







Xoves 4 de setembro

Xoves 4 de setembro
ESPECTÁCULO DE ILUSIONISMO DE MARTÍN CAMIÑA:
UN FEIXE DE ENGUEDELLOS
Rede de Bibliotecas de Galicia “Ler conta moito” e Biblioteca
Municipal do Porriño
» Ás 19:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Venres 5 de setembro
ESPECTÁCULO DE MARIONETAS: TITIRICIRCUS
Compañía: Tanxarina Títeres
» Ás 18:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Sábado 6 (e domingo 7) de setembro
EXHIBICIÓN DE AEROMODELISMO
» Todo o día • Pista de aeromodelismo de Pontellas
Sábado 6 de setembro
TROFEO FESTAS DO CRISTO “A NOCTURNA 2025”
Organiza: C. Máster da Louriña | Colabora: Concello do Porriño
» Ás 16:00 h • Rúas da vila
CONCERTO: TROMPETISTA MANUEL MADARNÁS
Xira MMarca 2025
» Ás 20:00 h • Parque do Cristo
NEGRITA MUSIC FESTIVAL:
Yung Beef / Hard GZ / Cyril Kamer / La Pantera / Alvama Ice / West SRK / Xiyo & Fernandezz / Groove Amigos B2B Traffic
House / Galicia Army
» Ás 20:00 h • Aparcadoiro da rúa Progreso
Acceso con entrada: www.negritamusicfestival.com
XVII DIRT-TRACK XACOB AGRA
Organiza: Moto Club Papaya | Colabora: Concello do Porriño
» Ás 18:00 h • Velódromo Municipal
CONCERTO: GUSTAVO ALMEIDA. NAS TRES LINGUAS DO CAMIÑO
Cultura no Camiño 25. Xunta de Galicia e AGADIC
» Ás 20:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
11 de setembro
ESPECTÁCULO DE ILUSIONISMO DE LORE LAVAND: A VIDA MESMA
Rede de Bibliotecas de Galicia “Ler conta moito” e Biblioteca
Municipal do Porriño
» Ás 19:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
MONÓLOGO DE MARTA DOVIRO: MEMORIAS DUNHA RAPASA
DA COSTA
» Ás 20:45 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Venres 12 de setembro
ESPECTÁCULO DE MÚSICA E HUMOR “OS TRISTES”, DE MARCOS PEREIRO E FEDERICO PÉREZ
» Ás 20:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
CONCERTO: JAY DOE & THE BLUES PREACHERS
» Ás 21:30 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Venres 12 e sábado 13 de setembro
MERCA NA RÚA. XXXII FEIRA DE OPORTUNIDADES
Organizan: ACIPOR e Morea
Colaboran: Xunta de Galicia e Concello do Porriño
» Todo o día • Rúa peonil
Sábado 13 de setembro
CONCERTO: RAFAEL YEBRA & OSWALDO ORO MÚSICA PARA
SAXOFÓN E GUITARRA
» Ás 21:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Domingo 14 de setembro
FESTA DO MONTE DA RISCA
Organiza: Comunidade de Montes Santa María do Porriño
Colabora: Concello do Porriño
» Ás 12:00 h • Monte da Risca
CONCERTO: ÓSCAR IBÁÑEZ & TRIBO
Axencia Turismo de Galicia
» Ás 20:30 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Luns 15 de setembro
PRESENTACIÓN: CLUB DEPORTIVO PONTELLAS
» Ás 17:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
CURSO DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR (RCP) NA RÚA
» Ás 19:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Martes 16 de setembro
PRESENTACIÓN: UNIÓN DEPORTIVA ATIOS
» Ás 17:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Mércores 17 de setembro
PRESENTACIÓN: PORRIÑO INDUSTRIAL FÚTBOL CLUB
» Ás 17:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Xoves 18 de setembro
PRESENTACIÓN: CLUB BALONMÁN PORRIÑO
» Ás 17:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
MONÓLOGO DE ISABEL RISCO
» Ás 20:30 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Venres 19 de setembro
FESTA FLAMENCA
» Ás 18:30 h • Praza Arq. Antonio Palacios
CONCERTO: NOEMÏ
» Ás 21:00 h • Parque do Cristo
NOITE ABERTA
» De 21:00 h a 00:00 h • Comercio local
Sábado 20 de setembro
FESTA DO PEREGRINO E DO TURISMO: O PORRIÑO, CAMIÑO
E DESTINO
» De 16:00 a 20:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Domingo 21 de setembro
III CARREIRA DE EMPRESAS GALICIA 2025 XIV INTERRUNNING
» De 9:00 a 14:00 h • Rúas da vila
Inscrición previa ata o 17 de setembro
ESPECTÁCULO DE MARIONETAS: A MORTE DE DON CRISTOBAL
Compañía: Pelele
» Ás 19:30 h • Praza Arq. Antonio Palacios
BATALLA DE BAILE E CONCERTOS: SUMMER SON JAM
» Todo o día • Parque Infantil
Martes 23 de setembro
TORNEO DE XADREZ
» Ás 18:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Mércores 24 de setembro
PRESENTACIÓN: PORRIÑO BALONCESTO BASE
» Ás 17:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Xoves 25 de setembro
FESTIVAL DE PATÍN EN LIÑA E MONOPATÍN
» De 16:00 a 19:00 h • Rúas da vila
MONÓLOGO DE QUICO CADAVAL: FANTASMAS FAMILIARES
» Ás 20:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
Venres 26 de setembro
VERBENA: ORQUESTRA TANGO
» Ás 21:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
CONCERTO: HEREDEIROS DA CRUS
» Ás 22:00 h • Aparcadoiro da rúa Progreso
Venres 26 (e sábado 27) de setembro
LOURO VALLEY FESTIVAL:
Beret / Groove Amigos / Samu Pexe /Dmiron / Keva
» Ás 22:00 h •Aparcadoiro da rúa Progreso
Sábado 27 de setembro
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS, CHARANGAS E XIGANTES E CABEZUDOS
» De 12:00 a 14:30 h • Rúas da vila
PREGÓN DAS FESTAS DO CRISTO 2025. A CARGO DO CLUB
BALONMÁN PORRIÑO FEMININO
» Ás 13:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS, CHARANGAS
» De 18:00 a 21:30 h • Rúas da vila
OBRADOIROS INFANTÍS ANIMAR-T
» De 18:00 a 20:00 h • Parque do Cristo
FESTIVAL FESTAS DO CRISTO DE BANDAS DE MÚSICA:
- Agrupación Musical do Porriño
- Banda de Música Unión Musical de Tenorio
» Ás 19:00 h • Parque do Cristo
CONCERTO: BANDA DE GAITAS SAN XOÁN DE PARAMOS
» Ás 21:00 h • Rúa Domingo Bueno
VERBENA: ORQUESTRA RITMO JOVEN
» Ás 22:30 h • Praza Central
Sábado 27 (e venres 26) de setembro
LOURO VALLEY FESTIVAL:
Sash! / Traffic house / Khris Guez / Shameless / Pitty
» Ás 22:00 h •Aparcadoiro da rúa Progreso
Domingo 28 de setembro
MISA SOLEMNE E PROCESIÓN DO SANTÍSIMO CRISTO DA AGONÍA
Ameniza a misa: Coral Polifónica da E.M.M do Porriño
Amenizan a procesión: Banda de Guerra da Brilat, Escuadra de Gastadores e Banda de Gaitas Os Coribantes
» Ás 12:00 h •Igrexa de Santa María e rúas da vila
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 12:00 a 14:30 h • Rúas da vila
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 18:00 a 20:30 h • Rúas da vila
OBRADOIROS INFANTÍS ANIMAR-T
» De 18:00 a 20:00 h • Parque do Cristo
ESPECTÁCULO INFANTIL: CANTAJUEGO. CONCERTOS DE COCO E PEPE
» Ás 18:00 h • Rúa Domingo Bueno
CONCERTO: OS CORIBANTES
» Ás 19:30 h • Praza Arq. Antonio Palacios
VERBENA:
- Orquestra Galilea • Praza Central
- Orquestra América • Rúa Domingo Bueno
» A partir das 21:00 h
Luns 29 de setembro
MISA SOLEMNE DE CAMPAÑA
Ameniza: Grupo Parroquial
» Ás 12:00 h • Parque do Cristo
CONCERTO: BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE REDONDELA
» Ao rematar a Misa • Parque do Cristo
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 12:00 a 14:30 h • Rúas da vila
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 18:00 a 20:30 h • Rúas da vila
CONCERTO DE BANDAS DE MÚSICA:
- Banda de Música Municipal de Redondela
- Banda de Música Cultural de Arcade
» Ás 19:00 h • Parque do Cristo
VERBENA: ORQUESTRA PARÍS DE NOIA
» Ás 21:00 h • Rúa Domingo Bueno
VERBENA: ORQUESTRA PANORAMA
» Ás 23:45 h • Aparcadoiro da rúa Progreso
ESPECTÁCULO INFANTIL: UN MAR DE XOGOS
Compañía: Bico de toupa
» De 18:00 a 21:00 h • Parque Infantil
CERTAME TES TALENTO?. SEMIFINAL
» Ás 20:00 h • Praza 8 de Marzo
VERBENA:
- Orquestra Distrito 7 • Praza Central
- Orquestra Solara • Praza Arq. Antonio Palacios
» A partir das 21:00 h
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 12:00 a 14:30 h • Rúas da vilas
CONCERTO: BANDA DE GAITAS CHARAMUSCAS DA S.C.D.R. HELIOS DE BEMBRIVE
» Ás 13:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
EXHIBICIÓN DE SCALEXTRIC: SLOT CLUB PORRIÑO
Organiza: Slot Club Porriño | Colabora: Concello do Porriño
» Ás 17:00 h • Parque do Cristo
XIII MILLA PORRIÑESA
Organizan: Concello do Porriño e Club Atletismo Porriño
» Ás 19:00 h • Rúas da vila
Inscrición gratuíta ata o 3 de outubro en www.ecultura.net
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 19:00 a 21:00 h • Rúas da vilas
CERTAME TES TALENTO?. SEMIFINAL
» Ás 19:00 h • Praza 8 de Marzo
MONTANDO CRISTO FESTIVAL. XI EDICIÓN:
Elëven / Santo Rostro / Lucifèrnaga / Electric Läger
» Ás 21:30 h • Praza de San Sebastián
VERBENA:
- Orquestra Costa Blanca • Praza Central
- Orquestra Pontevedra • Praza Arq. Antonio Palacios
» A partir das 21:00 h
Domingo 5 de outubro
TORNEO INDIVIDUAL PATÍN PORRIÑO
» Todo o día • Pavillón Municipal dos Deportes
FESTA DOS CALLOS. XXXII EDICIÓN
Organizan: Ahospor | Colabora: Concello do Porriño
» A partir das 12:00 h • Hostalaría da vila
ANIMACIÓN DE RÚA: BATUCADAS E CHARANGAS
» De 12:00 a 14:00 h • Rúas da vilas
CERTAME TES TALENTO?. FINAL
Praza 8 de Marzo
» Final infantil ás 17:00 h / Final adultos ás 19:30 h
CONCERTO: BANDA DE MÚSICA CULTURAL DE SALCEDA
» Ás 19:00 h • Praza Arq. Antonio Palacios
VERBENA: EL COMBO DOMINICANO
» Ás 21:00 h • Rúa Antonio Palacios
ESTA PROGRAMACIÓN ESTÁ SUXEITA A POSIBLES CAMBIOS OU SUSPENSIÓNS
O Patrimonio Cultural do Porriño ten mostras de interese en cada un dos apartados en que o clasificamos, dende o patrimonio dos camiños co paso por este concello do Camiño Portugués ao arqueolóxico coa importancia e a cantidade de restos conservados do xacemento paleolítico de Budiño. O industrial pode representarse pola antiga fábrica de curtidos da Guía, o bibliográfico e documental nos libros parroquiais de nacementos e defuncións dende, o inmaterial pola supervivencia de antigas tradicións como a dos ramos de San Brais de Budiño, o Xogo da ola no Entroido porriñés e as Rondallas ou Ranchos de Reis. Hai un rico patrimonio etnolóxico nos muíños destacando os grupos da Laxe en Cans, do Castro en Atios, os do Cotiño en Budiño, os de Filgueiras en Chenlo, os do monte da Cañota en Mosende e o Muíño de Pousadela en Pontellas; e tamén de cruceiros e petos de ánimas.
Cabe destacar a importancia do patrimonio arquitectónico. Na parte relixiosa, as igrexas e capelas de orixe medieval reconstruídas na Idade Moderna que
se espallan por tódalas parroquias conservándose a maior antigüidade no románico de Budiño; na arquitectura civil, os cinco pazos de Mosende, Pontellas e Budiño, e de época máis recente, todo un conxunto de casas, soportais e edificacións diversas da vila do Porriño. O grupo máis sobresaínte ten relación coas obras deseñadas polo arquitecto Antonio Palacios: A Fonte de Palacios, na praza do Cristo, foi inaugurada en 1905; a Botica Nova que proxectou para o seu
irmán Pepe Palacios foi rematada en 1912; o Templete de San Luís para o Metro madrileño foi deseñado en 1919 e trasladado en parte ao Porriño en 1971; e o Pazo do Concello construído entre 1919 e 1924 que, sen dúbida, é a obra máis importante das realizadas polo arquitecto na súa vila. Xunto coa casa onde naceu Palacios, estas obras conforman o roteiro local patrimonial do afamado porriñés.
E tamén a rotundidade do patrimonio natural e paisaxístico porriñés brillando especialmente o monte Castelo de Cans onde estivo o castelo de Miravel, o Faro de Budiño e as Gándaras de
Budiño. A posta en valor das formacións graníticas e das vistas panorámicas tivo en Ramón Cabanillas e os irmáns José e Antonio Palacios os pioneiros defensores da Ruta dos Penedos, tal como a nomearon en 1930 a Ruta dos Penedos.
As Gándaras de Budiño é un espazo dun importante valor natural formado por lagoas, regatos
e o propio río Louro, nun terreo de fauna e flora excepcional. Tanto os bosques de ribeira, as turbeiras, como a zona pantanosa aportan datos de grande interese científico que se estenden ás aves migratorias, os réptiles coma o sapoconcho común e outras especies.
Coñécese con este nome de Gándaras de Budiño a terra chá formada pola conca do río Louro, pertencente a cinco parroquias (S. Salvador e S. Estevo de Budiño, Atios, Pontellas, Ribadelouro) de tres municipios diferentes (O Porriño, Salceda de Caselas, Tui). Constitúe unha ampla depresión (8 e 2,5 km de eixes máximos) cunha altitude media de 30 metros, encaixada entre a Serra do Galiñeiro (705 metros) ao oeste e o conxunto de alturas entre as que, pola súa morfoloxía, destaca o Faro de Budiño ao leste. A zona aparece maioritariamente recuberta por vexetación de breixo e breixo húmido sobre substrato arxiloso, formación que recibe no país o nome de gándara.
Pola súa topografía e clima, estas gándaras foron no seu día unha extensa zona húmida, con interese cinexético, o que tal vez explique a antigüidade da súa utilización para asentamento humano (existe un importante xacemento arqueolóxico do Paleolítico, datado en 18.000 – 26.000 anos a. C.
O complexo lagoa-bosque ribeirán consiste nunha banda de 2 quilómetros de lonxitude por 200-600 metros de anchura, centrado no curso do río Louro que discorre orixinando un labirinto de regatos, pozas, charcas estacionais e lagoas permanentes, como as do Fial, Centeáns e Budiño. O río actúa como drenaxe, pero en épocas de maior achega hídrica (inverno e primavera), as augas invaden o que se converte así nun único complexo palustre forestal. Parte do espazo, hoxe arborado, foi obxecto de cultivo ata épocas recentes, pero o abandono
ao que se ve sometido o medio rural está posibilitando unha volta ao aspecto que tiña antes da explotación agrícola. Sobre o resto da área, hoxe lagoa, tivo lugar o trazado do polígono industrial As Gándaras que motivou unha degradación enorme deste ecosistema.
As repoboacións nas zonas deforestadas no contorno da lagoa deben intensificarse. Todo o que supoña formar unha cortina vexetal que as ille do seu agresivo contorno industrial, axudará nestas gándaras a salvar un paraíso de fauna e flora que xustificou o apelativo de “Doñana de Galicia”, co que algún entusiasta xornalista a definiu.
Nas inmediacións de Orbenlle parte o itinerario alternativo que evita o paso do polígono industrial desde setembro de 2013.
A alternativa comeza 300 metros despois do punto quilométrico 106.048 a Santiago. É unha entrada á man esquerda, xunto ao cartel. Esta variante descende lixeiramente entre tupida vexetación ata o vao da Ponte Baranco, sobre o Louro, e cruza posteriormente un paso de inverno. Desde este punto, un camiño de terra entre viñedos e arboredos alcanza unha pista asfaltada, que se interna pola parroquia de San Xurxo de Mosende, visitando os lugares de Monte, Vides e Cruceiro.
Outro posterior paso de inverno, coñecido polos veciños como ‘paso de Botate’, desemboca nun camiño terroso. Despois, unha pista local accede á parroquia de Santiago de Pontellas xunto ás casas de Centeáns. Aquí, unha ‘cruz de mortos’ dá paso a un magnífico cruceiro, situado sobre o antigo Camiño Real a Vigo.
Nesta variante agardan aínda máis sorpresas, como a capela de San Campio e o seu cruceiro, así como tamén a Quinta do Adro ou da Inquisición, onde o trazado se separa do Camiño Real. Unha estrada local con carril peonil para ciclistas conduce desde este punto ao carreiro que segue o ronsel do río Louro (non crucedes o río aínda que vexades frechas, progresade sempre coa canle á dereita!) e que alcanza o mesmo albergue de peregrinos do Porriño (Km 19,2).
Itinerario polo polígono
Atravesamos Orbenlle por pista asfaltada ata a área de descanso xestionada pola Asociación Cultural A Lagoa (Bar).
O escenario torna por completo a partir de aquí xa que se interpón no noso camiño o polígono industrial As Gándaras que, desafiante, nos espera abaixo. Atravesámolo por unha recta anódina e infinita próxima aos tres quilómetros para despedilo xunto a unha pasarela labiríntica que salva as vías do tren e lévanos ao pé da N-550 (km 15,4). Xunto á estrada hai varios bares, cafeterías e empresas de servizos. Atopámonos na parroquia de Atios, e se a recta do polígono era longa e aburrida non o é menos a que vén a continuación. Superámola
e deixamos a N-550 pola esquerda, xunto ao marco 99,408 km, para entrar no Porriño pola rúa Manuel Rodríguez, onde a estrada se bifurca e hai que tomar á dereita para chegar ata a praza de San Sebastián. Nesa zona atópase a capela do mesmo nome, que marca a orixe da zona onde naceu o municipio. Aínda que o seu valor histórico está vinculado ao nacemento do concello, é sinxela en canto a arquitectura, posto que foi construída polos propios veciños para poder oír misa diaria e evitar desprazamentos.
Se o peregrino ten uns minutos é aconsellable desviarse á man dereita ata a zona verde que se ve ao final da rúa. Nela pódese atopar o pavillón de acceso á estación de metro que estaba situado na Gran Vía de Madrid. A compañía do metropolitano decidiu a súa retirada e ante o risco de desaparición foi trasladado en 1971 ao concello do Porriño.
A estrutura foi proxectada polo famoso arquitecto porriñés Antonio Palacios no ano 1919 e estaba composto por dúas estruturas diferentes, unha de granito moi traballado e outra de ferro forxado e cristal. Con todo, no traslado perdeuse a parte de ferro. Regresando ao traxecto orixinal, o peregrino deberá continuar pola mesma rúa ata atoparse coa capela de San Bieito, onde antigamente se realizaba o mercado da vila e onde chegou a situarse unha pequena alameda.
A capela foi levantada a finais do século XIX e posteriormente restaurada e ampliada a comezos do XX. É un edificio de reducidas dimensións con planta de cruz latina. Se o camiñante ten ganas dun pouco de arte urbana, sería posible desviarse á man esquerda pola rúa da Ola, onde se pode ver o gran muro da rúa Cando cheo de graffitis.
Continuando pola zona, na que destaca a pedra en todas as construcións, o peregrino entra no corazón urbano da vila e é recibido pola capela de Santa María. Atópase en pleno cruzamento de Ramón González con Manuel Rodríguez e, segundo parece, foi levantada a mediados do século XVI. Foi cambiando de advocación e estivo dedicada a San Xurxo nun comezo. En 1778 parece que estaba dedicada á nosa Señora da O pero desde 1809 a denominación céntrase en Santa María.
O peregrino pode proseguir o seu percorrido en dirección
á praza Arquitecto Antonio Palacios, onde se atopa o edificio do consistorio, obra do porriñés máis famoso. Unha estatua del sentado nun dos bancos da zona rende homenaxe a este prolífico arquitecto, o mellor embaixador do granito do Porriño. Este edificio é a obra máis importante do arquitecto no seu concello e estaba dedicado á súa nai. A edificación, levantada nos anos 20, substituíu o consistorio orixinal, que se atopaba en estado ruinoso. O proxecto foi entregado gratis ao concello grazas á xenerosidade de Ramón González.
O traxecto continúa polas rúas empedradas, que terminan xusto na zona da capela do Cristo e a fonte de Palacios. A fonte foi construída en honor a un antigo cruceiro e ten dous corpos, un primeiro con base octogonal para salvar o desnivel da praza e logo unha parte superior na que se asenta unha base e se erixe a fonte.
Os caños de auga están alternados con elementos ornamentais con motivos florais moi vistosos. Coroa a fonte unha columna de corte clásico que termina nun capitel con decoración vexetal sobre a que se levanta a estatua dun paxe, obra do mestre Cerviño. A fonte data de 1904. Detrás da fonte pódese acceder a través dunha escalinata á capela do Cristo, o cuarto recinto relixioso que apareceu no núcleo urbano. A súa construción foi grazas a Servando Ramilo Neves, que doou o terreo para a capela e o parque, ademais de sufragar os gastos do recinto.
As obras termináronse en 1899 e a súa inauguración, un 17 de setembro, marcou unha cita clave no calendario porriñés, que agora nesas datas celebra as súas populares festas patronais. Os peregrinos decidirán se continúan o traxecto ou se aloxan nun dos albergues de peregrinos, ou outras alternativas de hospedaxe que se ofrecen no municipio. Se o rumbo é en dirección a Redondela, aínda quedará atravesar un pequeno tramo da zona urbana antes de penetrar na N-550.