Están ben os animais nun zoo?

Page 1

ESTÁN BEN OS ANIMAIS NUN ZOO? Autores: Tegra, Erea, Ainoa, Ariadna e Alex. Alumnado de Primaria do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel. INTRODUCIÓN Cando estabamos en Infantil, a profe Luisa invitou ó colexio a un amigo seu que traballaba en África con Jane Goodall. Falounos en lingua chimpancé e explicounos que hai moitos chimpancés que son rescatados do comercio ilegal de animais salvaxes. Incluso temos unha chimpamiga, Kudia, unha chimpancé moi glotona a que lle mataron a súa mai. Os primates son os animais máis parecidos a nós e quixemos investigalos como o farían primatólogas tan coñecidas como Jane Goodall e Dian Fossey. Como no Courel os únicos primates que hai son os humanos, fomos ata o Zoo de Marcelle (Lugo). Alí, centrámonos nos monos capuchinos. OBXECTIVO Averiguar en que estado se atopan os capuchinos en Marcelle (Lugo). MATERIAL E MÉTODOS Eliximos para estudar ós monos capuchinos do zoo de Marcelle. 1º Fixemos observacións ad libitum. Esto quere dicir que simplemente observamos que facían os monos para despois saber que comportamentos tiñamos que medir.

2º Construimos un etograma: un cadro no que se rexistra o tempo que duran certos comportamentos. Nós fixamonos en comportamentos: 1. Autolesión: se se fan dano a sí mesmos. 2. Intranquilidade: móvense dun lado a outro de xeito inquieto 3. Xogo: corren perseguíndose 4. Descanso: durmen ou simplemente están tumbados 5. Alimentación: comen 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.