Page 1


María Gaetana Agnesi (1718-1799) Naceu en Milán, o 16 de maio de 1718, filla de Anna Brivio e de Pietro Agnesi. Creceu nun ambiente acomodado e culto. O seu pai, consciente das capacidades de María, preocupouse de que recibise unha ampla educación. Destacou como lingüista, filósofa e matemática. A idade moi temperá falaba varios idiomas (francés, alemán, español, latín, grego e hebreo, ademais de italiano) . Con 9 anos publicou unha tradución en latín, en defensa da educación e formación das mulleres. No século XVIII, era frecuente que nos salóns das familias acomodadas, se reunísen personaxes do mundo da ciencia e da cultura. Na casa dos Agnesi celebrábanse estas sesións e así, desde a adolescencia, María debatía coa elite intelectual do momento, sobre temas tan diversos como filosofía, a teoría de Newton sobre a gravidade, propagación da luz, xeometría, ... Aos 20 anos, ao morrer a súa nai, quixo entrar nun convento, pero o seu pai non llo A bruxa ou feiticeira de permitiu. María dedícase a coidar aos seus irmáns Agnesi (que chegaron a ser vinte, nacidos dos tres matrimonios do seu pai), e prosegue coa súa formación coa axuda de Ramiro Rampinelli, catedrático de matemáticas da Universidade de Padua. Durante dez anos traballa nunha das súas obras máis importantes "Institucións Analíticas, ao uso da mocidade italiana". O primeiro tomo é publicado en 1748; ten forma de libro de texto e nel María Gaetano Agnesi estudou con María expón dunha forma rigorosa pero didáctica, a xeometría cartesiana. Un ano máis tarde detalle unha curva, chamada versiera (do latín imprímese o segundo tomo que é considerado pola vertere, que significa virar). Parece ser que o Academia de París, como o mellor tratado de nome de "bruxa" vénlle á curva dunha cálculo diferencial e integral do momento. Nel, tradución incorrecta ao inglés dunha palabra conseguira unificar os distintos traballos dos italiana parecida, avversiera, que significa matemáticos da época e ademais tiña achegas da "feiticeira, bruxa". A ecuación desta curva é: propia autora. Dedicou o libro a Mª Teresa de Austria a3 1 y= 2 y para x=1 : y = 2 2 (baixo cuxo reinado estaba Milán). O Papa x +a x +1 Benedito XIV, propúxoa para a cátedra de Algunhas propiedades da curva cando a=1: matemáticas da Universidade de Bolonia (cidade É unha función par (simétrica respecto italiana, pertencente nesta época aos Estados ao eixo de ordenadas) Pontificios). É crecente se x <0 e decreciente se x >0 Ao morrer o seu pai, María tiña 34 anos. Ten un máximo no punto (0,1) Con el desaparece a presión que exercera sobre ela, O eixo de abscisas é unha asíntota en canto á dedicación polo estudo sobre as súas horizontal. preferencias de vida relixiosa; e decide adicarse a A área entre a curva e o eixo de abscisas obras caritativas para mulleres enfermas, retirándose de toda actividade matemática, ata a súa é (Outro feitizo da curva, un contorno infinito encerra un área finita) morte ocorrida o 9 de xaneiro de 1799. Para coñecer máis da curva, consultade: Unha das partes que máis transcendeu da súa obra foi unha curva de terceiro grao, coñecida :http://www.iesezequielgonzalez.com/matemati cas/brujagne.htm como a bruxa ou a feiticeira de Agnesi. -2-


ENREDANDO CO VINAGRE! De seguro tes algo de vinagre na casa, así que imos aproveitar para facer unha curiosa tanda de experimentos con este ácido cotiá. Precisaremos tamén bicarbonato sódico, se non tes podes mercalo no supermercado pois é moi empregado contra a acidez de estómago. Os obxectivos con estes ingredientes son: 1.- Facer levitar unha pompa de xabón 2.- Inflar un globo sen ter que lle insuflar aire 3.- Converter un ovo de galiña nunha pelota de goma 1.- Levitar unha pompa de xabón? Colle un frasco de cristal grande e ancho e bota vinagre no fondo. Engádelle algo de bicarbonato e espera a que remate a reacción química entre ambos compoñentes. Deixa entón caer unhas pompas de xabón no interior do bote e verás como estas flotan, como por arte de maxia, sen caer ao fondo. A que se debe?: a reacción química entre o vinagre e bicarbonato libera CO2. Este é máis denso co aire, polo que queda dentro do frasco. As pompas sen embargo conteñen aire no seu interior, polo que flotarán sobre o CO2 na parte baixa do bote. 2.- Inflar un globo sen insuflar aire? Precisaremos de novo o vinagre e o bicarbonato: verte un pouco de vinagre nunha botella. Bota sobre 3 culleres pequenas de bicarbonato dentro do globo (axúdate dun funil). Coloca e axusta, con coidado, o globo na boca da botella e verte rapidamente o seu contido sobre o vinagre… verás como os gases da reacción inflan o globo en cuestión de segundos. Varía as cantidades de vinagre e bicarbonato segundo queiras inchar máis ou menos o globo (mais ten coidado que a reacción é rápida e o globo pode estoupar).

Aspecto dos ovos ao final do proceso

3.- Un ovo que bota? Para este experimento requerirás máis paciencia, pois precisas dun par de días para ver os resultados! Mais é moi sinxelo: introduce o ovo de galiña nun vaso e cúbreo con vinagre. Verás como se empezan a formar burbullas na súa superficie polo reación entre o ácido acético do vinagre e o carbonato cálcico da casca do ovo. Tras 24 ou 48 horas, cando vexas que xa non queda casca, retira o ovo e lávao con auga. Como verás o ovo aumentou de tamaño (entroulle auga por ósmose) e adquiriu unha textura gomosa, adoitando o comportamento dunha pelota de goma. Podes observar o proceso no video: http://www.youtube.com/watch?v=Pr2ML9ya1bY&feature=player_em bedded - 3 -


Jean-Giraud, ``Moebius,´´ naceu nun suburbio parisiense no ano 1938, onde viviu coa súa nai, posto que o seu pai desaparecera ata que cumpriu 16 anos, momento no que viaxa coa súa familia a México, onde comeza a súa afección tanto á pintura e ao debuxo como á droga. A súa primeira historia, asinada aínda como Jean Giraud, de peso no mundo do cómic é a que realizou xunto ao guionista Jean Michel Charlier, titulada O tenente Blueberry, un western que marcou historia no panorama do cómic mundial. Durante a década de 1960, xa cara ao final, comezou a usar o pseudónimo de Moebius para asinar os seus diversos artigos de ciencia ficción, xénero do que tomou a idea para as súas futuras obras e para elixir a súa pseudónimo, que extraeu do gran matemático e astrónomo August Moebius. O seu auxe como guionista e debuxante chegou coas cinco historias de Arzack, personaxe que protagoniza cinco historias onde a ortografía do seu nome cambia e que supuxo un reto persoal para o autor, xa que afirmou que se trataba dunha adaptación ao papel dos seus soños. Uns anos despois traballa con Jodorowsky para a adaptación cinematográfica de Dune, e uns anos despois crea o seu soado O Garaxe Hermético. Trátase dunha historia protagonizada por un personaxe de Michael Moorcrock, Jerry Cornelius, que se ve involucrado nas peripecias doutro protagonista, de creación de Moebius, chamado o Maior Grubert. Unha década despois chega o seu traballo máis famoso, O Incal, unha serie continuada por Jodorowsky como guionista que chegou desde 1980 ata 2001 para dar por finalizada. Nela, describe a historia dun detective privado, un tal John Difool, que atopa un artefacto alieníxena chamado O Incal, que lle fai emprender unha cruzada contra un ser maligno chamado A Tebra. Na década dos oitenta viaxou a Xapón, onde se atopou con autores xaponeses e onde se supón que promoveu a chegada do cómic manga a Europa. Posteriormente arrepentiuse disto e fixo público o seu rexeitamento por este tipo de cómic. Durante os seus últimos anos, antes de falecer en 2012 por un ataque ao corazón, publicou unha serie chamada Inside Moebius, na que os seus personaxes enfrontábanse a el e obrigábanlle a deixar a marihuana e a levar unha mellor vida. É un feito real que Moebius deixou a marihuana que descubrira na súa viaxe a México á idade de 65. Morreu o 10 de Marzo do 2012 aos 73 anos de idade. Para coñecer máis sobre o autor, visitade a súa páxina oficial: Javier González-4º ESO http://www.moebius.fr/ -4-


Octavio Ocampo, naceu en Celaya, Guanajuato o 28 de febreiro de 1943. Estudou na escola de pintura e escultura (A Esmeralda) Belas Artes (1961 - 1965) e no San Francisco Art Institute, de San Francisco, California (1972 - 1974 ). Realizou a escenografía de máis de 120 películas mexicanas e norteamericanas, así como os deseños para numerosas obras de teatro. Participou en exposicións individuais en México, Estados Unidos, Canadá, Latinoamérica, Europa e Medio Oriente; así como en gran número de colectivas ao redor do mundo. A súa obra forma parte de importantes coleccións como: Instituto Nacional de Belas Artes México, Jimmy Carter Museum Atlanta GA., Museo Reina Sofía Madrid, Jane Fonda Collection, Cher, Ted Turner, etc. Pronto se inaugurará o museo “Octavio Ocampo” na súa cidade natal. Realizou retratos biográficos co seu peculiar estilo “metamórfico” para personalidades como Jimmy Carter, Miguel Alemán Valdés, José López Portillo, Jane Fonda, César Chávez, Cher (utilizado para a portada do seu disco “Heart of Stone”),.... Ocampo é tamén un excelente muralista. A súa obra atópase en importantes edificios como Palacio Nacional México, Presidencia Municipal e Instituto Tecnolóxico de Celaya, Grossenbacher Oil Co.Harlingen, Tx.; Casa de goberno Guanajuato, entre outros. Os títulos das obras de Octavio Ocampo que aparecen nesta páxina son: 1.- Muller e cabalos 2.- Bico a luz do sol. 3.- A familia do xeneral. 4.- Familia de paxaros. Se queredes consultar a obra do autor visitade a súa páxina: http://www.octavioocampo.com.mx/, ou ben a páxina, en inglés: http://www.wikipaintings.org/en/octavio-ocampo -5-


Claudi Alsina leva anos recompilando os principais erros matemáticos que cometen xornalistas, políticos, famosos de todo tipo e ata recoñecidos científicos, xa que os disparates numéricos afectan a todos (como a gripe), sen distinción de clases, pois todos somos usuarios das matemáticas. Unha selección de erros que deu en chamar Asasinatos matemáticos. Disparates lendarios e novos, lóxicos e absurdos, únicos e repetidos ata o infinito e de diversa procedencia. Así, cando alguén di que á hora do financiamento “todas as comunidades quedarán por encima da media”, é evidente que nos atopamos cun asasinato matemático en xogo. E quen mellor que Claudi Alsina para sacalo á luz e o mesmo tempo facernos gozar con iso. Unha obra que non só busca provocarnos a gargallada, senón que intenta que nos cuestionemos como e por que ocorren... Ao final, hai moitas probabilidades de que logo de ler este libro vexamos os gráficos, as ofertas de supermercado e o resultado das enquisas políticas con outros ollos Alsina considera que “o futuro dos asasinatos matemáticos é prometedor se non tomamos conciencia da importancia dos números . O seu xardín é todo o mundo, acompáñannos ao longo da vida e todo apunta a que neste momento teñen asegurado un futuro moi amplo, aínda que sería desexable que non aumentasen e por iso aos nenos, na sociedade do século XXI, hai que trasmitirlles una actitude positiva fronte aos números” Contou o caso dunha secta batista de Alabama que, tras un estudo concluíu que o 46 % dos habitantes dese Estado irán ao inferno, publicando un detallado mapa con tantos por cento en cada distrito territorial. Ou os que publicaron a fórmula da felicidade: f = g +c+ v, sendo g o factor xenético, c as cousas persoais e v a vontade que se pon. “Vale, se eles queren, será así” Ou o monxe matemático Dionisio “o exiguo”, que estableceu no calendario gregoriano como ano primeiro de era cristiá o do nacemento de Jesús. “Co que, facendo estritamente números, Xesucristo nacería 4 ou 5 anos antes de Xesucristo” Claudi Alsina no clube Faro de Vigo, 16/04/2012. Extracto recollido do Faro de Vigo publicado ao dia seguinte. -6-

Claudi Alsina (Barcelona, 1952) é catedrático de matemáticas da E.T.S. de Arquitectura de Barcelona na Universidade Politécnica de Catalunya. realizou un amplo labor de investigación matemática, de innovación educativa e de divulgación, tanto a nivel nacional como internacional Autor de numerosas obras de popularización das matemáticas, é un recoñecido escritor e conferenciante, cun estilo moi propio onde a amenidad xoga un papel central. Ten a obsesión de lograr que a xente o pase ben coas matemáticas En Ariel publicou, ademáis dos libros reseñados: Vitaminas matemáticas , O clube da hipotenusa, Xeometría para turistas, etc. Podedes consultar a súa páxina web: http://www.upc.edu/easmi/personal/claudi/


A lámpada máis lonxeva do mundo

No parque de bombeiros de Livermore (California), localizase a lámpada máis lonxeva do mundo, que leva máis de 110 anos acesa sen interrución (963.600 horas). Esta lámpada de vidro soprado a man e con filamento de carbono de 60 vatios (na actualidade só consome 4 vatios) foi doada por The Shelby Electric Company, e instalada en xuño de 1901. Ao longo dos anos só permaneceu apagada 22 minutos en 1976; tempo que tardou o seu traslado ao novo parque de bombeiros. Para obsevar a lámpada en tempo real, visita: http://www.centennialbulb.org/ O xurdimiento da empresa, data dos anos 40, cando Marcel Bich comezou a traballar xunto a Edouard Buffard nunha fábrica de plumas nos arredores de Paris. Durante eses anos, Bich toma conciencia do potencial do bolígrafo e adapta e mellora o proceso de fabricación deste revolucionario produto inventado polo húngaro Laszlo Biro. Así, en 1950 Marcel Bich lanza en Francia, baixo a marca BIC, unha versión máis curta e simple do seu propio apelido, o seu primeiro bolígrafo. A calidade e o conveniente prezo fixeron que rapidamente este obxecto sexa requirido por máis e máis persoas. Nos anos seguintes, Bich vería a súa empresa liderando a industria dos bolígrafos. “Fabricar produtos de moi alta calidade a un prezo accesible e lograr grandes mercados por medio da comercialización masiva”, así resumía o espírito desta puxante empresa que nun curto prazo cruzaría as fronteiras de Francia, para introducirse en mercados estranxeiros Podedes participar en concursos, adicados o 60 anivesario en: http://www.littlebicworld.com/ O músico norteamericano Miles Davis inspirouse nunha melodía (a Alborada de Vigo) interpretada fai 60 anos por un afiador ourensán para compor 'The pan piper', un dos temas do seu álbum 'Sketches of Spain'. Aquela gravación foi realizada na aldea ourensá de Faramontaos, na Merca, polo norteamericano Alan Lomax, un etnomusicólogo cuxo arquivo sonoro foi colgado a finais de xaneiro deste ano, en internet. Para coñecer máis sobre esta melodía e escoitala visitade: http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2012/02/01/melodia-gallega-miles-davis/576036.html -7-


A espiral de Fraser:

O que parecen espirais, en verdade son círculos

Hoxe toca mates

1.- Dúas nais e as súas dúas fillas, nun nun xogo de interese, gañaron trinta euros, cada unha gañou dez. Isto como pode ser? 2.-Como obter 1.000 mediante unha suma na que só interveñan números 8?

Se nos din que unha botella de viño vale 10 euros e que o viño que contén costa 9 euros máis que o envase, canto custan o viño e o envase por separado?.

Criptograma numérico

Esta ilusión óptica foi publicada por primeira vez en 1905 por J. A. Fraser. Os rombos nos extremos das circunferencias distorsionan a perspectiva e enganan á nosa percepción da realidade, facéndonos confundir as circunferencias concéntricas cunha espiral

Os criptogramas numéricos son operacións de cálculo nas que se substituiron as cifras por letras ou outros símbolos de maneira que se propón atopar que valor corresponde a cada letra, tendo en conta, claro, que unha mesma letra non pode representar dous valores numéricos diferentes. Por exemplo:

(L+O+G+I+C)3= LOGIC

Ía un labrego queixándose do pobre que era, dixo: daría calquera cousa se alguén me axudase. De súpeto aparéceselle o demo e propúxolle o seguinte: Ves aquela ponte, se o pasas en calquera dirección terás exactamente o dobre do diñeiro que tiñas antes de pasalo. Pero hai unha condición debes tirar ao rio 24 euros por cada vez que pases a ponte. Pasou o labrego a ponte unha vez e contou o seu diñeiro, en efecto tiña dúas veces máis, tirou 24 euros ao río, e pasou a ponte outra vez e tiña o dobre que antes, tirou os 24 euros, pasou a ponte por terceira vez e o diñeiro duplicase, pero resultou que tenia 24 euros exactos e tivo que tiralos ao río, quedou sen un euro. Canto tiña o labrego ao principio? Catro homes, un dos cales cometera un determinado crime, fixeron as seguintes afirmacións ao ser interrogados pola policía: Arturo: David fíxoo. David: Antonio fíxoo. Gustavo: Eu non o fixen. Antonio: David mentiu cando dixo que o fixen eu. -8-

Se só unha destas afirmacións fose certa, quen sería o culpable?.

Faísca 21  

Faísca 21 - Maio 2012

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you