Porriño Fiestas do Cristo 2022

Page 1

PROGRAMA

4 FESTAS DO CRISTO 2022
Producción
editorial SETEMBRO

Luns 19

• 18:00 h

PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN:

UNIÓN DEPORTIVA ATIOS CF

Praza Arquitecto Antonio Palacios

Mércores 21

• 18:00 h

PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN:

PORRIÑO INDUSTRIAL CF

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 20:30 h

CINEMA INFANTIL NA RÚA: PETER RABBIT

Avenida de Galicia

Xoves

22

• 18:00 h

PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN:

PORRIÑO BALONCESTO BASE

Praza Arquitecto Antonio Palacios

6 FESTAS DO CRISTO 2022
8 FESTAS DO CRISTO 2022

Xoves 22

• 22:00 h

CONCERTO: TREIXADURA

Rúa Domingo Bueno - Deputación de Pontevedra.

Musigal Venres 23

• 18:00 h

PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN: TAEKWONDO

Jo vhen sport e club leon&fam carrera

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 22:00 h

CONCERTO: COQUE MALLA

Exterior Pavillón Municipal dos Deportes

• 23:30 h

LOURO VALLEY FESTIVAL

Sábado 24

• 12:00 h

PREGÓN FESTAS DO CRISTO

A cargo de Alfonso Pato

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• De 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

• 18:00 h

ESPECTÁCULO INFANTIL DE MARIONETAS:

TITIRICIRCUS

Compañía Tanxarina Títeres

Praza Arquitecto Antonio Palacios

FESTAS DO CRISTO 2022 9

FESTAS DO CRISTO 2022

Sábado 24

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DE MÚSICA

XUVENIL DE TORROSO

• 21:00 h

MONTANDO CRISTO FESTIVAL

Zålomon Grass / Inmates / Zona

Zero / The Broke

Praza de San Sebastián

• 21:00 h

CONCERTO:

GISELA CONCERT KIDS

• 22:00 h

ORQUESTRA M3

ORQUESTRA ATENAS

Domingo 25

• 12:00 h

MISA SOLEMNE E PROCESIÓN

Amenizan: Brillat, Banda de Gaitas

San Xoán de Paramose Banda da Agrupación Musical do Porriño

• De 18:00 a 21:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

Rúas da vila

• 18:00 h

TEATRO INFANTIL: OS NOVOS

MÚSICOS DE BREMEN

Compañía Animar-T

Barrio de San Bieito

10
FESTAS DO CRISTO 2022 11
12 FESTAS
DO CRISTO 2022

Domingo 25

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DA AGRUPACIÓN MUSICAL

DO PORRIÑO

Praza do Cristo

• 21:00 h

CONCERTO: BANDA DE GAITAS SAN XOÁN DE PARAMOS

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 21:30 h

ORQUESTRA PARÍS DE NOIA

ORQUESTRA AMÉRICA

Luns 26

• 12:00 h

MISA DE CAMPAÑA

Amenizan: Grupo Parroquial Santa María do Porriñoe Banda de Música Cultural de Arcade

• De 18:00 a 21:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE ARCADE

• 21:30 h

ORQUESTRA LA DIMENSIÓN

ORQUESTRA EL COMBO DOMINICANO

FESTAS DO CRISTO 2022 13

Martes 27

• 18:00 h

EXHIBICIÓN: CLUB XIMNASIA RÍTMICA PORRIÑO

Pavillón Municipal dos Deportes

• 19:00 h

EXHIBICIÓN: CLUB PATÍN EN LIÑA PORRIÑO

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 20:00 h

CERTAME TES TALENTO?. SEMIFINAL ADULTOS

Praza Arquitecto Antonio Palacios

Mércores 28

• 18:00 h

PRESENTACIÓN E EXHIBICIÓN: CLUB BALONMÁN

PORRIÑO

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 21:00 h

MONÓLOGO: PEPO SUEVOS

Xoves 29

• 19:00 h

XELA CONTRA O DRAGÓN TRAGA-VERBAS

Cía. Títeres Cachirulo. Rede de Dinamización Lingüística

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 20:00 h

CERTAME TES TALENTO?. SEMIFINAL ADULTOS

Praza Arquitecto Antonio Palacios

16 FESTAS DO
CRISTO 2022

Venres 30

• 19:00 h

BATALLA DE GALOS

• 21:00 h

MONÓLOGO: ISI

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 22:30 h

CONCERTO: TANXUGUEIRAS

• 23:00 h

FESTA REMEMBER (RADIO 8)

FESTAS DO CRISTO 2022 17

FESTAS DO CRISTO 2022

OUTUBRO

Sábado 01 de outubro

• RALLY RÍAS BAIXAS. 55 EDICIÓN

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• De 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE REDONDELA

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 22:00 h

ORQUESTRA AMÉRICA SL

ORQUESTRA TRIUNFO

18
FESTAS DO CRISTO 2022 19

Domingo 02

• 10:00 h

DÍA DO CICLISMO. MARCHA CICLOTURÍSTICA

Club Ciclista Avanza e Master da Louriña

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• Pregón ás 12:00 h

FESTA DOS CALLOS. XXIX EDICIÓN

Establecementos hostaleiros

• De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h

ANIMACIÓN DE RÚA

• 17:30 h

ESPECTÁCULO INFANTIL: PETISCOS DE LINGUA

Compañía Migallas Teatro. Rede de Dinamización

Lingüística

Praza Arquitecto Antonio Palacios

• 19:00 h

CERTAME TES TALENTO? Final infantil e adultos

• 20:00 h

CONCERTO: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE SALCEDA

• 22:00 h

ORQUESTRA LOS PLAYER´S

20 FESTAS DO CRISTO 2022
FESTAS DO CRISTO 2022 21
22 FESTAS DO
CRISTO 2022

Que visitar Porriño

O Patrimonio Cultural do Porriño ten mostras de interese en cada un dos apartados en que o clasificamos, dende o patrimonio dos camiños co paso por este concello do Camiño Portugués ao arqueolóxico coa importancia e a cantidade de restos conservados do xacemento paleolítico de Budiño. O industrial pode representarse pola antiga fábrica de curtidos da Guía, o bibliográfico e documental nos libros parroquiais de nacementos e defuncións dende, o inmaterial pola supervivencia de antigas tradicións como a dos ramos de San Brais de Budiño, o Xogo da ola no Entroido porriñés e as Rondallas ou Ranchos de Reis. Hai un rico patrimonio etnolóxico nos muíños destacando os grupos da Laxe en Cans, do Castro en Atios, os do Cotiño en Budiño, os de Filgueiras en Chenlo, os do monte da Cañota en Mosende e o Muíño de Pousadela en Pontellas; e tamén de cruceiros e petos de ánimas. Cabe destacar a importancia do patrimonio arquitectónico. Na parte relixiosa, as igrexas e capelas de orixe medieval reconstruídas na Idade Moderna que se espallan por tódalas parroquias conservándose a maior antigüidade no románico de Budiño; na arquitectura civil, os cinco pazos de Mosende, Pontellas e Budiño, e de época máis recente, todo un conxunto de casas, soportais e edificacións diversas da vila do Porriño. O grupo máis sobresaínte ten relación coas obras deseñadas polo arquitecto Antonio Palacios: A Fonte de Palacios, na praza do Cristo, foi inaugurada en 1905; a Botica Nova

FESTAS DO CRISTO 2022 23

que proxectou para o seu irmán Pepe Palacios foi rematada en 1912; o Templete de San Luís para o Metro madrileño foi deseñado en 1919 e trasladado en parte ao Porriño en 1971; e o Pazo do Concello construído entre 1919 e 1924 que, sen dúbida, é a obra máis importante das realizadas polo arquitecto na súa vila. Xunto coa casa onde naceu Palacios, estas obras conforman o roteiro local patrimonial do afamado porriñés.

E tamén a rotundidade do patrimonio natural e paisaxístico porriñés brillando especialmente o monte Castelo de Cans onde estivo o castelo de Miravel, o Faro de Budiño e as Gándaras de Budiño. A posta en valor das formacións graníticas e das vistas panorámicas tivo en Ramón Cabanillas e os irmáns José e Antonio Palacios os pioneiros defensores da Ruta dos Penedos, tal como a nomearon en 1930 a Ruta dos Penedos. As Gándaras de Budiño é un espazo dun importante valor natural formado por lagoas, regatos e o propio río Louro, nun terreo de fauna e flora excepcional. Tanto os bosques de ribeira, as turbeiras, como a zona pantanosa aportan datos de grande interese científico que se estenden ás aves migratorias, os réptiles coma o sapoconcho común e outras especies.

24 FESTAS DO CRISTO 2022
FESTAS DO CRISTO 2022 25
26
FESTAS DO CRISTO 2022

Camiño de Santiago

Nas inmediacións de Orbenlle parte o itinerario alternativo que evita o paso do polígono industrial desde setembro de 2013. A alternativa comeza 300 metros despois do punto quilométrico 106.048 a Santiago. É unha entrada á man esquerda, xunto ao cartel. Esta variante descende lixeiramente entre tupida vexetación ata o vao da Ponte Baranco, sobre o Louro, e cruza posteriormente un paso de inverno. Desde este punto, un camiño de terra entre viñedos e arboredos alcanza unha pista asfaltada, que se interna pola parroquia de San Xurxo de Mosende, visitando os lugares de Monte, Vides e Cruceiro.

Outro posterior paso de inverno, coñecido polos veciños como ‘paso de Botate’, desemboca nun camiño terroso. Despois, unha pista local accede á parroquia de Santiago de Pontellas xunto ás casas de Centeáns. Aquí, unha ‘cruz de mortos’ dá paso a un magnífico cruceiro, situado sobre o antigo Camiño Real a Vigo. Nesta variante agardan aínda máis sorpresas, como a capela de San Campio e o seu cruceiro, así como tamén a Quinta do Adro ou da Inquisición, onde o trazado se separa do Camiño Real. Unha estrada local con carril peonil para ciclistas conduce desde este punto ao ca-

rreiro que segue o ronsel do río Louro (non crucedes o río aínda que vexades frechas, progresade sempre coa canle á

dereita!) e que alcanza o mesmo albergue de peregrinos do Porriño (Km 19,2).

Itinerario polo polígono

Atravesamos Orbenlle por pista asfaltada ata a área de descanso xestionada pola Asociación Cultural A Lagoa (Bar).

FESTAS DO CRISTO 2022 27

O escenario torna por completo a partir de aquí xa que se interpón no noso camiño o polígono industrial As Gándaras que, desafiante, nos espera abaixo. Atravesámolo por unha recta anódina e infinita próxima aos tres quilómetros para despedilo xunto a unha pasarela labiríntica que salva as vías do tren e lévanos ao pé da N-550 (km 15,4). Xunto á estrada hai varios bares, cafeterías e empresas de servizos. Atopámonos na parroquia de Atios, e se a recta do polígono era longa e aburrida non o é menos a que vén a continuación. Superámola e deixamos a N-550 pola esquerda, xunto ao marco 99,408 km, para entrar no Porriño pola rúa Manuel Rodríguez, onde a estrada se bifurca e hai que tomar á dereita para chegar ata a praza de San Sebastián. Nesa zona atópase a capela do mesmo nome, que marca a orixe da zona onde naceu o municipio. Aínda que o seu valor histórico está vinculado ao nacemento do concello, é sinxela en canto a arquitectura, posto que foi construída polos propios veciños para poder oír misa diaria e evitar desprazamentos.

Se o peregrino ten uns minutos é aconsellable desviarse á man dereita ata a zona verde que se ve ao final da rúa. Nela pódese atopar o pavillón de acceso á estación de metro que estaba situado na Gran Vía de Madrid. A compañía do metropolitano decidiu a súa retirada e ante o risco de desaparición foi trasladado en 1971 ao concello do Porriño.

A estrutura foi proxectada polo famoso arquitecto porriñés Antonio Palacios no ano 1919 e estaba composto por dúas estruturas diferentes, unha de granito moi traballado e outra de ferro forxado e cristal. Con todo, no traslado perdeuse a parte de ferro. Regresando ao traxecto orixinal, o peregrino deberá continuar pola mesma rúa ata atoparse coa capela de San Bieito, onde

28 FESTAS DO CRISTO 2022

antigamente se realizaba o mercado da vila e onde chegou a situarse unha pequena alameda.

A capela foi levantada a finais do século XIX e posteriormente restaurada e ampliada a comezos do XX. É un edificio de reducidas dimensións con planta de cruz latina. Se o camiñante ten ganas dun pouco de arte urbana, sería posible desviarse

á man esquerda pola rúa da Ola, onde se pode ver o gran muro da rúa Cando cheo de graffitis. Continuando pola zona, na que destaca a pedra en todas as construcións, o peregrino entra no corazón urbano da vila e é recibido pola capela de Santa María. Atópase en pleno cruzamento de Ramón

González con Manuel Rodríguez

e, segundo parece, foi levantada a mediados do século XVI. Foi cambiando de advocación e estivo dedicada a San Xurxo nun comezo. En

1778 parece que estaba dedicada

FESTAS DO CRISTO 2022 29

á nosa Señora da O pero desde 1809 a denominación céntrase en Santa María.

O peregrino pode proseguir o seu percorrido en dirección á praza Arquitecto Antonio Palacios, onde se atopa o edificio do consistorio, obra do porriñés máis famoso. Unha estatua del sentado nun dos bancos da zona rende homenaxe a este prolífico arquitecto, o mellor embaixador do granito do Porriño. Este edificio é a obra máis importante do arquitecto no seu concello e estaba dedicado á súa nai. A edificación, levantada nos anos 20, substituíu o consistorio orixinal, que se atopaba en estado ruinoso. O proxecto foi entregado gratis ao concello grazas á xenerosidade de Ramón González.

O traxecto continúa polas rúas empedradas, que terminan xusto na zona da capela do Cristo e a fonte de Palacios. A fonte foi construída en honor a un antigo cruceiro e ten dous corpos, un primeiro con base octogonal para salvar o desnivel da praza e logo unha parte superior na que se asenta unha base e se erixe a fonte.

Os caños de auga están alternados con elementos ornamentais con motivos florais moi vistosos. Coroa a fonte unha columna de corte clásico que termina nun capitel con decoración vexetal sobre a que se levanta a estatua dun paxe, obra do mestre Cerviño. A fonte data de 1904. Detrás da fonte pódese acceder a través dunha escalinata á capela do Cristo, o cuarto recinto relixioso que apareceu no núcleo urbano. A súa construción foi grazas a Servando Ramilo Neves, que doou o terreo para a capela e o parque, ademais de sufragar os gastos do recinto. As obras termináronse en 1899 e a súa inauguración, un 17 de setembro, marcou unha cita clave no calendario porriñés, que agora nesas datas celebra as súas populares festas patronais. Os peregrinos decidirán se continúan o traxecto ou se aloxan nun dos albergues de peregrinos, ou outras alternativas de hospedaxe que se ofrecen no municipio. Se o rumbo é en dirección a Redondela, aínda quedará atravesar un pequeno tramo da zona urbana antes de penetrar na N-550.

30 FESTAS DO CRISTO 2022

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.