Skip to main content

Estudo do éxito de polinización de Orchis mascula, O. italica e Dactilorhiza cantabrica na serra do

Page 1

Estudo do éxito de polinización de Orchis mascula, O. italica e Dactilorhiza cantabrica na serra do Caurel

Montserrat Méndez Puig


INDICE

Introdución........................................................................................................................2 Obxectivos........................................................................................................................3 Material e métodos..........................................................................................................3 Resultados e discusión.....................................................................................................6 Conclusións.....................................................................................................................10 Bibliografía......................................................................................................................11 Anexo...............................................................................................................................12

1


INTRODUCION As

orquídeas

son

unha

familia

de

plantas

que

pertencen

ás

monocotiledóneas1. O número de especies no mundo é de 25 000; en Galicia atópanse 40 especies. Estas plantas sempre chamaron a atención polo seu atractivo e, de feito, este atractivo é o que fai que sexan arrincadas para levar ás casas como elemento decorativo, e que se comercialicen nas floristerías. A serra do Caurel, onde se atopa localizado o noso centro escolar, é unha zona privilexiada por moitos motivos, sendo un deles que é un área interesante para orquídeas, debido á presenza de rochas calcarias, ó clima de transición (eurosiberiano e mediterráneo), e ás grandes diferenzas altitudinais. As flores das orquídeas son estruturas moi especializadas na reprodución sexual, sendo obxecto de estudo polos botánicos as adaptacións e a coevolución destas flores cos seus polinizadores. A polinización (transporte dos grans de pole ata o estigma) é preferiblemente cruzada. Para conseguir que o pole dun individuo chegue a outros, as orquídeas atraen aos polinizadores de diferentes xeitos. Entre eles destacamos: - A produción de recompensas, tales como o néctar (líquido doce), para os insectos polinizadores, - Mimetismo, é dicir, imitar flores de familias que ofrecen recompensas como labiadas ou fabáceas. Isto consideráse un engano e supón un funcionamento máis complexo. Os posibles polinizadores “timados” soen ser insectos con pouca experiencia (recén emerxidos), xa que despois de varias visitas xa aprenden a recoñecelas. - Outro tipo de engano é imitar a unha femia para atraer a polinizadores machos. Non só imitan a coloración, senón que nalgúns casos compleméntase coa emisión de substancias olorosas similares a feromonas. Os machos, ao intentar a cópula, levan os grans de pole adheridos. Existen outros tipos de mecanismos para favorecer a polinización, como a captura, pero non se atopan en Galicia.

1

As anxiospermas divídense en dous grandes grupos : monocotiledóneas e dicotiledóneas, segundo a estrutura do embrión.

2


O noso estudo centráse precisamente nisto, na polinización. Estivemos limitados polo tempo xa que a data de entrega do traballo é o 31 de maio, e de ser máis tarde poderiamos incluír outras especies, pero nesa data só puidemos ter en conta as especies de orquídeas que florecen primeiro: Orchis mascula, Orchis italica e Dactilorhiza cantabrica. Esta última especie é un endemismo da serra do Caurel. Estas 3 especies teñen un sistema de atracción de polinizadores por mimetismo.

OBXECTIVOS

Comparar o éxito de polinización da poboación de O. mascula das zonas de estudo elexidas no Caurel cos datos de Europa.

Discernir se existe algunha diferenza no éxito de polinización de O. mascula en función da altitude.

Descubrir se consta algunha relación entre o número de flores dunha planta e o seu éxito de polinización nas 3 especies a estudar.

Contrastar o éxito de polinización das 3 especies estudadas.

MATERIAIS E MÉTODO

A zona na que se leva a cabo a toma de mostra é a Serra do Caurel, en concreto nas proximidades do colexio, no Carbedo, no Couto e en Romeor. Todas estas zonas son calcarias. Nas proximidades do colexio, a 580 m de altitude, e en Romeor, a 900 m, só atopamos O. mascula, pero en cantidades significativas (había dous exemplares de O. italica, pero debido á súa baixa frecuencia non os consideramos nas análises estatísticas). En Carbedo, a 920 m, contabilizamos individuos destas dúas especies. Pola contra, no Couto, a 1300 m, só atopamos D. cantabrica. Os materiais empregados na toma de mostras foron simplemente lápis, papel, e paus de madeira (20 cm de lonxitude) para marcar as flores e logo recoñecelas facilmente (ver imaxe 1). 3


O método que estamos utilizando para identificar o éxito acadado na polinización das orquídeas é contar as flores que ten a planta, marcalas para poder recoñecelas cando, transcorridos uns 15 días, volvamos para ver se as flores xa se transformaron en froito, ou pola contra simplemente secaron sen deixar semente (ver imaxe 2). En total contamos flores e froitos en 147 individuos.

Imaxe 1. Exemplar de O. italica no que pode verse ao seu pé o pau que marca a súa localización sinalado cunha frecha amarela.

4


Imaxe 2. Exemplar de O. mascula no que poden observarse os froitos que están sinalados cunhas frechas amarelas.

Para comprobar a altitude á que se atopa cada unha das plantas ás que lles contamos as flores e os seus froitos, utilizamos o mapa topográfico 1: 25 000 157-I. Fixemos unha análise estatística con datos que conseguimos tras a observación das orquídeas utilizando o programa Microsoft Excell 2007.

5


RESULTADOS E DISCUSIÓN O éxito de polinización é medido pola relación número de froitos entre número de flores. Así, un éxito total sería un valor de 1: todas as flores da planta se converten en froitos. Porén, un valor de 0 indicaría que ningunha flor da planta se transformou en froito. A media de éxito de polinización de O. mascula para ás nosas áreas de estudo foi de 13,28 %. Isto estaría dentro da media proposta por Pérez Chiscano e colaboradores (1991), e que varía entre un 9 e un 25 %. Comparando o éxito de polinización das tres poboacións de O. mascula ( a de 580 m de altitude, preto do colexio; a de 900 m, en Romeor; a de 920 m, no Carbedo) semella que existe unha clara tendencia a aumentar o éxito da polinización de O. mascula en función da altitude como se observa na figura 1.

Figura 1. Histograma no que se representa a media do éxito de polinización (número de froitos/número de flores en porcentaxe) para cada una das poboacións estudadas de O. mascula.

Tras examinar todos os datos recollidos para O. mascula, fixemos unha análise de correlación entre o número de flores de cada individuo e o número de froitos por flor (froitos/flor), e observamos que non existe ningunha correlación 6


entre o número de flores e o éxito de polinización da planta. É dicir, non inflúe para o éxito de polinización o número de flores da planta (figura 2).

Figura 2. Gráfico de dispersión no que se compara o éxito de polinización (número de froitos/número de flores) co número de flores de cada individuo de O. mascula.

A priori, podería parecer que tería que haber relación entre o número de flores e o éxito de polinización, xa que a maior número de flores os insectos polinizadores sentiríanse máis atraídos polas plantas máis grandes, ou o que o mesmo, coas que teñen máis flores. Non obstante, como son orquídeas “embaucadoras” (enganan aos insectos imitando ser flores que ofrecen néctar), os insectos ao visitar algunha das flores e darse conta de que non hai néctar marcharían da planta deixando en proporción maior número de flores sen visitar canto maior sexa o número de flores da planta. Por exemplo, unha planta con 4 flores na que un insecto visita 2 flores, e se decata de que non hai néctar e marcha, terá máis éxito ( o insecto visitou o 50 % das súas flores) que unha planta con 50 flores, e na que igualmente un insecto visita 2 (a porcentaxe de flores que visitou neste caso é de 4 %). Como queda reflectido na figura 2, non existe relación entre o éxito de polinización e o número de flores. Esta tendencia repítese no caso de O. italica e, menos marcada pero no mesmo sentido tamén, en D. cantabrica. Ver figuras 3 e 4.

7


Figura 3. Gráfico de dispersión no que se compara o éxito de polinización (número de froitos/número de flores) co número de flores de cada individuo de O. italica.

Figura 4. Gráfico de dispersión no que se compara o éxito de polinización (número de froitos/número de flores) co número de flores de cada individuo de D.cantabrica.

Por último, comparamos o éxito na polinización das 3 especies estudadas. O resultado é que a especie con maior éxito de polinización é D. cantabrica, que curiosamente é a que se atopa a maior altitude, a 1300 m (ver figura 5). Ao non existir dita especie a menor altitude, non se pode saber se isto é debido a un beneficio da altitude (tal como semella que existe en O. mascula), ou

8


simplemente débese a que D. cantabrica ten maior éxito na súa polinización por motivos que descoñecemos. Xa dixemos na introdución que as 3 especies teñen o mesmo sistema de atracción aos polinizadores: por mimetismo. Non atopamos ningún traballo anterior sobre este aspecto xa que D. cantabrica é unha especie única no Caurel.

Figura 5. Histograma no que se compara o éxito de polinización (número de froitos/número de flores en %) de O. mascula, O. italica e D.cantabrica.

9


CONCLUSIÓNS

• O éxito de polinización da poboación de O. mascula das zonas de estudo elexidas no Caurel atópase dentro do rango de Europa Occidental. • Parece que existe unha certa tendencia a mellorar o éxito da polinización de O. mascula a medida que aumenta a altitude. • Non consta que exista ningunha relación entre o número de flores dunha planta e o seu éxito de polinización nas 3 especies a estudar: O. mascula, O. italica e D. cantabrica. • Ese éxito de polinización é maior en D. cantabrica, seguida de O. mascula e por último de O. italica.

10


BIBLIOGRAFÍA - Pérez Chiscano, J.L.; Gil Llano, J. R.; Durán Oliva, F. (1991), Orquídeas de Extremadura. Fondo Natural S.L. Madrid. - Cortizo Amaro, C.; Sahuquillo Balbuena, E. (2006), Guía das orquídeas de Galicia. Ed. Bahía. A Coruña.

11


ANEXO. Datos brutos tomados no campo Nยบ 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 19 20 20 21 22 23 24 25 26 27 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 28 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62

Especie Orchis italica Orchis italica Orchis mascula Orchis mascula Dactilorhiza insularis Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Aceras anthropophorum Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula

Flores 17 15 8 6 13 6 10 13 6 8 13 7 24 4 7 11 8 6 15 24 8 12 63 24 15 24 20 9 8 7 12 11 11 17 8 10 9 18 10 11 14 8 16 6 12 11 8 6 11 6 8 15 7 12 16

Froito froito/flor Altitude 3 0,1765 580 0 0 580 1 0,125 580 1 0,1667 580 0 580 0 0 580 1 0,1 580 4 0,3077 580 0 0 580 0 0 580 1 0,0769 580 3 0,4286 580 0 580 0 0 580 0 0 580 0 0 580 0 0 580 0 0 580 1 0,0667 580 0 920 0 920 0 920 7 0,1111 920 1 0,0417 920 5 0,3333 920 5 0,2083 920 4 0,2 920 2 0,2222 920 0 0 920 3 0,4286 920 2 0,1667 920 0 0 920 0 0 920 3 0,1765 920 1 0,125 920 0 0 920 0 0 920 0 0 920 0 920 0 0 920 3 0,2143 920 1 0,125 920 1 0,0625 920 4 0,6667 920 1 0,0833 920 4 0,3636 920 5 0,625 920 0 0 920 1 0,0909 920 0 0 920 3 0,375 920 5 0,3333 920 0 0 920 1 0,0833 920 6 0,375 920

12

Zona colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio colexio Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo


63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 127 128 129 130 131 1132 134 135 136 137 138 139 140 141 142

Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Dactilorhiza cantabrica Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis mascula Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica

16 14 15 13 13 12 6 10 11 10 11 9 5 10 8 7 12 9 9 10 8 11 6 11 8 12 12 14 18 11 10 14 17 27 15 13 41 23 7 13 19 10 32 48 12 28 20 13 19 32 21 16 42 16 16 21 15 9

0 1 6 1 0 2 0 0 5 1 0 3 1 4 2 1 1 3 2 3 4 4 2 5 3 2 3 4 6 2 3 6 3 5 1 0 3 4 0 0 3 2 6 1 4 5 11 2 0 0 0 1 0 5 0 0 0 0

0 0,0714 0,4 0,0769 0 0,1667 0 0 0,4545 0,1 0 0,3333 0,2 0,4 0,25 0,1429 0,0833 0,3333 0,2222 0,3 0,5 0,3636 0,3333 0,4545 0,375 0,1667 0,25 0,2857 0,3333 0,1818 0,3 0,4286 0,1765 0,1852 0,0667 0 0,0732 0,1739 0 0 0,1579 0,2 0,1875 0,0208 0,3333 0,1786 0,55 0,1538 0 0 0 0,0625 0 0,3125 0 0 0 0

13

920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 1300 900 900 900 900 900 900 900 900 900 900 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920

Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Couto Romeor Romeor Romeor Romeor Romeor Romeor Romeor Romeor Romeor Romeor Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo


143 144 145 146 147 148 149 150 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181

Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica Orchis italica

9 20 25 13 17 9 15 17 23 9 20 28 22 35 16 24 13 9 18 21 14 17 16 19 14 25 11 12 12 14 19 20 12

0 4 3 5 8 0 0 2 0 0 0 2 0 3 0 3 0 0 0 4 0 5 3 0 0 5 0 0 0 0 0 0 0

0 0,2 0,12 0,3846 0,4706 0 0 0,1176 0 0 0 0,0714 0 0,0857 0 0,125 0 0 0 0,1905 0 0,2941 0,1875 0 0 0,2 0 0 0 0 0 0 0

14

920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920 920

Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo Carbedo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Estudo do éxito de polinización de Orchis mascula, O. italica e Dactilorhiza cantabrica na serra do by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu