EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 9 Marzo 2012
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
Esther Vaz Diéguez, vencedora do Concurso de Narrativa 'Eurocidade Chaves-Verín 2011' e Biblioteca Pública Municipal de Verín A moza verinense Esther Vaz Diéguez resultou vencedora da terceira edición do Concurso de Narrativa 'Eurocidade Chaves-Verín 2011' e Biblioteca Pública Municipal de Verín. Esta moza de 4º de ESO relatou a través do diario de Xiana, unha viaxe real de aldea pola súa vida facendo un acercamento a Balbino, personaxe central do libro “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas. Neste concurso, destinado a fomentar a escritura e os valores culturais e deportivos, participaron todos os/as usuarios/as que o desexeron, matriculados en centros docentes da comarca de Verín ou do municipio de Chaves, con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos, ambos inclusive.
A Eurocidade Chaves-Verín presente na VII edición de 'Sabores e Saberes' A Eurocidade Chaves-Verín participa, por quinto ano consecutivo, na mostra 'Sabores e Saberes', que terá lugar os días 3, 4 e 5 de febreiro no Pavillón Municipal de Chaves. O fin desta participación da Eurocidade, que contará cunha caseta atendida por técnicos do Gabinete de Apoio Técnico, é informar aos visitantes sobre as actuacións desenvolvidas no ámbito deste proxecto de cooperación transfronteiriza, así como divulgar e promover as tradicións artesanais, festivas e gastronómicas da comarca de Verín-Monterrei, a través da exposición de produtos da zona ao longo dos tres días no certame.
Entrega dos xoguetes da campaña “Comparte sorrisos e ilusións”
Os rexedores de Chaves e Verín, acompañados de representantes das principais asociacións comerciais de ambos municipios entregaron os xoguetes, recollidos en Verín e Chaves, entre os/as nenos/as da Eurocidade. A primeira das entregas tivo lugar en Verín, o pasado 2 de xaneiro, onde o alcalde Juan Manuel Jiménez Morán, e o presidente da Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), José Ángel Rodicio Portela, entregaron ás responsables do Fondo Social Municipal e Oficina de atención ao Inmigrante de Verín estes artigos. Mentres que en Chaves, o acto foi o 4 de xaneiro, e foi realizado polo presidente da Câmara Municipal e un representante de Pro-Centro (Asociación para a promoción do centro urbano de Chaves), que levaron xoguetes e calzado aos/ás nenos/as do Patronato de São José en Nantes (Chaves).
Na Feira participaron un grupo de cigarróns pertencentes á Asociación O Cigarrón de Verín desfilando polo recinto feiral . Tamén actuaron a Banda de Gaitas do Concello de Verín e o Coral de Verín (organizada pola Asociación Verinense dos Amigos da Música). 'Sabores e Saberes' trátase dunha mostra destinada a exposición e venda de produtos locais, que tamén conta cun festival gastronómico no que se ofrecen pratos típicos da zona de Chaves e con animación cultural, por parte de grupos tradicionais. Unha iniciativa que xa chegou a súa sétima edición e devolve ás tradicións gastronómicas e artesanais ao seu lugar na comunidade, converténdose nun medio promocional turístico global da rexión e nun motor do desenvolvemento económico local constituíndose como un importante instrumento de requalificación territorial.
4º Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias Pobos Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín organiza, entre os meses de marzo e xuño, a cuarta edición do “Torneo de Fútbol Sala Inter-Freguesias/Pobos Eurocidade Chaves-Verín”. Este torneo ten como obxectivos principais ocupar o tempo de lecer dos eurocidadáns de modo saudable, promover o intercambio e a convivencia deportiva entre as diferentes parroquias dos municipios de Verín e Chaves, e dinamizar as instalacións deportivas existentes. A actividade está dirixida a todas as xuntas de Freguesias de Chaves e localidades de Verín, que poderán participar cun único equipo, conformado por individuos de ambos sexos. Os partidos terán lugar nos polideportivos da Eurocidade ata a clasificación dos vencedores de cada serie, que pasarán aos oitavos/cuartos de final. A partir desta fase, os xogos terán lugar no Pavillón Municipal de Chaves e/ou Pavillón Municipal de Verín. PÁGINA 8
A mesma, na que participarán 78 expositores -40 do sector agroalimentario e 38 de artesanía local e rexional- actúa como catalizadora de novos e emerxentes mercados, esenciais para o desenvolvemento industrial, turístico e comercial; que funciona como unha vitrina dos produtos de calidade, locais e rexionais, e promove a transferencia de tecnoloxías e o investimento na industria e infraestrutura con consecuentes impactos positivos na economía local e nacional, manifestacións artesanais portuguesas, que progresivamente demostraron interese en participar nel, para divulgar deste xeito as súas producións artesanais, foi aberta a inscrición aos artesáns nacionais, desde que presenten artesanía xenuíno portugués.
EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 9 Marzo 2012
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
2
A Eurocidade presentou o seu proxecto de seguridade viaria a FESVIAL A Eurocidade Chaves-Verín presentou o seu proxecto de seguridade viaria transfronteiriza como candidatura aos premios da Fundación Española para a Seguridade Viaria (FESVIAL), nos que tamén participan outros 25 municipios de toda España sumando un total de 37 candidaturas.
Os premios FESVIAL teñen por obxecto realizar un recoñecemento público ás Policías Locais e aos Centros Oficiais de Formación dos devanditos corpos de seguridade dependentes dos municipios ou das Comunidades Autónomas, cuxa actuación no ámbito de seguridade viaria se fixese merecedora de distinción. O 'Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín' ten por obxecto ser un laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da Comunidade Europea, que permita unir esforzos, intercambiar experiencias e dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente, fomentar a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, e sensibilizar os cidadáns das actitudes e coñecementos idóneos para reducir o número de accidentes de tráfico.
A Rede Ibérica presenta propostas para fortalecer a cooperación entre o Norte de Portugal e Galicia Asemblea Xeral da Rede Ibérica de Entidades Transfronteiriças (RIET) aprobou as propostas para presentar no próximo Cumio Ibérico, que terá lugar dentro de tres meses. Crear unha comisión permanente que permita unha actuación áxil e eficaz dos efectivos de protección civil dos dous lados da fronteira, crear unha plataforma de correos ibéricos, eliminar o servizo de roaming na Península Ibérica e compatibilizar sistemas de cobranza de peaxes. Estas son as principais reivindicacións da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET), tras a Asemblea Xeral que tivo lugar o pasado 28 de febreiro en Chaves. Estas e outras cinco propostas foron presentadas e aprobadas na reunión das entidades que conforman a totalidade dos organismos transfronteirizos da fronteira hispano-lusa. Propostas “necesarias para desbloquear os principais problemas que dificultan o crecemento das zonas de fronteira”, como asegurou o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, que a RIET levará ao comité organizador do Cumio Ibérico, tras tres anos de interrupción, que terá lugar dentro de tres meses. Estas reivindicacións “pretenden proporcionar mellores servizos aos cidadáns e aumentar a competitividade económica para crear un territorio libre e dinámico, que consiga superar as barreiras da crise actual”, indicou Xoán Vázquez Mao. A cerimonia de clausura da Asemblea Xeral contou coa presenza da conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.
Inauguración do Centro de Documentación da RIET en Chaves
Outras accións que se desenvolven neste ámbito da educación son: charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/ás de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico... Este proxecto, nacido no ano 2009 e motivado pola adhesión á Carta Europea de Seguridade Viaria, conseguiu un dos galardóns dos 'Premios de Excelencia en Seguridade Viaria', entregados o 1 de febreiro de 2011 pola Comisión Europea.
O Centro de Documentación da RIET foi inaugurado o pasado martes, en Chaves, polas entidades transfronteirizas que integran esta rede ibérica. O espazo pretende ser un arquivo europeo sobre as relacións fronteirizas e punto de referencia para historiadores, políticos, sociólogos, universitarios e estudosos interesados nas relacións transfronteirizas. Para o alcalde de Chaves, este espazo é unha forma de servir os cidadáns con maior calidade. “Este centro contribuirá para a melloría da cidadanía europea pola información, polo coñecemento, pola investigación”, recoñeceu João Batista, e engadiu que “aquí poderemos acceder a experiencias que son comúns noutros espazos transfronteirizos”. O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destaca a inmensa capacidade do centro, que permitirá que calquera persoa poida nun futuro próximo consultar documentación transfronteiriza en distintos países. “Este local nace coa vocación de ser un centro de referencia de toda a documentación europea e coas ganas de recuperar a memoria de todas as fronteiras”.