Boletin_Eurocidade_06_GL

Page 1

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 6 Xullo 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

Alumnos lusos e galegos participan na segunda edición do intercambio cultural 'Maios na Fronteira'

Un total de 108 alumnos/as do Colexio Rural Agrupado de Monterrei, EB1 de Vila Verde da Raia e JI de Vila Verde da Raia participaron na segunda edición do intercambio cultural 'Maios na Fronteira'. Esta actividade, realizada na localidade de Feces de Abaixo (Verín), foi organizada pola Eurocidade Chaves-Verín co obxectivo de que os/as nenos/as lusos/as coñecesen a historia da festa dos Maios. Ao longo da mesma, os/as nenos/as elaboraron as tradicionais esculturas de musgo, xestas, e flores, cadros para recordar esta iniciativa e coroas de xestas. Con posterioridade recorreron a localidade de Feces de Abaixo cantando coplas realizadas polos/as alumnos/as, efectuaron un almorzo conxunto e xogos populares.

Conferencia 'Proxecto Eurocidade ChavesVerín: un laboratorio de construción europea' O día 6 de maio, a facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid acolleu a conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea', destinada aos/ás alumnos/as do grado de Relacións Internacionais, estudantes da licenciatura de Ciencias Políticas e alumnos/as do doutorado en Cooperación Internacional. Esta conferencia, que foi impartida polo secretario técnico Pablo Rivera, xurdiu tras a presentación do póster científico da Eurocidade Chaves-Verín no congreso 'Fronteiras Ibéricas' realizado nesta facultade, que reuniu a expertos internacionais, integrado por antropólogos, xeógrafos e politólogos en torno ao proxecto “O discurso xeopolítico sobre as fronteiras na construción das identidades nacionais: o caso da fronteira hispano-portuguesa nos séculos XIX e XX”, financiado pola convocatoria I + D do Ministerio de Educación. A conferencia 'Proxecto Eurocidade Chaves-Verín: un laboratorio de construción europea' realizouse como parte dos contidos prácticos das materias da área de Xeografía Política, no marco dun Proxecto de Innovación e Mellora de Calidade Docente, coordinado por Heriberto Cairo, decano da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, e María Lois, profesora do departamento de Ciencia Política. O obxectivo é dar visibilidade ao proxecto de cooperación transfronteiriza Chaves-Verín, como un territorio innovador a nivel ibérico, no que en menos de tres anos de funcionamento xa se afianzou como un laboratorio de eurocidadanía. PÁGINA 8

A Eurocidade Chaves-Verín presente no I Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria O pasado 28 de abril, a Eurocidade Chaves-Verín participou no I Encontro Español de Asinantes da Carta Europea de Seguridade Viaria, unha plataforma participativa europea integrada por empresas, asociacións, centros de investigación e autoridade públicas que se comprometeron a desenvolver accións concretas e compartir a súas boas prácticas para desenvolver os problemas de seguridade viaria no seus contornos cotidianos. Nesta iniciativa, que tivo lugar en Ribadesella (Asturias), asistiron os secretarios técnicos Agostinho Pizarro e Pablo Rivera, que amosaron o traballo realizado desde a Eurocidade Chaves-Verín destinado a concienciar aos menores e adultos da importancia de adquirir boas prácticas e previr os accidentes na estrada. Entre as accións concretas que se desenvolven, no ámbito da educación e seguridade viaria, dentro do Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da Eurocidade Chaves-Verín están: realización de charlas-coloquios dirixidas a grupos de risco -alumnos/as de centros educativos, embarazadas, 3ª Idade e persoas con discapacidade ou mobilidade reducida-, reforzo do traballo das forzas e corpos de seguridade na regulación e ordenación do tráfico, desenvolvemento de campañas de seguridade viaria destinadas a reducir os accidentes de tráfico, promoción de cursos de educación viaria anuais co obxectivo de indicar cal debe ser o comportamento como peón, pasaxeiro e condutor; eliminación de barreiras arquitectónicas, mantemento e reposición de sinais de tráfico, e sobre todo, repetir en anos posteriores, a 'Semana da Seguridade e Educación Viaria' na Eurocidade Chaves-Verín.

Vale de Anta vence o 3º Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín A parroquia de Vale de Anta (en Chaves) proclamouse vencedora da terceira edición do Torneo de Fútbol Sala Interparroquial Eurocidade Chaves-Verín, que se desenvolveu desde o mes de marzo. O pasado día 29 de maio tivo lugar a final do torneo, rexistrándose o seguinte resultado: Vale de Anta 2 Soutelinho da Raia 0. Antes deste partido disputouse un encontro amistoso de Fútbol Sala Xuvenil Feminino entre os equipos de Chaves e Verín. Para finalizar, entregáronse os seguintes premios segundo a respectiva clasificación: 1º Clasificado: Vale de Anta 2º Clasificado: Soutelinho da Raia 3º Clasificado: Santa Cruz Trinidade Ademais, dos trofeos de Mellor Defensa (Vale de Anta), Mellor Ataque (Soutelinho da Raia) e Premio Fair-Play (Vilas Boas e Madalena, por incluír futbolistas femininas nos seus partidos).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.