12 minute read

A viaxe da anchoa

A VIAXE DA ANCHOA Do mar á peixería

Que acontece dende que se captura un peixe ata que chega ao supermercado? Canto custa levalo á tenda e quen participa no proceso? Por que é importante que chegue en menos de 24 horas?

Contámosche o percorrido que fai a anchoa dende o mar ata a tenda. Tras a súa captura, descárgase no porto, mércase na lonxa, clasifícase, envíase á plataforma e chega ás nosas peixerías.

Un exercicio de transparencia ligado á nosa vocación social como cooperativa de consumo e ao noso compromiso de te informar para que, como consumidor, poidas decidir a mellor opción de compra.

A través destas liñas amosámosche a viaxe que fai a anchoa EROSKI Natur dende que se pesca no Cantábrico ata que chega á túa mesa e como contribúe ao desenvolvemento económico e social dos implicados. Un proceso no que o tempo é clave.

1

A PESCA

Na primavera e no verán, cando o sol quenta a superfi cie do mar, as anchoas ascenden ás capas superiores para se alimentaren e reproduciren. Daquela xa adquiriron maior cantidade de graxa e a súa carne é máis aromática e saborosa, polo que é a mellor época para as pescar. Comeza entón a campaña da anchoa no Cantábrico que, polo xeral, se estende de marzo a xuño. Este ano comezou en marzo, aínda que estivo suspendida durante un mes pola excepcional situación xerada pola COVID-19.

Outra característica da pesca da anchoa é que, para protexer a especie, se establecen límites de pesca ou cotas. Os permisos para a súa captura comezan en marzo e esténdense ata que remata a cota asignada, polo que, se a frota alcanzou o tope antes do mes de xuño, non é posible pescar máis.

Durante a campaña, os barcos saen faenar ata a alborada buscando bancos de anchoa. Cando atopan un, lanzan as redes.

A anchoa EROSKI Natur péscase só con embarcacións certifi cadas co selo MSC (Marine Stewardship Council), que traballan con redes de cerco, un método selectivo e respectuoso co medio mariño, xa que non se capturan outras especies e o dano ao ecosistema é mínimo. Os requisitos de MSC contrólanse mediante auditorías externas, que só dan o visto bo se se garante que o proceso se leva a cabo de xeito minucioso, metódico e contrastable.

2

A CHEGADA AO PORTO

Así que remata a faena, os barcos regresan á terra para venderen as súas capturas nos diferentes portos. Descárgase o peixe e comeza a poxa. Neste momento, os nosos compradores analizan a cantidade e o tamaño A POXA As poxas realízanse dende que chegan os barcos coa captura. Un vez na lonxa, dependendo do fi n ao que estea destinada a anchoa, os compradores fíxanse nunhas características ou noutras. Se é para a vender en peixería, a tersura e frescura do peixe aproximado da anchoa e deciden que e canta mercar. Para fomentar a actividade económica de proximidade, en EROSKI priorizamos a compra de anchoas que chegan a portos locais a través de

3

subministradores da zona.

priman sobre o tamaño, pero se se vai destinar á conserva, o tamaño é o elemento principal que hai que ter en conta. Velaquí a razón pola que a anchoa para conserva se merca en abril e maio, cando é máis grande e carnosa. TAMAÑOS MÍNIMOS Durante a poxa e compra da anchoa, os inspectores dos portos controlan o tamaño das pezas. O peixe capturado non pode estar por baixo do mínimo permitido que, no caso da anchoa, se traduce en arredor de 60 pezas por quilo.

O tamaño mínimo é un requisito fundamental para asegurar a supervivencia da especie. Dependendo da orixe, varía este tamaño: a máis pequena procede de Italia e a máis grande, do Cantábrico. No caso da anchoa EROSKI Natur esiximos un tamaño mínimo aínda maior.

EROSKI Natur: 14 cm*

Cantábrico: 12 cm*

Mediterráneo: 10 cm*

Italia: 9 cm*

*Tamaños mínimos

0 1 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 5

4

PREPARACIÓN PARA O TRANSPORTE

Unha vez adquirida, a anchoa embálase en caixas con auga e xeo e transpórtase en camións refrixerados cunha temperatura controlada que non supera os dous graos. Deste xeito garántese que o peixe non perda a súa frescura.

5CHEGADA Á NOSA PLATAFORMA

O seguinte paso é a chegada das caixas de anchoas ás nosas plataformas de frescos, que son as instalacións que reciben os produtos frescos, como o peixe, e dende as que se distribúen a todos os nosos supermercados.

Os peixes e mariscos mercados nas poxas dos portos de toda a xeografía téñense que preparar e axustar a diario aos pedidos e necesidades de cada peixería.

Xa que logo, o envío para un supermercado pode conter anchoas, pescada ou bonito procedente de portos do Cantábrico, salmón de Noruega, bois de mar de Escocia, mexillón de Galicia, dourada de Murcia, etc.

Esta operación repítese acotío e varía segundo as capturas que chegan aos portos e as necesidades de cada tenda.

6

DA PLATAFORMA Á TENDA

No transporte prima a frescura. Por iso, a viaxe dende a plataforma ás tendas realízase pola noite, para que o produto chegue antes da apertura da tenda. Outro requisito para manter a frescura é conservar a cadea de frío, polo que o traslado se realiza en camións refrixerados, garantindo a temperatura con termógrafos controlados por GPS. Todo iso encarece a loxística.

7

NA PEIXERÍA

Menos de 24 horas despois de pescalas, as anchoas xa están listas para as mercares na túa tenda EROSKI. Esta rapidez permite que cheguen tan frescas á túa mesa, mantendo todo o seu sabor e textura.

Amais da frescura e orixe garantida, nas nosas peixerías tamén limpamos o peixe e

aconsellámoste sobre o mellor xeito de preparalo. E facemos encargos, de xeito que poderás estar seguro de que terás o produto axiña e comodamente. Se tes calquera dúbida, os nosos profesionais explicaranche todo o que queiras saber sobre as anchoas, a súa orixe ou o signifi cado dos seus selos e certifi cacións, aconsellarante sobre a súa conservación ou poderanche suxerir unha receita orixinal.

Ao igual ca o resto de especialistas de EROSKI, os profesionais desta sección aprenden da man dun selecto grupo de expertos cunha longa experiencia en aspectos como o produto, os seus usos, técnicas de preparación, seguridade alimentaria, calidade e servizos de tenda.

Este ano, gañamos o Premio Europeo de Medio Ambiente polo noso traballo na xestión e distribución de peixe procedente de caladoiros e acuicultura sostibles. No 2019, mercamos 3.144 toneladas de peixe con certifi cación de sustentabilidade.

Así se reparte o prezo de 1 kg de anchoa EROSKI Natur

IVA 0,52€

EROSKI tenda 1,34€ Recepción e preparación do mostrador, minguas de produto, gasto en frío (cámaras refrixeradas e produción de xeo) e asistencia á venda (limpeza do produto, materiais para envases e envoltorios).

EROSKI distribución 0,77€ Maquinaria, instalacións, control de calidade, confección de pedidos de tenda, loxística da orixe ás plataformas e tendas e persoal.

Almacenista 0,63€ Caixas, xeo, persoal para a compra e preparación para o envío.

Mariñeiro e confraría 1,93€ Mantemento do barco, soldo, redes e material de pesca.

PVP por quilo 5,19€

Procedente dunha pesqueira sostible certifi cada MSC. www.msc.org/es MSC-C-55670

José Antonio Bereciartua, almacenista de Peixes Bereciartua “Mercar peixe en portos locais supón un pulo ao tecido produtivo das vilas mariñeiras”

O noso compromiso por un peixe de calidade e responsable co contorno pasa por traballar con provedores como Peixes Bereciartua. A pequena empresa familiar de José Antonio Bereciartua leva máis de 25 anos colaborando con EROSKI para que cheguen ás nosas tendas os mellores peixes que se descargan acotío nos portos.

Que é o que máis valorades á hora de traballar connosco? A compenetración que temos. Traballamos coma se estivésemos integrados en EROSKI. Isto, a nós como provedores, proporciónanos competitividade e a capacidade de medrar na calidade e mais na variedade dos peixes que traballamos e que ao final o cliente atopa na peixería.

EROSKI aposta polo produto local tamén na pesca. Que supón isto para vós? Permítenos mercar os produtos en persoa nas distintas lonxas dos nosos portos. Esa proximidade, e o coñecemento exhaustivo do xénero, favorece a selección de produtos de gran calidade. Ademais, ao traballarmos en portos locais, redúcese o número de intermediarios que interveñen na a compra.

En que lle repercute ao consumidor o feito de que a frota sexa local e a anchoa se pesque no Cantábrico? A maior vantaxe do produto local é a proximidade, que repercute directamente na calidade. Permite que, así que remata a poxa no porto, o peixe estea nas tendas en 24 horas. Outro dato que cómpre salientar é que a frota ten o certificado MSC e cumpre co compromiso de pesca sostible, o que garante a súa captura en anos posteriores.

E que supón para os mariñeiros e confrarías? Para as confrarías é dunha importancia vital o apoio de distribuidores coma EROSKI, xa que a compra de peixe en portos locais supón un pulo ao tecido produtivo das vilas mariñeiras.

EROSKI Natur ofrece un produto de calidade, pero con maiores esixencias. Que supón isto no caso da anchoa? A nivel de calidade, supón unha superación e proporciona seguridade de traballo. As esixencias en sustentabilidade e trazabilidade de EROSKI Natur e MSC fixéronnos actualizar e modernizar as nosas instalacións.

Xavier Irigoien, director científi co do centro tecnolóxico AZTI “Os compromisos de EROSKI axudan a preservar a pesca e permítenlle ao consumidor elixir de xeito informado”

AZTI é un centro tecnolóxico que busca solucións para lles dar resposta aos grandes desafíos da cadea de valor da alimentación e do mar. Xabier Irigoien, o seu director científico, explícanos a importancia que ten unha pesca sostible para o coidado dos ecosistemas mariños e para o mantemento de especies coma a anchoa.

Tras anos en risco, como se deu recuperado a anchoa? É unha historia de colaboración entre o sector pesqueiro, que é consciente da necesidade de ter unha actividade sostible e aposta polo longo prazo no canto de buscar o beneficio inmediato; a Administración, que apoia o sector e traslada as súas demandas a Madrid e a Bruxelas, e o sector científico, que acumulou un coñecemento abondo para xerar unhas regras de captura que aseguren a sustentabilidade da actividade.

Cales son esas regras? A abundancia da anchoa depende, sobre todo, das cantidades que anualmente entran na pesqueira e isto pode variar moito de ano en ano. Hoxe en día, están establecidas unhas regras de explotación. Unha vez estimada a biomasa (cantidade total de materia viva presente nunha comunidade ou ecosistema) todo o mundo sabe canto se pode pescar. As regras son relativamente simples: por baixo de 24.000 toneladas de biomasa non se pesca e entre 24.000 e 88.000 péscase arredor dun 34% da biomasa, con 33.000 toneladas como captura máxima.

A anchoa EROSKI Natur péscase con artes de cerco. É importante a arte de pesca utilizada? Si, porque o cerco é unha arte moi selectiva, con moi poucas capturas accesorias. É dicir, que cando se está a pescar anchoa non se capturan outras especies asemade. Mesmo nos casos nos que a especie que entra na rede non é anchoa, o cerco permite liberar os peixes vivos. Isto fai que sexa unha arte moi selectiva, cun dano mínimo ao ecosistema.

Cal é o valor da etiqueta azul MSC ou de marcas como EROSKI Natur? Estas certifican que o peixe que se merca se xestiona dun xeito sostible. É importante que sexamos conscientes de que unha mesma especie capturada en diferentes lugares pode estar ser pescada e xestionada de diferentes maneiras. A certificación asegúralle ao consumidor que ese peixe en concreto o capturou unha frota baixo unhas regras de xestión que se respectan e que aseguran unha pesca sostible.

Traballar con mariñeiros locais é tamén unha aposta pola sustentabilidade? Abofé que si. A pesca, ao igual ca os outros sectores da nosa sociedade, está sometida a unha competencia con produtos de diferentes orixes, capturados baixo condicións moi distintas. Á parte da frescura e da calidade, unha cadea curta, cunha relación moi próxima entre o mariñeiro, o comercializador e o consumidor, facilita que as informacións sobre as condicións da captura se transmitan dun xeito fidedigno.

A distribución xoga un papel importante na sustentabilidade e futuro do sector. Os nosos compromisos en materia de pesca sostible axudan a preservalo? Por suposto. Adóitase dicir que o consumidor ten o poder final, pero este só pode exercer ese poder de elección se está informado, e esa información a miúdo non a ten. Por iso, son importantes os compromisos tomados por EROSKI que axudan a preservar a pesca pero, sobre todo, permítenlle ao consumidor elixir sempre dun xeito informado.

‘Pintxos’ de anchoa e piquillo

24 anchoas 6 pementos do piquillo 12 rebandas de pan integral 2 ovos 1 ollo de Tudela 2 culleradas de alioli Fariña Aceite de oliva virxe extra Sal

ELABORACIÓN. Limpar as anchoas, abrilas e quitarlles a espiña.

Cortar os piquillos pola metade.

Colocar unha lámina de piquillo entre dúas anchoas e salgar ao gusto.

Quentar o aceite a lume medio-alto, pasar as anchoas xa recheas por fariña e ovo batido e fritir.

Enfornar as rebandas de pan durante dez minutos a 180 ºC.

Antes de servir, untar as rebandas de pan co alioli, colocar unha folliña do ollo de Tudela e, sobre ela, a anchoa rechea.

COMENTARIO DIETÉTICO Unha receita moi completa, que se pode usar como entrante ou prato principal completando o menú cunha porción de hortaliza (ensalada, gaspacho, etc.) e froita. Unha opción orixinal para consumir este peixe azul e aproveitar ao máximo a súa tempada. Ao rebozar as anchoas e incluír o pemento, acádase unha preparación moi substanciosa e saborosa.

Propiedades nutricionais. Esta receita destaca pola súa achega de graxa que, entre a anchoa, o aceite do rebozado e o alioli, suma unha cantidade moderada. A maioría son graxas saudables: ácido oleico do aceite de oliva e omega 3 procedente do peixe azul.

Truco. Coloca un papel de cociña no prato para que enchoupe o aceite do rebozado.

Sabías que? As anchoas poden ser unha boa fonte de calcio, grazas a que algunhas das súas espiñas máis fi nas adoitan ser comestibles. Receitas que nunca fallan

Racións: 4

Difi cultade Elaboración

25’

NUTRI-SCORE

AA B C D E

KCAL 444

UNHA RACIÓN CONTÉN:

GRAXA 25,43G

GRAXAS SATURADAS 4,62G

AZUCRES 3,41G

SAL 2,03G

22% 36% 23% 4% 34%

da Inxestión de Referencia (IR) para un adulto

1,52 € POR PORCIÓN

This article is from: