Page 1

EDL E.E.I. MILLADOIRO

CONSTRUÏAMOS XOGUETES

XOGOS TRADICIONAIS

PODEREMOS UTILIZAR: OS CAROZOS PARA CONSTRUÍR CASTELOS

BOTÓNS E LÁ PARA FACER ZOADEIRAS

BOTES E BÓLAS PARA REALIZAR CAZOS

AS CHAPAS PARA SEGUIR UN CAMIÑO

CARTOLINAS E PAUS PARA ELABORAR PEÓNS

BIBLIOGRAFÍA CORTIZAS, Antón: Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares. Vigo, Xerais, 2001. LÓPEZ GARCÍA, Xabier (Coord.): Xogos tradicionais para maiores , para nenas e para nenos. Ourense, Brinquedia, Rede do Xogo Tradicional, 2007. VEIGA, Paco: O libro dos xogos populares galegos. Santiago, Sotelo Blanco, 2001.

A DE FORM N T E A H E N A L M IDA É Ú PECI GO V S O E A X A O DE E NT E V I DA E FOM I V I D A D U AC T I Q T A . S C O O A N R A E NE PODE A L E DA NENA ) I C 9 SO TIVA T (197 STRU PIAGE CON JEAN


FÓRMULAS DE BOTAR SORTES

XOGOS DE RODA

NUN CAIXÓN

AS ABELLIÑAS DE SAN MIGUEL

HAI CATRO GATOS:

UN, DOUS, TRES E CATRO.

AS ABELLIÑAS DE SAN MIGUEL ANDAN TODAS DERREDOR DO MEL, E DE MEL E DE MELACHA QUE SE VIRE (NOME DO NENO/A) DE CACHAS.

TACO, TACO,

O PAVO

NÚMERO CATRO;

UN, DOUS, TRES E CATRO.

Porciones

MARTIÑO PEIXEIRO, QUEN DEIXA PASAR ? PASA QUEN PASA; QUEN NON QUEDARÁ. O TEU NOME É BICI BICI, O APELIDO CLETA, CLETA, O TEU NOME É BI-CI-CLE-TA.

O PAVO PAVIÑO PAVO O PAVO PAVIÑO, SI, O PAVO PAVIÑO PAVO O PAVIÑO XA ESTÁ AQUÍ. UNHA . ( Cántase tres veces, mudando o xiro e o número de cada vez. Ao remate da terceira fanse parellas, quen quede desparello fai unha roda no medio e comézase outra vez)

QUE ANDE A RODA QUE ANDE A RODA, QUE ANDE A RODA QUE A QUERO, QUE A QUERO VER BAILAR.

QUE DESANDE A RODA, QUE DESANDE A RODA QUE A QUERO, QUE A QUERO VER DESANDAR.

(A roda vira de sentido segundo a estrofa.)

A RODA DA PATACA UNHA BÓLA DE ALGODÓN, PATÍN, PATÓN, FÓRA CANÓN, ¡CHIS!, ¡PLON!

EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E.E.I. MILLADOIRO

A RODA DA PATACA, QUE BONITA É. UN PÉ, OUTRO PÉ, UNHA MAN, OUTRA MAN, UN CÓBADO, OUTRO CÓBADO, O NARIZ E O GORRO. EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E.E.I. MILLADOIRO


XOGOS CO CORPO

XOGOS COAS MANS

ASERRÍN, ASERRÁN ASERRÍN, ASERRÁN, AS MADEIRAS DE SAN XOÁN, PIDEN QUEIXO, PIDEN PAN, OS DE ROQUE, PALITROQUE, OS DE TRIQUI, TRIQUITRÁN. Xógase en parellas sentadas no chan e collidas das mans imitando a acción de serrar. Repítese varias veces, cada vez a maior velocidade.

ESTE É O MAIMIÑO ESTE É O MAIMIÑO, ESTE O SEU VECIÑO, ESTE É O PAI DE TODOS, ESTE É O FURABOLOS, E ESTE O MATAPIOLLOS. Vanse sinalando os dedos mentres se recita.

AS CAMPÁS DE SAN XIAO

ESTE FOI Á PRAZA

TILÍN, TILÁN, AS CAMPÁS DE SAN XIAO, UNHA VEÑEN E OUTRAS VAN. TILÍN, TILÁN.

ESTE FOI O MAR E NON TROUXO NADA, ESTE TAMÉN FOI E TROUXO UNHA PESCADA, ESTE ALÓ NON FOI MAIS LAVOUNA BEN LAVADA,ESTE, QUEDOU EN TERRA MAIS FIXO A CALDEIRADA E ESTE LAMBÓN LACAZÁN PAPOUNA SEN DEIXAR NADA.

As parellas colocadas de costas e agarradas polos brazos, van alternando o seu peso.

Vanse sinalando os dedos mentras se recita comezando polo maimiño.

ASÍ SE AMASA

MAN MORTA

ASÍ SE AMASA, ASÍ SE PENEIRA ASÍ SE DÁ VOLTA AO PAN NA MASEIRA.

MAN MORTA, MAN MORTIÑA , BATE QUE BATE NA TÚA BARRIGUIÑA.

As parellas cos brazos en alto e agarrados polas man, viran sen soltarse .

ESTE OLLO PIMPILÍN ESTE OLLO PIMPILÍN, ESTE OLLO PIMPILÁN, ESTE NARIZ NARIZÁN, ESTA BOCA PIDE PAN, ESTE QUEIXO NON LLO DA, ARRÁNCATE MEU CABALÁN. Vanse sinalando as partes da cara mentres se recita. EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E.E.I. MILLADOIRO

MAN MORTA, REVIRATORTA, BATE QUE BATE NA TÚA PORTA. (boca)

Coa man colgando (morta), faise o recitado e o final dáse coa man na parte do corpo correspondentedocorrespondente..

MAN SOBRE MAN Un participante coloca unha man coa palma cara abaixo, e o seguinte a súa sobre a primeira e asi sucesivamente,ata que as dúas mans estean colocadas. Despois, a quen se toque, quita a man de abaixo para colocala enriba do montón. Faise cada vez máis rápido.

EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E.E.I. MILLADOIRO


XOGOS DE CORRER

XOGOS DE GRUPO

QUEDAS SEGUIDAS

O ZAPATIÑO QUIETO É

A persoa que “queda” conta tres e corre para tocar a alguén e pasarlle a queda. No momento en que se fai dise:”UNHA, DÚAS, TRES, QUE APANDES TI POR ESTA VEZ”. Se o que queda vai insistentemente detrás da mesma persoa, esta pode dicir: “NON VALE TEIMA” polo que ten que deixar de ser perseguido. No caso de que non se queira que che devolvan a queda, pódese dicir: “NON VALE DE VOLTA”.

Delimítase a zona de xogo. Un participante fai de nai e colócase nun lado do campo e recita de costas“UN, DOUS, TRES, ZAPATIÑO QUIETO É”. Os participante deben avanzar mentres oen a cantarela e quedar quietos cando pare. Se a nai ve alguén moverse, sinálao e ten que volver comezar. O primeiro que toque a nai sen ser visto pasa a ocupar o seu lugar.

PITA CEGA

SARDIÑA Porciones Unha variante do xogo da pilla, no que se vai pasando a queda cando se toca. A persoa que persegue ten que desistir se a persoa acosada di

“SARDIÑA”e anícase. A “sardiña” deberá permanecer quieta e anicada ata que alguén o salve toacndoa e dicindo “VAI O MAR”.

- PITA CEGA, QUE PERDICHES? - UNHA AGULLA E UN DEDAL. - DÁ TRES VOLTAS QUE OS ATOPÁS. - UNHA, DÚAS E TRES. Limítase o espazo e véndaselle os ollos á persoa que fai de pita cega. O grupo e a “pita cega” recitan o diálogo . A “pita cega” ten que pillar a unha das persoas participante e apalpándoa adiviñar quen é.

PASA PERICO

GATO/A E RATO/A Despois de escoller o gato/a e o rato/a, o resto de participantes forman unha roda collidos da man. O gato/a colocase fóra da roda e a rato/a por dentro de mesma. A finalidade do xogo e que o gato/a dea pillado ao rato/a, e para iso tentara meterse dentro da roda, cousa que quen a forma deberá impedir cos brazos (baixándoos, achegándose..) mais sen se soltaren das mans. Se o gato consegue entrar dentro do círculo, o rato deberá saír. Quen forma a rada deberá facilitar as accións ao rato/a e tratar de impedir as do gato.

EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E.E.I. MILLADOIRO

PASA PERICO, PASA MONTEIRO, POLAS PORTAS DOS CARABINEIROS, O DE DIANTE CORRE MOITO E O DE ATRÁS AÍ QUEDARÁ. Unha parella agarrada das mans fai “unha ponte”. O resto de participantes en ringleira van pasando por debaixo mentres se recita. O que queda “na ponte”, ao rematar a cantareira, ten que escoller entre as dúas palabras previamente seleccionadas polos membros da parella. Débese poñer detrás daquela persoa a quen corresponda o nome elixido, agarrándoa pola cintura. Dese modo vanse facendo dous grupos. Formadas as dúas ringleiras, collidos da cintura e a parella agarrada das mans tentan arrastrar a fila contraria. Gaña o grupo que consegue arrastrar ao outro, rematando o xogo cando a cadea rompe EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E.E.I. MILLADOIRO

Xogos tradicionais  

Recollidas dalgúns xogos tradicionais.

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you