Skip to main content

Boletin_Eurocidade_07_GL

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 7 Setembro 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

A Eurocidade presente nas 'Xornadas sobre Cooperación' Os días 27 e 28 de xuño, o castelo de Monterrei acolleu a realización do encontro 'Os GDRs e a cooperación no marco da Macroeurorrexión Galicia-Norte de Portugal-Castela e León', organizada pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia. O obxectivo desta xornada foi o de acadar un maior coñecemento sobre as posibilidades de levar a cabo proxectos de cooperación transnacionais no ámbito da macroeurorrexión. Tamén, tentouse lograr un maior coñecemento dos territorios e proxectos xa en marcha, e propostas destes proxectos existentes neste ámbito territorial, así como estreitar lazos con grupos veciñais cos que se poidan levar a cabo novas iniciativas. Ademais de relatorios sobre o futuro da cooperación tanto transfronteiriza como transnacional no seo da macroeurorrexión, foron presentadas iniciativas de especial interese e exportadas a outros territorios como o da Eurocidade Chaves-Verín, destinada a amosar a importancia dun proxecto que naceu co obxectivo de converter a fronteira nunha oportunidade que garanta o desenvolvemento deste territorio.

Eurocidade Chaves-Verín co deporte Co fin de contribuír a unha maior integración dos cidadáns dos dous municipios transfronteirizos, a Eurocidade Chaves-Verín apoiou varios eventos deportivos de gran releve que se organizaron durante todo o verán. Coa presenza de 12 equipos, levouse a cabo a “V Maratón Femenino Fútbol Sala Ciudad de Chaves/Eurocidade”, nos días 25 e 26 de xuño. A final foi disputada por dous equipos, da provincia de Ourense. Este evento deportivo, que tivo o apoio da Eurocidade foi organizado polo Hóquei Clube Flaviense. O 9 e 10 de xullo a Eurocidade organizou a "I Maratón de Futsal Feminino de Verín/Eurocidade Chaves-Verín ", que tivo lugar no Pavillón Deportivo Municipal Verín, e contou con oito equipos de España e Portugal .Os días 23 e 24 de xullo, realizouse o "I Maratón de Futsal Verín/Eurocidade Chaves-Verín", que foi disputado no Complexo Deportivo de A Granxa e no Pavillón Deportivo Municipal Verín, e contou coa participación de 18 equipos. Posteriormente, a eurocidade colaborou por segundo ano consecutivo no “4º Maratón de Fútbol de Playa de Chaves”, organizado polo Grupo Desportivo Recreativo e Cultural dos Ases da Madalena, e que foi realizado no 29, 30 e 31 de xullo. Ademais, nos dous fins de semana seguintes celebráronse o Torneo de “Futvóley” e o “Torneo de Vóley Playa”, eventos deportivos que integran o Maratón. O apoio da Eurocidade a eventos deportivos permite unha maior integración e coexistencia entre os dous municipios. Ademais, a promoción conxunta e a participación de equipos dos dous lados da fronteira contribuíron o aumento da calidade de vida e a competitividade dos eventos realizados.

PÁGINA 8

A Eurocidade Chaves - Verín presente nos Open Days 2011 As cidades de Vigo, Braga e Oporto acolleron durante os días 6, 7 e 8 de xullo a celebración dos Open Days 2011 Evento Local da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, destinado a presentar algúns dos principais proxectos e actividades levadas a cabo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, tanto á cidadanía como aos representantes da Unión Europea para, deste xeito, promover a investigación, a innovación, o desenvolvemento, a mobilidade, o turismo, e as iniciativas levadas a cabo nestas áreas para fomentar un crecemento intelixente, sustentable e integrador. A primeira xornada tivo lugar no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo e na mesma, que foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, expuxéronse cuestións referentes a 'Política de cohesión despois de 2013', 'A Macrorrexión de Rexións do Sudoeste de Europa', 'O Mar: un proxecto orientado cara os sectores de produción marítimos', 'O sector da automoción: unha alianza estratéxica na Eurorrexión' e 'Presentación da Plataforma das AECTs e do Comité das Rexións'. No día 7 de xullo, o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga acolleu a presentación dos relatorios 'Cara a unha Economía do Coñecemento', 'Cooperación en Nanotecnoloxía', 'Exemplos de Boas Prácticas: Economía, Innovación, Coñecemento e Medio Ambiente' e a mesa redonda 'Investigación, Desenvolvemento e Innovación: unha realidade de futuro?'. Na última xornada, a do 8 de xullo, na Casa da Música de Oporto amosaronse aspectos como 'Estratexia de Cohesión', 'Emprego, Formación e Inclusión Social: Futuro do Fondo Social Europeo', 'Asuntos sociais en zonas transfronteirizas' e 'Cooperación para a eliminación das barreiras transfronteirizas'.

Foi nesta última xornada cando o rexedor de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, presentou o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín aos/ás asistentes aos Open Days 2011. Un proxecto de cooperación transfronteiriza que desde a súa constitución conforma un verdadeiro exemplo de integración europea de segundo grado, o que permite que se posicione ao nivel de outras conurbacións europeas como a Eurometropole de Francia e Bélxica, a Agrupación Ister-Granum de Eslovaquía e Hungría ou a de Frankfurt-Oder e Slovice en Alemania e Polonia. Durante a presentación o alcalde verinense, que xa participou xunto co presidente do Municipio de Chaves João Gonçalves Martins Batista nos Open Days 2008, expuxo os obxectivos da Eurocidade, axenda estratéxica, accións (Infraestrutura técnica da Eurocidade Grupo de Traballo, Gabinete de Apoio Técnico e a plataforma de comunicación www.eurocidadechavesverin.eu-, Construción da Eurocidadanía -oferta deportiva, cultural e termal común, axenda cultural, concursos e actividades para a infancia, Fronteira Comercial Aberta e promoción turística conxunta-, Dinamización e Promoción Económica -Fronteira Comercial Aberta e promoción turística conxunta- e Territorio Sostible) e os proxectos futuros.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 7 Setembro 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

João Batista, novo vicepresidente da RIET, en representación da Eurocidade A Comisión Executiva da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, que agrupa á totalidade de entidades transfronteirizas da fronteira hispano lusa, elixiu novo presidente ao alcalde Almeida (Portugal), António Batista, en representación da Comunidade Territorial Beira Interior Norte Provincia de Salamanca, BIN-SAL. Así mesmo, a vicepresidencia será exercida polo alcalde de Chaves, João Batista, en representación da Eurocidade Chaves-Verín. Estes acordos foron tomados na reunión da Comisión celebrada en días pasados na cidade de Oporto. A Rede Ibérica de Entidades Trasfronterizas que agrupa as doce entidades repartidas ao longo da fronteira hispano-lusa foi constituída o 23 de xuño de 2009 en Cáceres. Naquela sesión destacouse que a RIET é un paso máis na consecución dunha voz única diante dos gobernos de España e Portugal e da Unión Europea. A constitución da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas tivo o apoio dos gobernos de España e Portugal e marcouse entre os seus obxectivos traballar para recuperar os máis de 600 millóns de euros que a fronteira hispano lusa perdeu en fondos europeos no actual programa que se estende ata 2013, con respecto ao programa anterior. O desvío destes fondos á área Mediterránea supuxo que os territorios de fronteira de España con Portugal perderon máis do 60% dos fondos e os de Portugal preto do 80%. As entidades que forman parte da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas son: 1) Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular 2) Triurbir, Triângulo Urbano Ibérico Raiano 3) Eurocidade Chaves-Verín 4) Fundación Rei Afonso Henriques 5) Asociación Ibérica de Municipios Ribereños del Duero AIMRD 6) Centro de Estudos Ibéricos 7) AECTVT Associação Europeia de Cooperação Territorial do Vale do Tâmega 8) Comunidade Territorial Bragança Zamora 9) Comunidade Territorial Douro Superior Provincia de Salamanca 10)Comunidade Territorial Beira Interior Norte Provincia de Salamanca 11) Comunidade Territorial de Cooperação de Vale do Lima 12) Associação Transfronteiriça de Municípios das terras do Grande Lago Alqueva

