Page 1

Nº 28

CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas

MURAL 30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

O CEIP “Nosa Sra dos Remedios” e a súa ANPA “O Loureiro” celebrou o Entroido con desfiles, exposición e degustación de sobremesas.

Curso 2008-2009


INDICE

1. EDITORIAL ....................................................................... 3 2. O GALEGO. PÁSAO ........................................................ 4 3. A PAZ ............................................................................... 9 4. INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES .................................. 11 5. ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE ............... 14 6. CONTOS ........................................................................... 15 7. CONCELLO DE PONTEAREAS ........................................ 31 8. ENTROIDO ....................................................................... 33 8.1.RECEITAS ............................................................... 33 8.2.DESFILE DO ENTROIDO ..................................... 35 9. A PRIMAVERA ................................................................. 36 10. EDUCACION ARTISTICA ................................................ 38 11. AS NOSAS SAÍDAS ....................................................... 39 12. SEMINARIO INTERCULTURAL ...................................... 46 13. NOVA ESCRITORA GALEGA NO COLEXIO ................. 48 14. DICIONARIO MÉDICO IMAXINARIO (CONTINUACIÓN) .... 50 15. EQUIPO DE REDACCIÓN DA PITA FALADORA 2º T.. 52 16. EQUIPOS DE LOCUTORES RADIO FALADORA 2º T.. 53 17. PASATEMPOS ............................................................... 54

2


3

editorial Cada vez que recibimos nas nosas mans un novo número da revista “A Pita Faladora”, podemos comprobar o magnífico traballo realizado polo alumnado e polo profesorado deste Centro. Son moitas as horas que se lle dedica a realizar as actividades que nela se reflicten, e as que non aparecen, pero iso non importa, porque o que realmente interesa é ver como a comunidade educativa goza á hora de realizar o traballo que se deseña para eles, de ver as súas actividades expostas nos taboleiros do Centro, na súa páxina web, nos distintos blogs…, en definitiva, senten que eles tamén están a participar da súa aprendizaxe. Agardamos que comecedes a recta final do curso con moitas ganas!!!!!!


4

O GALEGO. PÁSAO Os alumnos e alumnas de 2º A realizaron unha banda deseñada en prol da defensa e uso da lingua galega; participaron con ela no concurso convocado polo Correlingua, e non acadaron premio, porén no colexio pareceunos

un

bo

traballo

merecente

da

súa

publicación, por iso a continuación aparecen as bandas debuxadas por estes alumnos e alumnas baixo a dirección da súa titora, para que poidades lelas con calma unha vez máis, pois, como xa fostes vendo ao longo do trimestre, tamén estiveron expostas unhas copias nos Recunchos Galegos de cada corredor. Dende aquí PARABÉNS para todos e todas!!!


5


6


7


8


9


10

Mural creado polos alumnos e alumnas do 1ยบ Ciclo de Primaria.

Acto no patio o 30 de xaneiro de 2009.


INTERCAMBIO DE ACTIVIDADES

Os alumnos e alumnas de 3º C levaron a cabo un intercambio de actividades mediante correo electrónico co CEIP de Arteixo na provincia de Coruña, co gallo do día da Paz.

11


12


13


14 ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

Gañadores e gañadoras do Recuncho do Sabichondo… Noraboa

Os nenos e nenas aproveitan o tempo de recreo para traballar no recuncho de investigación Obradoiro de cortinas

Novos ordenadores para o RECUNCHO de INVESTIGACIÓN

Novo XOGO do Sabichondo

Chegan moitos, moitos libros novos á Biblioteca


15

CONTOS O gato

peliculeiro


16


17


18


19


20


21


22


23


24


25

A selva

salvaxe


26


27


28


29


30


31


32


33

CONCELLO DE Ponteareas

Ponteareas é un Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado. Ten unha extensión duns 125,56 km. A súa poboacion no 2007 era de 22 411 persoas. O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos. Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias.

Historia

Ata 1833, dentro do reino de Galicia, pertenceu á provincia de Tui. Trala reforma constitucional quedou enmarcado na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra. Na actualidade, o alcalde do concello de Ponteareas é Salvador González Solla, do Partido Popular.

Lugares de interese  Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome a Ponteareas.  Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos, forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas.  Pena do equilibrio, forma parte do mesmo conxunto granítico ao que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen axuda de ningún tipo.  Castelo de Sobroso, situado no veciño concello de Mondariz é propiedade do Concello de Ponteareas. Destaca pola súa arquitectura medieval e foi escenario de importantes acontecementos ao longo da Idade Media. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de


Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de gran interese.  Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas. Está en Pías.

Personaxes de sona

34

· Gabino Bugallal Araújo, político, Ministro de Gobernación e de Economía (1861-1932). · Reveriano Soutullo Otero, compositor (1884-1932). · Manuel Domínguez Benavides, escritor e político (1895-1947). · Fermín Bouza-Brey, escritor (1901-1973). · Delio Rodríguez Barros, ciclista (1916-1994). · Rogelio Groba, compositor (n. 1930). · Abel Ramón Caballero Álvarez, político (n. 1946). · Alfonso Pexegueiro, escritor (n. 1948). · Álvaro Pino Couñago, ciclista retirado (n. 1956). · Kiko Neves, escritor (n. 1969).

Parroquias de Ponteareas · · · · · · · · · . · · ·

Angoares (San Pedro) Arcos (San Breixo) Areas (Santa María) Arnoso (San Lourenzo) Bugarín (Santa Cristina) Celeiros (San Fins) Cristiñade (San Salvador) Cumiar (Santo Estevo) Fontenla (San Mamede) Fozara (San Bartolomeu) Guillade (San Miguel) Guláns (San Xulián) Moreira (San Martiño)

· · · · · · · · ·

Nogueira (San Salvador) Oliveira (Santiago) Padróns (San Salvador) Paredes (San Cibrán) Pías (Santa Mariña) Ponteareas (San Miguel) Prado (San Nicolao) Ribadetea (San Xurxo) San Lourenzo de Oliveira (San Lourenzo) · San Mateo de Oliveira (San Mateo) · Xinzo (Santa Mariña)

ALUMNOS/AS DE 6º B


ENTROIDO

35

Receitas

FOLLAS DE LIMÓN:

Ingredientes:

Leite, fariña, ovos, follas de limoiro,sal, aceite.

Preparación:

Mesturamos o leite, a fariña e os ovos batidos ata facer unha masa cremosa. Logo cóllese a folla dun limoeiro rebózase coa pasta e frítese. Tírase a folla e sérvese. Cada folla emprégase unha soa vez. ORELLAS DE FRADE:

Ingredientes:

Fariña, ovos, levadura, maneiga, azúcre e limón.

Preparación:

Mesturar a fariña, os ovos, a levadura, a manteiga e o limón. Faise unha masa e despois de ben amasada estírase, frítese e bótaselle azúcre por riba.

CHULAS: Ingredientes:

1 vaso de auga, 1 vaso de fariña, unha culler de azúcre, unha culler pequena de levadura, unha culler de manteiga, un chisco de canela e 3 ovos.


Preparación:

36

Pónse ao lume a auga coa raiadura de limón, a canela, o sal e a manteiga. Cando a auga comeza a ferver engádeselle a fariña e a levadura de golpe. Traballar isto cunha culler de madeira ata que a masa estea compacta e se solte do cacharro sen pegarse. Retirar do lume e engadir as xemas unha a unha e logo as claras a punto de neve. Fritilas en abundante aceite ben quente, logo botarlle azúcre.

Alumnos e alumnas de 1º C


DESFILE DO NTROIDO

37

O día 20 de febreiro celebrouse o Desfile pola vila até a praza, este ano o tema foi “Érase unha vez...”, cada ciclo escolleu un conto para o seu disfrace, así os de E. Infantil eran “Os tres porquiños”, os do 1º Ciclo “A casiña de chocolate”, os do 2º Ciclo “Os 101 Dálmatas” e os do 3º Ciclo “O frautista de Hamelín”


38


39


40

EDUCACION ARTISTICA Yerai

Dous debuxos da aula de 5 anos C

Samuel

Dous debuxos da aula de 4ºC

Martín

Iván


41


42


43


44


45


46


47


48

seminario intercultural SALUT MES COPAINS Ola, chamámonos Alexiane e Lucas Labajos aínda que en realidade temos tres nomes cada un. Alexiane (o que escolleron os meus pais para min), Muriel (como a miña avoa materna), Celia (como a miña avoa paterna), Labajos (o apelido do meu papá). E Lucas (o nome que escolleron os meus pais para min), Christian (como o meu avó materno), Luis (como o meu avó paterno), Labajos (o apelido de papá). Somos de Francia e a nosa escola alí chamábase St. Just. O noso horario era das 8:30 ata as 11:30 cun recreo de media hora. De 11:30 a 13:30 comiamos e de 13:30 a 16:30 clase outra vez con 30 minutos de recreo. Como materias tiñamos: Historia, Xeografía, Inglés, Ciencias, Ortografía, Conxugación, Gramática, Matemáticas, E.P.S. (E.F.) e Música pero non había frauta nin libro. Tiñamos só unha profesora para todas as materias menos para Música e E.F.

A nosa escola Saint Just As excursións no noso colexio non eran como aquí porque un neno de 7 anos xa se vai unha semana. Eu (Alexiane) fun de excursión dúas veces e duraron unha semana cada unha. A primeira viaxe foi en terceiro e fomos a Saint Andeól e ao chegar alá tivemos que facer as camas e despois fomos esquiar en grupos dependendo do nivel que tiñamos. O segundo día fomos facer unha fogueira no bosque e había un gato que sempre ía detrás de nós. Era moi divertido! Outro día fomos a unha granxa onde había ovellas, cabras e unha cabra montesa e alí fixemos pegadas con escaiola. O xoves fixemos unha festa de despedida. Ao ano seguinte volvemos de excursión, esta vez a Rencurel durante a primavera. Fixemos sendeirismo polas montañas e estudamos as flores e


49

plantas. Ao día seguinte fomos a unha granxa de vacas e outro día xogamos a uns xogos de preguntas. O último día fixemos unha festa. O ano pasado Lucas non tivo sempre a mesma profe porque a primeira profe estaba embarazada e marchou en outubro. Despois Lucas tivo que estar con outra profe pero a segunda foise pola enfermidade do seu fillo. Durante tres semanas Lucas non tivo colexio. A segunda profe volveu ata o final do ano escolar pero Lucas non puido ir de excursión porque a profe non podía estar lonxe da súa casa por se o seu fillo enfermaba. Outra cousa diferente de aquí é que en Francia iamos ao colexio os luns, martes, xoves, venres e sábado pola mañá e NON IAMOS os mércores. Pero a partir deste ano tampouco se vai ao cole o sábado porque a lei cambiou. A nosa vila chámase TULLINS e sitúase nos Alpes na provincia de Isère a capital da cal é Grenoble. No noso tempo libre xogabamos na casa ou iamos ver a familia e os amigos e tamén iamos ver xogar ao fútbol a Lucas.

Concello de Tullins-Fures

AU REVOIR ET Á BIENTOT Alexiane 5º A Lucas 3º B


NOVA ESCRITORA GALEGA NO

50

COLEXIO No CEIP “Nosa Sra dos Remedios” aínda que non o sabiamos, pois é moi discreta e non fai alarde do seu valor e mérito; temos unha compañeira que escribe libros de literatura infantil ilustrados. E no comezo do mes de marzo publicáronlle o seu conto “Soños de andel” da editorial Tambre na colección Ala Delta. O vindeiro día 3 de abril as 8 da tarde fai a presentación deste libro na libraría “La vara”, en Ponteareas. A continuación está a portada e contraportada.


