Skip to main content

Asociación de Empresarios de Redondela

Page 1

ASOCIACIÓN de EMPRESARIOS de

REDONDELA

PROPOSTAS DE ACTUACIÓN E COLABORACIÓN COA ADMINISTRACIÓN LOCAL Redondela, 2019.

Profesionais

Comercio

Hostalaría

Servizos

Industria


INDICE DE CONTIDOS

1- Quenes somos 2- Contexto Socioeconómico 3- Medidas Transversais 4- Medidas Relacionais Concello-Asociación. 5- Medidas ámbito Comercial 6- Medidas ámbito hostaleiro e turístico 7- Medidas ámbito industrial


1- Quenes Somos A Asociación de Empresarios de Redondela é unha organización, sen ánimo de lucro, creada no ano 1985, que ten coma obxectivo o impulso da actividade empresarial e o desenvolvemento económico e social do Concello de Redondela. Actualmente, aglutina a un colectivo de maís de 300 empresas de distintos sectores e actividades do Concello de Redondela.

Misión A Asociación de Empresarios de Redondela é unha entidade sen ánimo de lucro constituída para a coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns dos empresarios e empresarias da comarca de Redondela co obxectivo de fomentar a actividade empresarial e promover o desenvolvemento económico e social do concello de Redondela.

Visión A Asociación de Empresarios de Redondela é a a entidade de referencia e apoio de todos os empresarios e empresarias da localidade na que queremos que todos se sintan orgullosos por pertencer e participar de forma activa sen distinción do seu tamaño ou a súa actividade e converter a Redondela nun modelo de desenvolvemento socioeconómico intelixente, sostible e integrador.

Valores Unión Compromiso Proximidade Transparencia Profesionalidade Capacitación Participación

ASOCIACIÓN de EMPRESARIOS de

REDONDELA


Actualmente, a Asociación de Empresarios de Redondela aglu�na a un colec�vo de máis de 300 empresas de dis�ntos sectores produ�vos. Un 57% están xerenciadas por homes e un 43% por mullleres. O sector comercial representa o 50% das ac�vidades asociadas. O que supón unha caída respecto a anos anteriores. O comercio maiorista representa a penas o 5% das ac�vidades comerciais. O comercio polo miúdo son o 95% da ac�vidade comercial. A hostalaría acada o 22% das empresas asociadas. O seu peso tense incrementado en termos rela�vos pero non en termos absolutos. O sector servizos representa un 19%, un porcentaxe crecente respecto a rexistros anteriores. O 90% dos asociados pertencen ao sector terciario.

O sector industrial a penas representa o 9% das empresas asociadas.


2- Contexto Socioeconómico O CONTEXTO TRALA CRISE ECONÓMICA. O contexto socioeconómico do Concello trala crise nos relanza ao pasado. POBOACIÓN. En 2017 a poboación de Redondela foi de 29.392 habitantes, cifra que nos retrotrae a niveis de 2003, é dicir que temos retrocedido en canto ao número de habitantes en máis dunha década. As maiores caídas nas tasas interanuais rexístranse nos úl�mos tres anos.

Gráfico: Evolución da Poboación de Redondela entre os anos 2000-2017 30.200 30.000 29.800 29.600 29.400 29.200 29.000 28.800 28.600 28.400

Fonte: IGE e elaboración propia.


PARO A evolución do número de desempregados no Concello de Redondela presenta unha tendencia descendente dende que no ano 2013 rexistrara o maior valor de toda a serie analizada.

Gráfico: Evolución do Paro Rexistrado. Redondela 2007-2017

3.500 3.000 2.500 2.000 1.500 1.000 500 0

2.007

2.008

2.009

2.010

2.011

2.012

2.013

2.014

2.015

2.016

2.017

Fonte: IGE e elaboración propia.

Respecto a taxa de Paro, Redondela, en decembro de 2017, presenta un valor inferior ao valor medio da provincia e aos municipios do seu entorno situándose no 14,57%. O valor da taxa de paro en Porriño, seguindo a mesma metodoloxía de cálculo é de 17,94% e en Cangas é de 17,92%. Estes valores están deixando as cifras de desemprego en niveis de 2007, e dicir, antes da chegada da crise.


O Produto Interior Bruto municipal (PIB) reflicte a escasa capacidade produ�va da economía o que pon de manifesto a necesidade dunha estratexia capaz de xerar atrac�vidade inversora e de talento. Gráfico: PIB per cápita 50000 40000 30000 20000 10000 0

CANGAS

MOS

O PORRIÑO

REDONDELA

2010

12812

25312

44897

14551

2012

12538

25039

41190

13460

2014

12771

23795

43325

13879

Fonte: IGE e elaboración propia.

Os datos de Renda Dispoñible acompañan a mellor evolución que está a ter o emprego no concello de Redondela. Gráfico: Renda dispoñible por municipios 18.500 € 18.000 € 17.500 €

Cangas Mos

17.000 €

O Porriño

16.500 €

Redondela

16.000 € 15.500 €

2013

2014

Fonte: EXPANSIÓN e elaboración propia.

2015


NÚMERO DE EMPRESAS. Redondela compara�va con outros concellos do seu entorno. A maior perda de empresa en Redondela rexistrouse no ano 2010, a caída respecto ao ano anterior foi de máis de 5 puntos porcentuais. Tendencia similar foi a sufrida en Cangas pero con menor intensidade. Gráfico: Taxa interanuais de crecemento do número de empresas 5,00% 4,00% 3,00% 2,00% 1,00% 0,00% -1,00% -2,00% -3,00% -4,00% -5,00% -6,00%

2009

2010

2011

2012

2013

2014

2015

2016

CANGAS

1,75%

-4,72%

1,80%

-0,32%

-0,13%

-1,33%

0,00%

-0,28%

MOS

-0,08%

-1,35%

4,01%

0,00%

0,54%

-1,15%

1,92%

1,58%

O PORRIÑO

0,90%

1,78%

2,74%

-1,36%

-0,63%

1,73%

2,46%

1,31%

REDONDELA

-0,42%

-4,91%

-0,78%

-0,45%

1,35%

-1,11%

1,83%

0,44%

A incipiente recuperación rexistrada nos úl�mos dous anos dos que dispomos de datos esta�s�cos poñen de manifesto un menor dinamismo de Redondela

fronte aos concellos de Mos e O

Porriño. Mentres Cangas non está a par�cipar desta conxuntura e incluso se perpetúa en taxas nega�vas.


Redondela rexistra, segundo os datos da serie esta�s�ca do banco de datos municipal do Ins�tuto Galego de Esta�s�ca, unha diminución do 6,26% no número de empresas entre os años 2008 e 2014. Valor que contrasta coa subida do 5,20% en O Porriño e o 1,90% en Mos.

Gráfico: peso dos sectores na economía de Redondela Industria, incluida a enerxía 7%

Construci ón 15%

Servizos 78%

Os úl�mos datos correspondentes a 2015 e 2016 co cambio de tendencia tamén son peores en Redondela respecto aos dos municipios do entorno máis próximo. A subida do número de empresa é tan so do 2,27%, fronte ao 3,80 de O Porriño e o 3,54% do termo municipal de Mos. Os valores de numero de empresas tanto en industria como construción e servizos están por debaixo do ano 2008 de inicio de la crise. Entre os años 2008 e 2014 o número de empresas no sector comercial (retallista e polo xunto) e o sector hostaleiro presentan sendas reducións, do 4,06% mentres que entre 2014 e 2016 so se recuperaron un 0,16% e a hostalaría segue caendo en máis de 2 puntos porcentuais. Gráfico: Evolución do número de empresas do sector terciario (2014-2016) 700 600 500 400 300 200 100 0

2014 2015 2016


MEDIDAS TRANSVERSAIS

APROBACIÓN DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL

PLAN DE MOBILIDADE

PLAN DE ACCESIBILIDADE

POSTA EN VALOR DO NÚCLEO HISTÓRICO DE REDONDELA

É Imprescindible contar con este instrumento de ordenación para poder dar un novo impulso de desarrollo ao municipio. O plan de ordenación debe ser desenvolvido conforme a princios que favorezan a actividade empresarial: así resulta imprescindible que se teñan en conta criterios de urbanismo comercial e en xeral medidas que non constriñan o desarrollo.

A realización dun plan de mobilidade: peonil, víal e ferroviaria. É preciso: a apertura de novos viales que circunden o nucleo de Redonela e permitan a redefinición do espazo urbano, facilitar os cambios de sentido a través de rotondas nas vías nacionais de acceso a Redondela, unir os dous eixos de ciruculación de Chapela, crear un acceso directo á zona industrial de Nuevapescanova, crear vías de maior capacidade para acceder ao municipio e desenvolver un plan de transporte publico. Para a mellora da accesibilidade é imprescindible a creación de zonas de estacionamento disasuorio nas zonas de acceso ao núcleo urbano de Redondela así como a mellora da sinalización aos estacionamentos situados no interior do núcleo urbano.

O núcleo histórico de Redondela alberga multiples puntos de interese patrinonial, arquitectónico e etnográfico que presentan un grave estado de abandono. A posta en valor deste entono debe ter como eixos o trazado do Camiño de Santiago e a confluencia da recuperación e a xeración de actividade emprendedora rendible que supoña oportunidades de empego a poboación.


