Issuu on Google+


3

sumario

editorial

Ángeles de la Iglesia presidenta de FEDACEPE

¿Unha nova etapa na política galega? Independentemente do que pase o 1 de marzo, as cousas non teñen volta atrás. Como empresarias temos forza, mais tamén a experiencia que nos permite reflexionar sobre as persoas e as liñas políticas que rexerán o noso futuro inmediato. Esta lexislatura que remata foi de moito traballo e bo entendemento, especialmente coas mulleres que xa empezan a ter un lugar propio na nosa actividade política. Con todo, hai que seguir avanzando na igualdade, pero desde o coñecemento interno da situación. É dicir, menos teorizar e máis posta en valor do aprendido. As empresarias non queremos paternalismos mal entendidos, a linguaxe da igualdade ten que ser tan competitiva como a empresa e as súas realidades. Por iso, desde esta revista, o agradecemento ao ben feito, co desexo de que o futuro sexa cada vez máis real e beneficioso para tod@s.

Consello editorial Dª Ángeles de la Iglesia Daviña.

Dª Isabel Pacheco Lizcano. Dª Ana Armada Aneiros. Dª Marina Balsa Rubiños. Dª Isabel Vázquez Mallo. Dª Sara de la Fuente Pose. Dª Isabel Iglesias Oviedo. Dª Belén Vázquez Zas. Edita Fedacepe. C/Avda. Alcalde Pérez Ardá, n. 53-baixo dta.15009-A Coruña. Tel: 981 297870. Tel/fax: 981 297863. e-mail: angeles.delaiglesia@fedacepe.org / www.fedacepe.org Deseño, maquetación e publicidade Atelier Gráfica Visual, S.L. Marqués de Figueroa, 4 bajo. 15007 A Coruña. Tel. 881 896 542. mar@ateliergrafic.com / www.ateliergrafic.com Depósito legal C 1786-2008

4

en portada Pilar Cancela

8

directora xeral de Relacións Laborais

entrevista

6

entrevista Isabel Iglesias

9

presidenta de FEGA

entrevista

Helena Veiguela

Carme Adán

directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información

entrevista

entrevista

10

secretaria xeral de Igualdade

Ana Luísa Bouza

directora xeral do Servicio Galego de Igualdade

14

reportaxe Formación e promoción de emprego

11

Teresa Táboas

18

conselleira de Vivenda e Solo

actividade Novos proxectos


4

“A igualdade de oportunidades farase efectiva a curto prazo” darlle prioridade ao traballo da muller no agro, mediante o impul-

Entendemos que os difíciles momentos económicos non deben

Traballo tamén convoca este ano axudas para o fomento do coope-

dores e da sociedade. Ademais, para fomentar a prevención de ris-

so de cooperativas de servizos locais, polo que a Consellería de rativismo e para promover mediante incentivos a afiliación á SeguFotografía: Antón Álvarez

ridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias, especialmente das mulleres.

tar a actual crise?

Considera que a importancia das empresarias na economía gale-

ga é visible para á sociedade?

tátase que segue existindo unha importante demanda no ámbito

todo o que se refire aos servizos sociais, como é o caso de asisten-

Desde hai varios anos vimos traballando desde a Consellería de

tes a domicilio, coidadores, etc., xunto a ocupacións técnicas, como

a carpintaría. Trataríase polo tanto de mercados onde a muller ten unha gran experiencia.

axentes económicos activos. Segundo a conta satélite da produción

Sen dúbida a Lei do Traballo en Igualdade, os seus decretos de

salariais ás empresas que vexan diminuído o seu volume de actividade por mor da crise, e están dirixidas a sectores estratéxicos da

economía galega, como a automoción, a construción, a alimentación, o téxtil e a madeira, coa posibilidade de abrirse a outras

doméstica de Galicia, as mulleres supoñen o 74% do valor engadi-

do bruto da economía doméstica: as mulleres aportan case 11.200 millóns de €, cunha parte do seu traballo invisible.

empresas con dificultades, sempre que estas compañías non pre-

Unha das principais apostas radica en potenciar a implantación de

se as medidas baseadas no factor xénero, como o Decreto aproba-

res galegas?

senten expedientes de extinción definitiva de emprego. A isto únen-

do o 21 de xaneiro polo Consello da Xunta, que crea a “marca de

excelencia en igualdade” e que permitirá conceder axudas de

carácter anual ás empresas que queiran implantar políticas de igualdade.

homes e mulleres?

desenvolvemento, as medidas acordadas no ámbito do emprego,

no seo do diálogo social, así como as políticas transversais postas en práctica polo Goberno de Galicia farán efectiva esta igualdade a

curto prazo.

empresas no eido rural, ¿en que medida beneficiará isto ás mulle-

Cales foron as principias conclusións do I Congreso Internacional

É necesario máis que nunca o recoñecemento da inestimable con-

Este foi un congreso pioneiro no que se debateron dous aspectos

tribución das mulleres ao desenvolvemento da nosa comunidade, e

en especial do noso rural. Cómpre darlles ás mulleres rurais alter-

nativas laborais, xa que o fomento do emprego no rural pasa por

en marcha dunha maneira efectiva e levadas a cabo dunha maneiComo considera que se debe implantar unha verdadeira cultura

Acadarase algún día a igualdade real de oportunidades entre

de Traballo. Esta orde establece a posibilidade de cubrir os custos

implicación na formación e a información das tres partes resulta

dos servizos (dependentes/as, persoal de limpeza, perruquerías) e

ídas maioritariamente por mulleres, sen que iso fose obxecto, ata

agora, dunha análise contable dos fogares e das familias como

empresarios e os traballadores realizen un traballo conxunto. A

ra responsable.

tamén sairán beneficiadas as empresarias galegas, como a orde de

axudas á formación que en próximas datas publicará a Consellería

congreso coincidiron en sinalar que é preciso que os gobernos, os

Atendendo ás dez ocupacións máis demandas no ano 2008, cons-

Aínda hoxe en día a meirande parte da poboación ve garantida a

súa supervivencia e benestar a través de redes familiares constitu-

cos laborais e reducir a sinistralidade laboral, os participantes do

fundamental á hora de que as políticas de prevención sexan postas

actualidade?

O Goberno galego habilitou un conxunto de medidas específicas

para atender aquelas empresas afectadas pola crise, e das que

facer baixar a garda nin deixar de investir no benestar dos traballa-

Que xacementos de emprego ofrecen máis oportunidades na

tamén existe neste momento un importante filón de emprego en Con que ferramentas contan as empresarias galegas para afron-

5

en portada

en portada

de Prevención de Riscos Laborais celebrado en novembro?

moi importantes como son a prevención de riscos laborais e a responsabilidade social empresarial, que debe formularse como un

selo de calidade por parte das empresas nestes tempos de crise.

no que á prevención de riscos laborais se refire?

Traballo en crear esa cultura preventiva dende distintos ámbitos: desde os propios axentes implicados, constituíndose en canles de

transmisión para os seus asociados e consensuando as políticas a levar a cabo, e tamén desde hai dous anos comezamos a traballar en actuacións dirixidas cara ao alumnado -tanto de educación pri-

maria e secundaria como de formación profesional- con tres programas claves: a Escola de Prevención de Riscos Laborais, a cam-

paña “MOITOLLO” e a campaña “CONTRA MURPHY”, con este obxectivo primordial de crear cultura preventiva.

“A meirande parte da poboación ve garantida a súa supervivencia e benestar a través de redes familiares constituídas maioritariamente por mulleres”


7

6

entrevista

entrevista

Corresponsabilidade, igualdade de oportunidades… ¿son uto-

pías ou cada vez se está máis preto de acadar a igualdade real entre homes e mulleres?

Ben, sei que esta é unha pregunta inevitable pero non excesiva-

A pesar de ser xeradoras de riqueza e emprego, as empresarias

nización empresarial. Que non é unha sociedade igual, en moitos

podería visibilizarse a súa labor?

mente apropiada para contestar como representante dunha orgaaspectos, é obvio. Que o individualismo exacerbado nos converte en seres egoístas, tamén. Pero o que está claro é que as empre-

sarias non nos adaptamos aos camiños establecidos. Segura-

mente teorizamos menos porque estamos ocupadas construíndo e asumindo riscos e responsabilidades. Como empregadoras

témonos que ocupar, como é lóxico, dos problemas de corres-

A que retos se enfrontan as empresarias neste 2009?

Está claro... ¿non? Se falamos de economía o reto é a crise, pero

non só a económica senón a crise de valores. A sociedade occidental levaba anos “morrendo de éxito”, abotargada entre un ritmo infartado e a parálise depresiva. Por iso o primeiro que

temos que recuperar son as persoas, os principios, o orgullo polo traballo ben feito, a “insatisfacción permanente como motor de

cambio”. As persoas que estamos ao fronte das empresas somos inconformistas, e probablemente a capacidade de loita que

temos demostrada neste ámbito as mulleres, teña nesta crise

Nun momento en que todo se move, en que a necesidade de cam-

bio é un clamor, a oportunidade está en ser capaces de visuali-

zar e definir con claridade os obxectivos. O fallo está máis na

falta de coñecemento que de recoñecemento. É dicir, esa falsa idea de “eternas principiantes”, que parece que vai pegada en

tódolos discursos, ten como consecuencia unha aparente falta de madurez para a participación en primeira liña que nos prexudi-

ca. Cambiar esa imaxe social e dar visibilidade ás empresarias é fundamental.

global unha oportunidade especial para ser quen de ocupar

Dende a súa chegada á presidencia de FEGA, ¿cales foron os

novos obxectivos, de saber traballar en equipo, de cooperar para

De momento van seis meses de traballo fundamentalmente inter-

novos espazos. Son tempos de transformación total, de deseñar competir. Ese é un dos principais retos contra este individualis-

mo desaforado que nos tiña na parálise. Por iso triunfou o discurso de Obama, porque foi unha bandeira á importancia do pequeno: "Yo te pido que creas. No en mi capacidad para hacer el verdadero cambio… sino en la tuya"

Que papel xogará FEGA neste contexto?

A misión da Federación é impulsar e normalizar a presenza das empresarias nos ámbitos de representación e toma de decisións.

principais acordos adoptados pola Xunta Directiva?

no. A Federación está inmersa nun intenso proceso de cambio no que a apertura e a modificación de Estatutos é seguramente o acordo máis importante da Xunta Directiva. Non é sinxelo, xa que

non se trata de modificacións puntuais senón dunha renovación case total que vai desde a definición da misión e obxectivos da Federación, ata a transformación da estrutura de integración, ata

agora restrinxida ás asociacións provinciais. Son procesos que

implican moita reflexión, consenso e xenerosidade, porque o cambio, aínda que desexado, ten moita resistencia non consciente.

“A Federación está inmersa nun intenso proceso de cambio”

ponsabilidade das persoas que traballan con nós. Desde a Fede-

ración témonos que ocupar de que os problemas de desigualda-

de non afecten á nosa capacidade de crecemento empresarial e ao noso potencial como xeradoras de emprego e riqueza. A socie-

dade non anda tan sobrada de talento empresarial como para desperdicialo.

aínda non contan co merecido recoñecemento social, ¿como Sería curioso contabilizar o incremento do paro se todas pecháse-

mos de repente as empresas, porque non só seriamos nós, senón tódalas persoas que forman parte das nosas plantillas. Bromas macabras aparte, o cambio empeza por nós, por reforzar a con-

ciencia da nosa aportación, da nosa importancia. Pero este cambio

vai da man da evolución nos discursos institucionais e da participación das empresarias na responsabilidade das decisións de cambio

e transformación. A Federación cumpre en abril 20 anos nos que se

teñen alcanzado importantes logros. O que esperamos é que den-

tro doutros 20 nos reunamos para recordar aqueles tempos en que as organizacións de empresarias eran necesarias para fomentar a normalización e a integración en tódolos ámbitos de decisión.


9

8

entrevista

entrevista

A corresponsabilidade está aínda lonxe de facerse realidade, ¿que medidas habería que implementar para avanzar polo bo camiño?

En primeiro lugar, é necesario rachar coa idea de que só concilian

as mulleres. As políticas de igualdade asumen o reto de amosar a

Considera que algún día as empresarias acadarán a visibilidade

que merecen?

Necesariamente a acadarán. O papel das mulleres como creadoras

de riqueza, axentes de desenvolvemento ou como soporte da vida

ten sido invisibilizado historicamente, pero neste momento hai moitos focos dando luz sobre el e amosando a importacia que ten

para Galiza. As empesarias galegas, pioneiras en moitos ámbitos, loitadoras e cheas de enerxía son unha parte fundamental.

Ferramentas como a aplicación informática Exeria ¿son un

medio para poñer as novas tecnoloxías tamén ao servizo da busca de igualdade?

As mulleres teñen que ter presenza en tódolos espazos da vida pública e empregar tódalas ferramentas ao seu alcance e, por

suposto, isto inclúe as novas tecnoloxías. Exeria é unha aplicación

conciliación como unha necesidade de toda a sociedade, de homes e de mulleres. Desde o 2007 establecemos a modo de programa

piloto a redución de xornada para os pais e as conclusións son interesantes: marcan un camiño ata agora non explorado para incorpo-

rar aos homes ás tarefas de coidado. En segundo lugar, dotar á sociedade dos servizos públicos necesarios para a infancia e as persoas dependentes. De feito, nesta lexislatura que agora remata, o

esforzo inversor realizado polo nacionalismo na creación de prazas

para a infancia de cero a tres anos non tivo comparación en épocas anteriores. Desde 2005 a área de igualdade aumentou un 69% a

cobertura pública de prazas para a educación infantil. En terceiro

lugar, débese seguir a traballar desde o ámbito da empresa para instaurar unha cultura da conciliación que non esté rifada coa pro-

dutividade -todo o contrario- e que camiñe na dirección de acadar maiores cotas de igualdade para as mulleres no ámbito empresarial.

informática que contribúe a eliminar a linguaxe sexista e permite

Neste eido ¿considera fundamental o apoio ás mulleres con ser-

pre lembrar que as mulleres contribuiron de xeito decisivo ao des-

Como acabo de comentar, considero prioritaria a creación de ser-

dar visibilidade ás mulleres a través dunha linguaxe inclusiva. Cómenvolvemento da informática; científicas como Ada Lovelace son unha mostra. O reto estriba en superar a fenda dixial e en posibili-

tar que as mulleres de diferentes puntos de Galiza e de diferentes

idades teñan acceso ás novas tecnoloxías. Desde o programa Tempos de Mulleres incluimos un módulo de alfabetización dixital que foi un autentico éxito durante o 2008.

vizos dirixidos á atención dos maiores e dos nenos?

vizos e recursos, como se está a facer coa implantación do siste-

ma galego de benestar. Ese é o camiño. Tamén debemos seguir afondando na incorporación dos homes ás cuestión relacionadas coa igualdade e, ademais de contribuir á redestribución das opor-

tunidades, afondar na igualdade como redestribución de trato e recoñecemento.

En que medida benefician as novas tecnoloxías a labor das empresarias?

A utilización das TICs (Tecnoloxías da Información e da Comunica-

ción) beneficia a calquer empresaria ou empresario que teña feito

un bo diagnóstico do seu modelo de negocio, dos seus procesos e da súa xestión, recolléndoos nas súas ferramentas informáticas.

Coas TICs existe unha total harmonía entre xénero feminino e a

Que papel xogan as novas tecnoloxías á hora de fomentar o

rios/as dos centros da Rede de Dinamización da Sociedade da

As novas tecnoloxías reducen as fronteiras físicas, amplían os mer-

unha axenda, pedidos, clientes, facturación, etc., son factores que

ao aumento do emprego no rural. Neste sentido, o esforzo realiza-

súa utilización. Tamén no caso das empresarias. O 61% dos usua-

Información son mulleres. A posibilidade de ter informatizada aumentan a eficiencia e polo tanto a capacidade competitiva.

A rede de dinamización da sociedade da información está cum-

prindo os seus obxectivos?

Os obxectivos son cuantitativos e cualitativos. Así, un dos obxecti-

emprego no rural?

cados e aforran xestións, polo que colaboran de maneira decisiva do pola Consellaría de Innovación e Industria para conseguir un

préstamo de 94 millóns de euros para infraestruturas de banda larga de calidade dará como resultado que a meirande parte do

rural dispoña dunha conexión coa amplitude e calidade suficientes.

vos é contar, como mínimo, cun centro de dinamización por cada

Con que axudas contan as empresarias galegas?

ra. Canto aos obxectivos cualitativos, centrados nunha boa defini-

DOG unha orde de subvencións aos investimentos das empresas

concello, o que non se conseguirá até o final da próxima lexislatución de proxecto, deseño adecuado da formación do persoal, des-

eño da rede e do modelo de xestión, todo isto sí que son obxectivos alcanzados: temos 73 centros que funcionan con altos estándares de calidade, o que supón un gran logro. A partir de agora

imos intensificar o apoio á micro e pequena empresa, proporcio-

nando máis presentacións e charlas coloquio. Cabe sinalar que a finais do 2007 o número de usuarios/as rexistrados na rede era de

4.150, mentres que a finais de 2008 xa eran 19.101. Ademais, impartíronse 3.825 obradoiros, nos que se formaron 24.627 per-

soas até finais de 2008, das que a maioría se sitúan entre os 45 e os 54 anos.

Con axudas xenéricas e específicas. O 16 de xaneiro publicouse no en materia das TICs dotada con 3,5 millóns de euros e até un 70% de subvención. As autónomas tamén poden beneficiarse dunha

axuda de até 350 euros para a adquisición de computadores e

material informático. Destacan ademais dúas iniciativas da Vicepresidencia: o programa Emega (www.redeemega.eu), que pretende ser unha fonte de recursos e asesoramento práctico e persona-

lizado para as emprendedoras e o Directorio de Mulleres Expertas

(mulleresexpertas.info), co que se pretende dotar aos medios de comunicación dunha ferramenta que permita a procura da opinión

dunha experta, contribuíndo a unha maior e máis real visibilización do traballo e do esforzo das mulleres galegas.


10

entrevista

11

entrevista

Diferénzase entre empresarias e emprendedoras, pero as empresarias tamén teñen que emprender cada día. ¿Que opina ao respecto?

Ser empresaria supón algo máis que ser emprendedora, o engadido de ter un proxecto convertido en realidade e o compromiso de manter esa empresa en pé. Todas teñen

en común o espírito emprendedor; todas arriscan o seu patrimonio, confían nas súas ideas e teñen o valor de enfrontarse ás dificultades para saír adiante. No informe

GEM2007 destácase o emprendemento feminino en Galiza, aínda non equilibrado co masculino, pero moi superior á media española. Debemos sentir orgullo por este potencial feminino, pero dende as administracións debemos asumir a responsabilida-

de de apoialo para que se consolide e que, a pesar das dificultades de conciliación e as específicas desta situación económica, sexa fonte de riqueza sostible para o país. Considera que deberían realizarse máis iniciativas como a exposición Pioneiras?

A memoria é poder. A absoluta escuridade que segue a haber arredor de tantas mulle-

res que tiveron unha vida pública notoria non é casual nin un descoido. Unha parte do

traballo de recuperación da memoria histórica das mulleres que levamos realizando nos últimos catro anos dende a Xunta é o proxecto PIONEIRAS, unha mostra divulgativa itinerante da que se distribuiron copias aos concellos para que se poida facer per-

manente. E tamén presentamos a biografía de Celia Rivas, a primeira camioneira galega e exemplo de emprendedora da Costa da Morte, coa que se inicia a colección PIONEIRAS, que agardamos teña continuidade no tempo.

Cre que este tipo de proxectos axudan a facer visible a labor das empresarias a

En que medida a vivenda inflúe na calidade de vida dos galegos e

recoñecemento real do traballo das mulleres na nosa sociedade e,

Dende logo a iniciativa ten un compoñente de xustiza histórica e recoñecemen-

A vivenda é o espazo privativo no que discorre a vida dos galegos e

ao talento de moitas mulleres, estamos acadando que a igualdade

prol do desenvolvemento económico de Galicia?

to particular e tamén un compoñente de reforzo da autoestima para as mulleres galegas. De sempre, como parte da nosa idiosincrasia, as galegas temos

carácter emprendedor. Temos a creatividade, o valor e a ambición precisas e tamén a autonomía á hora de tomar decisións.

Como podería impulsarse a creación de redes de apoio entre as propias empresarias?

Asociarse é o verbo a conxugar; asociarse sectorialmente permite obter información de primeira man sobre axudas, mercados, posibilidades de

galegas?

galegas e tamén supón o maior esforzo inversor que fan a maior

parte das familias, moitas veces a costa dun endebedamento das

Desde o eido político propúgnase acadar a igualdade real de

como responsable da política de vivenda ao longo desta lexislatura foi

Sempre se pode facer máis, pero penso que desde o Goberno gale-

gasto noutros aspectos vitais tamén relevantes. O meu obxectivo traballar para que ese espazo privativo tivese a maior calidade posi-

go, a través da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, se ten levado

a cabo unha labor rigorosa e transformadora para que as mulleres

protexidas, que se constrúan en Galiza. Con esta normativa os gale-

adoptadas pola Vicepresidencia en favor da conciliación familiar e

as calidades mínimas que deben cumprir tódalas vivendas, libres ou

resulta moi difícil, e serve tamén para sentirse acompañada nas difi-

res ou para as persoas con mobilidade reducida; vivendas mellor

cindible que se asocien para que o empresariado asuma a súa proble-

oportunidades. ¿Pódese potenciar aínda máis este aspecto?

ble. Por iso aprobamos as Normas do Hábitat Galego, que establecen

negocio... permite ter unha voz colectiva para facer interlocución de cultades do día a día e nos éxitos. No caso das empresarias é impres-

sexa cada vez máis real e non só unha plasmación lexislativa.

economías familiares ou persoais, que limitan a súa capacidade de

gos terán unha vivenda con superficies de máis calidade, máis espa-

peso coas administracións, entidades financeiras, etc., que en solitario

tamén das empresarias, pero pouco a pouco, e gracias á coraxe e

zosas, con máis luz natural, máis accesibeis para as persoas maiointegradas no territorio e con criterios de eficiencia enerxética.

teñan o papel que lles corresponde. Neste sentido, as medidas laboral representan un paso decisivo en favor desa igualdade, para

que as mulleres non teñan que renunciar a ningunha actividade profesional e tampouco teñan que renunciar a ningún proxecto persoal para apostar por iniciativas profesionais.

mática específica e os valores do emprendemento feminino como pro-

Como muller, ¿como valora a situación das empresarias na actua-

Cre que algún día as empresarias galegas acadarán o recoñece-

cuestións que interesan á sociedade, da que forman parte activa e fun-

As mulleres galegas teñen amosado ao longo de séculos a súa

Sen dúbida, xa temos dado pasos importantes, tanto no sector

pios, sen paternalismos, e tamén para ser interlocutoras sobre as damental.

lidade?

capacidade para enfrontarse a calquera reto e facelo con éxito, e

mento e a visibilidade que merecen?

público como no sector privado, en aras desa visibilidade do traba-

dentro desa capacidade contrastada hai moitas mulleres empresa-

llo das mulleres, tanto das que ocupan cargos de responsabilidade

dedores, moitas veces en solitario. Queda moito por facer para o

absolutamente imprescindible.

rias que teñen posto en marcha proxectos innovadores e empren-

como das que exercen un traballo profesional menos vistoso pero


RENOVACIÓN

da directiva

Asociación santiago

FEDACEPE está integrada polas Asociacións de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras das comarcas de Coruña, Ferrol, Santiago, Arteixo e Sada. Dúas destas asociacións acaban de renovar a súa Xunta Directiva: AECO, que estará presidida de agora en diante por Ana Isabel Ulloa Lobeiras, e AECOSAN, cuxa presidencia ocupa María Rosario Medina Gómez.

13

Asociación coruña asociadas

O pasado 2 de febreiro a Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da Comar-

ca de Coruña (AECO) tamén renovou a súa Xunta Directiva, elixindo como nova presidenta a Ana Isabel Ulloa Lobeiras, que substitúe no cargo a Isabel Pacheco Lizcano, que presidiu durante

dous anos a asociación coruñesa. Empresaria desde a súa incorporación á compañía de telecomunicacións Sitelco, formou parte da Xunta Directiva de AECO durante oito anos.

Ana Isabel Ulloa considera que a súa elección como presidenta constitúe “unha oportunidade

para velar polos dereitos das empresarias e loitar pola erradicación da discriminación por cuestión de sexo no ámbito laboral”. Entre os obxectivos da nova presidenta atópase “constituír un

lobby de presión feminino para acadar a igualdade e asegurar a representación das empresarias ante as institucións”. Segundo Ana Isabel Ulloa, o eido empresarial estase concienciando de que

O pasado 26 de xaneiro a Asociación de Empresarias, Profesionais e Emprendedoras da Comarca

“apostar pola igualdade é apostar pola eficiencia, o desenvolvemento e a competitividade”, polo

de Santiago (AECOSAN) renovou a súa Xunta Directiva. A nova presidenta é a propietaria e directo-

que é fundamental “formar parte do diáologo social e poder incorporar os plans de igualdade á

ra do Colexio Santa Apolonia en Santiago, María Rosario Medina Gómez, que continuará a labor des-

negociación colectiva”. “As mulleres temos que asumir e aceptar o noso propio liderazgo, pro-

envolvida pola anterior presidenta, Marina Balsa Rubiños. “A pedimento da presidenta da Federa-

ción, Ángeles de la Iglesia, dou un paso ao fronte desta asociación para impulsala e colaborar nos seus retos a favor das empresarias”, explica María Rosario Medina. “Nos tempos que corren é fun-

damental que o papel feminino, ás veces oculto, teña cada vez máis importancia nesta sociedade, especialmente en Galicia, que é un gran matriarcado e sempre o foi ao longo da historia. Así pois, un dos retos será a posta en valor do papel da muller na sociedade galega”, engade.

Entre os principais proxectos destaca a formación das empresarias en tódolos ámbitos, “básica para o seu desenvolvemento, valoración e amor propio”, sinala a presidenta. Tamén son fundamentais os recursos para a conciliación, “que é o problema de base que temos as mulleres, pola falta de apoio nos roles familiares”. Conseguir unha axente de emprego e fomentar a relación entre as empresarias das zonas rurais e urbanas son outros dos obxectivos fixados.

María Rosario Medina presidenta de AECOSAN

Xunta directiva

piciando a nosa visibilidade para crear conciencia de xénero entre a poboación e reivindicar así

Ana Isabel Ulloa presidenta de AECO

os cambios necesarios para estar presentes nos postos de toma de decisión”, indica. Entre

os proxectos que desenvolverá AECO nesta nova etapa destaca a renovación e actualiza-

ción do seu portal web, fomentar encontros empresariais e establecer un premio anual que recoñeza a labor ou a traxectoria de destacadas empresarias.

Xunta directiva

De esquerda a dereita: Dona Fátima Barral Cancelo, Dona Mercedes Sánchez Rey, Dona Marta Zapata García, Dona Ángeles De La Iglesia Daviña, Dona Ana Isabel Ulloa Lobeiras (presidenta), Dona Irene Bonet González, Mª Rosa Mosquera Porto, Dona Belén Vázquez Zas, Dona Milagros Carballo García, Dona Isabel López Arias. Ausentes: Clara María Varela Lema e Dona Carmen Borrego Fernández.

Fotografías: Antón Álvarez

12

asociadas


14

reportaxe

N

No período 2005-2008, a Consellería de Traballo investiu máis de 60 millóns de euros en programas de economía social e autoem-

prego, dos que se beneficiaron un total de 13.741 mulleres galegas. De cara ao presente ano, o departamento que dirixe Ricardo Varela investirá case 20 millóns de euros neste tipo de iniciativas para beneficiar a máis de 3.000 galegas. Ademais, entre as medidas de promoción de emprego dirixidas ás mulleres, destaca a

orde publicada no DOG do 14 de xaneiro deste ano, que ten como finalidade promover a igualdade de oportunidades no acceso e na permanencia no emprego e favorecer a corresponsabilidade; as

empresas poderán optar a axudas pola substitución de traballadoras en excedencia para coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares, entre outras.

Nos orzamentos de 2009 a Consellería de Traballo destina máis de 50 millóns de euros ás políticas de apoio ao emprendemen-

to. Segundo destacou o director xeral de Promoción do Emprego,

Álvaro Ansias, na clausura do curso de formación e asesoramento para a creación e a consolidación de empresas celebrado en

xaneiro, Traballo ofrece incentivos e servizos de apoio para a

posta en marcha de novos proxectos empresariais, tanto de

emprego autónomo como societario. O director xeral tamén destacou a importancia do tecido empresarial á hora de xerar

emprego, xa que as pemes son o motor da economía galega ao crear e manter o 80% do emprego de Galicia.

Así, Traballo investirá seis millóns de euros durante 2009 para fomentar a creación de novas iniciativas empresariais nos terri-

torios rurais. Neste eido, esta consellería destinará 500.000

euros a promover a creación de emprego no agro galego para fomentar a incorporación das mulleres e dos mozos ao campo.

Outra das medidas céntrase en fomentar a contratación indefinida de mulleres maiores de 31 anos desempregadas e titulares

de familias monoparentais que teñan cargas familiares ou de unidades familiares nas que ningún dos seus membros en idade

laboral teña rendas superiores ao 75% do Indicador Público de renda de Efectos Múltiples vixente no momento da solicitude.

15

Formación e promoción de emprego reportaxe

Asemade, no eido da formación, o Instituto Galego das Cualifica-

tivos dirixidos a mulleres, para fomentar a súa integración nas ocu-

lidade que acreditan oficialmente a competencia dos traballadores

de Traballo publicou no DOG do 14 de xaneiro a orde que estable-

cións leva expedindo dende o ano 2006 certificados de profesionaen todo o territorio do Estado. Outro dos fitos salientado polo

director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, foi a

posta en marcha do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, onde

se imparte formación de calidade sobre as novas tecnoloxías da

información e da comunicación. Tamén se realizaron plans de formación específicos para o naval e o comercio, e programas forma-

pacións nas que están subrepresentadas. Por último, a Consellería

ce as bases reguladoras das subvencións para a posta en marcha de escolas obradoiro e casas de oficio, obradoiros de emprego e

unidades de promoción ata o ano 2011. En total, Traballo dedicará a esta iniciativa unha partida de 84 millóns de euros. Con esta

convocatoria consolídase a introdución dentro da formación dun módulo de sensibilización en igualdade de xénero.


16

HTC Touch 3G

actualidade

novas

Tecnoloxías

Potente e luxoso

HP ampliou a súa gama de portátiles cun novo equipo de orixinal deseño en cor bronce, o

Pavilion dv3500. Dotado con procesador Intel Core 2 Duo T5800 con 4 Gb de memoria,

tamén inclúe un disco duro con 320 Gb de capacidade de almacenamento. Dispón de

mando a distancia, excelente son, webcam, bluetooh e micrófonos dixitais, o que permite

interactuar en redes sociais. Asemade, conta cunha pantalla HP LED de 13,3 pulgadas, sis-

tema operativo Windows Vista Home Basic ou Premium, dúas baterías de serie intercambia-

bles e sistema de seguridade ProtectSmart, que permite salvagardar os datos máis impor-

tantes. Dende 999 euros.

O rei da

comunicación

Parabéns para as empresarias e autónomas porque Vodafone acaba de lanzar en exclusiva o terminal HTC Touch 3G, un móbil con pantalla táctil de 2,8 pulgadas que incorpora importantes

melloras como a actualización a Windows Mobile 6.1 Profesional, máis potencia de procesador, máis memoria, GPS, conecti-

vidade HSDPA a 7.2 Mbps e cámara de 3,2 Megapíxeles. É máis

longo e estreito que o seu predecesor e só pesa 96 gramos. A batería proporciona autonomía en conversación de ata 360

minutos en rede 3G e ata 400 minutos en rede GSM; en espera,

este terminal mantense ata 450 horas. Dende 29 euros con portabilidade e permanencia incluídas.

17

actualidade


18

19

Novos proxectos

actividade

e p e c a d e f

en portada

Dende finais de setembro, FEDACEPE forma parte do Grupo de Acción Costeira

Fotografía: Antón Álvarez

(2007-2013) posto en marcha pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para xestionar a liña de acción dos Fondos Europeos de Pesca, que ascende a 40

millóns de euros. Trátase dunha asociación de carácter local constituída por organizacións do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, por organizacións sociais, medioambientais, culturais, empresariais, e polas administracións

locais. O seu obxectivo é desenvolver un proxecto que fomente a sostenibilidade social, económica e ambiental das zonas costeiras.

Ademais, o pasado 16 de setembro a Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar organizou unha das exposicións “Pioneiras: Mulleres Empresarias Galegas” en Fis-

terra. A encargada de presentar a mostra, centrada na primeira camioneira galega, Celia Rivas, foi a directora do Servizo Galego de Igualdade, Ana Luisa Bouza. No acto tamén participaron a presidenta de FEDACEPE, Ángeles de la Iglesia, a presidenta da Federación de Empresarias de Galicia, Isabel Iglesias Oviedo, o alcalde de Fisterra, José Manuel Traba, e diversos familiares da homenaxeada.

Xa no mes de outubro, FEDACEPE organizou a xornada literaria “Mulleres en

galego” en diversos puntos da provincia, concretamente en Arteixo, Carballo e Narón. Subvencionados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ditos encontros pretenden desenvolver o uso do galego no entorno da

muller traballadora. As ponentes desta orixinal iniciativa foron Cristina Corral,

que disertou sobre os paralelismos poéticos e vitais existentes entre Rosalía de Castro e Juana de Ibarbourou, e Patricia Rey, que sorprendeu aos asistentes cuns divertidos monólogos sobre situacións cotiás da lingua galega.

Entre as actividades formativas realizadas pola Federación destaca o curso de

300 horas centrado na prevención de riscos laborais, celebrado do 13 de setembro ao 25 de outubro no Centro Telemática Galicia de Narón, que profundizou en temáticas de gran interese como a seguridade e a hixiene no traballo, así como a ergonomía e a psicosocioloxía aplicada. Asemade, do 3 ao 21 de novembro o Centro Telemática Galicia acolleu o programa formativo “Capacitadas”, centrado

1. Zona administrativa das instalacións de FEDACEPE en A Coruña. 2. Presentación da exposición “Pioneiras: Mulleres Empresarias Galegas” de Fisterra. 3. Xornada literaria “Mulleres en galego” celebrada en Arteixo.

na avaliación e creación de perfís profesionais, no acceso ás novas tecnoloxías e na orientación laboral. Por último, nos meses de outubro e novembro FEDACEPE

puxo en marcha un estudo centrado na investigación dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais que deriven en trastornos musculares no ámbi-

to laboral das empresas, tralo que se fará entrega dun manual de boas prácticas.

modulos



Fedacepe febrero 2009