Fósiles do Courel

Page 1

Fósiles do Courel A serra do Courel está situada no oriente da provincia de Lugo. Formamos parte da Rede Natura Ancares-Courel, un espazo que abrangue as montañas orientais da provincia de Lugo. E dende abril do 2019 somos Xeoparque Mundial da UNESCO. Entre as peculariedades do Courel está contar coa presenza de fósiles nas súas rochas. Algúns deles pódense visitar no museo xeolóxico de Quiroga como o oso cavernario que atopouse nunha cova do Courel. Que son os fósiles? Son restos de seres vivos do pasado ou da súa actividade. Poden ser corpos, partes de corpos, pisadas, feces… Hai varios modos de conservación de estos restos como 1) A conxelación 2) Pechado en resina dunha árbore (chámase ámbar) 3) M o m i f i c a d o ( n u n h a atmosfera seca e esteril como pode ser nunha cova) 4) Formando parte de roca caliza Esta imaxe amosa un mapa xeolóxico de Galicia. As bandas de marrón claro sinaladas con frechas, son as únicas zonas de Galicia con roca caliza. Tamén marcamos en branco o concello de Folgoso do Courel. Como vedes O Courel é un dos poucos sitios de Galicia no que hai roca caliza na que frecuentemente atopanse

fósiles. Por contra, a maioría das rocas de Galicia son rocas magmáticas e metamórficas nas que non hai fósiles Os obxectivos que temos neste traballo son: 1) Xeorreferenciar os fósiles do Courel, é dicir, gardar as coordenadas nun mapa. 2) Xeorreferenciar puntos de interese xeolóxico 3) Proporcionar información a través da realidade aumentada deses puntos xeorreferenciados. 4) Construir unha maqueta do relevo do Courel. Como recursos humanos, no noso proxecto, temos a Orlando Álvarez, veciño do Courel, biólogo e gran coñecedor da zona. Con el, estamos a facer

64

andainas para localizar e coñecer os fósiles e os puntos de interese xeolóxico. Esta é unha foto no que simulou un crinoideo ou lirio de mar. Como materiais, estamos a usar Sistemas de Informacións Xeográfica (conocido como GIS polas palabras en inglés). Usamos apps variadas: GIS kit; Google Earth; Google Maps; Wallame. Con elas marcamos os puntos de interese. Ademais a aplicación Wallame, permite incorporar realidade aumentada a unha foto.Google Earth e Google Maps son aplicacións máis coñecidas. GIS Kit é unha aplicación similar as anteriores, pero permite traballar sen conexión os datos, o cal é útil para traballar no campo se non hai cobertura de móbil. E agora imos pararnos un pouco máis co Wallame. Esta aplicación ademáis de ubicar nun mapa co GPS o lugar onde tomamos a foto, permite deixar “mensaxes” nesa foto con información.A persoa que busca o “Wallame” sabe onde se fixo a foto e ten a foto colgada, para saber como ten que poñer a súa


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Fósiles do Courel by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu