Skip to main content

Espeleotema do Courel

Page 1

ESPELEOTEMAS Autores: Alba Arias, Samuel Vilariño. Durante este curso o alumnado de 4º da ESO fixemos unha serie de saídas adicadas ó coñecemento da Xeomorfoloxía do Courel. Neste artigo imos centrarnos nas formacións endokársticas. O karst é a denominación que se utiliza para formacións a partir da disolución da rocha, habitualmente, calcárea. Estas estruturas características poden estar ou ben na superficie (exokarst) ou no interior de covas (endokarst). Chamamos espeleotemas as construcións naturais no interior das cavernas. Como se forman os espeleotemas? A partir do carbonato cálcico (CaCO3) resultante da reacción entre o dióxido de carbono hidratado (H2CO3) do aire con calcio da rocha (Ca). Grazas a Orlando Álvarez coñecemos covas como a do Eixe (Mercurín), Chao dos Mazairos (Paderne),Tarelo (Parada) e a Buraca das Choias (Visuña). Aínda que o traballo que estamos a realizar é máis extenso, neste artigo soamente nos centraremos nos espeleotemas posto que son os elementos máis curiosos e máis descoñecidos. Atopamos as seguintes estruturas: 1. Banderolas ou ás de anxo: Teñen aspecto de tela colgante. A diferenza das estalactitas, nas que auga circula polo seu interior, nas banderolas, a auga corre polo exterior crecendo lateralmente a estrutura.


2. Calcita flotante: Lámina de menos de 1 mm de espesor de CaCO3 que flota sobre a auga estancada.

3. Columna: Unión dunha estalactita e unha estalagmita.

4. Coraloide: Aglomeración de pequenos corpos esféricos


5. Dentes de serra: A súa forma queda descrita co seu nome.

6. Estalactita: Pendura no interior circulando auga no seu interior.

7. Estalagmita: Formación no solo polo goteo de auga dende unha estalactita.


8. Gour: Encoros escalonados que se forman ó circular auga por unha pendente.

9. Helictita: É unha estalactita que parece que non lle afecta a gravidade, porque non é vertical.


10. Macarrón ou estalactita fistulosa: Estalactita oca cun aspecto traslúcido.

Bibliografía: Gutiérrez Elorza, M. (2008) Geomorfología. Madrid: Pearson Educación.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Espeleotema do Courel by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu