Bota a andar a época estival nas nosas tendas con ofertóns, tendencias e solucións que che fan a vida máis fácil e poñen o teu peto contento
Revista
A dispoñibilidade dos produtos pode variar dun establecemento a outro. Consúltao na túa tenda habitual.
04 Neste número
06 O máis top do mes
07 ... E en redes
08 Comeza o verán
10 Froitas de carabuña: cor e vitaminas na túa dieta
14 Cereixas do Val do Jerte
20 10
16 Come fácil, vive mellor
17 Unha solución para cada intre
20 Conservas de peixe
26 Tendencias gastro para estares á última
30 Beleza
34 Infoodencers
36 O novo nas nosas tendas
40 Ser solidario
42 As vantaxes de EROSKI club
44 Viaxes: Colombia
47 Vales aforro
50 Novas www.eroski.es
Iker Pérez de Arenaza
ODÍAS DE SOL, sabor e ofertóns
verán xa se sente no aire. É ese momento no que os días se alongan, todo parece máis doado e ata unha comida improvisada se converte nun bo plan. Empeza a tempada de terrazas, escapadas, sobremesas sen présa e comidas ao aire libre. E claro, con tan bo ambiente, a alguén deulle por sacar un avionciño na praia cun enorme “QUÉEEEEEEEEEEEROTE” no ceo. Pero nós témolo claro: este verán preferimos darche máis dun cento de ofertóns para te conquistarmos.
Este é o comezo do noso verán máis tolo, máis sabedor e máis teu. Un verán no que che ofreceremos os mellores produtos de tempada, como as primeiras cereixas, albaricoques, ameixas ou pexegos; solucións prácticas para aforrares tempo e poder gozar dos plans ao aire libre e tendencias de alimentación ao mellor prezo posible.
E se falamos de solucións rápidas, ricas e versátiles, as conservas volven brillar. Sardiñas, mexillóns, atún... poden
Responsable de EROSKI club Síguenos editorial
parecer un recurso de último minuto, pero cun pouco de mimo transfórmanse en ensaladas saborosas, bocados creativos ou pratos completos listos en cinco minutos. Non se trata só de abrir a lata, senón de darlle unha volta e gozar sen complicacións.
Para non che faltar de nada, traémosche tamén ideas para te protexeres do sol como cómpre. Na nosa sección de beleza atoparás toda a gama de solares belle&SUN, perfecta para coidares a túa pel, xa sexa na praia, na montaña... Ou se decides cruzar o charco e descubrir Colombia, o destino que che propoñemos este mes.
E como en EROSKI pensamos que querer ben tamén é comprometerse, este mes convidámoste a axudarnos a construír o Plan de Solidariedade 2026, o proxecto que marcará os pasos que daremos xuntos para apoiar as causas que máis o necesitan.
Este verán será inesquecible, si, e querémolo compartir contigo.
ADOT S AS RECEITAS DESTE NÚMER O ÍUQA
EDITOR
EROSKI S. COOP.
Barrio San Agustín s/n.
48230 Elorrio (Bizkaia). Tel. +34 946 211 211
Directora: Ainhoa Oyarbide
Subdirectora: Lucia Goicoechea
Redactora xefe: Manuela Díaz
Foto de portada: @virginiamartin_photo
REALIZACIÓN E EDICIÓN
Factoría Prisa Noticias, S. L. U. Valentín Beato, 44. 28037 Madrid Tel. +34 915 386 104
Difusión: Controlada por OJD Publicidade: Antonio García. Tel. +34 607 973 913 antoniogarcia@publimagazine.com
Prohibida a reprodución total ou parcial de textos ou fotografías sen a autorización expresa da empresa editora.
O máis TOP deste MES
A raíña das ensaladas rusas (e dos petiscos)
Ben frescas, versátiles e con ese sabor que te leva directo ao chiringo da praia. As barriñas de cangrexo EROSKI son o imprescindible en ensaladas, wraps ou para dipear. Que non falten da túa neveira este verán!
E preparar a túa grella
Quen che quere ben... Demóstracho organizando unha boa churrascada con algúns dos máis de 150 ofertóns, para che axudar a aforrar este verán. Ti tamén sentes o frechazo?
Non perdas o noso CARRO DO VERÁN
AS PIZZAS non fallan
E se son as de longa fermentación EROSKI, moito menos. Masa crocante, repousada con mimo e o tópping que máis che guste. Perfectas para ceas rápidas, reunións improvisadas ou, simplemente, porque o mereces.
GOZA DUN CARRO DE PRODUTOS EROSKI, SAUDABLE E ACCESIBLE , POR MENOS DE 70 EUROS CON TODO O QUE CHE CÓMPRE PARA O TEU DÍA A DÍA NESTA ÉPOCA DO ANO.
... E EN REDES
Coñece todo o que se coce nas nosas redes sociais
SÍGUENOS!
EMBAIXADORES TOP: CON MOITO ORGULLO
A gran familia de EROSKI comparte nas súas redes sociais o seu día a día. Cóntannos como se preparan para abrir a súa tenda, recoméndannos os seus produtos favoritos e explícannos as mellores ofertas. Presentámosche a algúns deles.
Sofía Hierro
Valeria OminettiNatalia AsensioMayte Malumbres
No seu perfil de TikTok Corporatesofi cóntanos como é o seu día a día traballando nas redes sociais de EROSKI.
O MÁIS
VIRAL DE TIKTOK
Na súa conta @baleribermeo hai unha chea de contido sobre novos produtos e todo o que acontece na súa tenda de Bermeo.
TikTok foi a nosa pasarela para conectarmos coas novas xeracións con creatividade, humor e moito sabor. Estes contidos virais son un exemplo.
Entre as súas publicacións destaca o contido creativo e práctico, a variedade de formatos e a participación dos seus compañeiros na tenda.
Café de marca branca? Si, pero con flow. Mostramos as nosas variedades, dende o simple café que che alegra a mañá ata o máis selecto. Spoiler: petámolo.
No seu perfil de Instagram amósanos as novidades de marca EROSKI, as mellores ofertas e moito máis.
Unha festa vista dende a mira da porta na que os convidados chegan con cadanseu produto EROSKI favorito “Sempre bo prezo”. Creatividade + humor + selo propio = viralidade.
Comeza a conta atrás para
O VERÁN
Coa chegada do bo tempo, os días alónganse, o sol brilla con máis forza e a enerxía estival empeza a se sentir no ambiente. Estás listo para recibir o verán cos brazos ben abertos? É momento de poñer o corpo e a mente a punto para gozar ao máximo da tempada máis vibrante do ano. Aquí descubrirás as claves para conseguilo.
Empeza por encher a túa dieta de cor e vitaminas coas froitas de carabuña, que están no seu mellor momento. Continúa con comidas lixeiras e prácticas como as conservas de peixe, ensaladas e pratos saudables, listos para preparar e degustar nuns minutos. Porque, no verán, o tempo de pasalo ben sempre se alonga.
E lembra estar ao día cos produtos tendencia que non poden faltar na túa rutina. Para rematar, protexe a túa pel do sol, un grande aliado -e tamén o teu maior reto- nos meses que se aveciñan.
O verán está á volta da esquina... Prepárate para vivilo como hai que vivilo á vez que aforras cos ofertóns que atoparás nas nosas tendas.
