Page 1

Son importantes os organismos do solo para o crecemento das plantas?

SON IMPORTANTES OS ORGANISMOS DO SOLO PARA O CRECEMENTO DAS PLANTAS? Introdución O noso Colexio está na montaña lucense, no Concello de Folgoso de Courel. Somos nenos/as de 4º e 6º de Primaria que compartimos aula. Tiñamos interese en saber si os microorganismos do solo inflúen no crecemento das plantas.

Obxectivos Comprobar se os organismos do solo son importantes para o crecemento das plantas.

Hipótese Que nunha terra rica en microorganismos as plantas crecen mais que, na mesma terra pobre en microorganismos.

Material Collemos terra na que foran recollidas leguminosas (fabas). Por a climatoloxía da zona, usamos envases para cultivar as plantas no interior. Usamos un forno ( situado na estación científica do caurel) Unha lámpada, un funíl, dous recipientes e un microscopio.

- 1 -


Son importantes os organismos do solo para o crecemento das plantas?

Sementes de trébol branco.

Metodoloxía Os métodos foron dous: Repartimos a terra en dúas partes unha delas distribuímola en 10 envases . Á outra metade procedemos a sacarlle os microorganismos.Para elo poñémola nun funíl enriba dun recipiente, con follas húmidas, con unha luz durante 24 horas. Despois metémola no forno a 65ºC durante tres días.

Repartímola en 10 envases . Para poder diferencialos aos da terra do forno puxémoslles un S con un rotulador permanente.

.

- 2 -


Son importantes os organismos do solo para o crecemento das plantas?

O 11 de febreiro de 2016 sementamos os 20 envases e regamos os da terra esterilizada , xa que estaba moi seca, a outra non foi necesario porque conservaba bastante humidade.

Nos primeiros días do nacemento deixamos as cinco mellores plantas de cada un dos envases. Pasado mes e medio (29 marzo 2016) arrincamos as plantas para saber a lonxitude das mesmas. Medimos a raíz e a plántula e metemos os datos nunhas follas de office Excel para poder analizalos mellor.

Resultados O nacemento foi igual nos 20 recipientes Os poucos días con unha observación visual xa se apreciaba que as de sen organismos medraban menos.

Esterilizada

non esterilizada

tallo

raíz

tallo

raíz

media

4,17

4,67

9,86

15,35

total

4,42

12,605

- 3 -


Son importantes os organismos do solo para o crecemento das plantas?

Ao final o resultado queda claro as plantas recollidas na terra con microorganismos acadaron unha lonxitude maior.

Discusiรณn As sementes naceron por igual nas distintas terras, polo que pensamos que os microorganismos non afectan a xerminaciรณn.

- 4 -


Son importantes os organismos do solo para o crecemento das plantas?

Os poucos días o crecemento xa se relantizou na terra sen microorganismos. Pensamos na influencia da luz, polo que intercambiamos o lugar dos envases. Pensamos repetir o experimento pero agora coas terras tal cal as temos, para saber si as leguminosas xa fixaron os rizobios que non levamos a cabo por falta de tempo. Asemade pensamos na importancia de realizar outro traballo de investigación, para valorar o efecto dos incendios forestais na eliminación de microorganismos, dato do que non se fala.

Conclusións 1º Os microorganismos do solo son moi importantes para o crecemento das plantas. 2º As plantas acadan unha maior altura coa presenza de microorganismos. .

- 5 -

SON IMPORTANTES OS ORGANISMOS DO SOLO PARA O CRECEMENTO DAS PLANTAS?  

O noso Colexio está na montaña lucense, no Concello de Folgoso de Courel. Somos nenos/as de 4º e 6º de Primaria que compartimos aula. Tiñamo...

SON IMPORTANTES OS ORGANISMOS DO SOLO PARA O CRECEMENTO DAS PLANTAS?  

O noso Colexio está na montaña lucense, no Concello de Folgoso de Courel. Somos nenos/as de 4º e 6º de Primaria que compartimos aula. Tiñamo...

Advertisement