__MAIN_TEXT__

Page 1

II Dar de ler coma quen dĂĄ de beber

L E C T U R A S D A G R A M PA

1

23 de abril, DĂ­a do Libro


DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER «As persoas precisan en primeiro lugar, coma quen bebe auga, beber soños». Desta reflexión de Álvaro Cunqueiro tomou a asociación Espazo Lectura o nome dunha actividade coa que pretendemos convidar a celebrar o Día do Libro lendo, compartindo soños e historias co mesmo pracer co que bebemos un vaso de auga fresca. O 23 de abril do ano 2008 reunímonos unhas 30 persoas na Biblioteca Municipal de Gondomar para compartir e recomendar lecturas. Na mesma data do ano 2009 volvémonos xuntar para repetir aquela experiencia, esta vez na Praza de Abastos de Gondomar, como un xesto simbólico que nos axude a transmitir o noso obxectivo de levar a lectura a novos espazos, máis alá dos lugares onde xa é algo habitual. A pequena publicación que tes nas mans contén as listaxes de autores, autoras e títulos dos libros dos que se leu algún fragmento nas dúas edicións de Dar de ler coma quen dá de beber. Son as lecturas que escolleron para compartir cos demais as persoas que participaron nesta iniciativa e poñémolas nas túas mans co desexo de que sexan unha pequena guía de referencia que che permita ir abrindo novos camiños lectores. Din que non hai mellor campaña de fomento da lectura que o boca a boca, a recomendación dunha persoa que, logo de gozar da lectura dun texto, quere poñelo tamén nas nosas mans para convidarnos a seguir tirando do fío invisible das palabras. Esperamos que destas recomendacións que xuntamos entre todos e todas cada 23 de abril nazan fíos de lectura que nos leven polo mundo dos soños e das historias cada un dos días do ano. Espazo Lectura 23 de abril de 2009 Día do Libro

—3—


II DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER LISTAXE DE LECTURAS - Os grouchos, de Manuel Rivas, Ed. Xerais (Antonio Araúxo, alcalde do Concello de Gondomar). - Como unha novela, de Daniel Pennac, Ed. Xerais (Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura). - O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, Ed. Xerais (Ana Castro). - Erros e Tánatos, de Gonzalo Navaza, Ed. Xerais (Teresa Pereira Alborés). - Seda, de Alessandro Baricco, Rinoceronte Ed. (María Álvarez). - La ciencia y la vida, de Valentín Fuster e José Luis Sampedro, Plaza y Janés Ed. (Conchita Antón). - «Nube», Muller ceiba, de Sandra Cisneros, Ed. Xerais (Beatriz Núñez). - A galiña azul, de Carlos Casares, Ed. Galaxia (Dolores Portabales). - A cociña galega, de Álvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia (Irene Silva). - O home inédito, de Carlos G. Meixide, Rinoceronte Ed. (Luís Domínguez). - Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, Ed. Galaxia (María Montenegro). - Made in Galiza, de Séchu Sende, Ed. Galaxia (Gabriela Legaspi). - «Ítaca», Poemas canónicos, de Konstantino Kavafis, Rinoceronte Ed. (Mª Xosé González Chamorro). - ¿Para que serve a historia de Galicia?, de Carlos Bermejo Barrera, Ed. Lóstrego (Carlos Méixome). - Poemas de Celso Emilio Ferreiro, Poesía galega completa, Ed. Xerais (X. Bieito Legaspi). - A doutrina do shock (o auxe do capitalismo do desastre), de Naomi Klein, Ed. Paidós (Benxamín Rocha).

—4—


- Herba moura, de Teresa Moure, Ed. Xerais (Mª Luísa Varela). - Con pólvora e magnolias, de X. L. Méndez Ferrín, Ed. Xerais (Jorge Diz Ferreira). - Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro. Ed. Galaxia (Mónica Góñez). - «Autor caprichoso», El imitador de voces, de Thomas Bernhard, Alfaguara (David Rodríguez). - Selección de poemas de María Lado e Helena de Carlos (Lara Domínguez Araújo). - «O bambán», de David Rodríguez, I Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, Ed. Xerais (Xosé Manuel Moo e Félix Rodríguez). - Crónica xornalística de Wenceslao Fernández Flórez (Eli Suárez Amarelo). - As benévolas, de Jonathan Littell, RBA (Xosé Lois Vilar). - «Alén da chaga», Mil cretinos, de Quim Monzó, Ed. Xerais (Emilio García Crego). - Ser ou non, de Xurxo Borrazás, Ed. Galaxia (Marga Cachaza). - As flores do mal, Charles Baudelaire, Ed. Galaxia (Gonzalo Navaza). - «Sós», De catro a catro e outros textos, de Manuel Antonio, Ed. Xerais (Pauliño del Río). - O lago das garzas azuis, de Alfonso Pexegueiro, Ed. Xerais (María Xesús Garrido). - De catro a catro e outros textos, de Manuel Antonio. Ed. Xerais (Sunsa Fernández Rei). - Xente de aquí e de acolá, de Álvaro Cunqueiro, Ed. Galaxia (Fátima Rodríguez Areal, concelleira de Cultura do Concello de Gondomar). Xoves 23 de abril de 2009 Praza de Abastos de Gondomar

—5—


I DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER LISTAXE DE LECTURAS - Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro (Antonio Araúxo, alcalde do Concello de Gondomar). - O profesor de vegliota, de Manuel Veiga (Xosé Lois Vilar). - Muller no baño, de Manuel Rivas (Miguel Anxo Mouriño). - A tecedeira de Bonaval, de A. López Ferreiro (Sabela Míguez). - Poema de Curros Enríquez (Gonzalo Navaza). - De Nunca máis a Máis alá, de Xosé Manuel Beiras (Carlos Méixome). - Poemas de Antón Tovar e Xosé María Álvarez Blázquez (Isidro López). - Chove nos versos, de Antonio García Teijeiro (Ana Castro). - Ñiquiñaque, de Cándido Pazó (Xosé Manuel Moo e Félix Rodríguez). - Anxos de garda, de Anxos Sumai (Margarita Cachaza). - Made in Galiza, de Séchu Sende (Mª Xosé Glez. Chamorro). - Fisteus era un mundo, de Lupe Gómez (Rocío Rodríguez Salgueiro). - A lingua das bolboretas, de Manuel Rivas (Luís Domínguez). - Vidas post-it, de Iolanda Zúñiga (Anxo Iglesias). - Carta ao señor futuro, de E. Galeano (Sunsa Fernández Rei). - Muller ceiba, de Sandra Cisneros, e Cando eu caia, de Ramón Sampedro (Fran Alonso). - Herba moura, de Teresa Moure (Beatriz Núñez). - Resistencia, de Rosa Aneiros (Rosana Estévez). - O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas (Bieito Legaspi). - A xeira das árbores, de Teresa Moure (Ana Isabel González). - O principiño, de Antoine de Saint-Exupèry (Concha Costas). - Historias de cronopios y de famas, de J. Cortázar (Eli Suárez Amarelo).

—6—


- Un cadelo menos e 29 historias máis, de Fernando Sabino (Emilio García Crego). - Vento ferido, de Carlos Casares (Anaír Rodríguez). - A cidade e os días, de Xosé María Álvarez Blázquez (Benxamín Rocha). - Relato de Edgar Allan Poe (Marta González). - La biblioteca de Babel, de J. L. Borges (Gustavo Sanromán). - Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, e soneto de Garcilaso de la Vega (Jorge Diz). - Adiós María, de Xohana Torres (María Luísa Varela). - Poema de Celso Emilio Ferreiro (Fátima Rodríguez Areal, concelleira de Cultura do Concello de Gondomar).

Mércores 23 de abril de 2008 Biblioteca Municipal de Gondomar

—7—


© Publicacións Espazo Lectura, 2009 © Espazo Lectura, Val Miñor, Galicia Licenza Creative Commons Esta obra réxese por unha licenza Creative Commons, a cal permite a súa copia, distribución e comunicación pública, así como as obras derivadas, mentres se manteña a autoría orixinal e non sexa con fins comerciais. As obras derivadas desta deben ser distribuídas baixo esta mesma licenza.

espazolectura@espazolectura.com http://www.espazolectura.org

Profile for Espazo Lectura

LECTURAS DA GRAMPA 1 (II Dar de ler coma quen dá de beber)  

LECTURAS DA GRAMPA 1 (II Dar de ler coma quen dá de beber)  

Advertisement