51

Susana Lamela co seu libro “Soños de andel” o día que lle entregaron a publicación. Na sala de mestres do cole.


DICIONARIO MÉDICO IMAXINARIO

52

(CONTINUACIÓN)

Laboratorio: Lugar ao que os investigadores se retiran a orar. Lactante: Mamón . Lapa: Paciente que vive asido fortemente ao seu médico. Malta: Tipo de café, que produce febre.

Mamífera: Madre con mal carácter. Miopía: Dise da persoa corta de vista pero moi devota. Nariz: Prominencia da cara na que se fabrican as “pelotiñas” que serven para o maior e máis frecuente entretemento dos seres humanos.

Nonato: Dise dos nados fóra da Organización do Tratado do Atlántico Norte, o que cada vez resulta máis difícil.

Ortodoncia: Auténtico filón atopado polas clínicas dentais. P: Letra rica en Fósforo. Paciente: Díse do enfermo que leva máis de seis meses na sala de espera co convencemento de que vai ser atendido axiña.

Pan: Alimento que pode chegar a matar, sobre todo cando se dispara máis dunha vez: PAN-PAN.

Parasito: Organismo que vive a costa doutro, e ademais invita a que o fagan os da súa manada.


53

Quiste: Dise do chiste tan endurecido, que máis que humor parece un tumor.

Repipí: Neno afectado de incontinencia urinaria. Risoloxia: Parte da Medicina que se ocupa dos humores. Roñica: Paciente ao que lle costa tanto soltar un euro como lavarse. Sana: Persoa que nunca foi examinada a fondo. Santiamén: O que soe durar algunhas consultas na Atención Primaria da Saúde.

Silla: É o elemento máis importante da consulta de calquer médico. Sobañón: Dise do dormilón que ten a cama tan manida que incluso chega a provocarlle eritemas, inflamacións e úlceras.

Sonámbulo: Individuo que é capaz de inventar trolas ata en soños.

Stresstococcus: Nome dado aos microorganismos de conduta máis estresante.

Sudoración: Síntoma que soe aparecer logo de completar a declaración da renda.

Alumnos e alumnas de 3ºc


EQUIPO DE REDACCIÓN DA PITA FALADORA 2º TRIMESTRE

54

Durante o 2º trimestre colaboraron na elaboración do xornal escolar “A Pita Faladora” o Equipo de redacción formado por: Belén, Jamile, Leticia, Ainhoa, Milary e Alba, alumnas de 6º curso de Primaria.

Os alumnos e alumnas buscando información na aula de informática para a elaboración do xornal e para a Radio Faladora.


EQUIPOS DE LOCUTORES DA RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE

55

Equipo Radio Faladora do mes de xaneiro, formado por: Nacho, Belén, Noelia e Noé.

Equipo Radio Faladora de febreiro: Paula, Ángela, Iria e Noel

Equipo Radio Faladora de marzo: Ainhoa, Uxía, Robert e falta Pedro.


pasatempos ● Se resolves o encrucillado, atoparás a palabra clave. 1. Parroquia na que está o Castro de Troña. 2. Provincia á que pertence Ponteareas. 3. Pena dos _________________ . 4. Festa na que nos disfrazamos. 5. Alumna do cole que ten tres nomes. 6. Escritor ponteareán. 7. Postre típico do Entroido. 8. Voan entre as nubes en Primavera. 9. Celébrase o día 30 de xaneiro. 10. Marqués que dá nome ao Castelo.

1 2 3 4 5 6 8

7 9 10

Podes atopar as respostas no interior d’A Pita Faladora.

56

Profile for Mª Esther Prieto Prieto

Pita Faladora 28  

Xornal escolar do 2º trimestre do curso 2008-2009

Pita Faladora 28  

Xornal escolar do 2º trimestre do curso 2008-2009