EUROCIDADE CHAVES - VERÍN MUNICÍPIO DE CHAVES
Nº 13 Abril 2013
a eurocidade da auga
CONCELLO DE VERÍN
1
Unha delegación de Ayamonte e Vila Real de Santo Antonio visitou a Eurocidade
Foron dados os primeiros pasos para a constitución dun Foro Xuvenil Transfronteirizo
Unha delegación política e técnica da recente constituída Eurocidade Ayamonte-Vila Real de Santo Antonio desprazouse o 11 de xaneiro ás localidades de Verín e Chaves, co obxecto de coñecer de primeira man todos os pasos a seguir nas actuacións de promoción, reforzo da cohesión social ou revalorización dos recursos da zona. Escolleuse a Verín e Chaves por ser un referente ibérico en proxectos de cooperación transfronteiriza a nivel local, ademais de ser a primeira Eurocidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Esta delegación foi recibida na sede da Eurocidade Chaves-Verín polos rexedores Joâo Batista e Juan Manuel Jiménez que lles ensinaron as instalacións e explicaron a realidade deste proxecto transfronteirizo. A continuación, o Secretariado Técnico Conxunto efectuou unha exposición deste proxecto, desde o seu inicio, as iniciativas postas en marcha; así como as futuras, os resultados alcanzados ata o momento e as barreiras existentes aínda no ámbito ca cooperación transfronteiriza. Ademais de coñecer in situ o funcionamento da Eurocidade tamén compartiron experiencias de traballo, xa realizadas en Verín e Chaves, que poden ser beneficiosas e extrapolables aos/ás cidadáns/nas de Ayamonte e Vila Real de Santo Anton.
O equipo de dinamización do futuro Foro Xuvenil Transfronteirizo, xunto con persoal técnico da Oficina de Información Xuvenil Transfronteiriza, mantiveron días diversas reunións con colectivos formais e informais de Chaves e Verín, co obxecto de traballar conxuntamente no proceso de formación deste foro xuvenil. As reunións desta iniciativa, plantexada nunha reunión informativa xeral o pasado mes de novembro, foron convocadas sectorialmente, creándose catro grupos temáticos -sociais, musicais, deportivos e culturas, xuvenís e de estudantes- para favorecer a interacción entre os/as asistentes. Co fin de avanzar na formalización do Foro Xuvenil Transfronteirizo, fixáronse os prazos para que os colectivos interesados en participar no proxecto envíen as súas propostas de candidaturas para estar representados no órgano directivo. Aínda que xa foron preto de 30 colectivos de ambas localidades os que xa participaron na fase inicial de creación desta iniciativa. O Foro Xuvenil Transfronteirizo busca, por un lado, converterse nun espazo de participación democrática da mocidade de Chaves e Verín, a partir do cal os colectivos que realizan o seu traballo dentro do territorio da Eurocidade poidan aportar as súas opinións respecto das inquedanzas e necesidades existentes entre a mocidade local, dende unha perspectiva transfronteiriza. E por outra banda, tamén persegue servir de lugar común de encontro e de intercambio de experiencias entre os mozos e mozas dos dous municipios, co obxecto de poder xerar novos proxectos conxuntas de participación.
A Eurocidade presente no Congreso 'Os retos das cidades intelixentes' A Eurocidade participou no panel 'Os retos no eGoberno e a participación cidadá nas cidades intelixentes'. Unha presentación da Eurocidade ChavesVerín como exemplo de Goberno e de cooperación intelixente, destinada a converterse nun laboratorio de eurocidadanía para desenvolver un proxecto que representa todo un exemplo de integración cidadá a todos os niveis de participación cidadá realizadas nestes últimos cinco anos de financiamento como territorio a nivel ibérico, tamén se abordaron os retos da cooperación tranfronteiriza no horizonte 2020. O Congreso 'Os retos das cidades intelixentes', que tivo como principal obxectivo a normalización do concepto Smart City en España, articulouse en sete bloques de relatorios nos que se abordaron as claves da estratexia europea para as cidades intelixentes, e os retos a corto-medio prazo en: mobilidade e transporte, seguridade física e lóxica, xestión de recursos naturais, eficiencia enerxética na xestión de infraestruturas e edificios, eGoberno e participación cidadana. Tamén contou con catro demostracións de tecnoloxías aplicables ás Cidades Intelixentes: 'Orama, un novo sistema de comunicación', 'Cómo os smartphones poden mellorar unha cidade', 'Windsmart, enerxía eólica para smart cities' e 'Bildtec, un tradutor universal'.
A Eurocidade acolleu o certame 'Sabores de Chaves' O 1 de febreiro inaugurouse a oitava edición da mostra 'Sabores de Chaves', que durou ata o domingo 3. Esta edición presentou unha imaxe renovada, inaugurando cun novo ciclo na promoción e revalorización dos produtos locais de Chaves e Verín. Promover os sabores tradicionais xenuínos e auténticos de elevada calidade e reputación son os obxectivos do certame. Non faltou o fumeiro, o famoso xamón, o Pastel de Chaves, Folar, mel e viño da rexión, acompañados por momentos de animación coa actuación de diversos grupos de Chaves e Verín. Nesta edición preténdeuse dar especial relevancia á conxugación dos esforzos e recursos do proxecto da Eurocidade Chaves-Verín, como instrumento económico e social común. A través da Eurocidade, o certame tamén ampliou a súa participación aos/ás produtores/as e artesáns/nas residentes en Verín. PÁGINA 8
A Eurocidade Chaves-Verín acolleu a Feira do Lázaro 2013
A Eurocidade Chaves-Verín acolleu, por sexto ano consecutivo, a Feria do Lázaro e o Certamen Gastronómico "Vila de Verín", que se celebrou os días 16 y 17 de marzo no Pavillón Municipal de Verín. O obxectivo principal foi impulsar o desenvolvemento económico da Eurocidade a través da aposta polas feiras tradicionais e a promoción da enogastronomía e artesanía de ambos lados da raia. O recinto feiral, que contou cunha caseta atendida por técnicos do Gabinete de Apoio Técnico, informou aos visitantes sobre as actuacións desenvolvidas neste proxecto de cooperación transfronteiriza. Ademais, na caseta da Eurocidade estiveron presentes as Termas de Chaves - O Spa do Imperador, que aportaron información dos seus programas de termalismo terapéutico. Por outro lado, esta caseta acolleu a realización do concurso 'Canto sabes da Eurocidade Chaves-Verín', no que participaron máis de de 110 persoas, os que responderon correctamente ás dez preguntas que se facían sobre a Eurocidade entraron nun sorteo no que se repartiron os seguintes premios: un estuche de vino da Denominación de Orixen Monterrei, unha cea para dúas persoas no Restaurante Brasil, un tratamento vigor para dúas persoas nas Termas de Chaves - O Spa do Imperador e un pack de merchandising da Eurocidade. Ao longo da xornada do domingo, a Banda Musical de Vila Verde da Raia, participou na procesión e posterior misa en honra a San Lázaro.