Éxito de polinización das orquídeas Aceras anthropophorum, Orchis mascula, Ophrys sphegodes en O Courel Amanda Arza Carballo María Locay López
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!1
Introdución As orquídeas son unha familia de plantas que pertencen ás monocotiledóneas1. O número de especies no mundo é de 25 000; en Galicia atópanse 40 especies. Estas plantas sempre chamaron a atención polo seu atractivo e, de feito, este atractivo é o que fai que sexan arrincadas para levar ás casas como elemento decorativo, e que se comercialicen nas floristerías. A serra do Courel, onde se atopa localizado o noso centro escolar, é unha zona privilexiada por moitos motivos, sendo un deles que é un área interesante para orquídeas, debido á presenza de rochas calcarias, ó clima de transición (eurosiberiano e mediterráneo), e ás grandes diferenzas altitudinais. As flores das orquídeas son estruturas moi especializadas na reprodución sexual, sendo obxecto de estudo pol@s botánic@s as adaptacións e a coevolución destas flores cos seus polinizadores. A polinización (transporte dos grans de pole ata o estigma) é preferiblemente cruzada. Para conseguir que o pole dun individuo chegue a outros, as orquídeas atraen aos polinizadores de diferentes xeitos. Entre eles destacamos: 1. A produción de recompensas, tales como o néctar (líquido doce), para os insectos polinizadores. 2. Mimetismo, é dicir, imitar flores de familias que ofrecen recompensas como labiadas ou fabáceas. Isto consideráse un engano e supón un funcionamento máis complexo. Os posibles polinizadores “timados” soen ser insectos con pouca experiencia (recén emerxidos), xa que despois de varias visitas xa aprenden a recoñecelas. 3. Outro tipo de engano é imitar a unha femia para atraer a polinizadores machos. Non só imitan a coloración, senón que nalgúns casos compleméntase coa emisión de substancias olorosas similares a feromonas. Os machos, ao intentar a cópula, levan os grans de pole adheridos. Existen outros tipos de mecanismos para favorecer a polinización, como a captura, pero non se atopan en Galicia. O noso estudo centráse precisamente nisto, na polinización. Escollimos 3 especies, cada unha delas con un método de polinización diferente. Co 1º método, Aceras anthropophorum; co 2º, Orchis mascula e co 3º, Ophrys sphegodes.
1As
anxiospermas divídense en dous grandes grupos : monocotiledóneas e dicotiledóneas, segundo a estrutura do embrión. ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!2
Obxectivos • Discernir se existe algunha diferenza no éxito de polinización de A. anthropophorum, O. mascula e O. sphegodes. • Comparar o éxito de polinización da poboación de O. mascula da zona de estudo no Courel cos datos de Europa. • Descubrir se consta algunha relación entre o número de flores dunha planta e o seu éxito de polinización nas 3 especies a estudar.
Hipótese O éxito de polinización será maior en O. sphegodes, seguido de A. anthropophorum e en último lugar, O. mascula. Pensamos nese orden, xa que a O. sphegodes imita á femia de polinizadores machos, A. anthropophorum ofrece néctar, en cambio O. mascula non ofrece nada. Existirá maior éxito de polinización canto maior sexa o número de flores.
Material e métodos A zona na que se leva a cabo a toma de mostra é a Serra do Courel, en concreto na parroquia de Noceda, a uns 1 000 m de altitude aproximadamente e cun solo calcáreo. Atopamos as 3 especies, A. anthropophorum, O. mascula e O. sphegodes na mesma ladeira, polo que as 3 atopánse nas mesmas condicións ambientais. Os materiais empregados na toma de mostras foron simplemente lápis e papel. (Imaxe 1) Imaxe 1. Nós, o 12 de xuño de 2015 contando flores e froitos de orquídeas.
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!3
O método que estamos utilizando para identificar o éxito acadado na polinización das orquídeas é contar as flores que ten a planta, e contar cales delas transformaronse en froito (Imaxe 2). Para iso fomos en dous momentos distintos, xa que O. mascula florece uns 15 días antes que as outras dúas.
Imaxe 2: Planta de O. mascula coas flores xa pasadas e froitos. A frecha marca un froito.
Fomos a Noceda os días 20 de maio de 2015 e 12 de xuño de 2015. Fixemos unha análise estatística con datos que conseguimos tras a observación das orquídeas utilizando o programa Microsoft Excell 2007.
Resultados e discusión O éxito de polinización é medido pola relación número de froitos entre número de flores. Así, un éxito total sería un valor de 1: todas as flores da planta
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!4
se converten en froitos. Porén, un valor de 0 indicaría que ningunha flor da planta se transformou en froito. A media do éxito de polinización de cada especie resúmese na seguinte gráfica (Imaxe 3). 0,9
A. anthropophorum
O. mascula
O. sphegodes
86,15%
0,675
0,45
0,225
12,04% 0
6,38% Froitos/Flores
Imaxe 3: éxito de polinización de A. anthropophorum, O. mascula e O. sphegodes (numero de froitos/número de flores).
A media de éxito de polinización de O. mascula para á nosa área de estudo foi de 12,04 %. Isto estaría dentro da media proposta por Pérez Chiscano e colaboradores (1991), e que varía entre un 9 e un 25 % en Europa. Non parece existir ningunha correlación entre o número de flores e o éxito de polinización para A. anthropophorum (Imaxe 4) e O. mascula (Imaxe 5), o contrario o que esperabamos. Porén, en O. sphegodes (Imaxe 6) existe unha correlación maior porque existe maior éxito a menor número de flores.
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!5
0,3
y = -0,0003x + 0,0745 R² = 0,0058
Aceras anthropophorum
froitos/flores
0,225
0,15
0,075
0
0
27,5
55
82,5
110
nº de flores
Imaxe 4: recta de correlación entre o número de flores e o éxito de polinización (froitos/flores) para A. anthropophorum, R2 representa o coeficiente de determinación. 0,9
y = 0,0034x + 0,0665 R² = 0,0245
Orchis mascula
froitos/flores
0,675
0,45
0,225
0
0
10
20
30
40
nº de flores
Imaxe 5: recta de correlación entre o número de flores e o éxito de polinización (froitos/flores) para O. mascula, R2 representa o coeficiente de determinación.
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!6
1
Ophrys sphegodes
y = -0,0376x + 1,0941 R² = 0,361
froitos/flores
0,75
0,5
0,25
0
0
5,5
11
16,5
22
nº de flores Imaxe 6: recta de correlación entre o número de flores e o éxito de polinización 2 (froitos/flores) para O.sphegodes R representa o coeficiente de determinación.
A priori, podería parecer que tería que haber relación entre o número de flores e o éxito de polinización, xa que a maior número de flores os insectos polinizadores sentiríanse máis atraídos polas plantas máis grandes, ou o que é o mesmo, coas que teñen máis flores. Pensamos que esta falta de correlación pode deberse a que os insectos visitan unhas cantas flores dunha planta independentemente do número de flores que teña, é dicir, que non por ter máis flores a planta, o insecto visite máis flores.
Conclusións • Existen diferenzas no éxito de polinización de A. anthropophorum (6,38 %), O. mascula (12,04 %) e O. sphegodes (86,15 %). O. sphegodes é a que ten maior éxito de polinización das 3 especies. • O éxito de polinización da poboación de O. mascula das zonas de estudo elexidas no Caurel atópase dentro do rango de Europa Occidental. • Non consta que exista ningunha relación entre o número de flores dunha planta e o seu éxito de polinización en O. mascula e A. anthropophorum.
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!7
Bibliografía - Pérez Chiscano, J.L.; Gil Llano, J. R.; Durán Oliva, F. (1991), Orquídeas de Extremadura. Fondo Natural S.L. Madrid. - Cortizo Amaro, C.; Sahuquillo Balbuena, E. (2006), Guía das orquídeas de Galicia. Ed. Bahía. A Coruña.
ÉXITO DE POLINIZACIÓN ORQUÍDEAS
!8