EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 11 Novembro 2012
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
A Eurocidade acolleu Maratóns de Fútbol-Sala
Maratón de Fútbol -7 'Eurocidade’
Durante os meses de verán, a Eurocidade Chaves-Verín acolleu a celebración de Maratóns de Fútbol-Sala, no que participaron xogadores portugueses e españois. Estes eventos deportivos, realizados no Pavilhão Municipal de Chaves, iniciáronse coa VI edición do Maratón de Fútbol-Sala, os días 23 e 24 de xuño, que contaron coa participación de dez equipos, seguido do XI Maratón Fútbol-Sala Veterano durante o 30 de xuño e o 1 de xullo, nos que se enfrontaron 14 equipos, e finalizando co XXI Maratón Fútbol-Sala Cidade de Chaves, nos días 6 e 8 de xullo, onde estiveron presentes tamén catorce equipos. Durante estes maratóns buscouse promover a práctica deportiva entre a poboación, proporcionando fins de semana de ocio no territorio da Eurocidade.
Durante o 21 e 22 de xullo, Verín acolleu o Maratón de Fútbol 7 'Eurocidade', organizado pola Eurocidade Chaves-Verín, a área de Deportes do Concello de Verín e coa colaboración da A.D. Veteranos Verín e Cabreiroá.
Maratón de Fútbol Praia na Eurocidade O evento deportivo "Chaves Beach Games 2012", organizado polo Grupo Desportivo, Recreativo e Cultural dous Ases dá Madalena, englobou aos diferentes eventos deportivos dentro do territorio da Eurocidade: 'III Torneo de Futvolei', “V Maratón de Fútbol Praia”, os días 3, 4 e 5 de agosto, e o 'II Torneo de Voleibol Praia', do 10 ao 12 de agosto. Con referencia aos premios, este ano a organización introduciu a novidade dun premio para o equipo local que logrou a mellor puntuación, co obxecto de incentivar a participación de equipos locais do territorio da Eurocidade.
Os premios quedaron repartidos do seguinte modo: - 1º Premio: Saudeter (1.500 €), - 2º Premio: Gasolineira de Feces. HortoVerín (750 €), - 3º Premio: Sabores Transmontanos (300 €), - 4º Premio: Restaurante Bayona (Trofeo). Tamén se repartiron premios entre os equipos que participaron cun mínimo de sete xogadores pertencentes ao Concello de Verín ou ao Municipio de Chaves (acreditando a súa residencia coa Tarxeta do Eurocidadán), que recaeron en: - 1º Local: San Roque (600 €), - 2º Local: Cafetería Canasta (300 €). Ademais do premio metálico, todos estes equipos recibiron un trofeo conmemorativo. Por outra banda, Luis Ossorio do equipo Saudeter obtivo o Trofeo de Mellor Xogador e Ricardo, de Sabores Transmontanos, o de Mellor Porteiro.
Mais de 200 peregrinos visitan a Eurocidade tras a inauguración do Camiño Interior Portugués Dende a inauguración do Camiño Interior Portugués máis de 200 peregrinos/as, percorreron o territorio da Eurocidade Chaves-Verín que atravesa este camiño de peregrinación a Santiago de Compostela. Ata o momento a Oficina de Turismo de Verín atendeu aproximadamente a 250 peregrinos/as portugueses, coa inclusión tanto do selado das credenciais como a pernoctación destes no albergue verinense. Na última semana foron unhas cen persoas as que se achegaron ata a Casa do Escudo de Verín, na que se encontra a Oficina de Turismo e o punto de información do Camiño de Santiago, para solicitar información sobre esta ruta de peregrinación e da Eurocidade Chaves-Verín. O Camiño Interior Portugués, inaugurado o pasado 24 de abril, esténdese por 205 kilómetros (en territorio luso) e atravesa os municipios de Viseu, Castro Daire, Lamego, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguiao, Vila Real, Vila Pouca de Aguiar e Chaves. O chegar a esta localidade, o chamado barrio sur da Eurocidade, diríxese cara a fronteira con Galicia e Verín, onde enlaza coa Vía da Prata. Este novo camiño está deseñado en dez etapas de dez a trinta quilómetros que inclúen albergues e outros aloxamentos previstos ao final de cada unha delas.
A Eurocidade Chaves-Verín presente no II Encontro Español de Firmantes da Carta Europea de Seguridade Viaria A Eurocidade participou no II Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria, unha plataforma participativa europea integrada por empresas, asociacións, centros de investigación e autoridade públicas que se comprometeron a desenvolver accións concretas e compartir as súas boas prácticas para desenvolver os problemas de seguridade viaria nos seus contornos cotiáns. Nesta iniciativa, que tivo lugar en Alcobendas (Madrid), asistiron o secretario técnico Pablo Rivera e un efectivo da Policía Local de Verín, que amosaron o traballo realizado desde a Eurocidade Chaves-Verín no ámbito da seguridade viaria, destinado a concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada, e a presentar o primeiro Foro de Cooperación Transfronteiriza en Seguridade Viaria. Este foro terá lugar o 4 de outubro na Eurocidade, no marco das actividades realizadas dentro da 4ª Semana da Educación e Seguridade Viaria, e será o primeiro destas características que se realiza na Unión Europea; no que participarán representantes da Comisión Europea no ámbito de seguridade viaria, a Axencia Española de Accidentoloxía Viaria, Carta Europea de Seguridade Viaria, e representantes dos dous lados da fronteira. O mesmo forma parte do Catálogo de Experiencias en Seguridade Viaria.
PÁGINA 8