PODE A REDE NATURA EVITAR A DESPOBOACIÓN NO COUREL ? Pode a Rede Natura evitar a despoboación no Courel? Arnau (3º ESO) e Gema (2º ESO) Introdución A Rede Natura é a maior rede coordinada de espazos naturais protexidos da Terra. Porén, hai moita xente que descoñece que é e que espazos inclúe.
•Averiguar
O noso concello está incluido na súa maior parte no espazo Rede Natura Os Ancares-O Courel dende o 2004. Temos claro que vivimos nun entorno privilexiado de natureza cunha gran b i o d i v e r s i d a d e . Pe ro, e s t o benefícianos ou prexudícanos? Temos máis responsabilidade nós, por vivir neste lugar, cas poboacións urbanas, na conservación do hábitat? Por outra banda, O Courel como outras zonas do rural galego está a perder poboación. Esto no caso da montaña é moito máis acelerado, polas dificultades que implica vivir nun sitio peor comunicado. Obxectivos Os obxectivos do noso traballo son ambiciosos, pero poden resumirse en: •Saber que coñecemento hai entre a poboación do Courel sobre a Rede Natura. •Coñecer a normativa da Rede Natura. •Propoñer ó concello que informe @s veciñ@s dos aspectos máis importantes do que implica estar dentro da Rede Natura.
as causas que fixeron marchar do Courel a familias con nenos escolarizados. •A n a l i z a r p r o p o s t a s a n t e a despoboación dos polític@s courelás. •Facer unha posta en común sobre o que precisaban as familias que marcharon e do que a nós, como habitantes da montaña, nos gustaría que houbese no Courel. Material e métodos Para conseguir estes obxectivos previamente preparamos unha enquisa coas principais dúbidas que xurden en torno á Rede Natura. Durante o curso 2017/2018, coa axuda d@s compañeir@s do colexio, fixémoslle a enquisa a 80 veciñ@s de diferentes aldeas do concello: A Campa, Folgoso, Froxán, Meiraos, Moreda, Romeor, Órreos, Savane, Sobredo e Vilamor. Tamén investigamos na lexislación ás respostas correctas e fixemos unha análise estatística das respostas recollidas. Por outra banda, compilamos datos das familias que viñeron de fóra do concello e intentamos poñernos en contacto con todas elas para coñecer as razóns que lles levaron a vir e q u e d a r o u m a r c h a r .T a m é n , puxémonos en contacto cos partidos
11
políticos do Courel para coñecer as súas propostas. Resultados Coñecemento da Rede Natura Imos indicar a resposta correcta da enquisa sobre o coñecemento da Rede Natura e os resultados da enquisa para cada unha das preguntas. 1.Sabes o que é a Rede Natura? A Rede Natura é unha rede de espazos en Europa con interese ecolóxico que se deben conservar. O 55 % das persoas enquisadas non saben o que é a Rede Natura, a pesar de vivir nela.
1.Sabes o que é a Rede Natura?
2.Está O Courel na Rede Natura? Si. Sorprendentemente só un 36% sabe que O Courel está na Rede Natura. 3. É un espazo protexido? Si, a Rede Natura é un espazo protexido. Un 63% considera que si, que vive nun lugar protexido, aínda que descoñezan o que é a Rede Natura. 4. Alguén che explicou algunha vez que supón vivir na Rede Natura? Á maioría da xente (89 %) ninguén lle explicou o que é a Rede Natura. Pensamos que este descoñecemento é debido a unha falta de divulgación por parte das administracións que acaba derivando en mitos ou ideas erróneas.
Pode a Rede Natura evitar a despoboación no Courel? 5.Quen ? Se alguén lle informou foi unha comunicación informal, non a administración. 6.Podese cazar? Na provincia de Lugo, hai 10 zonas nas que non se pode cazar. Na Rede Natura Ancares-Courel soamente hai unha superficie na que non se pode cazar, que é na Devesa da Rogueira, no Courel. Polo tanto a resposta correcta é que si que se pode cazar. Neste caso unha maioría aplastante (99 %) sabe a resposta correcta.
6. Pódese cazar?
7.Pódense cazar lobos no Courel? 8.Podese cazar lobos no resto de Galicia? Imos contestar 1º a pregunta 8 que é sobre a caza en Galicia e logo contestaremos a pregunta 7 que é sobre a caza do lobo no Courel. En Galicia, existe un plan de xestión do lobo (Decreto 297/2008). Nel divídese Galicia en 3 zonas en función de 3 criterios: Criterio 1: Cantidade de lobos Criterio 2: Número de cabezas de gando Criterio 3: Danos a Gandeiría. Polo tanto, segundo este plan de xestión: Na zona 1: é a administración quen fai unha planificación para controlar a poboación do lobo.
Na zona 2: As persoas poden solicitar controis puntuais ante danos ó gando. Na zona 3: Non se autorizan controis salvo casos excepcionais especialmente xustificados. O concello do Courel é zona 2, polo tanto no Courel podense solicitar controis ante ataques ó gando. Polo tanto a resposta correcta é que si se poden cazar lobos no Courel con permiso. 9.Podese cazar raposo no Courel? 10.Podese cazar raposo no resto de Galicia? Vén recollido na Resolución do 8 de maio de 2018, no que se aproban as especies que son cinexéticas e os periodos nos que se pode cazar no curso 2018/2019, que o raposo é especie cinexética. Parece que a maioría da xente está ben informada sobre o tema da caza, xa que é unha actividade que se practica de xeito habitual nestas montañas. 11.Podese cortar árbores para leña no Courel? 12.E no resto de Galicia? Nos espazos Rede Natura: Os propietarios poden cortar leña para autoconsumo e uso doméstico (10 m3/ano/persoa). No caso de querer facer cortas de árbores autóctonas que non sexa para autoconsumo, hai que pedir permiso a Administración e esta
22
ten a obriga de responder nun prazo de 45 días. Para especies alóctonas (eucaliptos e piñeiros) hai que pedir permiso tamén cunha antelación de 15 días. Se administración non responde quere dicir que está autorizada esa corta. Polo tanto a resposta correcta é si, con ou sen permiso, según os casos. A maioría da xente corta leña por tradición, xa que aquí é unha practica habitual. 13.Pódense coller cogomelos no Courel? Os propietarios poden coller cogomelos para o seu propio aproveitamento sempre que non supoña unha perda do estado de conservación dese hábitat. 14.Pódese levar o gando a pastar ó monte? Si. Pódense realizar todos aqueles traballos de carácter tradicional tanto agrícolas como gandeiros 15.As castañas son de calquera? 16. E se fose Rede Natura serían de calquera? Igual que no caso dos cogomelos, as castañas son do propietario do terreo. A resposta correcta é non.Esto tamén teno a maioría da xente claro, aínda que se dubida algo máis no caso da Rede Natura. Esto é un reflexo dos “medos” que a poboación ten ante espazos protexidos, que lle fan pensar que van diminuir os seus dereitos.
Si
Non
Non sei
Pode a Rede Natura evitar a despoboación no Courel? 17. Se O Courel estivese na Rede Porén, no imaxinario segue existindo 22.Se esto fose Rede Natura, Natura as parcelas que non se o mito de que “soltan animais” e un poderíase usar o quad ou o traballen pasarían a un banco de 62 % contesta que si traerían todoterreo por as pistas? terras? animais. Si, aínda que podería haber algunha Non; o funcionamento do banco restricción temporal que debe ser 18. Se O Courel fose Rede Natura traerían animais? de terras é independiente da Rede publicada previamente. Natura. O banco de terras non ten nada que ver coa Rede Natura. O Beneficios de formar parte da banco de terras é un instrumento Rede Natura creado pola Consellería do Medio O 1º serían as axudas ou Rural para evitar o abandono das subvencións como os Proxectos parcelas agrarias e poñelas a Life, que soamente se dan a disposición de todas aquelas espazos que están na Rede Natura. persoas que necesiten terra para No Courel, estase a levar a cabo o u s o s a g r í c o l a s , g a n d e i ro s , proxecto life Oso Courel que entre forestais, de conservación da outras cousas contempla repartir natureza e patrimonio ou outros pastores eléctricos ós apicultores 19.Pódese prender lume para limpiar usos de interese social. O para previr os danos a colmeas, prados? funcionamento sería o seguinte: limpar postos de cazas e facer 20.E se fose Rede Natura? Aqueles propietarios de parcelas repoboacións de árbores froiteiras. A resposta das dúas preguntas é agrícolas que non as traballen (por Polo que esto repercute na economía similar: “Si con permiso”, ainda que estar xubilados ou adicados a outros da zona. como falamos antes, a xente tende a traballos), poñen estas parcelas no Tamén hai axudas que cada pensar que si estivese en Rede Banco de Terras para que os posibles comunidade autónoma decide para Natura habería máis restrincción. interesados poidan alugalas. que van a ser dirixidas. Ee Aragón e Se houbese algún interesado en Castilla La Mancha, hai axudas ampliar a superficie agrícola da súa directas para agricultores que explotación, pode mirar se lle traballen en Rede Natura, pero en interesa algunha das parcelas que Galicia non existen estas medidas. están no Banco de Terras. No caso de Por outra banda, pensamos que as que lle interese algunha pode posibles limitacións que existen alugala. nestas áreas, sirven para garantir Polo tanto, o banco de terras fai de que a nosa contorna siga igual de Si Non intermediario entre o propietario e o ben conservada co paso do tempo, SI con permiso Non sei interesado en alugar. o que lle da un valor paisaxísitico e 18. Se esto fose Rede Natura, traerían medioambiental que repercute 21.Poderiase camiñar por todos os animais? positivamente en actividades camiños ou habería algunha No Plan Director da Rede Natura non relacionadas co turismo. restrición? se contemplan programas de Cremos que a normativa sobre que é Si, poderíase. reintrodución de especies silvestres. o que se pode facer ou non, está en Por outra banda, para calquera documentos con moita información, reintrodución hai que cumprir a o cal fai engorroso consultala. Eso lexislación vixente (lei 42/2007) na leva a desinformación e o que se di que os programas de espallamento de ideas falsas sen reintrodución deben someterse a moito fundamento. unha adecuada participación e audiencias públicas, é dicir, non se fan as agachadas... 11
Pode a Rede Natura evitar a despoboación no Courel? Entrevistas ás familias que viñeron ó Courel Foi complicado sintetizar as respostas variadas, xa que foron entrevistas abertas. Resumimos: 1. Por que te fuches do Courel? O 100% marchou por falta de traballo.
2. Que atopaches no Courel? Un 71% das familias que viñeron atoparon felicidade. Sorprendeunos o valor que lle dan as familias que viñeron ao benestar que se atopa aquí no Courel.
3º En canto que debería mellorar a administración, as familias propuxeron: •Máis médicos (en Seoane levamos 9 meses sen médico estable e dependendo do día non atopas médico. Tampouco hai pediatra, se non que hai que ir o concello veciño de Quiroga). •Mellores estradas •Atraer máis poboación •Transporte público que non temos
•Traballo
•Rehabilitación de vivendas
•O nomeamento do Parque Natural •Máis coidado polo patrimonio •Profesorado estable •O
nomeamento de destino starlight; que é un destino apto para desfrutar da astronomía. En canto as propostas de mellora do Courel, (na páxina seguinte) puxemos en vermello as nosas propostas que non ten ningún partido; en branco as nosas propostas e os partidos que as contemplan; en amarelo as propostas dos partidos que nós non pensaramos. Fixemos 4 bloques: 1º Oportunidades de traballo 2º Promoción de Pequenas e Medianas Empresas e autónomos 3º Turismo e 4º Medidas contra a despoboación. Imos destacar algunhas das nosas propostas que ninguén contempla: •A rehabilitación das canteiras en desuso como unha oportunidade de traballo e de recuperación da paisaxe. •A fabricación de embutidos da zona, así como o uso da carne de xabaril (por exemplo, nesta temporada de caza mataronse uns 400 xabaris) •Venta de auga mineral da serra •Negociar un prezo xusto para a carne, xa que os gandeiros reciben os mesmos cartos pola súa carne que hai 20 anos. •Prohibir a gandeiría intensiva •Turismo fotográfico •Vivendas de protección oficial •Escola de música Mención a parte está a elaboración da maqueta que levamos a Galiciencia e indicaremos máis adiante como a elaboramos.
22
Conclusións O 55% dos enquisados descoñece que é a Rede Natura e case un 64% ignora que vive nela. Existe a posibilidade de recibir axudas dende a UE por ser Rede Natura, que en Galicia están infrautilizadas. Pedimos que a normativa da Rede Natura sexa máis clara para que poida ser accesible a todas as persoas, e se informe mellor á xente sobre ela. Poñemos en coñecemento dos partidos políticos as nosas propostas para revertir o decrecemento do Courel, para que tomen as medidas oportunas. Agradecementos •Ó Dr. José Vicente López Bao que suxeriu a idea deste traballo. •A Ó s c a r R i v a s p o l o s e u asesoramento. •A todas as persoas que participaron nesta enquisa. •Ós compañeir@s do colexio que colaboraron en facer as enquisas nas súas aldeas. •Ó profesor de Plástica, Roberto Brañas, pola elaboración da maqueta e a rapazada de 1º da ESO. •Ó profesor de matemáticas, Álvaro Cal, pola súa axuda coa análise estatística. •Os candidatos á alcaldes, do PSOE, Cuidadanos e C@urel vivo e a alcadesa do PP, que contestaron ás nosas preguntas.
Pode a Rede Natura evitar a despoboaciรณn no Courel?
11
1
Nas clases de Plástica de 1º e 3º da eso fixemos unha maqueta da parte central do courel.
3
cunha máquina de termofusión, recortamos placas de poliespán de 1 cm de grosor…
5
Despois recubriuse con papel maché e pintura.
2
4
6
cos mapas topográficos 1:25000, ampliados ó dobre, recortamos cada curva de nivel.
…coa forma do recorte de cada curva de nivel de 100 en 100 m de altitude.
na maqueta salientouse puntos de interese xeolóxico, devesas, microrreservas de orquídeas, ríos e vales glaciares.