostrar aos visitantes información sobre a mesma e as actuacións realizadas dentro deste proxecto transfronteirizo de segunda xeración. Ademais, os verinenses e visitantes atoparon no stand da Eurocidade unha peculiar iniciativa: un Bar de Augas, no que se deron cita as augas de

Cabreiroá, Fontenova e Sousas, un produto saudable e con propiedades curativas e terapéuticas que puido ser degustado, gratuitamente, por todos os que ata alí se achegaron -acompañado da nova carta de aguas da Eurocidade, presentada en Termatalia 2009, na que se amosan as propiedades de cada unha delas e os alimentos aos que están destinadas.


Eurocidade Chaves-Verín

Nº 3 - Setembro 2010

Programas de Termalismo na Eurocidade Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores concentracións de mananciais de augas termais e mineromedicinais da península, recursos que constitúen unha importante fonte de oportunidades para acadar a clasificación de D e s t i n o T u r í s t i c o Te r m a l e o desenvolvemento dunha área de excelencia turística centrada na saúde e o lecer. O presidente da Cámara de Chaves, João Gonçalves Martins Batista, e o alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentaron o día 10 de maio unha nova edición dos Programas de Termalismo Social. Este programa, que comenzou o día 24 de maio, desenvólveuse nas Termas de Chaves SPA do Emperador, tivo unha duración de 9 días, e foi dirixido a persoas maiores de 50 anos de Chaves e da comarca de VerínMonterrei.

Esta iniciativa, que da continuidade ao programa de turismo de saúde e benestar sen saír da casa, foi posible grazas á firma dun protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas de Chaves e o Concello de Verín, unha acción que complementa ao outro protocolo asinado en 2008 polo que os/as veciños/as de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso dasTermas. Esta edición, que xa é a cuarta, permitiu que as persoas maiores de 50 anos acudiran durante nove días,disfrutaran de diferentes tratamentos que, en cada caso, o médico

hidroloxista lles prescribiu na consulta, que se lles realizou no primeiro día. O valor do paquete desde 125 euros, segundo a tipoloxía e o número de tratamentos que o participante decidira adherir, tras a consulta médica e respectiva prescrición clínica. O participante tivo acceso á prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun desconto do 50% sobre o prezo oficial. No paquete estaba incluido: transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta de médico e acompañamento de enfermería, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos. Ademáis presentáronse os programas de Fins de Semanas Saudables 2010, no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín. Estes programas realízanse en conxunto con empresas de restauración e hostalería de ambos municipios e o SPA do Emperador das Termas de Chaves. Ademais, buscan consolidar un espazo de excelencia turística termal nesta zona, aproveitando complementariedades, polo que se opta por ofertar aloxamento e restauración en Verín, e tratamentos no SPA do Emperador das Termas de Chaves.

O custo do programa para dúas persoas foi de 135 euros -incluíndo dúas noites con aloxamento e almorzo, máis catro prácticas termais-. Mentres que para unha persoa, nas mesmas condicións que o anterior, foi de 93 euros.

Finalmente presentouse, no marco da E u r o c i d a d e C h a v e s - Ve r í n , a 2ª edición do Fin de Semana Termal, destinado aos/as cidadáns/as dos municipios de Chaves e Verín. Os/As participantes neste programa de benestar, que se desenvolveu no SPA do Emperador das Termas de Chaves, maiores de 18 anos, poideron optar entre dous paquetes de tratamentos -de 1 e 2 días de duración-: vigor (35 euros) e relaxante (38 euros). Ambos paquetes foron ofrecidos en sesións de mañá ou de tarde, o sábado 5 de xuño, e só de mañá o domingo 6 (de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas). O programa vigor incluía: sauna ou baño turco, chorro a presión, cromoterapia ou hidropresoterapia e ducha Vichy. Mentres que o relaxante incluía: baño de hidromasaxe en piscina ou bañeira, vapor en columna (Bertholet ou Bertholaix) e masaxe descontracturante ou hidratación corporal. Este programa de turismo de benestar buscou promover a saúde a través da auga, converter a Eurocidade nun destino turístico de excelencia e estreitar lazos de convivencia social entre Chaves e Verín.

Máis de oitenta persoas participan na 2ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín pola 'Ruta dos Ríos da Fronteira’ Máis de oitenta participantes, dos municipios de Chaves e Verín, asistiron a 2ª Andaina da Eurocidade Chaves-Verín, pola 'Ruta dos Ríos da Fronteira”. Esta andaina realizouse por vías próximas aos ríos Támega e Fornos, que marcan a fronteira entre ambos municipios, amosando aos asistentes rutas tradicionais do contrabando e lugares de beleza paisaxística de gran interese, en pleno contacto coa natureza .

A concentración realizouse na localidade de Vilarelho da Raia, onde tras o reparto de mochilas con froita e auga iniciouse esta ruta, que percorreu doce quilómetros finalizando na presa de Vila Verde da Raia. A continuación efectuouse unha clase de Tai Chi e un almorzo de convivencia, ofertado pola Eurocidade de forma gratuíta.


Eurocidade Chaves-Verín

Nº 3 - Setembro 2010

Concurso de Fotografía e creación da Mascota da Eurocidade Xa foron proclamados os vencedores dos concursos de Fotografía e Creación da Mascota da Eurocidade Chaves - Verín. O xurado, que escolleu os tres primeiros clasificados de cada concurso, foi constituído por: Margarida Pizarro, representante do Gabinete da Eurocidade Chaves-Verín; António Ramos, representante da Cámara de Chaves; Augusto Ladeiras, representante das Escolas de Chaves; Victor Baladrón, representante do Concello de Verín e Elisabeth Gonzalez, representante das Escolas de Verín. No concurso de Fotografía “Recursos Históricos e Naturais da Eurocidade” o primeiro lugar vai para Andrea de Dios López, do Instituto Xesús Taboada Chivite de Verín. En segundo lugar clasificouse a súa compatriota Cristina Diez Marquez, do Colexio Amaro Refojo. Na terceira posición ficou Kevin Luiz Ponte Pucci, de Chaves.

1º lugar

2º lugar

3º lugar

No concurso “A Mascota da Eurocidade Chavín” o primeiro lugar foi para a clase do 5ºB da Escola EB2,3 de Vidago/Chaves. O segundo lugar para o 4º ano da Escola de Santo Amaro, tamén en Chaves e a terceira posición foi para a clase 1 do Externato Pinguim de Chaves.

1º lugar

2º lugar

3º lugar

CONTACTOS

Gabinete de Apoio Técnico á Eurocidade Chaves-Verín

Município de Chaves

Verín Praza do Concello, 1 32600 Verín (España) Tel.: (+34) 988 411 000 Fax: (+34) 988 411 900 Chaves Av. da Cooperação, Edf. Inditrans 5400-673 Chaves (Portugal)

Largo de Camões 5400-150 Chaves (Portugal) Tel.: (+351) 276 340 500/1/2 Fax: (+351) 276 327 724 Responsable da Eurocidade no Municipio de Chaves: Margarida Pizarro E-mail: stc.chaves@eurocidadechavesverin.eu Concello de Verín

Emails Portelo da Eurocidade: info@eurocidadechavesverin.eu

Praza do Concello, 1 32600 Verín (España) Tel.: (+34) 988 411 000/1 Fax: (+34) 988 411 900 Responsable da Eurocidade no Concello de Verín:

Gabinete de Apoio Técnico gat.mjoserivero@eurocidadechavesverin.eu gat.josesousa@eurocidadechavesverin.eu gat.pablorivera@eurocidadechavesverin.eu

Luis Meiriño E-mail: stc.verin@eurocidadechavesverin.eu

Gabinete de Comunicación (Chaves): press.chaves@eurocidadechavesverin.eu Gabinete de Comunicación (Verín): press.verin@eurocidadechavesverin.eu


Newsletter da Eurocidade nº3  

Newsletter da Eurocidade nº3

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you