Pódese vivir sen plásticos?

Page 1

SOMOS QUEN DE VIVIR SEN PLÁSTICOS? INTRODUCIÓN

CANDELA, DANIEL, LUÍS, UXÍA (2º ESO)

Antes de nada pode que te esteas preguntando, que son os plásticos?O plástico é un material que procede do petróleo moi usado na industria. Caracterízase por ser flexible, resistente, pouco pesado e illante da electricidade e do calor. Hai 3 tipos de plásticos: Termoplásticos: DERRÍTENSE COA CALOR Termoestables: NON SE DERRETEN COA CALOR Elastómeros: SON ELÁSTICOS Os máis usados para un só uso (os desechables) son os plásticos termoplásticos. Estes plásticos podense reciclar con calor. Identifícanse fácilmente porque indícase que se poden reciclar co símbolos coma estes:

Por que usamos plásticos? O 1º uso do plástico xurdiu da necesidade de substituir o marfil (que se obtén dos cairos dos elefantes) para fabricar bolas de billar. A invención deste material supuxo un beneficio para especies coma os elefantes, tartarugas (tamén substituiu o “carey” que se usaba para peines, gafas, mangos de coitelos…). Pouco a pouco comezaron a aparecer materiais moi interesantes coma a baquelita e o nailon. Despois da segunda guerra mundial, e co auxe do capitalismo, pasouse de construir obxectos duradeiros a crear obxectos máis baratos que non importase tirar. Un economista norteamericano predixo como sería o noso futuro: “A nosa economía enormemente produtiva [...] pide que fagamos do consumo a nosa forma de vida, que convirtamos a compra e uso dos bens nun ritual, que busquemos a nosa satisfacción espiritual, a nosa satisfacción do ego, no consumo.” Pouco a pouco, sairon novos usos: celofán para envolver os alimentos e facer as compras máis rá-

pido, vasos e pratos de usar e tirar, bolsas de plástico, maquinillas de afeitar, chisqueiros, botellas de plástico… O plástico é tan barato que incluso a roupa usámola coma se fose de usar e tirar…Como dixemos antes, o plástico procede do petróleo. Sabemos que o petróleo acabará rematándose… pero este é o único motivo para diminuir o seu consumo? Parece que algo vai mal cando unha marca de cervexa fai un anuncio publicitario relacionado coa contaminación dos plásticos no mar, ou Coca-Cola decide reducir a súa produción de plásticos. Por que son prexudiciais os plásticos? 1º Contaminan o mar. Chegan de media 8 millóns de toneladas de plástico ao océano cada ano, causando a morte da fauna marina, ben por inxesta, ben por enredos ou asfixia. 2º Non é biodegradable. Non se descompón transformándose nun elemento químico natural, se non que como moito rómpese en partículas máis pequenas. 3º Os seres humanos estamos xa a inxerir plástico. Xa hai estudos que detectaron plásticos en alimentos . Non se sabe con certeza os posibles efectos dos plásticos inxeridos na cadea alimentaria.

obxectivos

Os nosos obxectivos son: Averiguar cales son os tipos de plásticos máis utilizados. Determinar para que usamos os plásticos desbotables. Analizar os plásticos xerados nas nosas casas e na escola. Propoñer medidas para diminuir os plásticos na casa e na escola.

MATERIAL E MÉTODOS

Pedismolle as familias que recolleran plásticos dun só uso durante unha semana. Xa no laboratorio analizamos cada unha das bolsas de lixo producidas polas familias.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.