Page 1

REVISTA DO CRA MONTERREI

A TRASTENDA


SUMARIO ? LIMIAR ? SAMAÍN ? O MAGOSTO ? FESTIVAL DE NADAL ? O DÍA DA PAZ ? O ENTROIDO ? ENTREVISTA AO CIGARRÓN ? OS MAIOS CHEGARON A FECES ? CARÍCATURAS DOS PROFES ? DÍA DAS LETRAS GALEGAS ? A ORLA ? OS AMIGOS QUE VOAN ? DÍA DO LIBRO ? CRIAMOS VERMES ? OS ANIVERSARIOS ? PRACTICAMOS RELAXACIÓN ? THE ENGLISH PAGE ? EXCURSIÓN A LODOSELO ? FOTOS DIVERTIDAS


P

resentámosvos o primeiro número de “A Trastenda”, a revista do CRA Monterrei, coa que pretendemos abrir unha nova canle de comunicación co entorno e mostrarvos o que acontece dentro das nosas aulas ao longo do curso. Iniciamos con ela un camiño no que carecemos de experiencia, que suplimos con esforzo e ilusión e que seguro melloraremos nos próximos números. Nela atoparedes unha pequena mostra do noso traballo, proxectos e experiencias e tamén das festas e saídas. Esperamos que vos guste !!! Agradecemos a implicación de todo o profesorado, que lle adicou unha chea de horas para que A Trastenda puidera ver a luz e aproveitamos estas páxinas para mostrarlles a Antonio, Lidia, Montse, Ramón e Vicky o noso afecto, desexarlles o mellor e que saiban que sempre serán parte do CRA Monterrei.

SEDE DO CRA

1


2


3


4


5


Chega xa o Nadal! Durante varios días estivemos ensaiando, nas diferentes escolas do CRA. as panxoliñas para o festival, que como cada ano, celebramos no colexio de Pazos.Pasámolo en grande e, aínda que con algúns nervios, cantamos moi ben e aplaudíronnos moito. Mirade, que guapísimos estabamos!

6


7


8


Despois das actuacións recibimos a visita do Rei Melchor , que nos veu traer un regaliño (un bonito colgante-anteollos con forma de bolboreta que serve de lupa) como anticipo do que nos deixarían na casa o día 6 de xaneiro , se nos portabamos ben , claro está.

Antes do festival ,no colexio , estivemos facendo con internet unhas postais de Nadal moi orixinais . Gústanvos? BOAS FESTAS ! MERRY CHRISTMAS! HAPPY NEW YEAR! ¡FELICES FIESTAS! FELIZ ANO 2010! FELIZ ANINOVO!

¡FELIZ AÑO NUEVO!

BO NADAL!

9


O DÍA DA PAZ NO C.R.A. DE MONTERREI O día 30 de xaneiro celebramos o Día da paz e da non violencia, cunha xuntanza de toda a comunidade educativa na que tratamos de dar un pouco de cor e esperanza o noso mundo por medio das actividades que fixemos cos cativos o longo da xornada. Tratamos de darlle un protagonismo especial o acontecido en Haití, xa que non había mellor ocasión para facelo que na data que estabamos a celebrar. Así deste xeito, elaboramos unhas peticións que se pronunciaron en alto, para que as nosas voces chegaran os corazóns dos máis necesitados…o tempo fixemos unha colecta para mandarlle, foi un acto moi significativo e de gran colaboración por parte de todos. Tamén argallamos unha canción, grazas as axudas da profe de música, que cantamos todos xuntos , e por que non dicilo, quedounos de concurso!!! Este ano tivemos a inmensa fortuna de contar cun colaborador moi especial, tratábase dunha persoa xorda que nos representou un contacontos por medio de símbolos, foi algo, simplemente marabilloso e inesquecible, que os nenos gozaron e aprenderon de forma palpable e moi obxectiva, o significado de palabras tan recorridas nese día como son a TOLERANCIA, RESPETO, SOLIDARIDADE…e sobre todas as cousas o feito de aceptarnos uns os outros por riba de calquera deficiencia ou minusvalía. E coma toda festa que se precie,acabamos cun bo ágape no que degustamos das cousas que os pais nos prepararon, e unha vez máis decatámonos de que todo o que se comparte sabe moito mellor.

