Page 1


Érase unha vez unha nena chamada Pinchi. Vivía nunha casa no medio do bosque coa súa nai e a súa avoa. A súa casa era moi grande e tiña unha enorme cheminea que chegaba ata as nubes. Un día pola noite, coa axuda dunha escada subiu ao tellado. Como viu que non viña ninguén decidiu deslizarse pola cheminea abaixo. A cheminea da casa de Pinchi, era máxica. Cando Pinchi se deslizaba pola cheminea da súa casa entraba nun mundo máxico.


Ese mundo máxico era marabilloso. Pinchi decatouse de que o salón da súa casa estaba cheo de xoguetes e regalos. Sen embargo sentíase moi soa, non tiña a ninguén con quen compartir todas aquelas cousiñas. Pinchi desexaba ter amigos para poder xogar e amosarlles todas aquelas caixiñas de regalos e ver que sorpresa tiñan dentro. De tal xeito, a Pinchi ocorréuselle unha idea.


Colleu papel e lapis e púxose a escribir unha carta para os seus mellores amigos que eran Dani (un neno de oito anos que coñecera hai moitos anos no parque que se atopaba enfronte da súa casa) e Carla ( a nena máis guapa de todo o cole). Na carta lles invitaba a vir a súa casa para gozar de todos aqueles xoguetes. Enviouna por correo e quedouse na ventá esperando a chegada do carteiro.


Un día despois, cando chegou o carteiro trouxo unha carta dos seus amigos que dicía: “A fin de semana que ven iremos a túa casa para xogar. Bicos de Carla e Dani.” O sábado cando os dous amigos ían para a casa de Pinchi perdéronse no bosque, deron voltas e voltas, e ao fin atoparon unha casa pequena; petaron na porta e saíu un mago que lles preguntou: _ Nenos, ¿que facedes no meu bosque? _ Nós íamos a casa de Pinchi e perdémonos. ¿Pódesnos axudar? _ Si, pasade pasade, podedes quedar aquí a pasar a noite. Os nenos entraron na casa do mago e……


O mago colleu a súa bola máxica, púxolle as súas mans enriba e acariñouna suavemente. ¡Viron a casa de Pinchi! Ela agardaba na porta a Dani e a Carla. O mago acariñou outro pouco a bola máxica e… ¡apareceu o camiño! Así souberon como se chegaba ata alí. O mago acompañounos ata a porta, e Pinchi púxose contentísima cando viu chegar aos seus amigos. Xuntos abriron as caixas dos xoguetes e comezaron a xogar ao momento. E…. colorín colorado este conto está rematado e o que non levante o cu quédalle pegado.


fin


Este conto foi elaborado polas nenas e nenos do CRA Monterrei nas súas aulas de Vences Concello de A Xironda, CUALEDRO Albarellos Feces de Abaixo, Pazos Pazos, Vences Concello de Concello de VERÍN MONTERREI e Vilaza no curso Vilaza A Xironda 2009-2010. COLEXIO RURAL AGRUPADO

MONTERREI Feces de Abaixo


A incrible viaxe de Pinchi  

Conto feito polos nenos

Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you