O campamento transfronteirizo 'Penedos de Xacinto' de Entrimo visita a Eurocidade O día 24 de agosto, cincuenta nenos/as do campamento transfronteirizo 'Penedos de Xacinto' de Entrimo visitaron as localidades de Chaves e Verín, co obxecto de coñecer de primeira man as actuacións que se están a desenvolver no ámbito da Eurocidade. A xornada iniciouse ás 11.30 horas no municipio de Verín, onde os menores e monitores foron recibidos na casa consistorial polo tenente de alcalde, Enrique Díaz García, e o concelleiro de Mocidade e Deportes, Víctor Baladrón Lamas. A continuación visitaron diferentes recursos turísticos, naturais e termais da zona no ámbito dunha visita guiada, e tras o almorzo desprazáronse ata a localidade lusa. En Chaves, responsables do proxecto amosáronlle as liñas principais do mesmo, visitaron o municipio e para finalizar acudiron ás piscinas da Quinta do Rebentão. O campamento 'Penedos de Xacinto' está conformado por 25 nenos galegos e outros 25 lusos, con idades comprendidas entre os 15 e 17 anos, ao igual que o equipo de monitores que tamén conta con integrantes de ambos lados da fronteira, algúns deles participantes no curso de Monitor de Lecer e Tempo libre organizado o pasado ano pola Oficina Transfronteiriza de Información Xuvenil co apoio da Eurocidade. Devandito campamento, promovido desde a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Português de Juventude, ten como obxectivo fomentar a cooperación transfronteiriza a través da creación de vínculos de amizade entre a mocidade galega e portuguesa, amosándolles uns lazos fraternais que se xestaron dende hai séculos; e que as institucións dos dous lados da raia apostan por afianzar con iniciativas como o proxecto da Eurocidade Chaves-Verín.

........................................

VII Maratona BTT “Rota do Presunto” O BTT Club de Chaves está organizando, unha vez máis, unha nova edición da “Rota do Presunto” que este ano terá lugar o 18 de setembro. Na roda de prensa do pasado día 5, foi presentado o evento, que xa celebra a súa sétima edición e o cal, por segundo ano consecutivo, conta coa colaboración da Eurocidade Chaves-Verín, principal promotora da maratón. A “Rota do Presunto” é xa un evento deportivo con grande impacto no que a participación se refire na cidade de Chaves. O ano pasado contou con máis de 1.072 persoas, que viñeron de diferentes localidades de Portugal e de España. Os participantes poderán escoller un dos tres recorridos - maratón, media maratón y mini maratón con distancias aproximadas de 90 km, 50km y 25km . O recorrido desenrolarase en territorio portugués e español, promovendo de esta forma a converxencia deportiva, cultural e ambiental entre as cidades de Chaves e de Verín. As inscricións atópanse abertas no site www.bttclubedechaves.net ata o día 12 de setembro e inclúe dorsal, xersei, avituallamento ao largo do percorrido, seguro de accidentes e comida de confraternización. Os acompañantes non foron esquecidos pola organización e ese día haberá actividades de animación, como unha andaina en colaboración coa Alumnos/as dedeChaves y Verín conmemoran asociación de camiñantes Chaves. Recordar a Eurocidade Chaves-Verín leva feito diversas interaccións, elque Día Mundial de la Infancia durante dirixidas aos cidadáns, que pretenden promover a converxencia tres días en elsocial, Estadio Chaves institucional, económica, cultural eMunicipal ambiental entrede as dúas cidades que pasan a utilizar a fronteira como unha oportunidade de desenrolo territorial e socioeconómico , promovendo a utilización de servizos comúns como instrumento dinamizador da convivencia entre as poboacións de Chaves e Verín.

'Convive coas Linguas 2011' clausura a súa cuarta edición con 790 participantes A Eurocidade Chaves-Verín clausurou a cuarta edición do programa 'Convive coas Linguas', unha iniciativa educativa na que participaron 790 nenos/as de Verín e Chaves, con idades comprendidas entre os 5 e 15 anos. A mesma fomentou, a través da realización de actividades lúdicas e educativas, o aprendizaxe do castelán, galego e portugués entre os/as menores participantes. Tenis, Fútbol-Sala, Fútbol-7, pádel, baloncesto, visitas a parques botánicos, golf, cine, piscina, música ou xogos de praia foron algunhas das actividades realizadas polos/as nenos/as no programa 'Convive coas Linguas'. As mesmas desenvolvéronse entre o 4 de xullo e o 26 de agosto, en horario de 10 a 13.30 (hora local) os luns e xoves -xornadas nas que os/as nenos/as de Chaves acudiron a Verín- e de 9 a 13 (hora local) os martes e venres -os/as nenos/as de Verín desprazáronse a Chaves.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Boletin_Eurocidade_07_GL by AECT Eurocidade Chaves-Verín - Issuu