I Convocatoria de Proxectos educaBarrié
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia PATRIMONIO Y CULTURA
Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
1. Obxectivos didácticos
Autora: Mónica Mato Nieto
w Valorar o patrimonio arquitectónico galego. w Recoñecer a diversidade do patrimonio galego. w Coñecer as diversas arquitecturas tradicionais das serras galegas. w Percibir a influencia do medio na arquitectura e urbanismo. w Utilizar os medios audiovisuais coma fonte de información. w Aproveitar as tics para a creación de material didáctico.
2. contidos . Coñecemento do medio físico, a serra do Caurel. . Recoñecemento das características da arquitectura popular galega na serra do Caurel. As vivendas e outras construccións. . Coñecemento dos elementos arquitectónicos básicos: aparellos, vans, cubertas e elementos singulares. . Aplicación das tics ás Ciencias Sociais.
3. Criterios de evaluación 4 Valorar o patrimonio rural coma unha parte máis do noso patrimonio en igualdade con outras. 4 Recoñecer da diversidade do patrimonio galego. 4 Caracterizar o patrimonio arquitectónico popular da serra do Courel.
-2-
4 Distinguir o patrimonio arquitectónico das diferentes serras galegas. 4 Percibir a influencia do medio na arquitectura e urbanismo rurais. 4 Utilizar as tics como medio para a obtención de información. 4 Emplear as tics para a elaboración de materiais didácticos propios. Cando falamos de arquitectura, e máis cando é arquitectura popular, temos que ter en conta dous condicionantes básicos: o espazo xeográfico (o relevo e a morfoloxía do terreo) e cantidade de recursos necesarios para a vida humana. Ambas fan que a estrutura dos asentamentos e a morfoloxía das construcción sexa diferente. Neste caso o medio que tomamos en conta son as Serras Orientais de Galicia e os asentamentos de poboación son as aldeas.
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
-3-
O relevo das Serras Orientais é accidentado. Están formadas por varias serras entre as que está a Serra do Courel, unha cordilleira montañosa situada ao SE da provincia de Lugo e con fortes variaciones de altitude, dende os 1600m ata o 400m. O clima ten fortes variacións entre inverno e verán con tendencia ás sequías estivais. As temperaturas son frías no inverno e as precipitacións importantes. No verán as temperaturas son frescas e as precipitacións poucas. Canto maís ao sur diminúe a precipitación e aumentan a temperatura anual. O grande desnivel que existe ás veces entre os vales, profundos e encaixados, e os cumios nótase tamén na variación das temperaturas, algo máis altas nos vales. O hábitat é o modo de agrupamento dos individuos dunha sociedade en relación ao marco natural e funcional. No caso galego o hábitat xeral é o disperso, é dicir, a poboación distribúese en pequenos núcleos de poucos habitantes e cercanos entre si. Sen embargo no Courel é algo diferente. É evidente que canto máis duras son as condicións de relevo e clima menor é a poboación, os núcleos son de menor tamaño e o hábitat máis concentrado con unhas poblaciones de estructura máis compacta, as chamadas aldeas pechadas. O tamaño das aldeas tamén está condicionado pola presencia e cercania de auga, a capacidade productiva dos solos e a cercanía ás vías de comunicación. A relativamente baixa productividade da agricultura, debido ao duro clima impón poboacións pequenas en zonas. Esto provoca tamén que a importancia da gandaría sexa maior que en outras zonas de Galicia xa que os terreos altos, pouco aptos para a agricultura, son excelentes pastos para o gando tanto bovino coma ovino e caprino. Todos estes factores provocan que as aldeas no Courel sexan pequenas e apretadas, con poucas rúas e moi estreitas e casas unidas entre si e pegadas á terra, coma se quixeran darse calor unhas a outras, amontoadas sobre camiños estreitos. Moitas aldeas están situadas a media ladeira cos prados na zona máis cercana aos ríos e regatos no fondo do val, as zonas de cultivo cerca da aldea e protexidas dos ventos fríos do norte sexa pola mesma ladeira ou / e polo bosque. As casas están orientadas sobretodo cara ó mediodía para aproveitar o maximo posible a luz e calor do sol. Tendo en conta que o peor inimigo é o frío e a humidade nestas zonas a máxima preocupación sempre foi conseguir unha boa defensa ás baixas temperaturas, de ahí esa especial localización e orientación das casas. A arquitectura de alta montaña ten como característica común a humildade e a sobriedade, froito de todos os condicionantes xa mencionados nos parágrafos anteriores. Utilizan sempre materiais cercanos coma xisto, Madeira, lousa, palla de centeo ou arxila. Mostra tamén desa sobriedade son os espazos internos, moi poucos na maioría dos casos. Sempre estarán presentes a cociña e a corte e logo aparecen o cuarto de durmir e anexo o palleiro. Algunhas incluso non teñen cuarto de durmir servindo para iso a cociña. Xeralmente teñen unha planta baixa na que está a corte, ás veces semiexcavada na ladeira. As veces hai tamén unha palleira para almacenar palla ou o sequeiro para as castañas. Incluso pode estar a cociña. Esta planta ten acceso por unha porta mentres que a planta vivenda ten acceso en moitos casos por unha escaleira exterior con patín ou corredor. Nesta planta está a cociña e os cuartos. As casas están todas unidas formando ringleiras máis o menos rectas con medianeiras formando aldeas pechadas de caserío denso. O tamaño das casas é menor que noutras zonas de Galicia. Ademais da distribución dos espazos internos os elementos que definen ás vivendas son os muros, revestimentos, vans, accesos, corredores e patíns.
Os muros A parte constructiva maís importante dunha edificación é o muro xa que na arquitectura tradicional son portantes, é dicir, sosteñen a vivenda. Poden ser de diferentes aparellos, regulares ou irregulares; de distintos materiais, pedra, madeira, barro, ladrillo…
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
Aparellos: - Cantería: formado por sillares regulares coa cara lisa ao exterior é o máis perfecto. Fotos de: http://farm8.staticflickr.com/7105/7189982898_0d9976d408_z.jpg
- Perpiaño: bloques regulares pero menos elaborados que a cantería. Fotos de: http://godoymaceira.es/esp/empresas/cierresymuros.html
- Cachotería: feita a base de pedras irregulares de tamaños diversos que se colocan sen labran. Poden ser máis ou menos pequenas. As máis típicas son de granito e xisto. Fotos de: http://3.bp.blogspot.com/_nEZddcafnkk/Sp0wQsdVNvI/AAAAAAAAOgk/ hY7VKmyJqMc/s1600-h/muros-piedra-detalle-1.jpg
- Granito Fotos de: http://materialesdeconstruccio.blogspot.com.es/2012/10/mamposteria-estructural.html
Hai muros que teñen aparellos mixtos. O máis común é cachotería cos esquinais de cantería. Fotos de: http://lahuertadelosrobles.files.wordpress.com/2012/02/cimg2817.jpg
-4-
Acabado exterior dos muros: - Muros vistos, sen tratamento ningún como as imaxes de arriba. - Encintado, encintado das xuntas resaltandoas para evitar a humidade.
Fotos de: http://www.piedrasnaturalesbaigorri.com/p/es/productos/mamposteria.php
Recebado e caleado, en casos de cachotería moi pequena ponse unha capa de morteiro sobre a terra e logo caléase ou píntase para darlle maior impermeabilidade. Tamén pode haber un revestimento ornamental ou doutro tipo.
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
Os vans nos muros: portas e fiestras:
- Bufardas: é un tipo de fiestra que consiste nunha simple fenda feita no muro vertical ou horizontal ás veces van enmarcadas por dúas pezas de pedra. Serve para ventilar.
Fotos de: http://www.panoramio.com/photo/52815469
- Fiestras, hoxe acristaladas. Normalmente teñen dúas batentes. Serven para ventilar e iluminar. As fiestras levan na parte superior a lumieira que soe ser unha peza longa de pedra ou madeira que evita a debilidade no muro. Se a lumieira sobresae chámase tornachuvias e serve para explulsar a auga de chuvia. Moitas van enmarcadas por pezas longas de pedra ou madeira.
Fotos de: http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Santiago,_Santa_Clara_02-02_r%C3%B3tulos.jpg
http://www.google.es/imgres?q=fiestra&hl=es&biw=1280&bih=705&tbm=isch&tbnid=PCDfK8uP4R_ImM:&imgrefurl=http:// alexia32.blogspot.com/2009_01_01_archive.html&docid=n5Umhsfg2q6lXM&imgurl=http://4.bp.blogspot.com/_CxbappeWhEs/ SW0mLA5ID9I/AAAAAAAABcg/S-AZUbH7cPA/s400/Unha%252Bfiestra%252Bno%252Btempo%252B(una%252Bventana%252Ben%2 52Bel%252Btiempo).jpg&w=400&h=268&ei=CC94UdGZOYiO7Qag64GwDg&zoom=1&ved=1t:3588,r:20,s:0,i:164&iact=rc&dur=835& page=2&tbnh=184&tbnw=274&start=17&ndsp=22&tx=87&ty=88
- Portas, constructivamente son parecidas ás fiestras xa que teñen o mesmo enmarcado de pedra ou madeira coa lumieira na parte superior. Poden ser de unha ou dúas follas. As de dúas follas poden ser horizontais ou verticais.
-5-
Fotos de: http://paolaramirezurbano.blogspot.com.es/
http://fotos.alonsorobisco.es/bandujo.htm http://es.123rf.com/photo_728745_una-puerta-envejecida-en-una-casa-antigua.html
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
As cubertas: - As cubertas poden ter dúas, tres ou catro augas.
Fotos de: http://venadorevit.blogspot.com.es/2009/04/cubierta-simple-2-aguas-cubierta-por.html http://venadorevit.blogspot.com.es/2009/04/cubierta-simple-3-y-4-aguas.html
- O armazón que as sostén pode ter diferentes características pero nas casas antigas é de madeira.
Fotos de: http://buscandoapyrene.blogspot.com.es/2012/11/empezando-la-casa-por-el-tejado-segunda.html
- Hai diferentes materiales de cubrición, en Galicia os máis habituais son: a tella, as lousas e o colmo (cuberta vexetal).
-6-
Fotos de: http://ancaq.blogspot.com.es/2012_01_01_archive.html http://www.panoramio.com/photo/19701400 https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Tellado_de_colmo_de_centeo,_O_Piornedo,_Cervantes.jpg
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
Outros elementos exteriores singulares: O patín e o corredor: - O patín. O acceso ó primeiro andar da vivenda faixe por medio dunha escaleira esterior que desembarca nunha pequena plataforma chamada patamal. O patín é a unión das dúas. Está orientado cara u oeste para aproveitar o sol. Ás veces vai cuberto por unha prolongación da cuberta.
Fotos de: http://www.ruralesgalicia.com/casa/a-casa-do-patin-99.html http://www.google.es/imgres?q=casa+pat%C3%ADn&start=195&hl=es&noj=1&biw=1280&bih=705&tbm=isch&tbnid=m_ OsgKhaWizEBM:&imgrefurl=http://www.turgalicia.es/arousa-turismo-marineiro%3Fc%3D/system/categories/Taxonomias/Plans/
Que_che_apetece_facer/Vivir_unha_experiencia_autentica/Turismo_marineiro/,/system/categories/Taxonomias/Troncais/Destinos/ Xeodestinos/Rias_Baixas/Ria_de_Arousa/%26pageSize%3D20%26numPage%3D2&docid=duSBA776zZOFjM&imgurl=http://www. turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdcz/~edisp/~extract/TURGA073469~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg&w=800&h= 456&ei=Tjl4UamwIMyg7AaCyIHYCw&zoom=1&ved=1t:3588,r:0,s:200,i:4&iact=rc&dur=568&page=10&tbnh=169&tbnw=298&ndsp =21&tx=136&ty=65
- O corredor. Nace do desenvolvemento do patín dando lugar a unha plataforma longa pegada á edificación. Moitas veces está construído en madeira e cuberto pola prolongación do Tellado. Está tamén orientado ao oeste e serve para secar roupa ou produtos agrícolas, úteis de traballo…
-7 Fotos de: Castroquilame: arquitectura popular. http://castroquilame.blogspot.com.es/2013/02/arquitectura-popular.html Raigañu. Asociación de cultura leonesa. http://raigame.blogspot.com.es/2008/09/arquitectura-regional-leonesa-exposicin.html
Arquitectura tradicional nas Serras orientais de Galicia
Patrimonio y cultura: Proxecto: Intercambiando ciencia e cultura e compartindo horas de lecer
Actividades 1º e 2º ESO Tendo en conta toda a información que tendes debedes caracterizar a arquitectura que atopedes na aldea de Froxán, tanto as vivendas como outro tipo de construccións complementarias (alpendres, sequeiros....) 1.- Que elementos aparecen e como son 2.- Que tipos de construción aparecen 3.- Que uso/s ten cada construción 4.- Por que hai esta tipoloxía de construción e non outra? En grupos de dous facede unha presentación ou vídeo onde contestedes a estas preguntas. Para iso debedes sacar fotografías e/ou vídeos para logo facer o voso traballo.
3º e 4º ESO Debedes contestar a todas as preguntas de 1º e 2º ESO e ademais debedes facer outras actividades extra: 1.- Onde está situada a aldea de Froxán na ladeira? Por que está onde está? 2.- Onde está a zona de prados, de cultivos, o bosque? Por que están onde están? 3.- Cómo está distribuido o interior das vivendas? Como está dividido o espazo interno? 4.- Que mobiliario hai nas vivendas? Engadide esta información á presentación ou vídeo que fagades.
-8-