Skip to main content

Cantos grupos de lobos hai na Serra do Courel?

Page 1

Agradecementos A verdade é que temos moito que agradecer, e a moita xente, pois este traballo sería imposible, difícil e menos agradable de realizar sen a intervención das seguintes persoas: - José V. López Bao foi quen nos orientou sobre como facer esta investigación, porque aínda que nós tiñamos claro que queriamos estudar o lobo dende hai un ano, non sabiamos como empezar. El, co seu optimismo, fíxonos rapidamente un deseño de mostraxe, proporcionounos os coñecementos básicos sobre excrementos lobunos, e aclarounos todas as dúbidas que foron xurdindo durante a realización do traballo. - Francisco J. Loureiro, o noso profesor de matemáticas, foi, non só quen nos descubriu os segredos da Estatística e das follas de cálculo, senón que nos fixo suxerencias interesantes sobre os resultados. - Rosa Alonso, a nosa profesora de Lingua e Literatura Galega, encargouse de supervisar o escrito para que non tivera ningún erro ortográfico. - Emilio Abad foi quen nos ensinou, axudou e colaborou cos sistemas de información xeográfica. - Orlando Álvarez, Susana Álvarez e Carlos Cortizo foron profesores que nos acompañaron desinteresadamente nas saídas, aportando anécdotas que enriquecían as nosas andainas, e que facían máis entretidos os percorridos. - Gabriel Lampreave e Luis Llaneza permitíronnos, de diferentes xeitos, poñernos en contacto con José V. López-Bao. E, como non, tamén lle agradecemos ás nosas nais e ós nosos pais a boa disposición que tiveron para levarnos ás nosas saídas. Moitas grazas a todos eles, pois fixeron posible este traballo e, sobre todo, influíron na nosa aprendizaxe. GRAZAS.

1


Índice Agradecementos ........................................................................................................................... 0 Índice de mapas, imaxes e taboas................................................................................................. 2 1.

Introdución ............................................................................................................................ 3

2.

Obxectivos ............................................................................................................................. 4

3.

Antecedentes ........................................................................................................................ 5

4.

Material e métodos ............................................................................................................... 6

5.

Resultados e discusión .......................................................................................................... 9

6.

Conflicto social .................................................................................................................... 15

7.

Conclusións ......................................................................................................................... 18

8.

Autores ................................................................................................................................ 19

Bibliografía .................................................................................................................................. 20

Índice de mapas, imaxes e táboas Mapa 1 . Mapa de Galicia onde están marcados os concellos da provincia de Lugo e resaltado o municipio de Folgoso do Courel. ................................................................................................... 3 Mapa 2. Distribución dos excrementos de lobo dentro e fóra do concello de Folgoso do Courel. ..................................................................................................................................................... 11 Mapa 3. Localización das posibles mandas. Está marcada cunha estrela a zona que se quedou sen prospectar............................................................................................................................. 11 Imaxe 1. Excremento de lobo con pelo de xabarín. ...................................................................... 7 Imaxe 2. Excremento de lobo con restos de corzo. ...................................................................... 7 Imaxe 3. Excremento de lobo con restos de ovella. ..................................................................... 8 Imaxe 4. Gráfico circular no que se representa en porcentaxe os hábitos alimenticios dos lobos de Folgoso do Courel no outono e inverno de 2011/2012. .......................................................... 9 Imaxe 5. Gráfica circular na que se representa en porcentaxe os hábitos alimenticios da manda norte. ........................................................................................................................................... 12 Imaxe 6 Gráfica circular na que se representa en porcentaxe os hábitos alimenticios da manda sur................................................................................................................................................ 12 Imaxe 7. Histograma e táboa de datos cos valores dos I.K.A. para as rutas realizadas. ............. 13 Imaxe 8. Gráfico e táboas que recollen os valores dos I.K.A. para a ruta mensual. ................... 14 Imaxe 9. Figura 1: Histograma que recolle a opinións dos enquisados, por sexo e en conxunto. ..................................................................................................................................................... 16 Imaxe 10: Histograma onde se mostra as opinións dos enquisados por idades. ...................... 17 Táboa 1. Táboa na que se rexistran os datos recollidos no percorrido mensual. C.V.: coeficiente de variación. ................................................................................................................................ 10 Táboa 2. Media e desviación típica dos I.K.A. calculados para as rutas do norte e do sur. ........ 13

2


1. Introdución A Serra do Courel comprende o municipio de Folgoso do Courel e parte dos de Quiroga, Póboa de Brollón, O Incio, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro e Samos, cun total dunhas 25 000 hectáreas (Guitián, Guitián Rivera, & Martínez Villar, 2009). É unha área montañosa con fortes pendentes e altitudes que oscilan entre 400 e 1600 metros.O seu clima é oceánico de montaña, aínda que presenta certa influenza mediterránea. Este clima de transición, unido ás grandes diferenzas altitudinais e á variedade de substratos –é unhas das poucas zonas de Galicia con afloramentos calcáreos-, dan lugar a unha gran diversidade de hábitats. Ademais, os usos agropecuarios tradicionais, baseados nunha economía de subsistencia, engadiron novos ambientes, como soutos, prados ou pastizais, configurando unha paisaxe moi heteroxénea. Tanta variedade de hábitats deu lugar a unha das áreas galegas con maior biodiversidade e valor ecolóxico. O noso colexio atópase no centro do concello, aínda que cada un de nós vive nunha aldea distinta. Ao final do curso pasado xa pensamos na posibilidade de facer este traballo, pero non sabiamos como. Ben é certo que algúns veciños da zona negaban a existencia dos lobos no Courel, aínda que outras persoas dicían o contrario. Realmente, hai lobo no Courel? E se o hai, cantas mandas? Con estes interrogantes abordamos o noso estudo.

Mapa 1 . Mapa de Galicia onde están marcados os concellos da provincia de Lugo e resaltado o municipio de Folgoso do Courel.

3


2. Obxectivos Os obxectivos do noso traballo (algún deles xa expostos no apartado anterior) son: 

Comprobar se viven lobos na serra do Courel.

Estimar o número de mandas no concello de Folgoso do Courel.

Determinar cal é a dieta do lobo no Courel e a influencia que ten na gandeiría.

Precisar se existe algunha variación estacional no seu comportamento de marcaxe territorial baseado en excrementos.

Coñecer a opinión dos habitantes do Courel respecto ós lobos.

Saber se nesa opinión inflúe a idade das persoas e o seu sexo.

4


3. Antecedentes Ao inicio do traballo existían dúbidas entre nos sobre a existencia do lobo no Courel, xa que atopamos diversidade de opinións entre a xente do lugar ao respecto. Agora sabemos que os biólogos que traballan coa especie, coñecen a presenza do lobo na Serra dende hai tempo (Guitián Rivera, de Castro Lorenzo, Bas López, & Sánchez Canals, 1979). Llaneza e Ordiz (2003) afirman que os lobos se atopan nun 75,59% da provincia de Lugo; no noso concello habería probablemente un grupo reprodutor no límite sueste, aínda que se atoparon indicios da súa presenza no resto do territorio. Non tiñamos máis información. En setembro de 2011, a un compañeiro noso de Moreda, teoricamente os lobos matáronlle quince ovellas que pasaban a noite a ceo aberto. Parecía que non había dúbidas. Porén, hai un dato que nos sorprendeu, e que descoñeciamos: a presenza de cans incontrolados no monte. Segundo o plan de xestión de lobo ibérico en Galicia (Ruiz de Almirón, Robles, & Llaneza), os “cans incontrolados” (que teñen dono pero pasan parte do tempo no monte sen control) e os “cans asilvestrados” (viven e crían no monte e non teñen vínculos con humanos) son un problema para a conservación do lobo, xa que ocasionan danos á gandeiría que son atribuídos aos lobos. En Cataluña, no ano 2005 (Lampreave, y otros, 2011), de 15 ataques producidos, 8 foron de cans e provocaron danos en 181 ovellas, e só 7 de lobos, que mataron 14. De media, segundo este traballo, os lobos matan 2 animais por ataque, mentres que os cans matan entre 16 e 17. Curiosamente, a medida que aumenta o número de lobos nesa zona (Parque Nacional Cadí-Moixeró) diminúen os ataques ao gando por parte dos cans (que son máis prexudiciais), xa que os lobos controlan as poboacións destes. A presenza de cans asilvestrados no campo que causan danos ao gando, afecta negativamente a percepción social do lobo. Durante os meses que fixemos o estudo, publicáronse varias noticias no xornal sobre os problemas na gandeiría no Barbanza (provincia da Coruña) de animais híbridos (cruces de cans con lobos). Nesa zona fixéronse batidas para eliminar eses animais (Blanco P. , 2011), pero tamén houbo xente que quixo facer “xustiza” pola súa conta poñendo lazos ilegais (Romero, 2012). Na maioría dos traballos lidos (Blanco & Cortés, 2002; Llaneza & Ordiz, 2003; Noriega & Molina, 2007; Talegón, 2007; Ruiz de Almirón, Robles, & Llaneza), resáltase a importancia que ten na conservación das poboacións de lobo a relación cos humanos, xa que somos a principal causa de mortandade (atropelos, velenos, lazos ilegais, capturas ilegais...). Desconcertounos o termo “capacidade cultural de carga do hábitat” (Blanco & Cortés, 2002). Este indica o número de lobos que está disposta a soportar unha sociedade. Se é unha sociedade tolerante aos lobos, haberá máis que se non o é. Isto depende moito dos danos ocasionados na gandeiría. A raíz disto, preguntámonos se os habitantes do Courel serían

5


comprensivos co lobo, en tanto que aquí observamos que non hai moitos ataques deste animal como podiamos pensar ó principio.

4. Material e métodos O estudo basease na localización de excrementos de lobo, dado que esta especie utilízaos como método de marcaxe olfactivo e visual do seu territorio. Por esta razón, as deposicións soen atoparse en lugares máis ou menos visibles (Barja, de Miguel, & Bárcena, 2005). O método elixido para estimar a posible presenza de grupos de lobo no concello de Folgoso do Courel foi un método indirecto de mostraxe (Llaneza, Rico, & Iglesias, 1998). Organizáronse 6 percorridos para prospectar zonas nas que houbese maior probabilidade de atopar rastros do carnívoro, contando coa información previa aportada por José V. López-Bao. Fixemos os percorridos a pé, un cada mes, entre o outono e o inverno do curso 2011 e 2012. A lonxitude media destes foi de 7 km. Nos traxectos contabamos o número de excrementos de lobo, xeorreferenciabámolos cun GPS e identificabamos “in situ” a dieta. As posibilidades de alimentación que consideramos foron: -

Xabarín

-

Corzo

-

Ungulado doméstico (ovella ou cabra)

-

Indeterminada, cando os restos non poden incluírse en calquera das anteriores clases

Ademais, un dos traxectos (ruta 3) foi realizado unha vez ao mes para coñecer as posibles variacións dos indicios ao longo do ano, xa que as necesidades de marcaxe territorial poden variar segundo as estacións. O número e localización dos indicios permiten establecer un índice de abundancia relativa mediante o cálculo do índice quilométrico de abundancia (I.K.A.) (Llaneza, Rico, & Iglesias, 1998). O I.K.A. calcúlase dividindo o número de excrementos atopados no percorrido entre os kilómetros deste (I.K.A = nº excrementos/km). Consideramos como indicios unicamente as deposicións, xa que as pegadas non as distinguimos das dun can. Mostramos as imaxes de excrementos de lobos que conteñen restos de xabarín (imaxe 1), corzo (imaxe 2) e ungulado doméstico (imaxe 3). O pelo do xabarín é longo, groso e escuro, mentres que o de corzo é máis curto e con aspecto quebradizo e máis claro. Os restos de ovella son inconfundibles pola la.

6


Con estes datos fixemos unha análise estatística nunha folla de cálculo do programa Microsoft Excell 2007. Os indicios foron plasmados nos mapas a través do programa gvSIG 1.11.

Imaxe1. Excremento de lobo con pelo de xabarín.

Imaxe2. Excremento de lobo con restos de corzo.

7


Imaxe3. Excremento de lobo con restos de ovella.

8


5. Resultados e discusión O primeiro resultado a destacar é que atopamos 168 excrementos nos 46,38 km dos 6 percorridos. A distribución da dieta neles móstrase na imaxe 4. Resalta que o 94 % das deposicións contiñan ungulados silvestres (xabarín e corzo), polo que a súa dieta na Serra do Courel se centra en animais salvaxes e non en animais domésticos. Parece que a presa principal é o xabarín, o cal indica o importante papel do lobo na regulación das poboacións do porco bravo, especie que tantos danos causa a agricultura.

Xabarín 49%

Indeterminado 1% Ungulado doméstico 5% Corzo 45%

Imaxe4. Gráfico circular no que se representa en porcentaxe os hábitos alimenticios dos lobos de Folgoso do Courel no outono e inverno de 2011/2012.

Por outra banda, analizamos a dieta para o percorrido que realizabamos todos os meses, calculando a media, a desviación típica e o coeficiente de variación. Os resultados están recollidos na táboa 1. Aínda que a captura de corzos é menor cá de xabarín, a desviación e coeficiente de variación dos primeiros é menor. O baixo número de datos (81 excrementos analizados) fai que calquera interpretación non sexa estatíticamente significativa, pero unha posible explicación estaría baseada na ecoloxía destas dúas especies. O corzo é territorial e ten dominios inferiores a 1 km2., e vive só, salvo as femias, que poden estar acompañadas dos seus corcinos (como máximo 2) (Purroy & Varela, 2003). Sen embargo, os xabarís teñen espazos vitais máis amplos (entre 200 e 2 000 ha), e poden formar grupos moito máis numerosos. Polo tanto, pode ser que os corzos sexan un recurso alimenticio máis constante ao longo do ano, mentres que os xabarís, que en conxunto teñen máis peso na dieta do lobo, semellan ser un recurso máis irregular no tempo.

9


Datas Corzo Xabarín Bóvidos 15/9/11 6 8 0 20/10/11 4 8 1 21/11/11 4 5 0 11/12/11 6 9 3 22/1/12 4 2 1 25/2/12 4 2 0 26/04/12 3 10 1 Total 28 35 5 Media 4,6 5,6 0,8 Desviación 1,0 3,1 1,2 C.V. 22,1% 55,4% 140,3% Táboa 1. Táboa na que se rexistran os datos recollidos nos percorridos mensuais da ruta 3. C.V.: coeficiente de variación.

Igual que nos resultados do conxunto dos percorridos que se amosan na imaxe 4, na táboa que recolle os datos mensuais obtidos na ruta 3 continúa a predominar o xabarín fronte o corzo na dieta. A distribución dos indicios no concello de Folgoso do Courel atópanse no mapa 2, onde o terreo aparece clasificado en 3 intervalos de altitudes. A clase máis baixa coincide co val do río Lor que divide o concello en dous. Vendo a distribución dos indicios, semella que poderían existir dous grupos de lobos, un ao norte e outro ao sur do Lor. Este val actuaría de barreira xeográfica, separando os dous posibles grupos. Grazas a información aportada por José V. López-Bao, temos a confirmación da reprodución dunha manda no sur do Lor. No sur hai dous grupos de indicios separados, pero os consideramos pertencentes probablemente a unha soa manda. A razón é que non fixemos nun primeiro momento unha mostraxe da zona intermedia. Á vista destes resultados, o día 27 de abril de 2012 fixemos o transecto que faltaba pero cun método distinto (en coche), e aínda que atopamos excrementos que confirman que hai continuidade, non están incluídos no presente traballo por estar feito en distinta época e con outro método de mostraxe. A localización dos 2 grupos potenciais existentes móstrase no mapa 3. Marcada cunha estrela está outra zona que quedou sen prospectar.

10


Mapa 2. Distribuciรณn dos excrementos de lobo dentro e fรณra do concello de Folgoso do Courel.

Mapa 3. Localizaciรณn das posibles mandas. Estรก marcada cunha estrela a zona que quedou sen prospectar.

11


Comparamos os datos de alimentación destas dúas mandas e os resultados son lixeiramente distintos (imaxes 5 e 6), existindo maior cantidade de ungulados domésticos na parte norte, máis humanizada, que na sur. Pola contra, ao sur do río Lor, onde están as zonas máis altas do concello e con clima máis adverso, a proporción de xabarín aumenta.

Corzo 51%

Xabarín 40%

Ungulado doméstico 9%

Imaxe5. Gráfica circular na que se representa en porcentaxe os hábitos alimenticios da manda norte.

Xabarín 54%

Corzo 41%

Indeterminado 2%

Ungulado Doméstico 3%

Imaxe6 Gráfica circular na que se representa en porcentaxe os hábitos alimenticios da manda sur.

12


Os I.K.A1. calculados para cada unha das rutas expóñense a continuación na imaxe 7, ordenadas temporalmente. Indícanse cun “N” ou “S” se están ao norte ou ao sur, respectivamente, do río Lor. Destacan as rutas 1 (ao sur) e 4 (ao norte). As medias dos índices para os percorridos realizados nos dous lados do río son similares, tal e como se mostra na táboa 2. 7,00 6,00 5,00

4,00 3,00 2,00 1,00 0,00

IKA

Ruta 1 (S)

Ruta 2 (S)

Ruta 3 (N)

Ruta 4 (N)

Ruta 5 (N)

Ruta 6 (S)

6,41

3,55

3,12

5,64

2,13

2,04

Imaxe7. Histograma e táboa de datos cos valores dos I.K.A. para as rutas realizadas. Rutas N Rutas S Media 3,63 4,00 Desviación 1,81 2,22 Táboa2. Media e desviación típica dos I.K.A. calculados para as rutas do norte e do sur.

1

I.K.A. O índice de abundancia quilométrica é o número de indicios por km. nun percorrido. Ver apartado “Material e métodos”

13


Analizando os valores deste índice ao longo do ano para o percorrido mensual (ruta 3) obtemos os resultados recollidos na imaxe 8. A información recollida no mes de marzo de 2012 non a consideramos fiable, porque previamente á realización do itinerario houbo perturbacións (lumes e tala de árbores) que poideron afastar aos lobos temporalmente. Na gráfica móstrase (salvo o valor do mes de decembro) que hai certa tendencia á diminución de marcaxe por excrementos desa zona. Estes cambios poderían reflexar diferentes partes do ciclo vital da especie, xa que cara ao inverno é menor a cohesión da manda, pois algúns xuvenis se dispersan. Esta hipótese sería confirmable continuando o estudo no futuro. 3,50 3,00

I.K.A.

2,50

2,00 1,50 1,00 0,50 0,00

IKA

9/11

10/11

11/11

12/11

1/12

2/12

3/12

4/12

2,43

2,25

1,56

3,12

1,21

1,04

0,17

1,73

Imaxe8. Gráfico e táboas que recollen os valores dos I.K.A. para a ruta mensual.

14


6. Conflito social O conflito social é a loita que parece existir entre os seres humanos e o lobo, debido fundamentalmente aos danos que ocasiona na gandeiría e a posible diminución das especies de interese cinexético (xabarín e corzo, fundamentalmente). O conflito social é moi importante xa que moita da mortandade do lobo débese á man do home. Segundo Blanco e Cortés (2002), os gandeiros e os cazadores son os que máis se opoñen á conservación do lobo, mentres que a poboación urbana é maiormente favorable a ela. Os antepasados do Courel tiñan case todos un grave problema co lobo, pois en épocas anteriores o lobo ocasionaba grandes estragos para os gandeiros en canto que soía matar moito gando. Para os cazadores era unha honra capturalo, xa que recibían moita popularidade na súa aldea. Aínda hoxe en día hai moitos cazadores que teñen a pequena obsesión de querer matar un lobo, posto que recordan como era a vida antes e pensan que isto pode ser moi bo para a súa reputación e polo ben da sociedade rural. Porén, tamén hai xente que pensa todo o contrario. Así que o odio polo lobo xa ben de siglos atrás. De feito, cando nos estabamos realizando este traballo, mantiñamolo como se fose un segredo, xa que os cazadores, de coñeceren os traxectos polos que nos moviamos, podían aproveitar para matar algún destes animais. Moita xente tiña algunha proba sobre “a non-existencia” do lobo no Courel. Dicían que non había lobos, pois os gandeiros xa non tiñan medo de deixar o gando no monte, pero, como xa debedes supoñer, esta non é unha proba moi fiable. Podemos usar a lóxica e poñernos a pensar: ultimamente no Courel aumentou moito a poboación de xabarín. Así que, vos pensades que o lobo se vai arriscar a intentar comer gando acercándose ao perigoso home, ou creedes que vai comer un animal salvaxe sen correr ningún tipo de perigo? Obviamente a resposta correcta é a segunda. Nós, os rapaces do colexio do Courel, decidimos facer unha enquisa aos habitantes da zona para saber a súa opinión sobre este tema. Fixemos un total de 153 enquisas. A realización desta entrevista, nalgúns casos, non foi fácil, posto que algúns habitantes non lle teñen moito cariño a este animal. A continuación reproducimos o modelo que utilizamos para facer a enquisa.

15


ENQUISA DE OPINIÓN SOBRE O LOBO NO COUREL QUERES QUE HAXA LOBO NO COUREL? LUGAR: IDADE:

MULLER

□

HOME □

□SI, PORQUE OS LOBOS CONTROLAN AS POBOACIÓNS DE XABARÍN □NON, PORQUE DANARÍAN A GANDEIRÍA □ INDIFERENTE

Como se pode observar na imaxe 9, as mulleres son menos contrarias á presenza do lobo (50 %)que os homes (61 %). Destaca, en calquera dos casos, que a maioría da xente prefire que non haxa lobo (nun 56 %). A causa desta diferenza pode deberse a que os homes se dedican máis ó gando, polo cal están máis sensibilizados cos danos que causan os lobos. Resalta tamén nos datos a porcentaxe da indeferenza nas mulleres (23 %). Os homes, pola contra, téñeno máis claro e só opinan indiferentemente o 8% .

100% 90% 80%

70% 60%

61,04%

55,84%

50,65%

50%

40% 30%

25,97%

31,17%

28,57%

23,38%

15,58%

20%

7,79%

10% 0% MULLERES

HOMES Si

Non

TOTAL

Indiferente

Imaxe9. Figura 1: Histograma que recolle a opinión dos enquisados, por sexo e en conxunto.

16


Existe unha clara tendencia a ser máis contrarios a presenza do lobo ao aumentar a idade, tal e como queda reflectido na imaxe 10: canto maior é a idade do enquisado, maior é a probabilidade de que non desexe que habiten os lobos no Courel. Isto pode deberse a que hai tempo había máis gando e a xente dependía máis del, polo que os lobos afectaban máis que agora a subsistencia da xente e perdura o recordo das épocas pasadas nas persoas maiores.

100% 90% 80%

70% 60% 50%

40% 30% 20%

10% 0% [10, 20)

[20, 30)

[30, 40)

[40, 50) Si

Non

[50, 60)

[60, 70)

[70, 80)

[80, 100)

Indiferente

Imaxe10: Histograma onde se mostran as opinións dos enquisados por idades.

17


7. Conclusións 

Confírmase a presenza de lobos na Serra do Courel.

Estimamos a posible existencia de dúas mandas no concello de Folgoso do Courel.

A alimentación dos lobos baséase fundamentalmente en ungulados silvestres, particularmente xabarín.

Semella que existe certa diminución dos indicios ao longo do inverno.

Existe un rexeitamento á presenza do lobo de máis da metade (56 %) da poboación do Courel en contraposición ás persoas que o aceptan (28,5 %).

Hai unha relación directa entre a idade e a negación ao lobo: a maior idade do entrevistado, maior é a probabilidade de rexeitamento. Destaca a alta porcentaxe de indiferencia respecto a convivir co lobo no caso das mulleres.

18


8. Autores Este traballo realizámolo o alumnado de 2º da ESO do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel (Lugo), e baixo a dirección da profesora de Ciencias da Natureza, Lourdes González. O noso grupo de investigación está formado polos seguintes integrantes: -

Lara Álvarez López

-

Pablo Ferreiro Vide

-

Iván López López

-

Vera Raposo López

Imaxe 11. Fotografía tomada nunha das nosas saídas ao campo. De esquerda a dereita e de arriba a abaixo, están: Orlando, Lara, José V., Pablo, Iván, Rosa, Susana, Vera e Lourdes.

19


Bibliografía Barja, I., de Miguel, F. J., & Bárcena, F. (2005). Faecal marking behaviour of Iberian wolf in different zones of their territory. Folia Zool., 21-29. Blanco, J. C., & Cortés, Y. (2002). Ecología, censos, percepción y evolución del lobo en España: análisis de un conflicto. Malaga: Sociedad Española para la Conservación y Estudio de los mamíferos. Blanco, P. (28 de novembro de 2011). Siguiendo el rastro del lobo. La Voz de Galicia, p. 12. Guitián Rivera, J., de Castro Lorenzo, A., Bas López, S., & Sánchez Canals, J. (1979). Nota sobre la dieta del lobo (Canis lupus L.) en Galicia. Trabajos compostelanos de Biología, 95-104. Guitián, J., Guitián Rivera, L., & Martínez Villar, J. L. (2009). Guía de O Courel. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. Lampreave, G., Ruiz-Olmo, J., García-Petit, J., López-Martín, J., Bataille, A., Francino, O., et al. (2011). El lobo vuelve a Cataluña: historia del regreso y medidas de conservación. Quercus, 16-25. Llaneza, L., & Ordiz, A. (2003). Distribución y aspectos poblacionales del lobo ibérico (Canis lupus signatus) en la provincia de Lugo. Galemys. Llaneza, L., Rico, M., & Iglesias, J. (1998). Descripción y resultados de varios métodos de muestreo para la detección y censo de lobo ibérico (Canis lupus signatus) en una zona de montaña. Galemys, 135-150. Noriega, A., & Molina, J. I. (2007). Gestión del lobo en Castilla y León. Jornadas

transfronterizas: ecoturismo y desarrollo sostenible. El lobo en España y Portugal. Puebla de Sanabria. Purroy, F. J., & Varela, J. M. (2003). Guía de los mamíferos de España. Península, Baleares y Canarias. Barcelona: Lynx Edicions. Romero, J. (10 de abril de 2012). Las trampas ilegales matan a dos lobos en Barbanza. La Voz de Galicia, p. 25. Ruiz de Almirón, J., Robles, M., & Llaneza, L. (s.d.). Plan de Gestión del lobo ibérico en Galicia. VII Congreso Nacional del Medio AMbiente. Talegón, J. (2007). Situación actual y conservación del lobo en España.

Jornadas transfronterizas: ecoturismo y desarrollo sostenible. El lobo en España y Portugal. Puebla de Sanabria.

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Cantos grupos de lobos hai na Serra do Courel? by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu