Skip to main content

Variacións da dieta do lobo no Courel

Page 1

VARIACIÓNS DA DIETA DO LOBO NO COUREL INTRODUCIÓN

AINOA , EREA E TEGRA

Para poder analizar a dieta dun lobo necesitamos identificar os pelos das presas. Soamente os mamíferos teñen pelos e poden dividirse en: 1. Pelos de garda que son longos, lisos e fortemente pigmentados. 2. Pelos do manto, xeralmente máis curtos e menos pigmentados que os de garda. 3. Vibrisas, que son pelos moi desenvoltos e centralizados en certas partes do corpo que serven para explorar o medio. Os pelos de mamíferos contan das seguintes partes: Cutículas, no exterior que nos pelos de garda seguen patróns que serven para identificar as especies. Cortex, rodean as médula e onde se concentran a maioría dos gránulos de pigmentos. Medula, que é o centro do pelo. A observación dos patróns da curtícula dos pelos de garda serven para diferenciar a especie ao que pertencen. Os pelos poden pasar por moitos procesos como a dixestión ou a putrefacción sen deteriorarse, polo tanto, iso permite coller mostras dos pelos nos excrementos dos lobos.

OBXECTIVOS 1. Crear unha guía de identificación de pelos das presas que consume o lobo no Courel 2. Comparar os resultados da dieta dos lobos feita por uns compañeiros hai 10 anos coa actual.

Pelos de garda

Partes dun pelo

Pelos de manto

Vibrisas

MATERIAIS Pinzas para coller os pelos dos excrementos Bolsas de plástico pequenas para gardalos e levalos ata o laboratorio. O microscopio do laboratorio para observar a cutícula dos pelos Laca de unllas transparente, para botarlle os pelos e así ver o relevo do pelo Epicollet, unha app que permite recoller datos en campos entre eles, a localización a través do GPS do móbil. A guía de identificación de pelos de mamíferos de Europa. A laca de unllas puñámola no portaobxectos antes de poñer o pelo. Cando estaba seca retiramos o pelo e queda impresa, na laca de unllas, o debuxo da cutícula.


VARIACIÓNS DA DIETA DO LOBO NO COUREL AINOA , EREA E TEGRA

EPICOLLECT A aplicación serve para recoller datos. No noso caso, recollímos os seguintes datos: foto, tipos de pelos que contén o excremento, situación do excremento e a localización. Ademais a app é totalmente gratuita

Pelos de xabaril

METODOLOXÍA Fixemos 3 rutas dunha media 10 km para atopar feces de lobo. Na aplicación, Epicollet, xeolocalizábamos o punto onde estaba o excremento, e se podíamos xa identificábamos o animal que comera o lobo. De non saber, collíamos mostras dela. Nas bolsas poñíamos o número do excremento, a data e a hora. No campo somos capaces de distinguir os pelos de xabaril e de corzo, que son a súa principal dieta. Os pelos de xabaril son os mais grosos e máis longos como podedes apreciar na imaxe. Ademais están divididos na punta, é dicir, teñen as puntas abertas. Os pelos de corzo son os máis delgados e mais curtos. Os pelos das ovellas tampouco teñen confusión pola súa cor branca. Pero como pode ser que a ovella sexa negra tamén recollímos mostras destes pelos.

Pelos de corzo


VARIACIÓNS DA DIETA DO LOBO NO COUREL AINOA , EREA E TEGRA

XABARIL

CAN

CORZO


VARIACIÓNS DA DIETA DO LOBO NO COUREL AINOA , EREA E TEGRA

VACA

Estas imaxes no microscopio son as realizadas polas alumnas cos pelos e laca de unllas.

OVELLA

CABRA RESULTADOS Observamos que segue predominando o xabaril e corzo pero con proporcións diferentes: As feces con pelos de xabaril son máis abundantes que no 2011. Atopamos excrementos con pelo de can. Non atopamos ningún resto de ovella ou cabra (que na gráfica indicamos como ungulados domésticos).

11/12

CONCLUSIÓNS Comparando os resultados de 2011/2012 cos actuais, aumentou o consumo de xabaril, diminuiu o de corzo e atopamos 2 excrementos con pelos de can.

21/22

75

50

25

0 Xabaril

Corzo

Can

Ungulado doméstico

Outro


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Variacións da dieta do lobo no Courel by CPI Poeta Uxio Novoneyra - Issuu