10


11


12


13


Cando chega febreiro as aulas do CRA Monterrei ferven coa actividade pois se acerca o Entroido, a festa de máis tradición en toda a bisbarra, e no colexio vivímolo con moita intensidade. Cada curso facemos uns preciosos disfraces con sacos de lixo para participar no “Desfile dos nenos”, que se fai en Verín o xoves de comadres con nenos de moitos colexios.

Este ano fomos de romanos e fixemos os traxes, as liras, as coroas e a cuádriga. Fartámonos de pintar de dourado follas de hedra!

14


O disfrace quedounos chulísimo e parecíamos auténticos romanos. Pasámolo xenial!!! A todos nos encanta disfrazarnos!

15


Os debuxos tampouco quedaron mal, mesmo parecen retratos .

16


O luns, martes e mércores antes do Entroido xogamos a disfrazarnos e viñemos á escola co chupete, o pixama e as zapatillas, semellaba que íamos á cama... A moitos encantoulle a idea de volver a usar chupete e non o sacaron da boca en todo o día.

Boas noites, ata mañá os Lunnis e os nenos....

17


XOVES, 4 DE FEBREIRO DE 2010

ENTREVISTA DOS NENOS E NENAS DA XIRONDA AO CIGARRÓN

1.- ¿ Como te chamas? O meu nome é José Manuel 2.- ¿Cantos anos levas vestíndote de Cigarrón? Uns trinta anos máis ou menos. 3.- ¿A que se debe o nome de Cigarrón? A verdade é que é moi dificil a pregunta, pero non se sabe con exactitude,cada historiador ten a súa propia teoría. 4.- ¿Como te vistes? E quen te axuda Á hora de vestirnos é toda unha tradición, as pezas ponse sempre no mesmo orde e con pausa para non cometer ningún erro, pois é moi importante que este todo perfecto. Normalmente vestímonos varios cigarróns xuntos e axudámonos uns a outros, pero tamén están outras persoas que nos revisan para ver que todo está en orde. 5- ¿Canto tempo tardas en vestirte? Máis ou menos unha hora, o que pasa é que nos rimos moito mentres nos vestimos. 6- ¿Por qué tes que correr? Unha das misións do cigarrón é anunciar o entroido e facémolo facendo soar as nosas chocas, que teñen un ruído moi especial e que é distinto en cada cigarrón. Para que soen hai que correr. 7.- ¿Canto tempo botas correndo durante un día de Entroido? A verdade é que nunca me parei a pensar niso, pero depende do día, por exemplo, o domingo de entriodo poden ser cinco ou seis horas. Durante este tempo tomámonos pequenos descansos, senón sería moi dificil aguantar. 8.- ¿Como fas o ruido? Cas chocas, claro. 9.- ¿Porque levas máscara? Forma parte do traxe de cigarrón, eu diría que é a peza que máis diferencia a uns doutros. É como o carné de identidade do cigarrón. Sen ningunha dúbida é a parte do traxe máis antiga e dalle un aire de malo, unha pregunta: vos acordádevos se está rindo ou serio? 10.- ¿Gustouche vir á Xironda e compartir con nós a tradición do Entroido? Sen ningunha dúbida foi unha gran honra poder gozar con vós unha cousa tan bonita e tan nosa como o entroido e o cigarrón. Supuxo unha esperiencia moi bonita e teño que confesar que ao principio estaba un pouco nervoso, pero despois paseino xenial.Grazas por nos invitar. 11.- ¿ Cando nos voltarás a visitar? Cando vós digades, só tedes que dicirllo á profe e seguro que nos volvemos a ver. Unha forte apreta. 18


VISITOUNOS O CIGARRÓN

TRADICIÓN E ENTRE ELAS O DISFRAZ DE CIGARRÓN

19


OS MAIOS CHEGARON A FECES Os maios como ben sabedes é unha festa que se celebra do 1 ó 3 de Maio en Ourense e que é unha das festas con máis arraigo e tradición de toda a provincia coa finalidade de festexar a chegada da primavera. Os Maios son construcións de madeira recubertas de musgo, flores e froitos. O Venres 30 de Abril reunímonos un ano mais na escola de Feces para celebrar os Maios, que esperaban con grande ledicia todos os nenos e nenas do colexio.

Este ano foi diferente xa que contamos coa presenza duns amigos moi especiais os nenos e nenas do colexio de Vila Verde, unha aldea que está no outro lado da raia que se sumou a nosa festa e que nos brindou unhas cancións moi fermosas.

Nada máis chegar os nosos amigos, colocámonos en círculo para poder saúdarnos e dividirnos en pequenos grupos para así comezar a traballar na confección deses fermosos Maios.

20


Todos os nenos participamos e adornámolos con flores e xestas que cada colexio apañou previamente coa axuda de pais e nais.

As nais de feces puxéronnos coroas, que de moi boa gana todos lucimos

Unha vez rematados fomos percorrer a aldea con eles e cantamos as coplas que semanas atrás fixeramos

21


Estes son algĂşns exemplos das coplas que cantamos:

O rematar todos gozamos dunha gran comida

22


UN DÍA NA HORA DE PLÁSTICA OS PEQUES DA AULA DE VENCES ESTIVERON A FACER UNHAS CARICATURAS DE TODOS OS PROFES DO CRA. AsÍ É COMO NOS VEN ELES:

23


Este ano o día das letras galegas estivo adicado ao poeta Uxío Novoneyra, coñecido como “o Poeta da Terra” polo ben que reflexaba a súa terra, O Courel, e a terra galega en xeral,a través dos seus poemas . Amaba a súa lingua e rendeulle o mellor tributo que puido cos seus escritos. Nós no C.R.A. de Monterrei tamén lle quixemos facer unha humilde homenaxe á nosa lingua,e a profesora de Música, compuxo esta canción, que todos nós aprendemos con moito gusto (pois é un rock moi marchoso).

24


ColorĂŠame

C 25


Curso 2009-2010 28


DÍA

DO

LIBRO

29


30


31


ESTE ANO NALGUNHAS DAS NOSAS AULAS ESTIVEMOS A CRIAR VERMES DE BOLBORETA DA VERZA

E

TANTO A UNS COMO AOS OUTROS OBSERVÁMOLOS CON MOITO INTERESE COS NOSOS APARELLOS MICROSCÓPICOS PARA VELOS AO DETALLE

32

VERMES DE SEDA


E APRENDEMOS QUE…

NACEN DE OVOS QUE PUXO UNHA BOLBORETA

UNS COMEN VERZA PERO OUTROS SOAMENTE COMEN FOLLAS DE MORERA

OS VERMES DE SEDA VAN MUDANDO A SÚA PEL A MEDIDA QUE CRECEN 33


PARA FACER A CRISÁLIDA UNS QUEDAN COMO PETRIFICADOS, PERO OUTROS TECEN UN CAPULLO DE SEDA

ZA R E V DE N S E A D T O E P OR B ON L N O A B E D S E E A S D N E N E D A C R S A G A N I O O O R D M E N O P A P C R R A O O C V N N PODE E TEÑEN U U . Q O R D O A S P PE

ESTE ANO NON PUIDEMOS VER O PROCESO COMPLETO DA BOLBORETA DE VERZA PORQUE UNHAS ABELLAS PUXERON OS SEUS OVOS NOS VERMES E MORRÉRONNOS ANTES DE COMPLETAR O CICLO. 34


OS ALGO

ANIVERSARIOS MAIS

QUE

UNHA

FESTA

En Vilaza celebramos os aniversarios dos nenos e nenas ao rematar cada trimestre (decembro, marzo e maio), festa na que todos son protagonistas, pois na última agasallamos tamén aos compañeiros que fan os anos no verán. Esta celebración para a que están motivadísimos é a desculpa para facer un proxecto no que se inclúen moitos contidos do currículo de educación infantil: * Motivación cara a aprendizaxe da escritura ao facer as invitacións. * Educación do consumidor, evitando o consumismo, pois a nosa festa non se basea nos regalos que recibimos se non no ben que o pasamos preparándoa. Os nenos reciben soamente un regalo (o mesmo para todos) feito na escola. * Reciclado de materiais para fabricar un bonito regalo. * Colaboración nas tarefas, mentres empaquetamos os regalos, preparamos as invitacións e as felicitacións, poñemos e recollemos a mesa. * Coñecemento da orixe e hixiene dos alimentos mentres cociñamos a tarta. * Emprego das novas tecnoloxías ao facer as felicitacións. * Experimentación ao pesar (azucre, manteiga, fariña..), contar (ovos, pratos, candeas...), ao transformar os alimentos

(mesturando, batendo, engadindo colorantes). * Coñecemento da orixe e hixiene dos alimentos mentres cociñamos a tarta. * Autonomía ao comer, lavarse. * Coñecemento de normas de comportamento ao comer. 35


Preparacion

da

festa

• Uns días antes

A invitación para os pais

O regalo

Empaquetar, Facer a felicitación e asinar todos.

36


37


• O día da festa

silios

a os uten tr s e m a e te n ie d e r e un ing

Cada neno tra

Toca cociñar

Levar a cocer ao forno

Fregar os cacharros

38

Decorar a tarta

Poñer a mesa


a

festa

39


ESTE ANO PRACTICAMOS A RELAXACIÓN NA ESCOLA A relaxación podería definirse como experimentar unha menor tensión e rixidez en tódolos músculos, ou tamén como unha liberación da tensión nerviosa, aínda que na escola o que se preténde é buscar o descanso ou a recreación, a conexión con nós mesmos, esa interiorización, esa mirada hacia nós, que propiciada desde nenos e moito mais fácil de levar a práctica o resto da vida. Existen catro niveis de relaxación: A nivel muscular, relaxar os músculos. A nivel autónomo, para buscar o equilibrio. A nivel emocional para soltar emocións negativas e perxudiciais. A nivel mental para buscar o equilibrio e o descanso da mente para aumentar a concentración. Pois ben, na escola a relaxación cumple os catro niveis aínda que o mais importante sexa o emocional, pretende equilibrar as emocións dos nenos e nenas, tan variables e predispoñelos para a aprendizaje dos contidos escolares. A relaxación ha de ter a intención de cambiar un estado interior nervioso e desorientado por un estado equilibrado e tranquilo. Os efectos da relaxación son acumulativos e sistémico, tenden a acumularse co tempo e afectan cada vez mais dimensións do corpo e da mente. Polo que é preciso practicala a diario, e para facelo e conveniente que: O lugar onde se fai a relaxación sexa tranquilo, e ten que estar libre de toda interrupción. Como o relaxarse a temperatura corporal descende podemos precisar unha manta. Non todo o mundo se vai a sentir cómodo de inmediato na postura básica da relaxación. Se está acostumado a niveis altos de tensión, pode que ó principio da práctica sinta certa ansiedade, pero coa práctica regular conséguese . As técnicas de relaxación constituen, hoxe por hoxe, a mellor forma de tratar o estrés, nerviosismo, a hiperactividade, a ansiedade … A resposta do corpo nun estado permanete de esforzo mental e emocional é diferente en cada persoa dependendo da forma de afrontalo e de vivilo. A través da aprendizaje das distintas técnicas de relaxación conséguese facer fronte as dificultades que cada día se presentan na aula. Ademais as técnicas de relaxación actúan como facilitadoras na aprendizaje das materias, de modo que se conseguimos un estado de relaxación óptimo o traballo na aula será moito mais doado. Existen distintas técnicas de relaxación : -Técnica de tensión-distesión. -Técnica de rotación da atención. 40


-Relaxación autóxena. -A visualización guiada… Cada vez xorden mais métodos por que se segue a investigar os innumerables beneficios que aportan á nosa vida tan ateigada de cousas sen demasiada importancia, chegando ás veces a olvidarnos das mais importantes como a tranquilidade, a paz. A relaxación que empregamos na escola nas sesións de Psicomotricidade é a visualización guiada, xa que para os nenos de estas idades é a mais creativa, máxica e motivante. A visualización guiada realízase mediante un CD, ou coa lectura dun relato de xeito pausado , dando uns pasos a seguir: a postura que tes que ter, pechar os ollos, deixarte levar aos lugares que che van indicando…. E pouco a pouco o corpo obedece esas consignas e vaise relaxando. Pódese facer con música, sen ela. Hoxe en día en Internet hai cantidade de elas só hai que baixalas, pero independentemente da técnica que se decida adoptar o importante e practicala con regularidade para poder ver os efectos no organismo. Está demostrado cientificamente que os alumnos e alumnas de infantil que practican relaxación conseguen ademais dos beneficios recentemente comentados é o aumento da capacidade intelectual, por este e por todos os demais motivos anímense e practiquen a relaxación nas súas casas, aos nenos encántalles e as vostedes tamén lles sentará ben.

41


1: RED

2: PINK

3: YELLOW

4: PURPLE

5 : GREEN

6: BLUE

DO YOU KNOW …? Sabíades…? A palabra sandwich ten a súa orixe no diplomático inglés John Montagu, cuarto conde de Sandwich. Este home era xogador compulsivo e para non ter que parar o xogo para comer, ordenaba que lle trouxeran a súa comida á mesa. Os seus criados normalmente levábanlle fiambre entre dúas rebanadas de pan. Máis tarde, este tipo de comida coñeceuse como sandwich.

42


CARNIVAL

EASTER

m

u

m

k

q

r

b

u

a

d

o

g

b

a

b

i

k

e

r

g

e

r

g

d

p

e

a

r

s

l

r

n

b

c

a

t

q

u

o

a

r

a

p

p

l

e

o

n

y

p

i

z

a

b

i

s

c

CHRISTMAS

a

z u

a

m i

t

HALLOWEEN

A palabra Teddy emprégase para nomear a un oso de peluche recheo. Se lle chama así na honra do presidente norteamericano Theodore Roosevelt, que tiña por alcume Teddy. Entre as sus actividades favoritas, estaba a de cazar osos. Dícese que lle salvou a vida a un pequeno oso de cor marrón. Esta historia apareceu nunha historieta do periódico Washington Post. Dende entón, aos osos recheoschamanselles teddy bears.

43


44


45


46


FOTOS DIVERTIDAS

47


FOTOS DIVERTIDAS

48


FOTOS DIVERTIDAS

49


FOTOS DIVERTIDAS

50


FOTOS DIVERTIDAS

51


FOTOS DIVERTIDAS

52


E SE QUEREDES SABER MÁIS DE NÓS VISITADE A NOSA WEB

SE VOS INTERESAN AS ACTIVIDADES QUE FACEMOS AO LONGO DO CURSO VISITADE O NOSO BLOG


Concello de CUALEDRO

Vences Albarellos Pazos

Concello de MONTERREI

Vilaza

Concello de VERÍN

A Xironda

Feces de Abaixo

COLEXIO RURAL AGRUPADO

MONTERREI

A trastenda 1  

Actividades curso 2009-2010

Advertisement