1 minute read

“Cociña tradicional como base dunha boa gastronomía”

Algunha vez propuxécheste exercer como cociñeira?

Os tempos nos que viviamos non eran moi fáciles para as mulleres pero como esa era a miña devoción eu intentei conseguilo. Unicamente conseguín un traballo nun comedor dunha escola en Lalín onde estiven ata os 24 anos e logo marchei para Vigo onde, despois de moitos anos, atopei un traballo como limpadora do centro comercial Gran Vía, onde sigo traballando actualmente.

Advertisement

Se se pode saber, por que o deixaches se era ao que te querías dedicar o resto da túa vida?

Como xa dixen, para as mulleres non era nada fácil atopar traballo pero esa non é a miña razón. Eu tiven dende moi nova problemas cos ósos, corazón… o que non me permitiu seguir co traballo naquel momento pero sempre digo que antes de morrer vou ensinar aos meus todo o que sei para que a adoración pola cociña continúe de xeración en xeración.

Seguindo co tema da familia, tes algunha anéctoda que queiras comentar?

Anécdotas teño moitas pero unha que non se me olvidará xamais foi que cando comecei a cociñar non sabía diferenciar o sal do azucre sen probalo e como non quería catalo, boteille á comida, que se non recordo mal era polo con patacas, o bote que tiña máis preto, que afortunadamente foi o sal, polo que ninguén se queixou ao comer e dende aí xa souben diferencialo sen probar

Como xa sabes a cociña evolucionou moito dende os teus comezos, que opinas sobre a nova cociña gourmet?

Nesa parte da cociña xa non entendo moito, pero paréceme algo moi innovador e diferente que me gustaría aprender se non fose porque xa non teño tanta capacidade de memoria e a mesma maña que fai uns anos, aínda así a miña familia segue animándome para aprender

Por último, gustaríache facer un libro para dar a coñecer todas as túas receitas?

Esa é unha idea que me xurdiu co inicio da Covid para ter unha maneira de matar o tempo pero se non fora pola miña memoria, os meus cálculos a ollo e a miña pouca creatividade para, por exemplo, poñer nomes aos pratos, faríao. Pero o que si que teño son ao redor de 4 cadernos escritos por min, onde recollo todos os ingredientes e pasos para realizar as receitas, que herdará a miña neta cando eu considere necesario.