Issuu on Google+

S E M I NA R I O CÓMICO GALEGO


1.

A TRAXECTORIA DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO DESDE A SÚA CREACIÓN NO ANO 2003.

O Seminario Cómico Galego creouse no ano 2003 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia co obxectivo de desenvolver, no noso país, un centro permanente para a formación teatral cómica, ao considerar a demanda crecente deste tipo de formación no mercado galego. No momento da posta en marcha deste proxecto levábamos xa máis de dous anos desenvolvendo iniciativas no ámbito da pedagoxía teatral : cursos illados de diversas disciplinas (como actores de Rúa, Malabares, Iniciación ao Clown, Bufón...), Formaclown (Programa de formación do Festiclown 2001, 2002 e 2003), así como o proxecto de formación para o Curso 2002 "Pontevedra o teu Escenario" no que se ofertaba unha proposta integral monitorizada por algúns dos mellores mestres na materia a impartir ( A voz en Acción por Vicente Fuentes; Máscara Neutra por María del Mar Navarro, Teatro Clásico Popular por Ángel Monteagudo e Curso de Comedia del Arte por Antonio Fava). Estas iniciativas previas confi-

guran as bases da creación do Seminario Cómico Galego , que se puxo en marcha coa intención de ofrecer unha formación continuada e especializada no eido do teatro humorístico profesional e afeccionado, tocando as diferentes vertentes e disciplinas da arte cómica. Na súa primeira etapa, O Seminario Cómico Galego impulsou tres programas de formación: un programa Internacional de Formación para profesionais, un programa de formación para afeccionados (Obradoiro Permanente de Clown) e un de dinamización social para asociacións e colectivos mediante o clown, que tiveron como escenario principal a cidade de Ponte-vedra no ano 2003 e continuidade na cidade de Santiago de Compostela no ano 2004, coa organización da 2ª parte do Curso de Na busca da Nosa Identidade Cómica impartido por Leo Bassi os días 3 e 4 de abril. Resulta crucial darlle continuidade a este proxecto en marcha, como parte fundamental do desenvolvemento do sector en Galicia, que lle axude a ser forte, representativo e ter voz propia no panorama estatal e incluso europeo.

1. 1.1- OS ANTECEDENTES 1.1.2.- PROGRAMA DE FORMACIÓN INTEGRAL "PONTEVEDRA O TEU ESCENARIO" CURSO 2002/03 Un programa completo de formación para poñer ao alcance dos actores e actrices as ferramentas básicas para o traballo artístico, co obxectivo, naquel entón, de que a cidade de Pontevedra, como podía ser calquera outra cidade ou localidade galega, se fora consolidando como berce de artistas e de referencia para o sector. A) La Voz en Acción, impartido por Vicente Fuentes (25 a 28 de abril do 2002) B) Commedia Dell'Arte, impartido por Antonio Fava (26 a 30 de xuño do 2002) C) Máscara Neutra, impartido por Mª del Mar Navarro (23 a 28 de xullo do 2002) D) Teatro Clásico Popular, impartido por Ángel Monteagudo (1 a 3 de novembro do 2002) E) Bufón, impartido por Eric De Bont (6, 7 e 8 de decembro do 2002) 01


1. 1.2- OS CURSOS DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO ANO 2003 E 2004 ANO 2003 A) OBRADOIRO PERMANENTE DE CLOWN O Obradoiro permanente de Clown realizouse na cidade de Pontevedra entre os meses de xaneiro e xuño de 2003, impartidos por membros da compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia " Os Sete Magníficos máis Un" e destinado a un público local interesado en achegarse ao clown e incluso montar os seus propios números. Finalmente foron arredor de corenta e cinco as persoas que solici-

taron a súa inscrición no obradoiro, cubrindo unha cota de participación de entre 10 e 12 persoas cada un dos vintedous sábados nos que se impartiu o programa formativo do obradoiro. A valoración final dos participantes foi, en xeral, moi positiva, indicando tamén como valoración xeral a importancia e necesidade de darlle continuidade no futuro a esta iniciativa.

B) PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA ENTIDADES SOCIAIS Estes cursos de formación ofertáronse desde o inicio a colectivos sociais de diversa índole da cidade e comarca de Pontevedra, incluso a departamentos municipais, tanto como disciplina teatral como ferramenta comunicacional. Un total de catro asociacións acolléronse a este programa de formación ( Asociación contra o Cancro, Aula Municipal de Teatro de Pontevedra, Asociación Cultual Ru@ctiva e Asociación Cultural os Carballiños. Foron tamén os Membros da

Compañía galega de Clown "Os Sete Magníficos" os encargados de impartir estes cursos totalmente abertos e de balde para as entidades participates. No desenvolvemento desta programación foron moitos os membros destas entidades que se incorporaron a título individual aos outros programas de formación ofertados polo Seminario Cómico Galego: O Obradoiro permanente de Clown e o Programa Internacional de formación.

C) PROGRAMA INTERNACIONAL DE FORMACIÓN

Programa Cursos destinados a afondar na formación do actor, e que está dirixido especialmente ó mundo profesional do teatro galego.

CURSOS IMPARTIDOS:

CURSO NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA/ 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2003 PONTEVEDRA Impartido por LEO BASSI (USA-ITALIA) CURSO O HUMOR NA NARRACIÓN ORAL / 18, 19 e 20 de abril de 2004 20 Horas / PONTEVEDRA Impartido por CÁNDIDO PAZÓ (GALICIA) CURSO DE BUFÓN/ 23, 24 y 25 de maio de 2003/ 20 horas Impartido por ERIC DE BONT (HOLANDA)

02


CURSO NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA/ 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo de 2003 PONTEVEDRA Impartido por LEO BASSI (USA-ITALIA) >>O Mestre: Leo Bassi é recoñecido polas súas actuacións en solitario e polos seus extravagantes shows teatrais. O comediante intérprete circense Leo Bassi descende dunha longa liña de comediantes excéntricos, italianos, francés e ingleses. Destaca na provocación autocrítica, tomándolle o

pulso ao público para que este lle responda, e retroalimentar así as obras. >>Contidos: A teoría mesturouse con orixinais xogos psicolóxicos, inducindo aos participantes a descubrir máis deles mesmos segundo se ían intensificando estes exercicios. Un dos aspectos máis impor-

tantes é que Leo Bassi estimula constantemente aos alumnos/as a tomar parte alternativamente nun papel activo é á vez observador crítico. Esto alenta discusións francas en cada paso que se vai dando, obrigándoos a darse conta de como as súas accións son percibidas por outros e que significan para eles mesmos.

CURSO O HUMOR NA NARRACIÓN ORAL / 18, 19 e 20 de abril de 2004/ 20 Horas / PONTEVEDRA Impartido por CÁNDIDO PAZÓ (GALICIA) >>O Mestre: Candido Pazó é Autor, director de escena, narrador. Membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballa en todos os seus espectáculos ata a disolución desta en 1.983. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no C.D.G. e de axudante de dirección, debuta como autor e director de escena . A partir de entón escribe,

dirixe ou fai adaptacións para varias compañías, traballo en Televi-sión, etc, e está presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego. >>Contidos: exposición en bruto do material sobre o que se traballou, selección e exposición dese material a través da comparación das súas

dimensións: a) a anécdota contada a un auditorio máis ou menos particular (e os seus efectos e resultados) e b) a mesma anécdota contada a un auditorio máis público (e os seus efectos e resultados). Ademais realizouse un estudio e experimentación da anécdota para coñecer como redimensionala traballo sobre os mecanismos da memoria.

CURSO DE BUFÓN/ 23, 24 e 25 de maio de 2003/ 20 horas Impartido por ERIC DE BONT (HOLANDA) >> O Mestre: Eric de Bont , e o director da prestixiosa Bont's school de Ibiza, que conta no seu haber cunha experiencia de máis de dezasete anos como formador de clown e de bufón e cunha extensa, exitosa e recoñecida traxectoria profesional dentro do mundo do teatro. Achegará á persoas á figura e o quefacer particular do bufón.

03

>> Os contidos: como en todo ser humano agóchase un clown, así atópase un bufón en cada un de nós. O público rise de clown porque é inxenuo, bonachón e torpe. En troques, o bufón rise do público porque é cínico e irónico, búrlase da xente normal. Os bufóns, chamados tamén farsantes, proveñen directa-

mente das profundidades nebulosas do tempo. O seu pasatempo favorito é imitar a vida da xente. O bufón pérdese completamente na extravagancia esaxerada; a súa forza radica nun terreo entre o ceo e a terra, nun cruce dun pasado eterno e un futuro visto pola lupa da crueldade e a traxedia.


D)CURSO DE CLOWN IMPARTIDO NA COMUNIDADE INDÍXENA DE CHIAPAS DE ROBERTO BARRIOS EN COLABORACIÓN CON COPER@CTIVA CULTURAL. No ano 2003 Cope-r@ctiva Cultural or-ganizou unha Xira solidaria e de encontro cultural cos Muni-cipios Autónomos de Chiapas, contando co apoio da Compañía os Sete Mag-níficos máis Un. Entre os días 17 de setembro e 5 de outubro de 2003 os cinco membros des-ta misión pertencentes ao

grupo humano de Coper@ctiva e á Compañía Os Sete Magníficos Máis Un, entre outras moitas actividades, realizaron varios obradoiros de teatro e clown para os promotores locais da educación co obxectivo de incrementar as súas habilidades educacionais e comunicativas dentro da enorme precariedade na que desenvolven os seus traballos.

1. ANO 2004

2ª PARTE DO CURSO NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA/ 3 e 4 de abril de 2004/ SANTIAGO DE COMPOSTELA Impartido por LEO BASSI ( Ver información no anterior apartado).

2.

OBXECTIVOS

O Seminario Cómico galego nacía co obxectivo de crear un espacio de formación permanente para cubrir as eivas existentes en Galicia e promover o teatro e o humor como ferramenta para a construcción dunha sociedade mellor. A.- Consolidar a creación dun espacio pedagóxico de referencia, empregando aquelas disciplinas e áreas de coñecemento necesarias para a evolución continua do teatro cómico e do humor en Galicia.

3.

B.- Dar cobertura ao movemento teatral xerado nos últimos anos en Galicia, promovido fundamentalmente pola consolidación de iniciativas como o Festiclown, Festival Internacional de Clown de Galicia.

PROPOSTA PARA O CURSO 2004/05

3.1.- CURSOS PERMANENTES DE CLOWN

A.- CURSO DE INICIACIÓN AO CLOWN por OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN B.- DINÁMICA DA RISA impartido por ÁNGEL SÁNCHEZ (Barcelona) C.- MAXIA CÓMICA impartido por PABLO MUÑOZ (Talavera de la Reina) D.-CONSTRUCCIÓN E MANEXO DE ZANCOS por AVELINO GONZÁLEZ (Gal) E.- CURSO DE MALABARES impartido por ROI SIXTO (Galicia)

F.- 2º NIVEL DE CLOWN impartido por JÖNS PAPPILA (Suecia)

G.- CURSO DE IOGACLOWN por ÁNGEL SÁNCHEZ E IVÁN PRADO (Gal) 04


A.- CURSO DE INICIACIÓN AO CLOWN por OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN >> OS CONTIDOS DO CURSO: O pallaso que libera: UN: Poder ser calquera personaxe do mundo, poder facer calquera cousa no mundo, ser digno/a en calquera situación é o poder liberador que o pallaso ten para mudar o mundo.Todas as persoas nacemos con ese poder, e en todas se agocha ese segredo, a busca do noso pallaso é un camiño de liberdade persoal e social. DOUS: Buscando na nosa natureza atoparemos o estilo persoal de gozar sendo ridículos/as. TRES: A xestión do noso ridículo, e

do ridículo dos demais é unha das ferramentas teatrais máis poderosas que existen A través dos diferentes xogos de concentración e exercicios de habilidades estúpidas de cada un@ ( xestos esaxerados, ruídos estraños, movementos especiais, etc.) e sempre buscando o pracer, como os/as nenos/as cando xogan, iremos descubrindo onde está o noso pracer e o noso clown. >>OS MESTRES:

Xogos de complicidade e sensibili- IVÁN PRADO (Lugo)/ DIRECTOR dade : saber e intuír cando temos o ARTÍSTICO DA COMPAÑÍA OS 7 foco e cando o recolle o noso com- Magníficos +1 pañeiro ou a nosa compañeira. FRANCISCO REI (Lugo)/ ACTOR DA COMPAÑÍA OS 7 Magníficos +1

B.- DINÁMICA DA RISA impartido por ÁNGEL SÁNCHEZ (Barcelona) >> OS CONTIDOS: Este curso abordará a sanación desde a arte, sesións de ioga e expresión creativa, buscando sempre a conexión co ser creativo empregando a risa como terapia, como forma saudable para superar os problemas. A risa incide en diferentes aspectos do noso comportamento e en diversos órganos e funcionamentos orgánicos. A prática da dinámica da risa, individualmente ou en grupo mellora o noso funcionamento interno, potenciando o noso sistema inmunolóxico, a nosa capacidade de ser felices e encarar

a vida cunha actitude positiva, amorosa e de intrese por nós mesmos e nos mesmas. Contidos específicos: Exercicios e técnicas de crecemento persoal para contactar e darnos conta dos diferentes elementos que nos rodean e nos afectan, tanto a nivel físico como psíquico ou emocional. Exercicios de Terapias preventivas a nivel individual e colectivo para desestresarnos, equilibrar, armonizar e conectar coas nosas capacidades creativas.

>> O MESTRE: ÁNGEL SÁNCHEZ, director da Fira Mágica de Pineda de Mar, conta cunha extensa experiencia como educador e é especialista na aplicación e formación sobre a Terapia da Risa.

C.- MAXIA CÓMICA impartido por PABLO MUÑOZ (Talavera de la Reina) >>OS CONTIDOS: Introducción á Maxia e aprendizaxe de xogos e de rutinas máxicas: Na maxia é indispensable crear un ambiente especial antes e durante a realización dun xogo. Moitas veces é máis importante a presentación que o número que se realiza. Improvisaremos e realizaremos xogos máxicos (maxia de preto, de escena, de mentalismo e cartomaxia) buscando a máxima orixinalidade. Busca do noso Clown Mago: Todos e

05

todas somos diferentes e, polo tanto, a nosa comicidade debe ser persoal. Partindo do clown e compartindo elementos de pantomima, o absurdo e a parodia buscaremos onde sentirnos cómicos creando situacións divertidas. >>O MESTRE- PABLO MUÑOZ: Estudiou na Escola Superior de Arte Dramática de Madrid e recibiu unha Bolsa polo I.N.A.E.M para especializarse en Clown teatral e técnicas de humor na École Internacional de Philippe Gaulier en Londres. Realizou diversos cursos

de Maxia en Madrid con Pablo Germany e en Londres no Circus Space con Rick Zoltowsky.


D.-CONSTRUCCIÓN E MANEXO DE ZANCOS impartido por AVELINO GONZÁLEZ (Galicia) >>OS CONTIDOS: Dirixido a persoas expertas ou interesadas no traballo ao aire libre en contacto directo co público. Atención especial a actores, acróbatas, malabaristas e músicos. Construcción de zancos: Os alumnos construirán os seus propios zancos de 75 cms. de altura aproximadamente. Deste xeito coñecerán xa as bases dos zancos, que son, como son, e como se poden axeitar ás necesidades de cada quen. Desta forma tamén cada persoa é responsable dos seus propios zancos. Equilibrio e camiñar : A Caída, Marchas (adiante, atrás, laterais), subir e baixar escadas, costas arriba e costas abaixo Coreografías e roupa

>> O MESTRE- AVELINO GONZÁLEZ Avelino González (Galicia), fundador de Tranvía-Teatro en 1989 e de Ollomoltranvía en 1993. Actor, autor e director participou, entre outros, nos espectáculos: As Alegres Casadas (1989) (Centro Dramático Galego) e O Merlo Branco ( 1989)(Compañía TranvíaTeatro), e elaborou os textos orixinais e dramaturxia para "Bicos con Lingua" de Talía Teatro ( 2003). En cine ten fixo varios traballos, onde destaca a súa participación en "Lena" longametraxe dirixido por Gonzalo Tapia ( no ano 2000). Actualmente traballa na serie de Televisión " As Leis da Celavella", medio no que leva realizando traba-

llos desde o ano 1988 como actor e guionista da serie infantil "O Campo de Atrás", dirixida por Manuel Pombal, (TVG) ou como actor no programa "Arestora", (TVG) interpretando ó moneco "Pupo".

E.- CURSO DE MALABARES impartido por ROI SIXTO (Galicia) >> OS CONTIDOS: O curso de malabares céntrase na formación e dinamización de actores de rúa, no que se traballarán as técnicas básicas de malabares nas súas diferentes modalidades (mazas, bolas, paos chinos), así como a a presencia escénica do malabarista. >> O MESTRE- ROI "O CAGABOLAS" (Ferrol) O malabarista Roi é un xove artista ferrolán que representa á nova escola popular de malabaristas e

artistas de rúa e de novo circo que se ven desenvolvendo en Galicia nos últimos anos. Habitual de festivais, festas populares e eventos lúdicos de todo tipo, Roi domina á perfección diversas técnicas: bolas, mazas, diábolo, lume, etc..., o que converten os seus espectáculos en divertidas mostras do bonfacer na arte dos malabarismos, sen caer na pesadez do virtuosismo, combinado con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa. Malabarista desde o ano 1998

a

súa traxectoria desde o ano 2000, presenta , entre outros traballos: Obradoiros de Malabares e Globoflexia e animacións nas Xornadas de Nadal. (Narón). 2002; Animador (malabares, maxia e globoflexia). Festival para os nenos do Shahara (Narón). 2000; Monitor no obradoiro de malabares do "Proxecto Ardora: Noites Abertas". (Ferrol). 2000; Monitor do Programa de Campamentos Urbáns en malabares e globoflexia. (Narón). 2000; Pasarrúas e Animacións de malabares na Feira Franca de Pontevedra.

F.- 2º NIVEL DE CLOWN impartido por JÖNS PAPPILA (Suecia) >>OS CONTIDOS: >> O MESTRE- JÖNS PAPPILA Afondar na Busca da Identidade Breve currículo artístico Clown: · Formado na arte do clown e do · Como partimos dun curso de inicia- bufón no Teaterstudion e no ción, chega a hora de que cada un Nyckelviksskolan Arte e vaia atopando características mais Escenografía de Estocolmo, na específicas do seu clown. Cada Ecóle Jacques Lecoq de París e na alumn@ ira definindo a súa perso- Ecóle International Philippe Gaulier nalidade clown, fixando as súas de Londres. "Armas", buscándolle un nome o seu · Director dos espectáculos de clown clown, un personaxe, oficio, que se Juancállate e Mercy y me fui da comlle aproxime, etc. pañía Pez en Raya. Codirector de Cousas de Mulleres de Os Sete

Magníficos máis Un e As Cincentas Desclowntroladas de Dous son Compañía. · Mestre de diversos Cursos de Clown (Iniciación e Perfeccionamento): Festiclown 2001, Mundoclown 2003, Narón, Oviedo, Lugo, Madrid, ... · Como actor de cine, conta no seu currículo coas seguintes películas: Konungen (Suecia), Drácula falls in love (Escocia), El factor Pilgrin e Torremolinos 73 (España).

06


G.- CURSO DE IOGACLOWN impartido por ÁNGEL SÁNCHEZ E IVÁN PRADO CURSO DE IOGACLOWN impartido por ÁNGEL SÁNCHEZ E IVÁN PRADO >> O CONTIDOS: O curso que empregará as técnicas do Ioga e aprendizaxe de clown empregadas como fórmulas para unha mellor superación dos problemas. O Curso dividirase en dúas partes: a: Práctica do Ioga. b: Práctica do Clown. JÖNS PAPPILA

A través do Ioga búscase

depurar e manter a forma do corpo e a través do clown xogar a ser sincero detrás dun nariz vermello e así poder converterse en calquera personaxe, en calquera cousa de forma libre e digna, descubrindo o clown que todos/as levan dentro. >>OS MESTRES - IVÁN PRADO E ÁNGEL SÁNCHEZ ( Ref curricular nos cursos deste apartado de Iniciación ao Clown e Dinámica da Risa)

3.1.- PROGRAMA INTERNACIONAL DE CURSOS A.- NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA impartido por LEO BASSI

B.- CURSO DE INICIACIÓN AO BUFÓN impartido por ERIC DE BONT

C.- A CORPO EN MOVEMENTO CÓMICO impartido por JOHNNY MELVILLE D.- STAND UP COMEDY impartido por ALEXIS VALDÉS

E.- CURSO DE CLOWN E COMMEDIA DEL'ARTE por CARLO COLOMBAIONI

F.- TÉCNICAS DE CIRCO impartido por NANI COGORNO

A.- NA BUSCA DA NOSA IDENTIDADE CÓMICA impartido por LEO BASSI ( USA- Italia)

>> OS CONTIDOS: A través dos anos desenvolveuse un sistema que, paso a paso, mestura a teoría con orixinais xogos psicolóxicos, que animan aos participantes a descubrir máis deles mesmos segundo se van intensificando estes exercicios. Un dos aspectos máis importante destas sesións é que todos os e as participantes son continuamente estimulados a tomar alternativamente un papel activo e, á vez, observador e crítico. Isto alenta discusións francas en cada paso que se vai dando, obrigándolles a darse conta de cómo as súas accións son percibidas por outros e que significan para eles mesmos. Segundo vai progresando o curso, a

07

énfase cambia de ser unha ampla exploración da mente a ser un estudio máis centrado na comedia e nos problemas puramente teatrais de cómo ser efectivo diante dun público. >> O MESTRE- LEO BASSI: Recoñecido mundialmente Leo Bassi e Iván prado durante unha polas súas actuacións en solirolda de prensa do Festiclown 2002. tario e polos seus extravagantes shows teatrais, Leo Bassi desmanter vivo, na realidade de hoxe, o cende dunha antiga liñaxe de comeespírito tarambaina e provocador diantes excéntricos vidos de que foi o selo dos Bassi. Francia, Italia e Inglaterra. Da súa familia... ¡e quizais Para Leo Bassi, o entrecrudos seus xenes! Leo Bassi herdou zamento no só é pracer e diversión, todos os trucos da profesión e é ¡é una escusa!. O significado real extremadamente hábil nas artes cirde calquera espectáculo debería censes, como o malabarismo cos ser, máis que nada, dar á xente pés. (Foi citado na Enciclopedia unha experiencia apaixonante, senOxford das Artes Escénicas), sen sacional, extremecedora, ... embargo máis que continuar unha tradición teatral, o seu propósito é


B.- CURSO DE INICIACIÓN AO BUFÓN impartido por ERIC DE BONT (Holanda) >> OS CONTIDOS: O curso versará, sobre que técnicas e materiais usar para deformar o corpo, facer ventres recheos, "traseiros" enormes, membro reducidos ou alongados, que entre outros, serán algúns dos contidos, que os alumnos e alumnas poderán aprender nun curso que xirará entorno ao ser do bufón, visto desde a actualidade. O bufón é cínico, irónico, e pérdese na extravagancia esaxerada imitando á xente. Polos seus defectos físicos, o bufón sitúase fóra do mundo e convive nunha comunidade diferente á nosa. Detrás da súa tolemia, di verdades que ninguén se atrevería a dicir, algo que só se lles tolera aos farsantes. O público permítelles rachar tabùs, utilizando a burla como

medio, porque non o toman en serio. >> O MESTRE- ERIC DE BONT: Eric de Bont é o director da prestixiosa Bont's school de Ibiza, que conta no seu haber cunha experiencia de máis de 17 anos como Eric de Bont durante un curso impartido en formador de clown e de Pontevedra e organizado polo Festiclown. bufón e cunha extensa, exitosa e recoñecida tratodo por parte dos alumnos/as que xectoria profesional dentro do se puxeron ao seu dispor nos distinmundo do teatro. tos cursos de Bufón impartidos en Galicia, que foron valorados moi A relación profesional e humana de positivamente, especialmente pola Eric de Bont co Festiclown e o calidade docente e as técnicas de Seminario Cómico galego mantenaprendizaxe empregadas polo messe desde hai varios anos, acadando tre. resultados moi satisfactorios sobre

C.- A CORPO EN MOVEMENTO CÓMICO por JOHNNY MELVILLE (Escocia) disciplina do corpo, na procura dunha maior axilidade para o actor. Realizaranse diversos xogos e exercicios teatrais, como a construcción de carácteres a partir de formas corporais e emocionais. Este curso é fundamental para actores, cantantes, bailaríns, acróbatas, pallasos e para todos aqueles que queren ser profesionais nas artes escénicas. >>OS CONTIDOS: Empregaranse desde técnicas como Aikido ou Tai Chi ata movementos simples como o do mono como adestramento de relaxación e

>> O MESTRE-JOHNNY MELVILLE: Johnie Melville é de orixe escocesa. Actor cómico, mimo, cantante, "entertainer", escritor e realizador... a súa mensaxe chéga-

nos desde o bufón, fainos rir contado pequenas historias, abrir os ollos ao público para facerlle descubrir novos camiños, transmitir enerxía co obxectivo de crear un mundo mellor, provocar fantasía, vida. A súa técnica como mimo é insuperable, mesturando, con mestría, mimo con teatro, canto, danza e acrobacia. A súa presencia escénica, a perfección dos seus movementos, a súa comicidade e a complicidade que establece co público fan del un mimo único que posúe ademais un "tempo teatral" perfecto.

D.- STAND UP COMEDY impartido por ALEXIS VALDÉS (Cuba) >>CONTIDOS: A Stand Up Comedy é un xénero nacido nos Estados Unidos na época dos buscadores de Ouro. En España deuse a coñecer con " El Club de la comedia", e consiste en que unha persoa, micrófono en man, fan rir contando situacións cotiás. No curso traballarase fundamentalmente o humor baseado

en ofrecer un punto de vista sobre o cotiá, empregando como fonte de inspiración a un mesmo, os amigos, os medios de comunicación, para contar historia baseadas na vida real que fan que os espectáculos deste xénero sexan máis próximos, polo que é importante que o público se identifique coas situacións que se contan.

08


>> O MESTRE- ALEXIS VALDÉS: É un actor cubano afincado en Barcelona, polifacético e brillante showman que vence e convence en cada interpretación, actuación, intervención que realiza, un auténtico especialista en empatar co público , un grande comunicador de temas de interese tratados desde a ironía.

Máis coñecido polas súas aparicións en televisión: El club de la comedia, Humor se escribe con H, Casi Todo A Cien, La Vuelta Al Mando… ou en teatro: Cinco Hombres.Com, Me Sale De Mi Cabecita, La Tempestad… o historial de Alexis Valdés está repleto de premios, tanto en cuba como en

España. Ademais participou en máis dunha ducia de filmes, destacando a súa participación de París Tombucú de Luís Berlanga e unha formación musical inclúe guitarra e canto, fan de Alexis un xenuíno Showman.

E.- CURSO DE CLOWN E COMMEDIA DEL'ARTE por CARLO COLOMBAIONI (Italia) >>OS CONTIDOS: Nas súas propias palabras, "nin no texto que din os actores, nin na mímica, nin nas situacións hai improvisación. Ben o contrario, a comedia vive de tradicións que constitúen un repertorio de situacións, de xogos de palabras, de posturas menos acrobáticas. É neste repertorio que o actor escolle non ó azar da inspiración, senón tendo en conta ó público e os seus camaradas de xogo . Digamos simplemente que o actor, no amplo fondo tradicional a súa disposición, pode "inventar" un día tal o cal método: destes métodos, uns revélanse ineficaces e son abandonados e outros son conservados como un novo elemento da tradición. >> O MESTRE- CARLO COLOMBAIONI (Italia) Carlo Colombaioni, o grande Carlo, é un personaxe único e irrepetible. Sempre simple e sutil déixase querer polo público coma un

neno. Co ollo sempre alerta e o corazón na man, nunca escatima unha mímica, un mimo, una broma. Carlo Colombaioni é o herdeiro dunha tradición familiar secular ao servicio da "Commedia dell' Arte", practicada pola súa familia dende o século XVII. Pallaso, pero tamén acróbata, malabarista, mimo, trapecista, … ao longo da súa dilatada carreira artística ilustrou a grandes creadores como Federico Fellini, Dario Fo ou Jerci Grotowsky sobre a práctica das técnicas do circo. O Festival Internacional de Clown de Galicia ( Festiclown), dirixido por Iván prado, e Carlo Colombaioni atopáronse por primeira vez no ano 2000, na segunda edición do Festival. Dende entón, reféns da maxia do mestre italiano, o Festiclown propúxose por á súa compañía " Os sete magníficos máis un" ás ordes da creatividade e talento de Carlo. Finalmente foi na primaveira do ano 2002, cando este soño

Carlo Colombaioni durante o Curso impartido no Festiclown 2004 en Santiago de Compostela. tornouse realidade co espectáculo "Manicomio só para Clowns" convertíndose na primeira producción galega dirixida por Carlo Colombaioni.

F.- TÉCNICAS DE CIRCO impartido por NANNY COGORNO (Arxentina) >> OS CONTIDOS Neste curso, Nanny Cogorno abordará o Tratado Zoolóxico, botánico e numismático sobre o pallaso, tratándoo como unha personaxe urbana capaz de transformar cada situación no seu propio universo. Algún dos contidos serán o círculo da improvisación, xestualidade de cara completa, ollos, mirada, proxección, concentración... >> O MESTRE Nanny Cogorno é un pallaso arxentino que se formou na Escola do circo de Brasil. Os seus espectá-

09

culos chegaron a festivais de todo o mundo como Holanda, Noruega, Inglaterra, Kosobo, Arxentina, Colombia... Estudiou Teatro en na Escola Municipal de Arte Dramática e Circo na Escola de Circo Criollo de Bos Aires e na Escola de Circo de San Paulo de Brasil. Este mestre da arte circense foi o impulsor do Festival de Humor Carcajada da Arxentina que xa conta coa súa terceira edición e actualmente é un dos escaparates dos espectáculos de teatro, clown e comicidade a nivel mundial.

Nanny Cogorno durante o Festiclown 2002 en Pontevedra


4. COPER@CTIVA CULTURAL

Coper@ctiva Cultural é un proxecto profesional especializado na xestión cultural e a dinamización social, tanto no ámbito creativo coma formativo, que traballa para aportar solucións reais ás necesidades técnicas das entidades e institucións galegas e que busca crear novas iniciativas dentro da realidade cultural galega. Esta entidade naceu hai catro anos co obxecto de potenciar un modelo de xestión cultural que colocase á persoa no centro de toda actividade, interpretando a cultura como unha ferramenta de desenvolvemento humano, social e económico. Contamos cunha intensa traxectoria na xestión de eventos: Festival Internacional de Clown de Galicia, Festival de Cine Olladas do Planeta, Festival Musical Galeuzca e o Festival Ecoloxista Terr@ctiva. No eido de xestión de alternativas de ocio para a mocidade destaca o noso proxecto

ENTIDADE PROMOTORA Fest@ctiva e os campamentos de verán Camp@ctiva. A formación permanente é outra das nosas prioridades, polo que fundamos "Escol@ctiva" dende a cal non so se traballa de cara o tempo libre senón que tamén se aborda a formación para a dinamización social e o fortalecemento das asociacións culturais e xuvenís. Nun breve período de tempo, organizamos en Galicia Xornadas de Carácter Medioambiental e de Educación Sexual, tan necesarias e demandadas pola poboación, dous cursos de monitores de tempo libre e varios de formación de Dinamizadores culturais, xuvenís e medioambientais. Así mesmo, no campo do teatro ademais da experiencia que nos reporta a organización dun dos Festivais de Clown máis importantes do Estado, aválanos a creación da primeira escola en Galicia de formación permanente en teatro cómico "O Seminario Cómico Galego", así coma os máis de corenta cursos de clown e teatro de

humor que organizamos ao longo destes catro anos en diversas partes de Galicia (Pontevedra, Oleiros, Lugo, A Estrada...) e a creación da primeira compañía clown estable de Galicia: Os Sete magníficos máis un. Estas experiencias servíronnos para acada-la colaboración de distintos Concellos de goberno progresista de Galicia como Pontevedra, Lugo, Narón, Oleiros..., e diferentes colectivos culturais e asociacións. Son tan só tres anos de traballo e especialización, pero os nosos proxectos teñen recibido un apoio masivo por parte de alumn@s, público, diversos sectores da cultura, Concellos e entidades varias. O noso papel segue sendo o de emprender iniciativas por toda Galicia. Organiza: Coper@ctiva Cultural e Festiclown Datos para o contacto: Telf: 981 58 28 36 E-mail: galicia@coperactiva.org Web: www.culturactiva.org

10


INDICE 1. A TRAXECTORIA DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO DESDE A SÚA CREACIÓN NO ANO 2003 1.1. OS ANTECEDENTES 1.1.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN INTEGRAL "PONTEVEDRA O TEU ESCENARIO"/ CURSO 2003-2004 1.2. OS CURSOS DO SEMINARIO CÓMICO GALEGO NO ANO 2003 E 2004 ANO 2003: A) Obradoiro Permanente de Clown B) Programa de formación para entidades sociais C) Programa Internacional de Formación D) Curso de Clown impartido en colaboración con Coper@ctiva Cultural na Comunidade Indíxena de Roberto Barrios (Xira 15 de setembro ao 5 de outubro de 2003) ANO 2004: A) 2ª Parte do Curso " Na Busca da nosa identidade Cómica" (Programa internacional de formación) impartido por Leo Bassi o 3 e 4 de abril de 2004/ Santiago de Compostela. 2. OBXECTIVOS 3. PROPOSTA DE FORMACIÓN PARA O CURSO 2004/2005 3.1. PROGRAMA PERMANENTE DE FORMACIÓN A) Curso de iniciación ao Clown impartido por Os Sete Magníficos máis Un. B) Dinámica da Risa impartido por Ángel Sánchez C) Curso de Maxia Cómica impartido por Pablo Muñoz D) Construcción e manexo de Zancos impartido por Avelino González. E) Curso de Malabares impartido por Roi " O Cagabolas" F) 2º Nivel de Clown impartido por Jöns Pappila 3.2. PROGRAMA INTERNACIONAL DE FORMACIÓN A) Curso de Identidade Cómica impartido por Leo Bassi B) Introducción ao Bufón impartido por Eric de Bont C) O Corpo en Movemento cómico impartido por Johnny Melville D) Curso de Clown e Commedia Dell'arte impartido por Carlo Colombaioni. E) Stand Up Comedy impartido por Alexis Valdés F) Técnicas de Circo impartido por Nani Cogorno.


dossier completo seminario cómico galego