CULTIVANDO HABILIDADES
A autoestima
A autoestima é clave para o benestar psicolóxico
Debemos traballar a autoaceptación, o autoconcepto, a responsabilidade e a tolerancia á frustración
Dúas cousas en particular inflúen na autoestima que teñas:
como es visto e tratado polos demais
como che percibes a ti mesmo
Debes valorar as túas calidades. Pero tamén tes que ter en conta os defectos e asumilos como parte ti mesmo. Mellorate a ti mesmo
Todos somos igual de importantesA aceptación non conleva resignación É importante que sexamos aceptados tal e como somos, recoñecendo tanto os nosos valores como dificultades.
O valor que che deas, achegarache as calidades que os demais che recoñecerán. Só o que se respecta pode facerse respectar e facer valer as súas necesidades.
- Respecto hacia os demáts. Acepta as diferenzas sen desprezo nin intolerancia cara a outras persoas. Traballa a empatía e o bo trato.
A intelixencia é froito do traballo e pode crecer se o exercitas. O rendemento depende do empeño que poñas e este será maior se a autoestima é positiva
Deixa de ter pensamentos negativos sobre ti mesmo. Non centres a atención nos teus defectos, empeza a pensar en aspectos positivos. Cando te deas conta de que estás a ser demasiado crítico contigo, contrarréstao dicindo algo positivo sobre ti mesmo. Cada día anota tres cosas sobre ti que che fagan feliz.
Considera os erros como oportunidades de aprendizaxe. Acepta que cometerás erros porque todo o mundo faios. Forman parte da aprendizaxe. Lembra que as aptitudes dunha persoa están en constante desenvolvemento, e que cada un sobresae nunhas cousas -é o que fai interesante á xente
Fíxache metas. Pensa en que che gustaría conseguir e logo deseña un plan para facelo. Segue o plan e anota os teus progresos.
Síntete orgulloso das túas opinións e ideas. Non teñas medo de dicilas
Fai exercicio. Quitarás tensión e estarás máis san e máis feliz
Participa en actividades en grupo
Moitas veces necesitarรกs estar sol@, pero non te aisles
A adolescencia ĂŠ unha etapa de moitos cambios.
Ninguén pode pode facerche sentir inferior sen o teu consentimento. – Eleanor Roosevelt
Non coñezo a clave do éxito pero a clave do fracaso é tratar de compracer a todo o mundo. – Woody Allen
Hai demasiadas persoas que sobrevaloran o que non son e subestiman o que son. – Malcolm S. Forbes