Espetos de solombo
con pexego
4 25’ (+ mariñado)
• 600 g de solombo de porco
• 2 pexegos
• ½ pemento vermello
• Sal e pementa negra
• Canela
• Cravo
• Noz moscada
• Xenxibre
• 1 cullerada de AOVE
Para o mariñado
• 1 culleriña de salsa de soia
• 1 culleriña de mel
• 1 culleriña de AOVE
• 1 culleriña de mostaza
• Zume de ½ limón
• 1 moeda de xenxibre relada
Para a salsa de queixo
• 100 g de queixo cottage
• Sal e pementa negra
• Zume de ½ limón e reladura
• Menta picada
Cortar o solombo en dados de 3 cm e mariñalos. Introducir na neveira.
Cociñar á prancha con AOVE xunto cuns dados de pemento.
Cortar as cuñas de pexego, bañalas no zume de limón e especias e cociñar á prancha cun fío de AOVE.
Preparar a salsa de queixo mesturando os ingredientes.
Montar os espetos intercalando o solombo e o pemento e servir as cuñas de pexego coa salsa de queixo cottage.
Énchete de cor e
VITAMINAS
Chega o verán e, para o comezares con bo pé, a primeira clave está no que pos no teu prato. Poucas cousas te preparan mellor ca as froitas de carabuña: substanciosas, frescas e cheas de cor. Ameixas, cereixas, nectarinas, albaricoques, pexegos... non só anuncian o cambio de estación, senón que te tamén enchen de vitaminas, fibra e enerxía natural.
Incluírelas na túa dieta é un xeito doado de cumprires coa recomendación de tomar cinco racións de froitas e verduras ao día. E agora están de tempada, polo que son máis sabedoras e máis nutritivas. Todas as nosas froitas de carabuña son de orixe nacional. Traballamos estreitamente con produtores locais e coas mellores denominacións do teu contorno.
CEREIXAS
TEMPADA
De maio a mediados de xullo.
DENOMINACIÓN DE ORIXE
Todas as nosas cereixas e picotas
EROSKI contan coa Denominación de Orixe Protexida (DOP) do Jerte Recoñecidas a nivel mundial polo seu sabor doce e mais a súa pel tersa. Cultívanse a máis de 500 metros de altitude e colléitanse á man no seu momento óptimo.
PEXEGOS
TEMPADA
De maio a outubro.
DENOMINACIÓN DE ORIXE
PRODUTO LOCAL
PRODUTO LOCAL
Nas nosas tendas de Aragón, Andalucía, Navarra e A Rioxa atoparás cereixas colleitadas no teu contorno máis próximo e no seu punto xusto de maduración.
Proceden os máis deles de Cataluña e Aragón. Entre setembro e outubro poderás gozar do Melocotón de Calanda DOP (Teruel), que destaca pola súa dozura e gran tamaño. Embólsanse un a un na árbore para protexelos durante a maduración.
NECTARINAS
TEMPADA
De maio a setembro.
PRODUTO LOCAL
En Aragón, A Rioxa e Andalucía atoparás nectarinas da túa zona.
En Aragón, Andalucía, Navarra e A Rioxa poderás gozar de pexegos vermellos e amarelos que chegan directamente do campo á tenda.
ALBARICOQUES
TEMPADA
De maio a finais de agosto.
Perfectos para os comeres frescos ou para preparares deliciosas sobremesas.
PARAGUAIOS
PRODUTO LOCAL
Nas Illas Baleares, o albaricoque é parte da súa cultura gastronómica. En tempada utilízase para elaborar as tradicionais cocas mallorquinas.
Por que hai froita de carabuña máis tempo?
TEMPADA
De maio a metade de setembro.
PRODUTO LOCAL
En Andalucía, Navarra e A Rioxa, EROSKI ofréceche paraguaios de agricultores locais.
AMEIXAS
TEMPADA
A ameixa vermella está dispoñible de maio a decembro e a claudia de agosto a outubro.
PRODUTO LOCAL
Temos ameixas locais da Rioxa, Navarra, Baleares e Andalucía.
AS NOSAS FROITAS DE CARABUÑA LOCAIS ESTÁN DISPOÑIBLES
SÓ DURANTE A CAMPAÑA, PORQUE RESPECTAMOS O RITMO NATURAL DE CADA VARIEDADE. ASÍ LEVAS PARA A CASA O MELLOR
DO CAMPO, CON FRESCURA, SABOR E ORIXE GARANTIDAS.
SABOR RESPONSABLE
En EROSKI traballamos con labregos que coidan a terra con agarimo, usando técnicas respectuosas co medio natural, e que apostan por unha froita fresca, saborosa e natural. Froitas que seleccionan con moito coidado. Por iso, só as que cumpren os nosos estándares de dozura, tamaño e calidade forman parte de EROSKI Natur.
Así, ao elixires froitas da nosa marca EROSKI Natur non só estás a comer san, tamén estás a apoiar un tipo de agricultura que pensa no futuro.
Toma nota porque dispós do selo Natur en cereixas, picotas, pexegos,
nectarina amarela, paraguaio, albaricoque e ameixa claudia. Atoparalas en bandexas de medio quilo e por xunto.
Grazas á investigación e ao desenvolvemento de novas variedades, hoxe podemos gozar das nosas froitas de carabuña favoritas durante moito máis tempo. Estas novas opcións son máis fortes fronte ao frío, precisan menos horas de baixas temperaturas para se desenvolveren e resisten mellor a seca. Todo iso fixo posible que se cultiven con moi bos resultados en zonas onde antes era impensable.
A isto cómpre sumar algo que xa temos “de serie”: un clima privilexiado. A diversidade de altitudes e temperaturas da Península Ibérica permite que a tempada se “estire” de xeito natural. Todo comeza no sur, onde os primeiros froitos chegan en abril, e alóngase ata setembro ou outubro en zonas máis frescas ou de montaña, como Aragón ou o Pirineo catalán. Así, podemos gozar do sabor do verán durante case medio ano.
#alimentaloquepiensas
Receitas saudables con froitas de carabuña
Compota de ameixas con crema de ricotta
• 8 ameixas variadas
• 1 cullerada de auga
• Tomiño limón fresco
• Hortelá ou menta fresca
Para a crema de ricotta
• 100 ml de queixo batido 0% mg
• 1 culleriña de extracto de vainilla
• 100 ml de ricotta
• 1 culleriña de mel suave
Para o tópping
• 6 abelás picadas
Lavar as ameixas e partilas pola metade. Poñelas nun cazo coa auga e mais o tomiño. Deixar ferver a lume
Ensalada con pesto de eiruga e pistacho
• 4 tomates variados e cherries de cores
• 1 burrata
• 1 nectarina
• 1 albaricoque
• 6 cereixas
• 4 amorodos
• 8 bóliñas de melón cantalupo
• 6 olivas negras
• 1 manchea de brotes verdes
• 1 ½ cullerada de pesto de eiruga e pistacho
Para o pesto
• 1 cunca de eiruga
• ½ cunca de pistachos
crus
• ¼ de cunca de AOVE
• 1 cullerada de zume de limón
• 1 dente de allo
• 25 g de queixo parmesano relado
Preparamos o pesto introducindo todos os
medio 10 minutos ata que as ameixas solten o seu zume e amolezan, pero con forma.
Facer a crema de ricotta mesturando os ingredientes.
Servir a compota cunha cullerada de crema, esparexer por riba as abelás, o tomiño e a hortelá.
Ensalada morna de albaricoque e queixo
• 8-10 albaricoques
• 1 cullerada de AOVE
• 150 g de queixo cottage 0%
• 1 aguacate
• 4 mancheas da herba dos cóengos
• Ourego
• Sésamo negro
• Sal
• Pementa
ingredientes no vaso do batedor e triturando. Reservamos.
Lavamos as froitas e verduras e cortámolas. Montamos a ensalada facendo unha cama de brotes verdes e tomate, engadimos o resto de froitas, colocamos a burrata no centro e aliñamos co pesto. Decoramos coas olivas negras.
Para a vinagreta
• 100 ml de AOVE
• 30 ml de vinagre de sidra
• 1 albaricoque
• Sal e pementa
• Ourego
Poñer á grella os albaricoques co AOVE
e un chisco de sal e pementa.
Preparar a vinagreta triturando todos os ingredientes.
Servir todo xunto (herba dos cóengos, albaricoques, queixo e aguacate) e engadir a vinagreta, o ourego e o sésamo por riba.
B D E C
B
A B D E C
NUTRI-SCORE A
A B D E C
NUTRI-SCORE A
A
NUTRI-SCORE
CEREIXA DO JERTE
Do campo
Á TÚA MESA
AS CEREIXAS E PICOTAS CON DENOMINACIÓN DE ORIXE PROTEXIDA VAL DO JERTE SON NATURALMENTE “CEREIXIOSAS”. O SEU SEGREDO? NON PASAN MÁIS DE 72 HORAS DESDE QUE SE COLLEITAN ATA QUE CHEGAN Á TÚA MESA.
Cando a primavera chega á súa fin, no Val do Jerte (Cáceres) comeza a colleita das cereixas e picotas máis deliciosas do mundo, que se cultivan en pequenas plantacións con socalcos ás que non é doado acceder. Os agricultores recollen os froitos con mimo, un a un, para, despois, pasar os rigorosos controis de calidade establecidos pola Agrupación de cooperativas do Val do Jerte, o provedor das cereixas e picotas que atopas na túa tenda EROSKI, identificadas co selo de calidade da
Denominación de Orixe Protexida “Cereixa do Jerte”. Unha vez seleccionadas as mellores pezas, as cereixas pasan por unha planta de tratamento, onde o frescor da froita se conserva grazas a un proceso continuo de hidratación, que garante a conservación da cadea de frío. Despois, os froitos envásanse, transpórtanse en camións refrixerados e entréganse nun prazo de 24 a 72 horas (dependendo da distancia), para asegurar que manteña a súa frescura ata chegar á túa mesa.
UNHA HISTORIA EN FEMININO
Arredor da cereixa e da picota do Jerte existe un acervo cultural, económico e ambiental no que a muller xoga un papel moi importante como legataria e gardiá da tradición deste cultivo. O seu profundo coñecemento e dedicación á colleita artesanal, que inclúe a selección coidadosa das mellores cereixas e o descarte das danadas, foron esenciais para manter os estándares de calidade europeos. Este labor impulsou o desenvolvemento económico do sector agrícola, establecendo a cereixa como un dos seus alicerces, e mais a asunción de roles de liderado, ao participaren na toma de decisións dos consellos reitores das cooperativas.
VARIEDADES EN VERMELLO
Ademais da cereixa Navalinda -a única variedade con pedúnculo que se podía certificar xunto coas variedades de picota- na campaña deste ano, o Consello Regulador da Denominación de Orixe protexida (DOP) Cereixa do Jerte certificou tres novas variedades de cereixa con pedúnculo: as coñecidas como Van, Lapins e Burlat. Doces e con moito sabor, permiten que esta deliciosa froita se poida gozar ata o mes de agosto e son as que máis se comercializan en Europa.
NATURALMENTE CEREIXIOSAS!
No 2025, a Agrupación de cooperativas do Val do Jerte lanzou un proxecto europeo de promoción agroalimentaria que, baixo o lema “Do campo á túa mesa! Naturalmente CereiXiosas!”, lles quere amosar aos consumidores de España, Finlandia e Suecia os estándares de calidade das cereixas do continente. Así, o vindeiro 27 de xuño, tes unha cita con esta froita de excelente calidade na tenda EROSKI Boulevard de Vitoria-Gasteiz.
Clafoutis de cereixas
30’ 2
• 250 g de cereixas sen carabuña
• 20 g de azucre
• 1 ovo
• 100 ml de leite desnatado
• 15 g de fariña de avea integral
• ½ culleriña de esencia de vainilla
• Aceite para engraxar os moldes
Prequentar o forno a 200 ºC, con calor por riba e por baixo.
Engraxar os moldes e enchelos coas cereixas
0,79€
POR RACIÓN
de xeito que queden apertadiñas.
Preparar a masa mesturando o leite, o ovo, o azucre e a esencia de vainilla.
Engadir a fariña e volver mesturar cun batedor de varas ata que non queden grumos.
Botar a crema nos moldes e levalos ao forno prequentado no terzo inferior, durante uns 20 minutos, ata que as tortiñas estean douradiñas e cociñadas. Sacar e deixar amornar.
A B D E C
NUTRI-SCORE
VIVE MELLOR Come doado
O verán achégase e é hora de gozar sen complicacións. En EROSKI atoparás todo o que cómpre para un día de pícnic perfecto: ensaladas, untables, tortillas e latas de conserva. Prepara comidas deliciosas de maneira sinxela e vive mellor elixindo o que mellor se adapta a ti.
Unha solución para cada momento
MOMENTO SALSEIRO
Albóndegas
Porque hai días que só se arranxan con sabor caseiro e salsa.
Tenras e listas en 4 minutos. Carne de alta calidade.
Elaboradas por Casa Mas seguindo a receita tradicional.
MOMENTO CROQUETA
Xamón ou polo
Cando o corpo che pide cariño, unhas croquetas enténdeno mellor ca ninguén.
Listas en 3 minutos.
Textura crocante e recheo cremoso. Elaboradas por Bo de Debò.
MOMENTO FRESCO
Ensalada rusa Ben fresca, sabedora e todo un clásico que sempre triunfa na mesa.
Fresca, lixeira e suave.
Estilo caseiro. Elaborada por Bo de Debò.
MOMENTO TAPEO
Tortillas
Clásicas, saborosas e sempre listas. Para eses días nos que todo vai rápido... Menos o sabor.
Con ou sen cebola, de cabaciña, campesiña, en formato individual ou familiar.
Máis substanciosas. As mini están elaboradas con ovos campeiros.
Envases 100% de material reciclado e 100% reciclable
MOMENTO LIXEIRO
Ensalada campesiña
Para repoñer forzas tras unha camiñada rural.
MOMENTO ENROLADO
Wraps Perfectos para un bocado baixo o parasol.
Abrir e montar. 4 catro tortillas e o recheo: vexetais, queixo, polo e salsa.
Sempre bos prezos S Semp prezos os
Ensalada de pasta
Para os que si ou si queren pasta.
Pasta integral cocida de calidade superior, salsa fina de Dijon, tomate, peituga de polo, queixo e cóctel de pipas.
Ensalada César Escarola, radicchio e herba dos cóengos. Con salsa césar, polo, queixos gouda e cheddar e carochos de pan.
Ensalada gourmet Para comer con estilo en pleno céspede.
Escarola, brotes de espinaca, leituga vermella, mazá, tomate, noces, pasas, queixo apto para vexetarianos e unha deliciosa salsa de mostaza e mel con arandos.
MOMENTO ESFAMEADO
Polo asado Ese clásico que nunca falla cando buscas algo sinxelo e que funcione.
Listo nuns minutos. Polo e codillo asados para todos. Ás ou cachos de polo para abrir, quentar e degustar.
Guacamole
Para tardes de piscina con música e bo ambiente. Ideal para compartir e dipear en calquera intre.
95% de aguacate ou 92% se é a opción picante.
Formatos familiar e individual.
Humus
MOMENTO ‘DIPEO’ MOMENTO
ITALIA
Un toque oriental coa proteína que precisas para te coidares.
Composto na súa maior parte por legumes e cunha grande achega de tahini.
Apto para veganos.
Familiar, individual, con pemento vermello e a opción EROSKI basic, para todos os petos.
MOMENTO ‘VINTAGE’
Pastel de atún
Fácil, frío e con sabor a mar. Cando só queres algo rico... E xa.
Ingredientes de primeira calidade. Recuberto de ovo duro relado.
Elaborado por Casa Mas.
Ensaladas de pasta
Un plan improvisado, un sabor mediterráneo. Tan só abre, mestura... E goza da dolce vita.
Abrir e listo. Con verduras. Non precisan frío.
MOMENTO DOMINGUEIRO
Paella
Ideal para ese domingo no que che apetece estar só, pero sen perderes o mellor dunha comida en familia.
Con arroz bomba, mariscos e caldo de peixe. Estilo caseiro.
Elaborada por Bo de Debò.
PEQUENAS LATAS, grandes solucións
As conservas de peixe son un deses tesouros que adoitamos ter na despensa “por se acaso”, pero que, en realidade, merecen un lugar protagonista na nosa alimentación. Prácticas, saborosas e cun gran valor nutricional, son perfectas para elaborar pratos rápidos e como complemento en ensaladas, pastas ou empanadas.
3 receitas exprés que se cadra non coñecías
ARROZ NEGRO CON LURAS
Rustre cebola, allo e pemento verde, engade o arroz e remove ben. Bota caldo de peixe nunha proporción de dúas medidas por unha de arroz (se utilizas arroz integral, engade unha medida extra). Leva a ebulición e, tras 20 minutos de cocción, agrega unha lata de luras na súa tinta, mesturando ben. Cociña 5 minutos máis e sirve.
UNTABLE DE MEXILLÓNS
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Outras conservas a bo prezo que farán enriquecer un arroz rápido
Tritura unha lata de mexillóns (reserva un chisco do escabeche para axustar ao final a textura), 2 culleradas de queixo crema ou iogur, un ovo cocido (opcional), unhas pingas de limón, un chisco de pemento e pementa ao gusto ata obter unha crema suave e untuosa. E dipea con patacas fritas, picos...
CEBICHE DE BERBERECHOS
Mestura os berberechos nun tarro cun pouco do seu zume e engade o zume dunha lima, cebola morada á xuliana, dados de aguacate, AOVE e unhas pingas de salsa picante ao gusto. Axita ben o tarro e deixa mariñar 10 minutos. Engade milliños fritos machucados e coandro picado.
O selo da DOP Mexillón de Galicia. Con esta denominación atoparás mexillóns galegos EROSKI ao natural, en escabeche, picantes e en salsa de vieira. Mexillón de Chile. Ante a escaseza de mexillóns galegos, incorporamos mexillóns chilenos en escabeche, ao natural, picantes e en salsa de vieira.
Fai ti mesmo esta receita de espaguetes “al nero di sepia”.
USA O ATÚN EN EMPANADAS E TORTILLAS
SARDIÑAS EN LATA: PERFECTAS CON PASTA
As sardiñas en lata son un imprescindible para preparar pratos tan apetecibles como unha deliciosa tosta con mozzarella, cebola vermella curtida, reladura de limón e eiruga ou alfábega, ou uns espaguetes “al nero di sepia” con xoubiñas e limón. En EROSKI, atoparalas sempre a bo prezo en aceite de oliva e de xirasol, con tomate, en escabeche, picantes e baixas en sal. Se as consomes con espiñas obtés calcio, esencial para a saúde ósea.
ENGÁDELLE PROTEÍNA Á TÚA ENSALADA
Este atún ten o Selo Azul MSC (Marine Stewardship Council), que certifica a pesca sostible.
Aproveita o aceite do atún para cociñar unha tortilla. Conseguirás un sabor máis intenso sen necesidade de engadir graxa extra. Engade un chisco de ourego ou alcaparras para darlle un toque mediterráneo.
Pescado a cana no Golfo de Biscaia.
Envasado manual en Bermeo.
n B E e M
Mellor calidade, textura, sabor e aspecto.
Ao ser natural, ten menos calorías e a mesma achega alta de proteínas.
E prepara a túa ensalada con bos prezos
Sempre bos prezos S Sep prezzos
Acompáñaa con cebola vermella e unha vinagreta con aceite, vinagre, mostaza de Dijon, herbas aromáticas, sal e pementa.
Ensalada de bonito e faba branca
Sempre bos prezos S Sep prezos os
NUTRI-SCORE
APROVEITA O LÍQUIDO DA CONSERVA
O QUE HAI DETRÁS
DOS NOSOS SELOS
Sempre S Semp prezos os
Utiliza o aceite das conservas para os distintos aliños.
Tips saud bles
Ao natural son baixas en calorías e non teñen aceite engadido. As conservas en escabeche ou salmoira teñen un alto contido en sal. Se es hipertenso, modera o seu consumo.
En aceite son máis caloríficas, pero non por iso menos saudables.
Elixe conservas sen azucres engadidos, con aceite de oliva virxe extra se é posible e evita as moi procesadas.
Que acheg n as conservas de peixe?
Proteínas de alto valor biolóxico. Ácidos graxos omega 3 (especialmente, o atún e o bonito).
Minerais como ferro, fósforo e iodo.
Vitamina D e B12, esenciais para ósos e sistema nervioso.
#alimentaloquepiensas
DOP Mexillón de Galicia
O selo da DOP Mexillón de Galicia certifica a orixe e a calidade superior do mexillón que se produciu, transformou e elaborou en Galicia. Esíxeselles:
Control de entrada e rexistro no sistema do Consello Regulador, que garante a procedencia da materia prima.
Inspeccións aleatorias en fábrica.
Etiquetaxe con precinto numerado e logotipo oficial.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
Certificación MSC
O selo MSC certifica que o produto do mar provén dunha pesca sostible e ben xestionada. Esíxeselles:
Número de certificado e documentación do Marine Stewardship Council, incluíndo ID do barco e zona FAO, que garante que o peixe se capturou con técnicas que respecten o medio mariño e o stock da especie.
A planta debe estar certificada por MSC.
O peixe MSC nunca se mestura co non certificado.
Auditorías anuais do proceso e almacenamento.
NUTRI-SCORE
DO MAR Á LATA 10 PASOS
RECEPCIÓN DO
PEIXE OU OS
MOLUSCOS NA
CONSERVEIRA
Tras un primeiro control no porto, na conserveira o peixe sométese a un novo proceso de inspección (olor, cor, textura), pesaxe e asignación de lote. Tómanse mostras para análises microbiolóxicas ou de metais pesados e revísase a trazabilidade documental para os selos DOP, MSC...
2
LIMPEZA, CORTES DE MOLUSCOS E COCCIÓN
5
7 3 6
ENLATADO
Nalgúns casos, faise de xeito manual. O que se fai de xeito automatizado é a dosificación do líquido de cobertura: aceite, escabeche, vinagre, especias, salmoira ou simplemente auga no caso das conservas ao natural.
SELECCIÓN E CALIBRADO
ALMACENAMENTO EN FRESCO (0-4°C) ATA 48 HORAS
4
ARREFRIADO
Con auga ou en cámaras a 0–4 °C. Evita a proliferación de bacterias.
Selección manual en banda transportadora: retirada de espiñas, pel, vísceras residuais, cunchas...
Calibrado por tamaño mediante clasificadoras mecánicas.
Se contan con selos DOP ou MSC identifícase manualmente cada lote e sepárase por quenda e liña.
PECHE HERMÉTICO. BAIXO UN ESTRITO CONTROL E VERIFICACIÓN
TRATAMENTO TÉRMICO E ESTERILIZACIÓN
8
REPOUSO
9
10
As latas arrefríanse en duchas de auga fría ou por inmersión e repousan a temperatura ambiente ou en cámaras (12–18 °C). Certos produtos (mexillóns en escabeche), repousan entre 2-4 semanas antes de saíren ao mercado.
ETIQUETAXE E EMPAQUETADO EN
A aplicación de etiquetas realízase con impresoras automáticas e inclúe código de barras, lote, data de caducidade e número de trazabilidade.
CAIXAS
DÁLLE Á LATA Conservas de peixe para todos
En EROSKI atoparás unha gran selección de conservas de peixe de todas as marcas e para todos os gustos. Perfectas para as comeres soas ou para lles dares un toque mariño ás túas receitas.
Atún claro en aceite de oliva Elaborado a partir de lombos seleccionados e agora máis doado de consumir polo seu exclusivo envase vira fácil. Non elixas o atún ao chou, mellor elixe Calvo.
Luras na súa tinta A especie de lura máis prezada. A súa textura e sabor son inconfundibles e marcan a diferenza.
Polbo en aceite de oliva
Cocido ao punto xusto para unha textura firme e natural. Proteína de alta calidade, rápida e saudable.
Mexillón en escabeche
Seleccionados en tempada e envasados á man. Textura e sabor garantidos, co escabeche inconfundible da marca.
Berberechos ao natural Sabor puro do mar. Berberechos seleccionados e listos para gozar.
Bonito do Norte Ortiz ten máis de 130 anos de tradición conserveira. O seu bonito do Norte é un manxar cheo de sabor, ideal para todas as túas receitas. O sabor das cousas ben feitas!
Atún claro en aceite de oliva Só 100% lombo de atún claro e sen dobres conxelacións. Calidade nivel Albo: máis do que esperas.
Sardiñas en aceite de oliva
Sardiñas frescas de tempada, torradas ao vapor na fábrica de Galicia para preservar o seu sabor, textura e valor nutricional.
Luriñas na súa tinta Luras de alta calidade recheas e envasadas á man en Galicia. Cubertas coa salsa tradicional da marca.
Xoubiñas en aceite de oliva
Son gordiñas e saborosas porque se capturan en tempada, recíbense frescas, tórranse ao vapor e envásanse á man.
Sardiña en salsa picantona
Sardiñas frescas e torradas ao vapor, preparadas con mimo na salsa máis picantona. Para bocadillos memorables.
L iñ ú ti t
Atúl itdli
6 TENDENCIAS
GASTRO PARA
ESTAR Á ÚLTIMA
O verán chega cargado de propostas ricas, saudables e, sobre todo, con moita personalidade. Se es dos que gozan descubrindo novos sabores, e presumes diso nas túas ceas con amigos, apunta ben estas tendencias que están a arrasar. Xa están na túa tenda EROSKI máis próxima... Así que… suma novas opcións á túa cesta!
ALIMENTOS FERMENTADOS E PROBIÓTICOS
SABORES
INTENSOS E CREATIVOS
Este ano o picante e o exótico levan a palma. Buscamos experiencias sensoriais únicas, o que disparou a popularidade de sabores atrevidos en froitos secos e combinacións que sorprenden. A cúrcuma, por exemplo, aparece agora entre pratos do máis cotián, como a pasta, dándolles un toque saudable e cálido que non deixa indiferente.
Os alimentos fermentados como o kimchi, a kombucha e o kéfir están a gañar popularidade por mor dos seus beneficios para a saúde intestinal e o seu sabor distintivo.
OPCIÓNS ‘PLANT BASED’ MÁIS NATURAIS
Os produtos de orixe vexetal seguen no máis alto e buscamos que sexan o máis naturais posible. Alimentos que destacan polos ingredientes vexetais na súa forma máis pura, como legumes e froitos secos.
Sempre bos prezos S Sepos
SAÚDE DIXESTIVA
Os alimentos que coidan a microbiota seguen no máis alto, o que levou ao aumento de produtos ricos en fibra, prebióticos e probióticos.
BEBIDAS
SEN ALCOHOL
As bebidas sen alcohol están en auxe, especialmente entre a Xeración Z. Entre as propostas hai cervexas artesanais, cócteles botánicos e bebidas enriquecidas, que ofrecen alternativas saudables.
Sempre bos prezos S Sep prezos os
PRODUTOS DE PROXIMIDADE
O produto local está máis de moda ca nunca. Gústanos saber de onde vén o que comemos e apoiar as economías locais, ao tempo que reducimos a pegada de carbono. Na túa vindeira compra leva á túa mesa produtos de aquí, coma eses tomates que maduraron ao sol de xuño ou as cereixas que se acaban de colleitar. Da horta ao teu prato!
0,99 €
POR RACIÓN
de sardiña asada
4 20’
• 2 dentes de allo
• 8 sardiñas
• 3 g de pemento doce
• 3 g de comiño en po
• 1 limón
• 1 tomate maduro
Limpar as sardiñas, retirando vísceras e escamas, lavalas e secalas ben, sazonalas con sal e pementa. Picar finamente o allo e, nunha cunca, mesturalo co aceite, o pemento, o comiño e o zume dun limón.
Colocar as sardiñas na airfryer e untalas co aliño. Cociñar a 180 °C durante 10 minutos.
• ½ cebola morada
• 4 rebandas de pan rústico
• 15 ml de AOVE
• Alfábega fresca
• 1 g de sal
• 2 g de pementa
Torrar o pan ata que quede crocante, cortar o tomate en rodas e aliñalo cun pouco de sal e aceite.
Cortar a cebola morada á xuliana fina. Distribuír as rodas de tomate aliñado sobre a tosta. Colocar un par de lombos de sardiña en cada unha, unhas tiras de cebola e unhas follas de alfábega por riba.
SABOR
A FESTA
A noite de San Xoán cheira a sal, a cacharela e, como non, a sardiñas asadas. Esta tradición tan nosa une o lume do solsticio cun dos sabores máis auténticos do verán. En moitas localidades costeiras, a sardiña é a gran protagonista: ásase ao aire libre e gózase entre música, amigos e bos desexos. En Galicia, por exemplo, é costume lanzar as espiñas da sardiña á cacharela para atraer a boa sorte. Amais de ser parte da festa, a sardiña é un peixe azul saudable e cheo de sabor, rica en omega 3 e perfecta nesta época do ano, xa que está no seu punto xusto. Substanciosa, con ese toque graxo que a fai irresistible, acompañada de pan e dunha ensalada fresca... Non se pode pedir máis para comezar o verán con bo pé.
fala Sandías Bouquet para
CADA COUSA AO SEU TEMPO
É o lema que seguen as sandías Bouquet. As que agardan polo momento perfecto para che ofreceren o mellor dun cultivo 100% nacional.
As que podes gozar xa no seu punto de calidade óptimo.
Bo tempo
A chegada do bo tempo é sinónimo de sandías Bouquet. Son de campo e son de praia; son de pícnic, de escapadas, de piscina; son deportistas, son mochileiras, son nómades e, á vez, moi, pero que moi caseiras.
As sandías Bouquet acompáñannos nos mellores momentos desta época do ano. E son ideais para compartilas.
Tempo de variedade
Podes adaptar a túa elección de sandías a cada momento:
A “estrela” de referencia aquí e en Europa é a sandía vermella de codia raiada, que podes atopar en formato estándar ou en tamaño mini.
A sandía Bouquet amarela sorprende pola súa cor e sabor. Sen esquecer a de pel verde escura-negra e polpa vermella.
A sandía mini é ideal para fogares de unha ou dúas persoas polo seu pequeno tamaño e peso.
Tempo de nutrirse ben
Con vitaminas C e A, a sandía Bouquet é sabor e saúde. Tamén é un poderoso antioxidante. E cun 90% de auga, é unha froita hidratante e refrescante: unha grande aliada para a túa actividade cotiá.
Tempo de creatividade
A gama está tamén dispoñible en cultivo ecolóxico baixo a marca
Cunha dozura equilibrada para o teu padal e unha textura crocante, encantaranche como sobremesa en racións e como protagonistas nunha morea de receitas apetitosas, variadas e suxestivas. At A un sand Merca a unha sandía hiños
Bio Bouquet. a familia non d de hiñd 5
i eixarrán á in í
A túa familia non deixará nin un cachiño de sandía Merca unha sandía Bouquet, ábrea e córtaa en cachiños pequenos. Gárdaos na neveira dentro dun recipiente tapado. Así, estará sempre lista para consumir.
Protéxete DO SOL!
PROTECCIÓN ALTA E MOI ALTA
Se a túa pel é clara, elixe protección FPS 50 +, e, se é sensible, busca protectores solares hipoalerxénicos e sen perfume.
VALE
Desconto nesta revista
O sol é fonte de saúde e enerxía e achéganos unha morea de beneficios físicos e mentais. Así e todo, cómpre realizar a exposición ao sol con todas as precaucións. Preserva a túa pel coa seguridade que che ofrecen os solares da nosa marca de venda exclusiva en EROSKI, belle&SUN, formulados para te protexeren dos raios UVB e UVA e coa mellor relación calidade-prezo.
Leite solar Sensitive En EROSKI podes atopar este leite solar en formato de 250 ml e nun tubo de 100 ml.
FORMATO VIAXE
Bruma
Especialmente indicada para quen prefire texturas lixeiras.
Sempre bos prezos S Sepos
PASOS PARA APLICAR BEN
O PROTECTOR SOLAR
Aplícao sobre a pel limpa e seca. Usa unha cantidade abonda: para o rostro, dúas liñas de crema ao longo dos dedos índice e medio, e para o corpo, uns 30 ml.
Aplícao 15-30 minutos antes da exposición ao sol. Repite a aplicación cada 2 horas, especialmente despois do baño. Non esquezas as zonas sensibles como orellas, pescozo, pés e mans.
prezos S Sempos
PROTECCIÓN FACIAL
Para peles claras ou sensibles ao sol Especialmente formuladas para a pel do rostro, con factores de protección moi altos. As súas fórmulas preveñen a aparición de engurras e manchas e son oil free.
PARA DESPOIS DO SOL...
Xel aftersun aloe vera efecto frío Intensifica a sensación de confort e frescor tras a exposición solar.
Loción aftersun hidratante e calmante
Emulsión fluída de textura lixeira. Contén alantoína, glicerina, pantenol, vitamina E e aloe vera concentrado.
PREPÁRATE PARA O VERÁN con esta rutina de beleza
EXFOLIACIÓN PARA UNHA PEL RENOVADA E LUMINOSA
REAFIRMA, ILUMINA E REVITALIZA
Desconto
Xel exfoliante corporal
Imprescindible para un bronceado uniforme e para preparar a pel antes doutros tratamentos cosméticos.
3
Partículas exfoliantes sen plásticos a base de po de casca de coco e de pedra pómez. Fórmula cun 96% de ingredientes de orixe natural enriquecida con glicerina vexetal, aloe vera e provitamina B5.
Loción multibeneficio
Formulada con concentrados que axudan a recuperar o aspecto dunha pel nova e radiante.
Inclúe:
EnergenTM, un potente activo revitalizante e tonificante.
Coláxeno hidrolizado e extracto de uva, que axudan a mellorar a elasticidade e firmeza da pel.
Extractos de mel e caviar, de acción hidratante e antioxidante.
NON ESQUEZAS OS PÉS
N
Agachados durante o inverno, chega o seu momento. Repara e mantén a pel dos teus pés para que luzan suaves e hidratados todo o verán.
Primeiro paso: crema reparadora
Reduce e prevén a aparición de durezas. Con urea, manteiga de karité, aloe vera e alantoína. Hidrata, repara e suaviza intensamente os pés moi secos e agretados, eliminando as zonas ásperas e devolvéndolle á pel a súa elasticidade e tersura.
Segundo paso: crema hidratante Nutre e suaviza intensamente. Con manteiga de karité e aceite de améndoas.
* Dermatoloxicamente testados.
Loción reafirmante
Contén:
ProteasylTM, que achega unha tripla acción: protexe a elastina, estimula a produción de coláxeno e preserva a hidratación para manter unha pel elástica e firme.
EnergisomeTM, que reafirma e protexe a pel.
Aceite de xoxoba, coñecido pola súa acción antiavellentamento.
VALE
nesta revista
50 ANOS PROTEXENDO A TÚA PEL
Nº1 EN PROTECCIÓN SOLAR*
Este ano, NIVEA SUN celebra 50 anos acompañándote baixo o sol. Dende 1975, cando incorporou o factor de protección solar, estivo presente nos teus veráns, coidando a túa pel e evolucionando contigo. Hoxe continúa a innovar con fórmulas sostibles e envases reciclables, comprometida co coidado do planeta e da túa pel, como o primeiro día.
Leite solar Protexe & Hidrata
SFP 50 +
Protección instantánea e 48 horas de hidratación. Enriquecido con ácido hialurónico e cunha fórmula mellorada de rápida absorción. Sen microplásticos nin filtros daniños para os océanos.
Spray solar Protexe & Coida
Nenos SFP 50 +
Protección solar 5 en 1 extra resistente á auga. Hidrata e coida a pel dos máis pequenos. Aprobado por pediatras.
Fluído Diario Invisible facial
SFP 50 +
Fluído ultralixeiro e invisible con protección UVA/UVB inmediata. Apto para todo tipo de peles.
2 en 1. Primeiro Serum UV Diario
SPF 50 +
Ideal como base de maquillaxe diaria pola súa textura lixeira e efecto alisador De rápida absorción e alta protección.
Xente
nova que quere
transformar o
futuro a través da alimentación. Queremos que sexan os verdadeiros ‘influencers’.
IZARO GARRO
Izaro coñece os segredos dun bo café. Con só 20 anos, loce o título de campioa internacional de Baristas das Escolas de Hostalería. E iso que “de cativa, non me gustaba o café”.
Por que saber preparar e servir un bo café transforma o futuro da alimentación?
O café é un ingrediente de uso cotián que vén de ben lonxe e é importante respectalo e coidalo.
Que fai unha barista?
Elaborar o café. Un bo barista ten que coñecer moi ben o seu produto e saber todas as técnicas.
Cantos mililitros de técnica e cantos de creatividade hai nunha cunca de café? Hai un pouco máis técnica ca de creatividade. Temos a materia prima, pero hai que saber xogar con ela… E o protagonista sempre ten que ser o café. O debuxo é un accesorio.
A RECEITA DUNHA CAMPIOA
Con café de Colombia (El Indio, caturra natural) Izaro elaborou este bombón de café: bótanse os ingredientes por esta orde: azucre de panela, zume de laranxa, un pouco de auga e cacao de Tanzania. A mestura remóvese uns minutos e déixase repousar. Arrédase do lume e sérvese combinado cunha escuma de froita da paixón, puré de mango, nata e leite fresco.
Está de moda o Late Art. O café entra polos ollos?
Entra, si. O café é un produto que temos que vender. E todo o que sexa chamar a atención, conta.
A que sabe un bo café?
O café arábica, o máis común, sabe un pouco a chocolate, caramelo, cun toque amargo, pero moi sutil. É un café moi equilibrado para o día a día.
Que beneficios ten o café?
O café contén teína, que nos dá moita enerxía, pero cómpre consumilo moderadamente.
Que debe ter un café para que estea de “toma pan e moca”?
O máis importante é a extracción, a limpeza da maquinaria e a moenda.
Algún tip para preparar un mellor café na casa?
O mellor consello é saber que café che gusta.
Descubre a entrevista completa aquí
en EROSKI
BURRATA DE BÚFALA EROSKI
Cremosa tentación italiana
Dende Puglia, unha das rexións máis auténticas de Italia, chega esta xoia gastronómica: a burrata EROSKI, elaborada con auténtico leite de búfala. Un queixo delicado con forma de bolsiña que, ao cortalo, deixa escapar o seu interior cremoso e sedoso. De sabor suave e manteigoso, é un auténtico pracer que brilla de seu cun chorriño de AOVE, pero tamén sobre unha pizza acabada de facer ou nunha ensalada con tomate e aguacate.
Fonte de proteínas e calcio
Fabricada en Italia
Un capricho irresistible
Unha opción rápida, sabedora e equilibrada
Sen glute
Sen lactosa
Con envase reciclado
FAJITAS DE POLO CON VERDURAS EROSKI
Abrir, saltear e listo!
Se che apetece unha comida rica, quente e sen complicacións, proba o polo con verduras especial para fajitas EROSKI. Con ingredientes de primeira calidade xa listos para saltear -peituga de polo (86%) e pementos asados- acompañados dun sobre de especias que podes axustar ao teu gusto. Só tes que abrir, cociñar en tixola ou airfryer e gozar así ou dentro dunha tortilla EROSKI.
Combínao coas nosas tortas de trigo e integrais
Primeiro deterxente deseñado para ciclos curtos, mesmo de 15 minutos
NOVOS DESODORIZANTES REXONA E DOVE
PROTECCIÓN para todo o corpo
Oos novos desodorizantes para todo o corpo de Rexona e Dove son pioneiros no mercado español. Rexona, coa súa tecnoloxía enfocada na eficacia e na protección duradeira durante 72 horas, está dispoñible en dous formatos diferentes -aerosol e crema- e dúas fragrancias distintas. Dove, en cambio, céntrase na protección contra o mal olor para todo o día xunto co coidado da pel, con tres formatos diferentes: o aerosol, a crema e o stick.
SKIP CICLOS CURTOS fala Skip para
p d
A nova innovación para o coidado do fogar
Un deterxente deseñado especialmente para programas de lavado de curta duración, mesmo de tan só 15 minutos. Da man de Usain Bolt -o home máis rápido do mundo-, Skip lanza este novo deterxente que permite aforrar tempo, auga e enerxía. A súa gama, eficaz contra as manchas invisibles e os malos olores, conta con tres variedades: Eficacia Express, Protección da Cor e Anti Olor, dispoñibles en envases de 37 lavados.
#MÁISRÁPIDOCANUNCA
# D m p g o E d
falan Rexona e Dove para
en EROSKI
NOVAS PIZZAS
Textura única con ingredientes seleccionados
Creada en Italia e inspirada na arte dos pizzaiolos contemporáneos, BUITONI Creazione está elaborada con masa de alta hidratación, para acadar unha textura aireada e tenra, asemade crocante, cuberta con ingredientes seleccionados, combinando sabores exquisitos. Elixe a túa receita preferida!: Caprese, con pesto á xenovesa; Salame, con ‘Nduja, embutido típico de Calabria, ou Figos con queixo de cabra, combinación perfecta de doce e salgado.
BAG IN BOX DE BEZOYA
O novo formato que ‘EN-CAIXA’ na
Cfala Bezoya para fala Buitoni para eira
Consigue aquí 2€ de desconto
túa neveira
oñece o novo Bag in Box de 3 litros de Bezoya que “encaixa” na túa neveira. É moi cómodo e doado de usar grazas á súa billa dispensadora e ás súas asas superiores, que permiten transportalo sen esforzo. Ademais, é un formato moi sostible, con menos plástico, e moi práctico, para ter na porta da túa neveira e usar na túa mesa.
Descubre os seus catro deseños exclusivos inspirados en xerras para decorar o teu frigorífico e alegrar a túa mesa. Colecciónaos todos!
BEZOYA, AUGA DE MINERALIZACIÓN MOI DÉBIL, PARA VIVIR MOI FORTE
Falamos de SOLIDARIEDADE?
Velaquí estamos de novo! Queremos construír contigo o noso Plan de Solidariedade para o 2026. Entra e par ticipa votando na elección das causas.
Escoitámoste
Con que causas che gustaría colaborar no 2026?
Abonda con encher unha enquisa curta na que poderás elixir as túas preferencias solidarias. Éche ben doado! Con todas as achegas recibidas construiremos o programa de colaboración de EROSKI do vindeiro ano.
Se es unha ONG
Preséntasnos o teu proxecto?
Tamén as ONG e asociacións podedes presentar os vosos proxectos solidarios ou de medio ambiente e ser candidatas para recibirdes as achegas. Presenta a túa candidatura a través do QR adxunto.
PRAZOS. O prazo de participación remata o 2 de xullo, tanto para as ONG como para os clientes. As ONG poden presentar a súa candidatura dende o 15 de maio. Se tes calquera dúbida, pódesnos escribir a sostenibilidad@eroski.es ou entrar en: www.eroski.es/bases-solidaridad/ e en www.eroski.es/solidaridad-faq/
ESTE MES
PROTECCIÓN DO MEDIO
NATURAL E DOS ANIMAIS
Plan solidarriedade 20 2 26 6
Plan Solidararidad 2 d 026
Cliente? Vota as túas causas! ¿Cliente? ¡Vota tus causas!
ONG? Presenta o teu proxecto! ¿ONG? ¡Presenta tu proyecto!
Colabora para axudar a coidar o noso planeta e todas as formas de vida que o habitan. Este mes, os teus céntimos irán destinados á Asociación Amicos en Galicia, cun proxecto de redución de residuos mariños no que tomarán parte persoas con minusvalidez intelectual. Se es das Illas Baleares, os teus céntimos irán á asociación
Menorca Preservation para apoiar o sector primario e promover o consumo de produto local sostible. Nas outras comunidades colaborarás coa Fundación Ecomar para a limpeza de costas, e con WWF no proxecto “Bosques e humedais”. Todas estas organizacións necesitan doazóns para reforzaren as súas iniciativas e así contribuír á preservación do medio natural.
En xuño, máis de 900.000 AGASALLOS directos...
nosas tenndas poderás
Só por seres de EROSKI club e mercar nas nosas tendas, poderás gañar un dos nosos miles de vales con produtos gratis EROSKI -ensaladas, zumes, conservas... - para gozares do verán ou agasallos do catálogo Travel Club.
AGASALLOS DIRECTOS
Como participar?
1. Participa facendo unha compra na túa tenda EROSKI e descubre o teu premio.
2. Ademais, por cada compra de 30€, consigue unha participación automática no gran sorteo.
3. E xoga na app para levares máis agasallos.
Viaxe a Punta Cana
Viaxe a Punta Cana para catro persoas (2 adultos e 2 nenos), de 9 días, valorada en 6.000 €. Aloxamento nun hotel de 4 estrelas en réxime todo incluído, con traslados aeroporto/hotel incluídos. O premio é un bono regalo, de xeito que o poderás trocar por esta viaxe ou poderás deseñar o itinerario que prefiras, valorado en 6.000 €*.
Como conseguir os agasallos?
Oúnico requisito para optares aos premios é seres de EROSKI club e realizares unha compra na túa tenda máis próxima.
Se o teu cupón é un dos afortunados cun premio directo:
Tócache un vale gratis de produto EROSKI: só tes que pasalo por caixa na túa próxima compra xunto coa túa tarxeta EROSKI club.
Tócache un código de regalo gratis do Catálogo Travel Club: introduce o código na web de Travel Club ou chama ao teléfono 913 874 387 e lévao gratis.
*Suxeito ás condicións de reserva de VIAXES W2M. Máis información en eros.ki/verano-club/
E ademais, un gran SORTEO
premios de 100 50
Se resultas gañador, ingresarémosche 50 € na túa tarxeta EROSKI club.
Así participas no sorteo
Nas nosas tendas conseguirás unha participación de xeito automático por cada tícket de compra igual ou superior a 30 €. Así de doado! Se superas os 60 € obterás dúas participacións, e así en adiante. Acumula participacións todas as semanas e aumenta as túas opcións para gañares un premio!
Na app EROSKI: consigue máis participacións e agasallos. eros.kki/ververano-club/
viaxes
COLOMBIA Sabor e encanto colonial
Colombia, máis ca un destino, é unha experiencia sensorial. É o arrecendo ao café que se acaba de torrar nas montañas andinas; é o ritmo da salsa nas noites caleñas; é a brisa do Caribe rozando as murallas de Cartaxena de Indias, e é o sorriso cálido dunha xente que recibe o viaxeiro coma a un vello amigo. Viaxar por Colombia é atopar un país diverso, vibrante e auténtico, onde cada rexión ten unha historia que contar e unha paisaxe que namora. Anímate a percorrer as tres xoias que amosan o celme colombiano con Viaxes azulmarino e consegue un 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club para vindeiras compras.
A vida é baile
Coñecida coma a “Sucursal do Ceo”, Cali é a capital do Val do Cauca e epicentro da cultura salseira. Aquí, a música escóitase, vívese, báilase e respírase. A noite caleña vibra en barrios como Juanchito ou Granada, nos que locais e visitantes se unen ao son das congas, os timbais e o corazón.
Pero Cali tamén namora coa súa mestura de modernidade e tradición. Non podes marchar sen
visitares o barrio de Santo Antonio coas súas casiñas coloniais e cafés artísticos, nin sen subires a miradoiros como o das Tres Cruces ou o de Cristo Rey, dende onde gozarás das mellores vistas da urbe. Como tampouco podes deixar a cidade sen probares os deliciosos sabores caleños de pratos como o aborrajado, o chontaduro con mel, a lulada fría ou un bo sancocho de galiña en pota de leña.
Encanto colonial
Ao norte, Cartaxena de Indias conserva o seu esplendor colonial que resiste o paso do tempo. Camiñar pola cidade amurallada é como entrar nunha novela de Gabriel García Márquez. Prazas como a de Santo Domingo ou a de Bolívar están cheas de vida, músicos, vendedores e turistas admirando a arquitectura. Dende o Castelo de San Felipe poderás obter unha vista maxestosa do mar Caribe, que che deixará coa boca aberta.
Ademais, as súas praias -como Bocagrande, Castillogrande ou as paradisíacas Illas do Rosario- ofrecen descanso, deportes acuáticos e paisaxes de postal. É o lugar perfecto para gozares de seráns inesquecibles cun mojito na man.
A alma verde de Colombia
Entre as cordilleiras central e occidental dos Andes, a zona cafeteira é o corazón verde de Colombia e tamén o fogar do seu famoso café, recoñecido
pola súa suavidade e sabor. Este paraíso montañoso -composto polos departamentos de Caldas, Quindío e Risaralda- combina paisaxes de ensoño, pobos de arquitectura colorida e unha cultura cafeteira, declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco. E, se falamos de experiencias, non perdas os baños termais en Santa Rosa de Cabal, as augas cristalinas de San Vicente ou os parques temáticos, como o Parque do Café e Panaca, ideais para aprender sobre a vida rural.
Mil mundos nun só
O mellor de todo é que Colombia ten aínda moitas xoias por descubrir: vilas coloniais agachadas, selvas exuberantes, ríos multicolores e cidades modernas con enerxía e creatividade. Ven, descubre, sinte e vive Colombia da man da túa axencia de viaxes azulmarino!
5 % Reembolso a
á túa tarxeta EROSKI club
Reserva na túa axencia de viaxes azulmarino e leva un 5% de reembolso na túa tarxeta EROSKI club para reservas realizadas do 1 ao 30 de xuño do 2025, no destino seleccionado.
En azulmarino reserva de xeito seguro e flexible
FACEMOS EROSKI
Conta con 376 participantes
O “PROGRAMA DE ACOMPAÑAMENTO A PROVEDORES LOCAIS”, UN ÉXITO
EROSKI conta xa con 376 participantes no seu “Programa de Acompañamento a Provedores Locais”, unha iniciativa ao servizo dos pequenos produtores agroalimentarios que se lanzou no País Vasco en marzo do 2022 e continuou a súa extensión progresiva a outras rexións como Galicia, no 2023, e Navarra e Aragón, no 2024.
O obxectivo deste proxecto é fortalecer o coñecemento e compromiso de EROSKI cos provedores locais e o seu contorno, proporcionarlles formación e apoio para a súa mellora continua cara
a sistemas de produción máis sostibles, e mais acompañalos e guialos de cara a lograr unha maior calidade dos produtos e mellorar a transparencia na cadea de valor.
“Dende EROSKI apostamos por unha colaboración estreita cos nosos provedores locais e convidámolos a participaren neste programa para traballarmos xuntos cara a unha maior sustentabilidade dos produtos que comercializamos, unha inquedanza compartida polas persoas consumidoras actualmente. A distribución é unha peza clave na tracción e no apoio ao sector agroalimentario e, tanto o impulso ás producións locais como a sustentabilidade, son eixes estratéxicos para nós”, explicou a directora Comercial de Produtos Locais de EROSKI, Asun Bastida.
Do total de participantes do “Programa de Acompañamento a Provedores Locais”, 101 proceden do País Vasco, 179 son de Galicia, 47 de Navarra e 49 de Aragón.
EROSKI RECIBE OS PREMIOS AO MELLOR FRANQUIADOR E AO FRANQUIADO DO ANO
EROSKI recibiu o Premio ao Mellor Franquiador do ano e Pablo Higuero, franquiado de EROSKI, o Premio ao Mellor Franquiado do ano na categoría de alimentación.
Estes galardóns, que outorga a Asociación Española de Franquiadores (AEF), “supoñen un recoñecemento ao traballo de cada día” para conseguir a satisfacción dos nosos franquiados”, comentou o director de Franquías de EROSKI, Alberto Cañas.
Para Pablo Higuero, franquiado de EROSKI que conta con catro tendas, “a relación profesional e a cooperación con EROSKI é excelente, teñen uns valores que comparto e que nos permiten relacións duradeiras e de confianza coa cooperativa”.
EROSKI gañou estes premios por sexta vez: en catro ocasións como Mellor Franquiador e a segunda como Mellor Franquiado.
‘CAPITÁN MAREAS’ PROMOVE O CONSUMO DOS PRODUTOS DO MAR ENTRE O
PÚBLICO INFANTIL
Durante o mes de maio, a iniciativa Capitán Mareas levou a escolares galegos e asturianos a visitaren a súa lonxa máis próxima para coñeceren o traballo no mar, as artes de pesca da zona e
os produtos de tempada, e mais para viviren en primeira persoa como funciona unha poxa.
Este proxecto de Vegalsa-EROSKI “busca non só promover unha alimentación
variada, senón concienciar sobre os beneficios do consumo dos produtos do mar”, explica Gabriela González, directora de Sustentabilidade e Comunicación de Vegalsa-EROSKI.