Skip to main content

É máis diverso o río ou o bosque?

Page 1

É PABLO

MÁIS

ÁLVAREZ,

DIVERSO

ZAIRA

ARZA,

O

RÍO

SABELA

INTRODUCIÓN Vivimos no Courel, na montaña de Lugo. A maior parte do Courel está dentro do espazo protexido “Rede Natura AncaresCourel”. O Courel caracterízase pola súa variedade de ecosistemas, presentando vexetación típica de montaña pero tamén de clima mediterráneo.Dous dos seus ecosistemas máis abundantes son os bosques de ribeira (os que acompañan ós ríos) e as devesas (bosques mixtos orientados ó norte que teñen nome propio nas nosas montañas). Ambos ecosistemas caracterízanse ola súa enorme biodiversidade de especies, pero cal de eles presentará unha maior variedade de especies ben representada?

OU

O

BOSQUE?

RODRÍGUEZ,

ADRIÁN

RODRÍGUEZ

Analizando a abundancia de cada ecosistema observamos que aínda que hai especies que aparecen nos dous ecosistemas, teñen máis abundancia nun que outro. Así por exemplo, a xeneta e o xabaril presentan unha abundancia maior no río, mentres que marta e raposo son máis abundantes nas devesas.

OBXECTIVOS 1. Comprobar se existen diferenzas entre as especies terrestres dos ecosistemas de devesas e río. 2. Coñecer que ecosistema é máis biodiverso: os bosques fluviais ou as devesas? 3. Averiguar que especies son diurnas e cales nocturnas. 4. Investigar se existe presenza de visón americano nos ríos do Courel.

MATERIAL E MÉTODOS

Usamos cámaras de fototrampeo que se activan ó detectar ó calor que desprende un animal de sangue quente (endotermos). Puxemos durante 6 meses 6 cámaras: 3 en ecosistemas de fluviais e 3 en ecosistemas de bosques.

Apuntamos o número de individuos que pasaban diante das cámaras cada día. Soamente contabilizamos un individuo por día a non ser que puidesemos identificar individuos, así por exemplo, se tiñamos 2 vídeos dun xabaril no mesmo día, soamente contabilizabamos 1 para evitar contar o mesmo individuo dúas veces o mesmo día, a non ser que puidesemos identificar individuos distintos (por sexo, tamaño…). Tamén tomamos rexistro se o vídeo estaba feito de día ou de noite. Todos estes rexistro foron transladados a unha folla de cálculo. Para calcular a biodiversidade de cada ecosistema e de cada lugar usamos o índice de biodiversidade de Simpson (D), onde Índice de Simpson: D=1-S Sendo S igual a:

Canto máis se aproxime o valor deste índice a 1 máis biodiverso é o ecosistema.

Calculamos o índice de biodiversidade de Simpson para cada un dos ecosistemas e o resultado foi o seguinte:

Tamén calculamos o índice de biodiversidade de Simpson para cada un dos puntos onde colocamos as cámaras de fototrampeo. O valor máis alto do índice de biodiversidade de Simpson foi acadado no bosque de ribeira do río Lor polo seu paso por Esperante (0,880).

RESULTADOS

As especies diferentes entre cada ecosistema son as seguintes:

Esto reforza a idea do importante que son os ecosistemas dos ríos. Os ríos son fonte de vida, e esto demostra o importante que é manter unha franxa de protección entorno a estes ecosistemas.


É PABLO

MÁIS

ÁLVAREZ,

DIVERSO

ZAIRA

ARZA,

O

RÍO

SABELA

Analizando os hábitos das especies captadas polas cámaras, descubrimos que hai especies que soamente mostraron actividade durante o día e outras soamente de noite.

OU

O

BOSQUE?

RODRÍGUEZ,

ADRIÁN

RODRÍGUEZ

Confirmamos que continua a presenza de rebezo (Rupicapra rupicapra), atopado por 1ª vez polas nosas cámaras no ano 2019. Tamén detectamos a presenza de visón americano (Neovison vison) en dúas aldeas diferentes: Froxán e Lousadela. Foron en total 4 rexistros. Polo tanto certificamos a presenza desta especie invasora na Serra do Courel.

CONCLUSIÓNS

1. Atopamos diferentes especies nos bosques fluviais (azor, cochorda, corvo pequeno, garza, lontra, donicela e visón americano) e nas devesas (avelaiona, carboeiro, gaio, miñato, pomba, gato montés, lobo) 2. O índice de biodiversidade de Simpson é maior no bosque fluvial que na devesa. 3. Son especies diurnas: azor, cochorda, corvo pequeno, lavandeira, pomba e esquío. 4. Son especies nocturnas: avelaona, leirón, xabaril, gato montés, raposo, teixugo, visón americano, xeneta. 5. Detectamos presenza de visón americano

BIBLIOGRAFÍA Zamora Gómez, J. 2012 Manual básico de fototrampeo. Aplicación al estudio de los vertebrados terrestres.Tundra Ediciones.

AGRADECEMENTOS

Carlos Cortizo, Carlos Novo, Lourdes González

Rebezo

Gato montés

Xabarís cruzando o río Azor

Lontra


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
É máis diverso o río ou o bosque? by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu