Issuu on Google+

EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 5 Maio 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

1

Galicia e Portugal debaten un acordo transfronteirizo para reforzar a cooperación na área da saúde na Eurocidade Chaves-Verín

A conselleira de Sanidade de la Xunta de Galicia, Pilar Farjas, e o secretario de Estado adjunto e dá saúde, Manuel Pizarro, reuníronse o día 18 de marzo, en Chaves, para abordar a coordinación dos servizos de saúde transfronteirizos. No contexto do acordo, entre España e Portugal, as dúas administracións comprometéronse a levar a cabo actuacións en materia de saúde. Como primeiro paso crearanse dúas comisións, unha xeral para caracterizar os servizos de saúde na zona transfronteiriza, Galiza - Norte de Portugal, e outra especifica dedicada á Eurocidade Chaves-Verín. Despois desa análise e caracterización ambas as dúas administracións esforzaranse para promover acordos de cooperación entre os servizos de saúde de ambos os dous lados, para que de modo conxunto se preste un mellor servizo aos cidadáns. Na reunión, participaron o presidente de Chaves e o alcalde de Verín, João Batista e Juan Manuel Jiménez, entre outras personalidades. Entre os temas abordados, poden destacarse a formación profesional e a posibilidade dos alumnos para realizar a correspondente formación práctica no país veciño, o reforzo e a coordinación do transporte de saúde urxente e a complementariedade entre os centros hospitalarios. Neste sentido, nos próximos días asinarase un memorando de entendemento entre ambas as dúas administracións, que planificará e establecerá as liñas estratéxicas para o futuro traballo a desenvolver. Todo co obxecto de que, nun futuro próximo, poida existir unha planificación e coordinación conxunta dos servizos de saúde do territorio, sen ter en conta a fronteira, como é o caso dos servizos de emerxencia e a actuación complementaria entre os servizos de saúde.

Alumnos lituanos e italianos visitan a Eurocidade Chaves-Verín dentro do programa educativo Comenius Dende e 4 ao 8 de abril, vinte e catro alumnos do Istituto Tecnico Industriale 'E. Fermi' de Barletta (Italia) e Plunge Senamiescio Secondary School de Plunge (Lituania), acompañados de profesores, once estudantes do IES García Barbón e educadores do mesmo centro visitaron a Eurocidade Chaves-Verín, para clausurar o proxecto 'Explorando a Similitude e Diferenza', enmarcado dentro do programa educativo Comenius. Na primeira xornada, alumnos e profesores dos tres centros educativos foron recibidos polos rexedores municipais de Verín, Juan Manuel Jiménez, e Chaves, Joâo Batista, que lles mostraron os proxectos que se están a desenvolver no ámbito da Eurocidade ChavesVerín. Durante os restantes días, ademais de presentar os traballos realizados, visitaron diferentes cidades galegas e os recursos termais, vitivinícolas e patrimoniais das localidades de Chaves e Verín. O proxecto 'Explorando a Similitude e Diferenza', realizado durante dous cursos lectivos (2009-2011), naceu co obxectivo de analizar as semellanzas e diferenzas de dous aspectos básicos da cultura tradicional dun país: gastronomía e música. Nas respectivas viaxes a Italia e Lituania expuxéronse traballos sobre instrumentos tradicionais e proceso de elaboración do pan, nesta visita presentaranse os dous últimos: cancións tradicionais -transcribidas ao inglés da súa lingua orixinal e interpretadas por xente maior da zona- e menús festivos da época da Coresma -martes de Entroido en Verín, festa de Pascua en Barletta e xoves de Despedida do Inverno en Plunge.

6ª Edición do Programa de Termalismo Social Eurocidade Chaves-Verín A Eurocidade Chaves-Verín puxo en funcionamento a sexta edición do Programa de Termalismo Social, dende o 28 de marzo ao 9 de abril, que permitiu a persoas da bisbarra de Verín-Monterrei acudir ás Termas de Chaves - Spa del Imperador, beneficiándose dun desconto especial. Unha iniciativa que é posible grazas á firma dun protocolo entre a empresa municipal que xestiona as Termas de Chaves e o Concello de Verín, polo que os/ás veciños/ás de Verín xa contan cos mesmos prezos que os de Chaves para o uso das Termas. Uns beneficios, xunto con outros, englobados na Tarxeta do Eurocidadán, que se presentará en breve, e que permitirá que os habitantes de ambos os dous municipios teñan acceso a servizos en iguais condicións que na súa localidade, impulsando un incremento na calidade de vida. Esta sexta edición permitiu que as persoas maiores de 50 anos PÁGINA 8

acudisen durante nove días -exceptuando o domingo-, a realizar o tratamento que, en cada caso, o médico hidroloxista lles prescribiu na consulta, que se efectuou no primeiro día. O valor do paquete dende 125 euros, segundo a tipoloxía e o número de tratamentos que o participante decida escoller, tras a consulta médica e respectiva prescrición clínica. O participante tivo acceso ás prácticas termais que constan na táboa dos Programas de Termalismo Terapéutico en vigor, cun desconto do 50% sobre o prezo oficial. No paquete incluíuse transporte en autobús ata as Termas de Chaves e regreso a Verín, consulta do médico e acompañamento de enfermaría, material necesario para acceder aos tratamentos termais (chanclas, gorro e bolsa), así como albornoz e toallas durante os tratamentos.


EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES

Nº 5 Maio 2011

a eurocidade da auga

CONCELLO DE VERÍN

2

A Eurocidade Chaves-Verín presente no Congreso 'Fronteiras Ibéricas' da UCM Durante os días 31 de marzo e 1 de abril, a Faculdade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, acolleu a realización do Congreso 'Fronteiras I béricas' no que se presentou un póster científico da Eurocidade Chaves-Verín. O póster, que debuxa as principais áreas de actuación do proxecto, foi presentado co obxectivo de situarse neste foro como un caso de éxito e boas prácticas no contexto da integración europea de segundo grao que se está a xerar en Europa. Este foro reuniu un grupo de expertos internacionais, integrado por antropólogos, xeógrafos e politólogos en torno ao proxecto 'O discurso xeopolítico sobre as fronteiras na construción das identidades nacionais: o caso da fronteira hispanoportuguesa nos séculos XIX e XX', financiado pola convocatoria I+D do Ministerio de Educación. O obxectivo do encontro foi abrir unha liña de colaboración e debate con outros investigadores das fronteiras ibéricas e foi por iso que o equipo de investigadores da Eurocidade puxo a disposición da organización un abstract da realidade transfronteiriza Chaves-Verín, un laboratorio de ideas onde se investigan formas de compartir e achegar servizos aos cidadáns que permitan seguir aumentando a calidade de vida na fronteira. O proxecto Eurocidade aprobado no 2009 e revalidado na súa 2ª fase recentemente pola Comisión Europea baixo o marco do POCTEP ten a vontade de seguir mantendo o liderado da cooperación local a todos os niveis e implicar a todo o tecido social e empresarial para reforzar a cohesión de todos os sectores, especialmente dentro dun momento de crise económica como o que vivimos. A Eurocidade continuará traballando no sentido de construción da Europa sen fronteiras, estando á vangarda das eurocidades europeas en proxectos innovadores e en converxencia institucional, social e cultural.

Ponencia 'Eurocidade Chaves-Verín como un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades' Na xornada do 15 de abril, o Centro Cooperativo de Pazos (Verín) acolleu a presentación 'Eurocidade Chaves-Verín como un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades'. A actividade, organizada por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agrarias) a través da Consellería de Traballo, estivo conformada por unha presentación sobre o emprendedurismo “A Eurocidade Chaves-Verín como un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades”, e estivo destinada a alumnos/as de 3º e 4º de Secundaria do Colexio Padres Mercedarios de Verín. Esta iniciativa, nacida para dinamizar o emprendedurismo cooperativo nos centros educativos, ten como obxectivos específicos que os/as alumnos/as valoren que nun futuro existe a opción de emprender ou pertencer a unha estructura de tipo empresarial nun entorno atractivo como é o da Eurocidade, comprobando “in situ” como é o traballo diario nunha empresa de organización cooperativa. Devandita actividade finalizou cunha presentación da cooperativa Biocoop Verín con visita incluída,a unha explotación da mesma en Riós.

A Eurocidade Chaves-Verín presente na Feira do Lázaro 2011

Eurocidade Chaves-Verín: Un proxecto e territorio innovador O Gabinete de Apoio Técnico (GAT) da Eurocidade Chaves - Verín realizou unha presentación a alumnos da área de xestión e economía. A conferencia tivo lugar na Universidade Nacional a Distancia, en Lugo (España), co título a 'Eurocidade Chaves-Verín: un espazo innovador para o desenvolvemento de oportunidades'. No actual escenario económico, caracterizado pola crise e globalización, ten especial relevancia a mercadotecnia territorial, unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe de marca de lugares, cidades, municipios e rexións, en función dos seus recursos e das súas necesidades vitais. A axeitada utilización desta ferramenta, permite incentivar a oferta e consumo de produtos estratéxicos, que poden ser esenciais para as economías locais, a través da súa promoción competitiva e atractiva. Neste contexto, as localidades fronteirizas de Verín e Chaves apostan por unha estratexia conxunta, a Eurocidade, que lles permite promoverse como territorio atractivo. Este proxecto a longo prazo busca aproveitar as numerosas sinerxías xa existentes a ambos os dous lados da fronteira, entre outras, que poden e deben potenciar. Así, e a pesar da crise económica, neste novo escenario innovador e transfronteirizo poden xurdir numerosas oportunidades de negocio susceptibles de ser aproveitadas.

Unha edición máis, a Eurocidade Chaves-Verín participou na Feira do Lázaro e no Certame Gastronómico "Vila de Verín", que se celebrou os días 9 e 10 de abril no Pavillón Municipal de Verín. O obxectivo principal nesta participación da Eurocidade, que contou cun posto atendido por técnicos do Gabinete de Apoio Técnico, foi informar aos visitantes das actuacións desenvolvidas neste proxecto de cooperación transfronteiriza así como divulgar e promover as tradicións artesanais e gastronómicas nas bisbarras de Verín e Chaves. Ademais, no posto da Eurocidade estiveron presentes as Termas de Chaves - O Spa del Imperador e a Asociación O Cigarrón de Verín, que achegaron información tanto dos seus produtos coma da figura do 'cigarrón', o personaxe máis emblemático do Entroido de Verín. Con todo, Chaves e Verín tamén estreitaron lazos lúdicos e culturais ao longo da xornada do domingo 10 de abril, grazas á presenza en terras verinenses da Banda Musical de Vila Verde dá Raia (Portugal), que participou na procesión e posterior misa en honor a San Lázaro e nun concerto posterior que tivo lugar no Pavillón de Deportes. Así como o Rancho Folclórico dá Vila de Santo Estevâo que tamén actuou no recinto.


Boletín Informativo Eurocidade nº5