7 minute read

É momento dunha boa grellada

Next Article
Viños

Viños

Preparar unha grellada pode resultar moi doado de seguirmos uns sinxelos consellos e elixirmos opcións para todos os gustos e idades. Podemos gozar dunhas boas hamburguesas e, se queremos que sexa máis lixeira, combinar carne de polo ou pavo ou gozar dos nosos espetos de carne con verduras.

HAMBURGUESAS, UN CLÁSICO Se prefi res unha carne de maior grosor, a túa elección é a hamburguesa EROSKI de vacún e, de serdes moitos comensais, coas hamburguesas EROSKI basic de vacún e vacún e porco terás seis unidades ao mellor prezo.

ALTERNATIVAS MÁIS LIXEIRAS En EROSKI dispoñemos dunha ampla gama de hamburguesas de pavo e de polo con receitas diferentes como espinacas, queixo, cenoria, allo e perexil, etc.

ESPETOS E PINCHOS PARA ENGADIR VARIEDADE Se queres que as túas grelladas teñan unha cor e sabor especial, tamén podes contar coa ampla variedade de pinchos e espetos que temos preparados e listos para consumir.

Os pequenos tamén poden gozar dunha boa grellada, elixindo para eles carnes máis magras, como o polo ou o pavo. Se optas polos espetos, a comida será máis fácil e divertida. Ademais, inclúen hortalizas.

Receitas que nunca fallan

2,70 €

POR RACIÓN

Hamburguesa ao forno con queixo, guacamole e eiruga

Para a hamburguesa • 500 g de carne de tenreira picada • 1 ovo • Media culleriña de comiño en po • Media culleriña de pemento da Vera (doce ou picante, ao gusto) • Pementa negra • Sal Para acompañar • 4 lascas de queixo cheddar • 4 boliños burger de cristal • 4 culleriñas de guacamole • 80 g de cogomelos en conserva • 1 cebola morada • 20 g de eiruga

ELABORACIÓN. Prequentar o forno a 180 ºC.

Mesturar a carne co ovo, o sal e as especias nunha cunca. Amasar ben coas mans ata formar unha bóla e deixar repousar uns minutos. Repartir en porcións duns 125 gramos cada unha.

Cubrir unha bandexa ou molde para forno con papel aluminio e untar con aceite.

Colocar as hamburguesa e enfornar a 180 °C uns 15 minutos. Viralas á metade do tempo para que se cociñen de maneira regular. Engadir unha lasca de queixo por riba e deixar cociñar un minuto máis.

Torrar levemente o pan da hamburguesa. Untar a rebanda inferior cunha culleriña de guacamole, engadir a cebola cortada en dadiños, a hamburguesa con queixo, os cogomelos e, por riba, a eiruga. Para rematar, colocar a outra tapa do pan e servir.

COMENTARIO DIETÉTICO Podemos incluír de vez en canto unha hamburguesa no noso menú coidando os ingredientes. Admite multitude de variacións e é unha preparación que adoita gustarlles aos máis pequenos, que, ademais, poden participar na súa preparación. Propiedades nutricionais. Neste caso, elabórase a partir de carne picada de tenreira, que adoita compoñerse de partes semigraxas, de aí o contido en graxa saturada. O resto da graxa procede do guacamole e mais do queixo. O primeiro achega graxa cardiosaudable e o segundo, aínda que contén graxa saturada, é láctea e non ten os efectos doutras saturadas. Truco. Escolle un corte de carne de tenreira magro e pide que cho piquen, así aseguras unha carne menos graxa. Utiliza pan integral e elixe ingredientes saudables para montar a hamburguesa. Isto converteraa nunha preparación con mellor calidade nutricional.

Racións: 4

Difi cultade Elaboración 30’

NUTRI-SCORE

A B C C D E

UNHA RACIÓN CONTÉN:

ENERXÍA 620

GRAXA 40,10G

GRAXAS SATURADAS 15,85G

AZUCRES 6,26G

SAL 1,60G

31% 57% 79% 7% 27%

XUÑO, MES MUNDIAL DO AGUACATE A froita da vida

Co comezo do verán e a suba das temperaturas, o aguacate convértese nunha opción perfecta na cociña. Para lle dar a benvida ao mes do aguacate, a Organización Mundial do Aguacate convídate a celebralo con receitas sorprendentes e orixinais do seu libro de cociña.

Coa súa textura cremosa e sabor amendoado, o aguacate daralles o toque perfecto aos teus pratos de verán. Próbao en sándwichs, torradas ou como protagonista de exquisitas e saudables receitas de vangarda.

INNOVA NA COCIÑA CO PRIMEIRO LIBRO ELECTRÓNICO DEDICADO AO AGUACATE

Ten 13,8 g de graxas monoinsaturadas, coma as do aceite de oliva

É rico en potasio e magnesio

100 g achegan o 26% da vitamina E e o 22% da vitamina C diaria

Unha das bondades do aguacate é que contén 20 vitaminas e minerais, proteína e ata graxas saudables. Estas son monoinsaturadas -boas para o teu corpo e corazón, como o aceite de oliva-, polo que actúan de maneira benefi ciosa sobre os niveis de colesterol e diminúen o risco de sufrir problemas cardiovasculares. Por esta razón, o aguacate tamén se coñece como ‘a froita do corazón’.

Ademais, é unha das froitas máis ricas en fi bra. Diversos estudos demostran que o consumo deste tipo de alimentos pode diminuír un 40% as nosas cifras de colesterol e unha inxestión abonda (arredor de 25 gramos diarios) asociouse a un menor risco de mortalidade.

Por iso, gocemos do delicioso aguacate sen medo a gañarmos peso, xa que non existe ningún indicio de que o seu consumo nos faga engordar. Se acaso, todo o contrario, xa que se observou unha maior saciedade, a igual dieta, entre aqueles que o toman. A isto, podemos sumar a acción antioxidante das vitaminas E e C, das que o aguacate é fonte, e os benefi cios que exerce sobre o noso sistema inmune a presenza de vitamina B6.

Rolo de queixo cremoso con chile acaramelado e aguacate

• Unha terrina de queixo cremoso a temperatura ambiente • 100 g de azucre • Media cunca de auga • 2 culleradas de vinagre balsámico • 2 chiles partidos á xuliana • Un aguacate partido en láminas • 2 culleradas de ceboliño • Sal • Pementa

ELABORACIÓN. Nunha cunca mesturar o queixo cremoso e o ceboliño. Sazonar con sal e pementa e reservar. Quentar o azucre con media cunca de auga nunha tixola. Así que comece a formarse o caramelo, engadir o chile e seguir cociñando cinco minutos máis. Deseguido, botar o vinagre balsámico e cociñar ata que o chile estea acaramelado. Deixar arrefriar.

Poñer papel fi lme sobre unha superfi cie lisa, estender por riba o queixo formando un rectángulo, que será máis pequeno ca a área do papel. No centro do queixo colocar o chile acaramelado e as láminas de aguacate. Formar un rolo, facer un nó en cada extremo do fi lme e deixar arrefriar na neveira durante tres horas.

Retirar o papel fi lme e servir o rolo de queixo e aguacate acompañado de galletas salgadas ou boliños.

Racións: 8

Difi cultade Elaboración

40’

This article is from: