AVES EN ÓRREOS INTRODUCIÓN O curso pasado queríamos iniciar un traballo de investigación comparando as aves de diferentes aldeas do Courel, pero coa chegada da pandemia e o confinamento non puidemos realizalo tal e como pensamos pero eu igualmente coloquei o meu comedeiro na miña aldea: Órreos. OBXECTIVOS Averiguar que aves hai en Órreos. Coñecer a ave máis abundante. Comparar os datos con outro comedeiro posto na Ferrería. METODOLOXÍA Coloquei un comedeiro de cacahuetes cerca dunha xanela da miña casa, onde acostuman a ir aves. Unha vez á semana, apuntei as aves que vía. Usei unha folla de cálculo de Google para analizar os datos. RESULTADOS As especies de aves que viñeron o comedeiro forn: 1) Carboeiro (Parus major) 2) Piquelo azul (Sitta europaea) 3) Pimpín (Fringilla coelebs) 4) Ferreiriño azul (Parus caeruleus) Sumando as observacións totais para cada ave, podemos coñecer en que porcentaxe visitaron o comedeiro E a especie que máis visitou ó comedeiro foi o carboeiro (un 83% das veces). Por outra banda, comparando cun comedeiro posto durante 6 anos na Ferrería, neste van un total de 11 especies. Comparando co comedeiro de Órreos que foron 4 especies, podería pensarse que a Ferrería é máis biodiversa que Órreos, pero tamén podería acontecer que simplemente na Ferrería as aves estiveran máis acostumadas ó comedeiro que en Órreos no que únicamente o comedeiro estivo 4 meses.
CONCLUSIÓNS - Puiden confirmar a presenza de 4 especies de aves en Órreos: carboeiro, piquelo azul, pimpín e ferreiriño azul. - Atopei menos especies de aves en Órreos que na Ferrería, pero a AUTORA: Tegra Romeo Silva (6º Primaria) Carboeiro Ferreiriño
83 %
Piquelo
Pimpín
10 % 5 % 3 %