RĂşas da cidade con historia
Rúa Sinagoga
Rúa Sinagoga: o nome fai referencia a unha antiga comunidade xudea que habitou na cidade vella e que adicábase a diferentes oficios artesanais. Parece ser que houbo unha sinagoga nesta rúa. A sinagoga é o lugar de fieles xudeus e o templo de culto e estudios de a máis antiga das relixións monoteístas.
Rúa de Santiago Cando en 1208 o rei leonés Alfonso IX decide fundar a cidade da Coruña sobre os restos da antiga Crunia, xa existía no lugar un pequeno templo dedicado ao apóstolo Santiago e que se erixiu sobre unha rocha granítica. As escavacións realizadas no xardín traseiro da igrexa acharon restos da civilización romana. A rúa recibiu o seu nome do templo. Coa creación da nova poboación no que hoxe coñecemos como Cidade Vella, a igrexa adquiriu unha importancia capital na vida da que entón non era máis que unha pequena poboación mariñeira. Así, a rúa figura nos documentos municipais máis antigos, situada xunto a unha das entradas principais do recinto amurallado, que recibía o nome de Porta Real. Os veciños da Coruña reuníanse no adro da igrexa de Santiago para celebrar as sesións do concello aberto, unha institución municipal mediante a que todos os habitantes decidían as cuestións que afectaban á organización da cidade.
Praza do Xeneral Azcarraga ou da fariña A Praza de Azcárraga levou ata o ano 1896,o nome de praza da fariña xa que era o lugar onde tiñan lugar os mercados periódicos , e dun xeito fundamental, o mercado da fariña. Durante séculos foi a praza principal da Coruña, ata o punto de que acolleu a sede do Concello en varios dos seus edificios. En 1896, o Goberno municipal decidiu dedicar o lugar ao senador, tenente xeral e posteriormente ministro da Guerra Marcelo de Azcárraga co goberno de Canovas del Castillo. O Concello devolveu en 1937 (en plena Guerra Civil) á praza o seu antigo nome da Fariña. Hoxe mantén os dous nomes.
Rúa veeduría Hai rúas da Cidade Vella coruñesa nas que a historia se palpa en cada unha das lousas do pavimento ou nas pedras das súas casas.Veeduría é un destes lugares, xa que debe o seu nome á actividade dos antigos funcionarios que eran coñecidos como vedores e que se dedicaban á inspección de diferentes actividades. O edificio que hoxe é sede do Goberno Militar, construído no século XVIII, foi sede da Intervención Militar, polo que podería sospeitarse que a veeduría á que fai mención a rúa tivese un carácter castrense. Pero ese mesmo inmoble fora antes a Casa da Ordenación e o Vedor, que debeu ser un organismo civil. O caserón que existiu antes do actual fora propiedade do marqués de Camarasa e serviu de aloxamento ao emperador Carlos I durante a súa estanza na Coruña en 1520, na que presidiu as Cortes que aprobaron os gastos para a súa coroación imperial en Aquisgrán.
Rúa Maestranza Foi preto do Convento de San Francisco, onde en 1774 levantouse o Almacén de Pertrechos de Artillería,no que tamén se instalou o Maestranza. Esta instalación militar xurdiu ao mesmo tempo que os primeiros cuarteis coruñeses,ante a necesidade de dotar ao Exército de edificios propios na cidade, xa que ata o século XVIII as tropas debían ocupar as vivendas dos coruñeses, co inconveniente que isto provocaba.A Maestranza ocupábase da fabricación e reparación das pezas de artillería usadas polos soldados colocados na praza, que contou cunha importante guarnición como consecuencia de ser a sede da Capitanía Xeral de Galicia. Esta rúa toma o nome dese edificio, que ten a forma dun pentágono irregular e as súas dependencias estendíanse ata a igrexa de San Francisco.
RÚAS ASOCIADAS AOS ANTIGOS GREMIOS Os primeiros negocios da antiga Cidade Vella dedicaronse a satisfacer as necesidades básicas dos habitantes da cidade e os seus contornos (alimentacion , vestido ,calzado e ferramentas de metal , adornos de xoierías ....etc) a maioría eran pequenas tendas asociadas a un taller artesanal , asociadas a venta directa dun único produto . É posible imaxinalas situadas nos soportais das casas , cos productos gardados en arcas e cos clientes regateando o prezo . Na idade media cada grupo de artesans especialistas en algo , e dicir cada gremio , soliase agrupar por rúas e así deronse as seguintes rúas RÚA FERRERÍAS RÚA CORTADURÍA RÚA ZAPATERÍA
RÚA TINAJAS
RÚA FERRERÍAS Quen foi cronista oficial da Coruña, Juan Naya descubriu que a denominación real desta vía foi Rúa Ferrería. O nome facía referencia a un establecemento desta clase que se encontraba no lugar, un dos máis antigos da zona urbana. Pasar do singular ao plural parece que tería que ver segundo Naya, coa apertura de novas ferrarías tras rematarse os privilexios gremiais. Tamén existe a teoría de que esta rúa foi asentamento do gremio dos ferreiros durante a etapa medieval.
Rúas
Zapatería e
Cortaduría Rúa Zapatería Rúa que fai referencia á existencia nese lugar do gremio dos zapateiros.
Rúa cortaduría Rúa que fai referencia á existencia nese lugar do gremio dos cortadores ou carniceiros.
Rua Tinajas Rúa que fai referencia á existencia nese lugar do gremio dos “ tinajeros “ . Imprescindible esta actividade para poder desenvolver a súa actividade os diferentes mercaderes e comerciantes da zona .
Rúa Tabernas Rúa que fai referencia á existencia nese lugar de negocios dese tipo .
Elena González Prado María Hava
Belda
Mateo Hombre García Lúa Pérez Garrido
Alexia Chávez Gaxiola Antía Salazar Borrazás Seud Aradas López Daniel Rey Vidal Roberto Andrés Ordoñez Ordoñez Sara Lama Pena
AS PORTAS DA ANTIGA MURALLA DA CORUÑA
Porta de San Miguel ……………………………………..Jesús
Porta do Parrote …………………………………………….Marcos
Porta do Cravo …………………………………………….Alexia
SITIOS DA CIDADE VELLA
Praza de Azcárraga ou da Fariña María
Rúa veeduría Elena
Rúa Sinagoga. Lúa
Igrexa de Santiago Alexia