VERTEBRACIÓN DE CHAPELA

AP-9

RECUPERACIÓN DOS SERVIZOS ADIMINISTRATIVOS OU SEDES INSTITUCIONAIS

LICENZAS DE APERTURA E SISTEMA IMPOSITIVO MUNICIPAL

Facilitar a conecxión vial e peonil da parte alta e baixa de Chapela e deseñar medidas que salven as barreiras de comunicación que supeñen o paso de grandes infraestructuras por esta parroquia dando seguridade a poboación.

Supresión da peaxe de Rande. Sinalización da saída 1V (km 151) Teis -Chapela incorporando a localidade de Redondela xa que a única sinalización hacia esta localidade é en Vilaboa, sendo esta unha vía de acceso alternativa e con capacidade. Minimización das afeccións conforme a tipoloxía de tramo urbano ao paso da autoestrado por todo o municipio. Creación dunha vía de servizo para a conecxión dende Chapela de ambos sentidos da circulación. Posta en marcha de medidas de minimización do impacto viasual e acustico desta infraestructura. Redondela, na súa condición de cabeza de partido xudicial, obstentou a posición de cabeceira de comarca, tendo polo tanto a centralidade da xestión administrativa de moitos servizos prestados a cidadanía. Esta condición foise perdendo non albergando na actualidade case ningún organismo público de relevancia e ainda que a relación electrónica do cidadano coa administración é unha realidade imparable o feiro de que a localidade poida albergar algún organismo ou institución lle aporta valor e movilidade á localidade.

O actual marco normativo flexibiliza a apertura de novas actividades no obstante creemos que sería necesario revisar a normativa municipal cunha rebaixa das tasas e ordenación das actividades a través das ferramentas que facilita o propio sistema. Así mesmo consideramos necesario a revisión do sistema impositivo empresarial e a adecuación e apoio a un plan revisión catrastral que acabe coas importantes incorrección e polo tanto contribucións que se detectan en diversas zonas ao longo de todo o municipio


MEDIDAS RELACIONAIS CONCELLO -ASOCIACIÓN

MAIOR COLABORACIÓN E COORDINACIÓN ASOCIACIÓN CONCELLO

Numerosas actividades postas en marcha pola Asociación requiren da colaboración directa do Concello e moitas das actividades desenvolvidas polo Concello poden da lugar a xeración de sinerxias positivas si se planifican de forma coordianda polo que creemos necesaria unha maior disposición da administración a comunicar e coordinar con caracter previo as actividades que poidan ter relación coa actividade emperesarial en xeral.

APOIO ECONÓMICO AO ASOCIACIONISMO EMPRESARIAL

A Asociación de Empresarios desempeña unha función socioeconómica básica na posta en marcha de mediadas de impulso, dinamización e apoio a actividade empresarial e comercial, un papel que precisa dun respaldo económico suficiente que garanta ao sostemento da propia estructura e permita afrontar novos proxectos con recursos económicos suficientes.

PARTICIPACIÓN EN CONSELLOS SECTORIALES

A entidade ten presenza en tres consellos sectoriales pero dadas as implicacións directas que moitos aspectos da vida municipal teñen sobre a actividade empresarial creemos necesario redefinir o actual marco de paticipación nos mesmos.

CREACIÓN DUN ESPAZO DE REFERENCIA PARA O FOMENTO DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL E EMPRENDEDORA

A través da colaboración público privada proponse a creación ou adaptación dun novo espazo que se converta nun lugar de referencia para o impulso da actividade empresarial e serva de xerme da iniciativa emprendedora donde se poidan prestar servizos empresariais e realizar actividades como cursos, charlas, conferencias, workshops, networking.


APOIO AS MEDIADAS DE DIXITALIZACIÓN EMPRESARIAL E COMERCIAL

A través do Programa 2020, liña 15: Modernización do tecido comercial, apoiar a Asociación de Empresarios de Redondela no desenvolvemento dun proxecto que achegue a dixitalización a todos os establecementos para aproveitar a novas oportunidades de negocio e promover novos modelos de emprendemento comercial que supoñan novas posibilidades de empregabilidade as xeracións mozas.


MEDIDAS ÁMBITO COMERCIAL Comercio

PLAN DE APARCADOIROS

A accesibilidade é un aspecto esencial para o desenvolvemento da actividade comercial e factor clave para manter a atractividade. As actuais dificultades de acceso están contribuíndo a perda de atracción do núcleo central polo que é preciso adoptar medidas de aumento da oferta de estacionamento especialmente no acceso sur á vila de Redondela (zona de Vilavella) e a correcta sinalización das zonas de estacionamento da zona comercial.

REDEFINICIÓN DO URBANISMO COMERCIAL DE REDONDELA COMO ESTRATEXIA DE REVITALIZACIÓN COMERCIAL

O espazo público é un soporte funamental da actividade comecial e da súa configuración depende que as zonas sexan económicamente máis atractiva por este motivo o Centro Comercial Aberto de Redondela presisa dun replanteamento urbanísco que vertebre a a todas as áreas do zonas comercial dende Vilavella ata Santa Mariana e beneficie o desenvolvemento e crecemento comercial das diversa zonas.

PLAN DE MELLORA DA ILUMINACIÓN DA ZONA COMERCIAL DE REDONDELA

O núcleo comercial de Redondela presenta unhas condicións lumínicas insufucientes para o axeitado desenvolvemento da actividade comercial, situación que se agudiza interconecxión coas zonas de estacionamento polo que é preciso intensificar a iluminación e empregar luminarias máis eficientes.

ACTUACIÓNS SOBRE AS PRAZAS DE ABASTOS MUNICIPAIS

Os núcleos comerciais de Redondela e Chapela albergan sendas plazas de abastos que precisan dun plan de revitalización que favoreca a súa transformación e a expansión da actividade comercial, incluso a través da incorporación de usos complementarios.


MEDIDAS ÁMBITO HOSTALEIRO E TURÍSTICO

Hostalaría

MEDIDAS DE CONTROL SOBRE A ACTIVIDADE DOS FURANCHOS

A actividade dos furanchos en Redondela ten producido un efecto moi negativo sobre a actividade hostaleira de Redondela. A demanda tense derivado hacia este tipo de establecementos producindo unha merma da oferta hostaleira de calidade de Redondela, reducíndose de forma significativa o número de restaurantes que tanto no ámbito urbano como rural facían de Redondela un lugar de referencia gastronómico.

APOIO A CREACIÓN DE NOVOS EVENTOS GASTRONÓMICOS

Co obxectivo de por en valor a actividade gastronómico dos establecementos de Redondela e compensar a degración da imaxe aue o sector ven sufrindo debido a proliferación dos furanchos en Redondela, proponse a aposta por novos proxectos de posta en valor da gastronomía local, especialmente vinculada a productos do territorio como os pesqueiros e marisqueiros.

MAIOR COORDINACIÓN NOS EVENTOS EXISTENTES

Potenciar a coordinación e participación nos eventos que teñen especial repecusión sobre a hostalaría como a Festa do Choco e outras festas de interese gastronómico que se celebran no municipio, de forma que a actividade empresarial poida ter un maior protagonismo e se logren retornos cuantificables.

COMARCALIZACIÓN TURÍSTICA DO FONDO DA RÍA

A comercialización do destino turístico Redondela ten unha maior oportunidade si se concibe como un proxecto máis amplo enmarcado no ámbito territorial do Fondo da Ría, por este motivo a Asociaciación de Empresarios pretende promover a creación dunha Agrupación Empresarial Innovadora que aglutine os intereses empresariais e permita a posta en marcha de novos proxectos de desarrollo turístico para o que é imprescindible contar coa administración local xa que é a entidade con capacidade de concurrir ao recursos e convocatrias necesarias para obeter os fondos que permitan por en marcha este proxecto.


MEDIDAS ÁMBITO INDUSTRIAL Industria

ORDENACIÓN DE MICROPOLÍGONOS INDUSTRIAIS

Os asentamentos industriais dispersos ao longo do municipio seguren sen estar dotados dos servizos necesarios para desenvolver de forma axeitada a actividade empresarial. A aporta por unha ordenación industrial a través de micropolígonos debe supoñer a ordenación e identificación de estas zona.

APOIO A CREACIÓN DUN PROGRAMA DE VISITAS DE ESCOLARES ÁS EMPRESAS DA LOCALIDADE

Posta en valor da activiade industrial do municipio a través da coordinación dun programa de visitias para escolares ás instalacións industriais que contibúan a visibilizar as oportunidades de ocupación e a apllicación dos coñecementos ao ambito empresarial.

SERVIZOS DE XESTIÓN DE RESIDUOS ADAPTADOS ÁS NECESIDADES EMPRESARIAIS

Mediadas de apoio a xesstión de residuos para ás empresas conforme as competencias municipais e adaptación das taxas para compensar as obligatoriedades de tratamentos sectoriais non cubertos pola xestión municipal.

MARCA INDUSTRIAL HISTÓRICA BASEADA EN ELEMENTOS DO PATRIMONIO INDUSTRIAL

O patrimonío industrial de Redondela estase a convertir no único elemento a preservar xa que o tecido empresarial activo está a perder pulo polo que resulta de interese por en valor a historia industrial da vila como forma de visibilizar a súa historia e recuperar a súa imaxe de prestixo.. Proposta de creación dun espazo de museización e interpretación dos elementos do patrimonio industrial.


ASOCIACIÓN de EMPRESARIOS de

REDONDELA

658592332 986404012/986401496 aer@empresasredondela.gal R/ José Regojo, 2-1ºB 36800 Redondela www.empresasredondela.gal


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Asociación de Empresarios de Redondela by empresasredondela - Issuu