1 minute read

GIPCE

GRUPO DE INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA EN CATÁSTROFES E EMERXENCIAS (GIPCE)

Ligazón á web

Advertisement

25 aniversario do GIPCE

Este ano o GIPCE cumpre 25 anos dende a súa fundación. Desde a Comisión Coordinadora estanse a organizar varias actividades para conmemorar unha data tan importante para o grupo.

Estudo PsiCOPvid

O GIPCE está colaborando coa Fundación Española para a Promoción e o Desenvolvemento Científico e Profesional da Psicoloxía na investigación: «Proxecto PsiCOPvid: Avaliación do Programa de Atención Psicolóxica Telefónica» dirixido a avaliar a efectividade dos programas telefónicos de atención psicolóxica durante o confinamento.

Actividades

O 6 de marzo Elsa Rodríguez Viñas impartiu o curso «Introducción á Psicoloxía de Emerxencias». Neste primeiro curso do ano destinado a colexiados e colexiadas expuxéronse os conceptos básicos as reaccións máis frecuentes e o rol do/a psicólogo/a de emerxencias. O 22 de marzo, Ana Mª Núñez Rubines impartiu un seminario sobre o GIPCE e as intervencións en emerxencias no Máster de Intervención Social e Comunitaria da USC dentro da materia de Intervención psicosocial en emerxencias e catástrofes. Mª Carmen González Hermo fixo unha colaboración con La Voz de Galicia que foi publicada o 4 de abril baixo o título ¿Como sobrevivir mentalmente á Pandemia? O 14 de abril, Ana Mª Núñez Rubines impartiu un seminario práctico sobre as Intervencións do GIPCE nas emerxencias no Máster de Psicoloxía Sanitaria da USC dentro da materia de Intervención en crise e trauma.

Ilustración conmemorativa

Ligazón a GIPCE

This article is from: