DISPERSIÓN DO CARNABUDO POR CARNÍVOROS NO COUREL
AMANDA ARZA CARBALLO
LLUÍS CASTRO POTAU
MARÍA LOCAY LÓPEZ
SANDRA VILARIÑO RODRÍGUEZ
Dispersión de carnabudo por carnívoros
ÍNDICE 1. Introdución 3 2. Obxectivos 4 3. Material e métodos 5 4. Resultados e Discusión 9 5. Conclusións 13 6. BibliograDía 14 7. Agradecementos 14
2
Dispersión de carnabudo por carnívoros
1. Introdución
É ben sabido que os animais actúan como axentes dispersantes de froitos e
sementes de moitas especies vexetais. De feito, as plantas teñen diversas adaptacións relacionadas coa dispersión das súas sementes, como os froitos atraíntes para os animais polas súas cores e os seus nutrientes, ou a posesión de cubertas duras nas sementes, para resistir aos enzimas dixestivos dos animais que as consumen.
No noso contorno, no Courel, hai unha árbore que destaca pola súa
espectacular fructiDicación: o carnabudo (Sorbus aucuparia). En outono, os seus froitos vermellos son moi visibles nas devesas, que collen tonos encarnados pola abundancia destes froitos, xa antes de que as follas tornen de cor. Decidimos estudar se un froito tan conspicuo e abundante coma este era dispersado por os carnívoros do entorno, e, de ser así, cales eran as características principais deste proceso de dispersión.
3
Dispersión de carnabudo por carnívoros
2. Obxectivos Os obxectivos deste traballo son: a. ConDirmar que os carnívoros teñen un papel como dispersantes de sementes de carnabudo. b. Determinar qué especies de carnívoros interveñen no proceso. c. Calcular cal é a distancia máxima de dispersión. d. Averiguar se preDiren aproveitar un alimento de fácil obtención ou se pola contra buscarán outros alimentos, aínda que sexan máis diDíciles de conseguir.
4
Dispersión de carnabudo por carnívoros
3. Material e métodos
No outono de 2013 recollimos froitos de carnabudo (Sorbus aucuparia),
aproximadamente uns 15 kg, dos arredores da Devesa da Rogueira. Posteriormente, conxelámolos para usalos na primavera seguinte. (Imaxe 1)
Imaxe 1: Carnabudo (Sorbus aucuparia) con froitos. O outono e o inverno son as estacións nas que se pode atopar este froito. Na primavera, os carnabudos xa perderon os froitos. Por iso, nós esperamos á primavera para poñer eses 15 kg de froitos desta árbore nun punto da Devesa da Rogueira, no Courel. Así, todos os restos de carnabudo presentes en excrementos serían dos que nós lle puxemos nese punto.
5
Dispersión de carnabudo por carnívoros
Imaxe 2: FotograDía aérea de Google Earth onde pode verse o punto chamado “Carnabudo”, que é o lugar onde deixamos os 15 kg de froito desta árbore. A línea amarela marca os límites da Devesa da Rogueira.
Imaxe 3: Ofrecemento de froitos de carnabudo o 18 de abril de 2014.
IdentiDicamos as especies de carnívoros a través dos excrementos usando a
guía “Huellas y señales de los animales de Europa”.
6
Dispersión de carnabudo por carnívoros
Imaxe 5: Excremento de raposo (Vulpes
Imaxe 6: Excremento de marta (Martes
vulpes).
martes).
Imaxe 7: Froitos de carnabudo nun excremento.
7
Dispersión de carnabudo por carnívoros
Para facer a mostraxe de excrementos Dixemos 4 percorridos (en total 25,62
km), anotando nunha tablet cun programa de sistema de información xeográDica (GIS) os seguintes datos para cada excremento:
-‐ -‐ -‐ -‐ -‐ -‐
Coordenadas UTM. IdentiDicación da especie de carnívoro polo tipo de excremento. Presencia ou ausencia de froitos de carnabudo na deposición. En caso de presencia de froitos, número de froitos. Substrato no que se atopa o excremento. Cobertura vexetal nas proximidades. Usamos para a posterior análise estatística o programa Microsoft Excell
2007. Tamén para visualizar os puntos marcados, Google Earth.
8
Dispersión de carnabudo por carnívoros
4. Resultados e Discusión
En primeiro lugar, as especies de carnívoros que poidemos identiDicar como
dispersantes de carnabudo polos excrementos foron a marta (Martes martes) e o raposo (Vulpes vulpes).
A distancia máis lonxana a que atopamos excrementos con carnabudo foi de
947 m dende o punto de abastecemento. Polo tanto, existe unha relación entre a árbore e as especies dispersantes (neste caso, marta e raposo): a árbore ofrécelle alimento a estes animais mentres que eles dispersan as sementes da árbore. Existe unha relación de beneDicio mutuo e, probablemente, esta relación inDluiu na evolución de ambos.
Tamén nos sorprendeu que nos arredores do punto de ofrecemento dos
froitos, a maioría das feces (todas salvo unha) tiñan carnabudo ( ver Imaxe 8). A partir de certa distancia (947 m) deixan de aparecer froitos nas feces. 1
0
0
625
1250
1875
2500
3125
3750
4375
5000
Imaxe 8: GráDica onde se representa con 0, as feces que non contiñan carnabudo, e con 1 as que si presentaban froito. No eixe horizontal represéntase a distancia en metros do punto de ofrecemento.
Parece que os animais que pasaron cerca do punto de ofrecemento tomaron
ese alimento e ningún outro, xa que o 95% das feces atopadas arredor de 1 km (20 de 21) só contiñan froitos de carnabudo. Polo tanto, estes froitos parecen ser un recurso alimenticio moi importante para marta e raposo, cando se presenta en abundancia. 9
Dispersión de carnabudo por carnívoros
O 76 % das feces con carnabudo pertencían a martas, polo que utilizamos
esta especie para calcular a media de sementes atopadas en cada deposición. O resultado é de 14,75. Ademais, todos estes excrementos foron atopados na Devesa da Rogueira, polo que tamén deducimos que as devesas son un hábitat máis habitual para as martas que para os raposos.
Imaxe 9: FotograDía aérea onde se indica a situación dos excrementos con carnabudo (estrelas encarnadas) e se carnabudo (estrelas verdes). A línea amarela marca os límites da Devesa da Rogueira. Todas as feces con froitos están na Devesa.
Mediante a análise da cobertura vexetal baixo as que estaban as
deposicións, tratamos de coñecer algo máis dos hábitats polos que se moven raposos e martas. Así, comprobamos que as deposicións de marta encóntranse nunha maior variedade de vexetación (ver Imaxe 10) que as de raposo (ver Imaxe 11).
10
Dispersión de carnabudo por carnívoros
Imaxe 10: Histograma que reDlexa, en porcentaxe, a cobertura vexetal que existe sobre as feces das martas atopadas nos 4 percorridos.
11
Dispersión de carnabudo por carnívoros
Imaxe 11: Histograma que reDlexa, en porcentaxe, a cobertura vexetal que existe sobre as feces dos raposos atopadas nos 4 percorridos.
12
Dispersión de carnabudo por carnívoros
5. Conclusións a. ConDirmamos que os carnívoros teñen un papel importante como dispersantes de sementes de carnabudo. Neste caso, os carnívoros implicados foron a marta e o raposo. A media de sementes dispersadas por a marta foi de 14,75 froitos de carnabudo por cada excremento. b. A distancia máxima de dispersión neste estudo foi de 947 m. Polo tanto, a marta e o raposo favorecen a colonización de novos lugares por parte de o carnabudo nun radio de 1 km aproximadamente, dende o punto de consumo. c. Parece que os froitos de carnabudo son un recurso alimenticio moi importante para os carnívoros estudiados, en especial para as martas. Cando dispoñen del en abundancia, preDiren aproveitar este recurso a buscar outro.
13
Dispersión de carnabudo por carnívoros
6. Bibliografía Bang, P; Dahlström, P. (1975). Huellas y señales de los animales de Europa. Barcelona: Ediciones Omega.
7. Agradecementos Agradecemos a:
-‐ Dr. José Vicente López Bao polo deseño do experimento e pola idea do estudo da dispersión de sementes por carnívoros.
-‐ Dr. Antonio Rigueiro, Director da Estación CientíDica da USC do Courel por prestarnos o conxelador da mesma para gardar os froitos durante o inverno. Tamén a Rocío González polas facilidades no acceso á Estación, así como a súa colaboración na manipulación dos froitos.
-‐ Francisco J. Loureiro, o noso profesor de matemáticas pola axuda na análise estatística dos datos.
-‐ Rosa Alonso, a profesora de Lingua Galega pola corrección ortográDica deste escrito.
-‐ Oscar Permuy e Lourdes González, profesores de Educación Física e Bioloxía , respectivamente, polo acompañamento das saídas ó campo e a axuda nas diversas fases deste proxecto de investigación.
-‐ Carlos Cortizo pola colaboración na recollida dos froitos e revisión do traballo.
14