Skip to main content

Por onde se moven máis os animais?

Page 1

Por onde se moven máis os animais? O obxectivo do noso traballo foi determinar que usan máis os animais salvaxes:

• O medio do bosque

• Unha senda

• Ou unha pista de terra pola que poden pasar tamén coches.

A nosa hipótese era que usarían máis o bosque.

O noso lugar de estudo foi a Devesa da Rogueira. A Rogueira é o bosque máis grande e coñecido do Courel, e por el pasa a ruta máis coñecida do noso concello.

Usamos cámaras de fototrampeo, que son cámaras que se activan coa calor que emite un animal. Así cada vez que pasa un animal fará un video.

Puxemos 3 cámaras: unha en cada un dos sitios, é dicir: unha no medio do bosque da Rogueira, outra nunha senda pola que pasan moitos sendeiristas, e outra nunha pista de terra. Todo nos arredores do bosque.

As cámaras estiveron 5 meses postas. Logo retiramolas e vimos os videos.

Apuntamos o número de individuos que pasaban cada día. Se pasaba por exemplo, dous corzos o mesmo día, soamente contabilizabamos 1 para evitar contar o mesmo individuo dúas veces, a non ser que puidesemos identificar individuos (por exemplo, machos e femias, ou que sairan 2 individuos xuntos no mesmo video).

Tamén apuntamos se o video estaba feito de día ou de noite, porque ainda que non fora un obxectivo do traballo, pareceunos interesante despois, saber cando se moven máis os animais.

Despois pasamos os datos a unha folla de cálculo, para facer sumas e gráficas.

En canto os resultados.

Corzo

Lobo

Oso Rebezo

Gato montés Lebre

66


Ariadna, Ainoa, Erea, Sabela e Tegra (3º,4º e 6º Prim) 1- Pasan máis animais na pista de terra Bosque

Senda

Pista

2- Pasan máis especies na pista de terra Bosque

Senda

Pista

RESULTADOS

1º Vimos que os animais usan máis a pista (322 animais salvaxes usaron a pista, 186 o bosque e 59 o sendeiro).

2º Houbo máis variedade de especies de novo na pista: 17 especies na pista, fronte as 8 especies do bosque e da senda. Entre as especies que sairon na pista, destacamos o oso pardo (xa que é moi escaso en Galicia) e o rebezo, xa que non se tiñan probas da súa existencia no Courel. Tamén é interesante a lebre. Fixonos moita ilusión ver o oso nas nosas cámaras. Eses datos foron pasados á Fundación Oso Pardo.

3º Os animais son máis nocturnos que diurnos: hai ata 3 veces máis animais de noite que de día (427 fronte a 140).

Os animais por tanto usan máis as pistas.

3- Móvense máis de noite que de día Bosque

Senda

67

Pista


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Por onde se moven máis os animais? by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu