Page 1

Que mamíferos viven en Órreos?

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Folgoso do Courel Curso 2015/2016


MAMÍFEROS DE ÓRREOS

!1


Que mamíferos viven en Órreos?

Introdución O CPI Poeta Uxío Novoneyra é o centro educativo das montañas do Courel. Estamos rodeados dunhas fermosas montañas e dunha natureza exuberante. Hai 3 alumnas de 1º de Primaria, autoras deste pequeno traballo de investigación: Ainoa, Erea e Tegra. Na aldea de Tegra, Órreos, foi onde decidimos realizar o noso estudo.

Obxectivos O obxectivo principal deste traballo é despertar o interese pola natureza que rodea as alumnas. Ademais diso queriamos: - Coñecer os mamíferos máis abundantes da nosa contorna. - Introducir o alumnado no método de estudo de fauna. - Analizar resultados e representalos nun histograma. - Iniciar as alumnas na exposición oral do traballo. - Coñecer as posibilidades da edición de video e a aplicación touchcast.

Reparto de tareas entre profesora e alumnas. Descrición das actividades Para determinar a abundancia de mamíferos en Órreos usamos unha cámara de fototrampeo. Para aumentar a probabilidade de fotografar animais, estes foron atraidos por comida (mazá, sardiñas, carne) que foron aportados por Tegra e a súa familia, tal como mostra a imaxe captada pola propia cámara.

MAMÍFEROS DE ÓRREOS

!2


Pasados 30 días fomos recoller a cámara entre todas.

Analizamos as fotos en clase de Ciencias Naturais. Contabilizábamos todas as fotos feitas cada día. Cando dunha especie había varias fotos nun

MAMÍFEROS DE ÓRREOS

!3


mesmo día, só contabamos un individuo desa especie para evitar contar o mesmo exemplar varias veces. Atopámonos con raposo, xabaril, corzo e marta. Representamos nunha gráfica a abundancia dos mesmos.

Para expoñer o resultado optamos por facelo en formato video, usando a técnica de chroma. Usamos unha aplicación para tablet moi sinxela (touchcast) para que aprenderan a técnica. Porén, a profesora optou por montar ela o video. O enlace ó video é o seguinte: https://www.youtube.com/watch?v=nnnIQwFfBuA

MAMÍFEROS DE ÓRREOS

!4


Valoración educativa En primeiro lugar, parécenos interesante para que vaian pouco coñecendo a fauna que lles rodea. Nas clases constatamos que ás veces coñecen mellor a fauna doutros continentes que saen nos documentais ou en debuxos cas do seu entorno. Para valorar o que se ten, primeiro é necesario que o coñezan. Por outra banda, pensamos que é importante que dende pequenos vaianse familiarizando polos métodos utilizados polos científicos y valoren estops métodos como unha fonte obxectiva de coñecementos.

Autoras Ainoa, Tegra, Erea e Lourdes

MAMÍFEROS DE ÓRREOS

!5

Profile for CPI Poeta Uxio Novoneyra

Que mamíferos viven en Órreos?  

Traballo realizado polas alumnas de 1º de Primaria no curso 2015/2016.

Que mamíferos viven en Órreos?  

Traballo realizado polas alumnas de 1º de Primaria no curso 2015/2016.

Advertisement