CONTOS ENCADEADOS GATO E PEIXE Había unha vez, alá por Froxán, un gato moi bonitiño ao que lle deu por facer amizade cun peixe moi peixe. Pasaban o día xuntos coas súas cousas e as súas conversas, pero claro, todo o día dentro de casa. Un bo día, Gato decidiu que xa estaba ben de non ver luz do sol, e decidiu sacar a Peixe a dar unha volta ata a horta, que era moi divertida e estaba a poñerse demasiado chea de ratos. Para alá foron os dous, un a catro patas e o outro no seu lombo na peixeira. Amodiño, despaciño, sentidiño... Pataplás!!!! Ai, mi madriña, que Gato deu un traspés e Peixe acabou polo chan. -Gato, axuda!!! -Ai, meu deus!!! Que meu amigo caeu! A sorte é que por alí ao lado pasaba un regato, e Peixe salto a salto, con algún empurrón de Gato, chegou a el de contado, viviño e colexando. E toda esta desgracia, ao final rematou feliz. Peixe nunha pociña preto quedou a vivir. E Gato na auga, non paraba de con el rir. UN OSO POLAR NO CAUREL Seica había un oso polar que quería vivir no Caurel... Como precisaba neve subiu o Piapaxaro un día que nevou moito para recoller toda a neve que pudiera e levala a súa casa en Castro Portela, pero derretíaselle polo camiño e o Oso enfadábase moito... Entón foi ao bosque e atopou outro oso. E o outro oso díxolle: “Ti non tés que vir aquí, tés que ir ao Polo Norte...” Pero nese momento apareceu a Osa máis maior e sabia de toda a zona poñendo calma: - Imos pensar como solucionar isto, non podemos enfadarnos. Pensaron e pensaron ata que a Osa máis sabia se lle ocurríu a solución, raparlle o pelo ó oso polar que non aguantaba a calor!!!! Co pelo curto instalouse a vivir ao ladiño do río, que xa sabemos todos que a auga do Lor sempre vén fresquiña...
18