Son importantes os organismos do solo para o crecemento das plantas?
SON IMPORTANTES OS ORGANISMOS DO SOLO PARA O CRECEMENTO DAS PLANTAS? Introdución O noso Colexio está na montaña lucense, no Concello de Folgoso de Courel. Somos nenos/as de 4º e 6º de Primaria que compartimos aula. Tiñamos interese en saber si os microorganismos do solo inflúen no crecemento das plantas.
Obxectivos Comprobar se os organismos do solo son importantes para o crecemento das plantas.
Hipótese Que nunha terra rica en microorganismos as plantas crecen mais que, na mesma terra pobre en microorganismos.
Material Collemos terra na que foran recollidas leguminosas (fabas). Por a climatoloxía da zona, usamos envases para cultivar as plantas no interior. Usamos un forno ( situado na estación científica do caurel) Unha lámpada, un funíl, dous recipientes e un microscopio.
- 1 -