REVISTA DE INFORMACIÓN MUNICIPAL CONCELLO DE O PINO
ANO 2017
NÚMERO 09
Concello de O Pino • 1
O Pino no teu móbil
Toda a información turística do concello a un clic
Descarga a APP oficial
SAÚDO DO ALCALDE
Facer do concello un lugar mellor para vivir Veciñas e veciños: Convencidos da necesidade de mellorar e innovar cada día para prestar un mellor servizo público, durante o ano que está a piques de rematar O Pino seguiu sendo pioneiro nalgunhas das iniciativas que o Concello puxo en marcha. A nosa finalidade é mellorar a calidade de vida de cada unha das personas que vivimos aquí. Nesta renovada edición da revista Faísca que tes nas túas mans queremos ofrecerche un resumo de todo o que fixemos dende o Concello para acadar ese obxectivo, mantendo así o noso compromiso de transparencia dende a xestión municipal. O Camiño de Santiago segue a ser unha das principais fontes de riqueza do noso municipio. Supón unha excelente ferramenta para promocionar os produtos máis característicos do Pino. Algúns de gran prestixio, como o galo e a galiña piñeira, contan agora cunha obra de arte que nos axuda a estar presentes en moitos países grazas aos retratos dos milleiros de peregrinos que nos visitan cada ano. A nova senda peonil dende a Tarroeira ata Lardeiros completa unha
rede de camiños para practicar o sendeirismo e manter hábitos de vida saudables, á vez que promocionamos fermosas paraxes. Facilitamos a mobilidade da veciñanza cun forte investimento para adecentar as vías de comunicación interiores. Favorecemos ao alumnado do colexio público, que recibe clases de educación física nun pavillón que xa ten calefacción. Seguimos apoiando decididamente o deporte de base, tanto dende as Escolas Deportivas Municipais como dende a organización ou patrocinio de eventos que nos significan como un concello proactivo. Fomos pioneiros en organizar o primeiro campionato galego de milla nocturna en Galicia, e tamén unha media maratón polo Camiño de Santiago que foi eloxiada por atletas participantes e peregrinos que os acompañaban na ruta. As actividades culturais, de benestar social ou conciliación que promovemos dende o Concello teñen unha gran demanda. Cada día son máis as veciñas e veciños que participan activamente en iniciativas como o Inglés Lúdico, o Camiña e Descubre, a Escola de Verán, Vai de Auga ou Vai de Praia, por citar só
Manuel Taboada Vigo Alcalde de O Pino algúns dos programas que temos en marcha e que resumimos nestas páxinas. Sen esquecernos da posta en valor da nosa cultura tradicional, coa axuda de todos os grupos folclóricos, coros e asociacións do concello. Grazas a todas e todos vós por axudarnos a facer do noso municipio un lugar mellor para vivir. Grazas tamén ás traballadoras e traballadores do Concello pola súa dedicación. Dende a Corporación estamos convencidos de que traballando xuntos chegaremos máis lonxe. Feliz Nadal e venturoso ano 2018.
Concello de O Pino • 3
SUMARIO
5
23
8
25
9
26
12
28
17
29
18
A media maratón O Gran Camiño foi eloxiada por atletas e peregrinos
34
20
37
Homenaxe na festa da terceira idade á veciña e veciños que cumpriron 94 anos Aposta pola conciliación coa Escola de Verán, Lecer Nadal e Lecer Primavera
Obradoiros de emprego para formar expertos en coidados de xardíns e viveiros Os máis dun millón de euros en obras inclúen calefacción para o pavillón
O Pino foi a sede do primeiro campionato galego de milla nocturna
Máis de douscentos asistentes ás Escolas Deportivas Municipais
Bo papel de atletas do Pino na fase comarcal de campo a través escolar Orcos e dromedarios asombraron na Feira Celta a moitos visitantes
Escultura para celebrar a maioría de idade da Festa do Galo Piñeiro Un Camiña e Descubre para coñecer a fondo a maxia do Camiño do Norte A Oficina de Turismo atendeu a máis de dez mil camiñantes no 2017 Obras de Luis Seoane e o escudo do Pino feitas en bolillos no curso de Ana Rosa As agrupacións musicais do concello, xuntas no festival das Letras Galegas
DIRECTORIO Concello de O Pino
Praza do Concello, s/n 15821 Pedrouzo • Arca Teléfono centraliña....................981 511 002 Fax....................................................981 511 123 correo@opino.gal www.concellodeopino.com facebook.com/ConcelloDoPino Casa da Cultura/Biblioteca Municipal: Teléfono.........................................981 511 065 Xulgado de Paz Teléfono.........................................981 511 168 Centros educativos CPI Camiño de Santiago..........881 867 011 Unitaria de Gonzar ....................696 975 078 Escola Infantil Galiña Azul.......981 511 012
Servizos sanitarios Centro de Saúde Arca...............981 814 392 Urxencias Médicas...........................061 • 112 Farmacia Dolores Ordoñez...... 981 511 055 Farmacia Salvador Pazos.........981 511 054 Emerxencias Garda Civil Arca...........................981 511 052 Urxencias Garda Civil ............................... 062 Protección Civil........................................... 112 Incendios....................................................... 085 Transportes Taxi licencia nº2..........................669 945 381 Taxi licencia nº7..........................608 981 630 Taxi licencia nº10........................659 680 823 Taxi licencia nº12........................662 175 978 Empresa Freire.............................981 588 111 Empresa Arriva............................981 330 046
Servizos de limpeza e medio ambiente Punto limpo-recollida lixo.......981 693 072 Servizo de Augas........................628 087 459 Permiso de queima de residuos agrícolas......................902 112 000 Outros servizos de interese Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre-Mandeo (O Pino)........981 511 377 Xulgado 1ª Instancia (Arzúa)..981 500 011 Oficina Agraria Comarcal (Arzúa)............................................981 500 062 Rexistro (Arzúa)...........................981 500 475 Xunta de Galicia...............981 545 400 • 012 Servizo Provincial Recadación (Santiago)..............981 599 966 Deputación da Coruña.............981 080 300 Cita Previa DNI.............................902 247 364
Deseño, maquetación e textos Alicentis SL
Fotografías Concello de O Pino, Alicentis SL
FAÍSCA Edita Concello de O Pino
Depósito Legal: C 2120-2017 Decembro 2017. Publicación gratuíta do Concello de O Pino. Permítese a reprodución sempre que se cite a fonte.
4 • Concello de O Pino
BENESTAR SOCIAL
Unha placa para celebrar os 94 anos O Concello rendeulles na Xuntanza dos Maiores unha homenaxe á veciña e tres veciños que naceron en 1923. María Iglesias Iglesias, da parroquia de Budiño; Elisardo Goyanes Dono, do Pino; Raúl José Brea Astray, de Cerceda; e Manuel Noya Noya, de Gonzar, cumpriron 94 anos e recibiron como agasallo unha placa conmemorativa que lles entregou o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Dende as doce do mediodía, os máis de 950 asistentes á Xuntanza dos Maiores celebrada na área reacreativa da Magdalena, puideron gozar coa actuación da Banda de Música de Arca, asistir á misa e, despois da entrega de agasallos aos homenaxeados, compartir un xantar de confraternidade. O restaurante A Magdalena foi o encargado de preparar o menú, composto por troitas, polbo e carne, ademais de sobremesa e café.
Concello de O Pino • 5
Manterse activos coa práctica do deporte A actividade habitual é un dos aspectos que máis contribúe a manter unha vida saudable, motivo polo que dende o Concello se leva tempo apostando para favorecerlles a todos os veciños e veciñas para que poidan practicar deporte. Nesta liña, dende hai xa algúns anos organízanse actividades deportivas nas parroquias para que os nosos maiores se manteñan activos e melloren a súa calidade de vida. Ademais das dirixidas especificamente á terceira idade, tamén se organizan outras actividades deportivas para favorecer a práctica de exercicio de xeito habitual entre a veciñanza. A Ximnasia nas Parroquias para a terceira idade, impulsada conxuntamente polos departamentos municipais de Servizos Sociais e Deportes, lévase a cabo nos locais sociais de Pastor, Lardeiros, Gonzar, Castrofeito, Ferreiros e Budiño. Preto de 70 persoas participan nesta iniciativa que, ademais de fomentar un envellecemento activo e a participación social, tamén contribúe a que os nosos maiores se manteñan na súa contorna habitual.
Club dos Venres para maiores de 50 Crear un punto de encontro para maiores de 50 anos, onde poidan intercambiar experiencias, facer manualidades, xogos de mesa ou viaxes culturais. Así nacía no ano 2012 o Club dos Venres, que conta cada vez con máis adeptos. Ademais dos xogos de baralla e charlas sobre temas de interese para os participantes, durante o ano 2017 programáronse diferentes viaxes culturais. Así, puideron coñecer o Museo do Belén de Begonte, a colección do Museo Provincial de Lugo e tamén percorrer a Muralla romana. 6 • Concello de O Pino
E como o deporte está recomendado para todas as idades, para fomentar o benestar social, nos polideportivos lévanse a cabo as actividades de ximnasia de mante-
mento, aerobic, step, zumba, tenis, running, ioga e pilates, esta última con máis de 50 participantes. Todas estas actividades están ofertadas para a poboación maior de 16 anos.
Vai de Auga e Vai de Praia, cada ano con máis siareiros Uns dos programas que máis aceptación están atopando entre a veciñanza do Pino son os promovidos dende a Concellaría de Educación e Cultura: Vai de Auga e Vai de Praia. O balneario de Cuntis é o destino final para todos os que participan en Vai de Auga, un programa que quere facilitarlles ás veciñas e veciños poder recibir sesións no balneario que lles axuden a mellorar a súa calidade de vida. Durante o 2017 foron trinta as persoas que gozaron co Vai de Auga e puideron coñecer de primeira man os beneficios da balneoterapia. O Concello do Pino financia o transporte dende Arca ata o municipio de Cuntis, polo que cunha pequena achega, cada unha das 30 persoas participantes pode viaxar ata o balneario e recibir unha sesión. Cando se puxo en marcha a iniciativa, pouco máis dunha ducia de veciños se anotaron. Hoxe, esa cifra dobrouse e son xa máis de trinta.
Algo parecido ocorre co programa Vai de Praia, que se desenvolve nos meses de xullo e agosto. Neste caso, o Concello coordina un autobús todos os martes, que percorre diferentes parroquias do municipio para que veciños e veciñas poidan pasar un día nunha das fermosas praias de Galicia. A iniciativa serve tamén para axudar a conciliar a vida
familiar e laboral e mellorar o benestar das familias, xa que son moitas as persoas maiores que se apuntan xunto cos seus netos e netas ao programa Vai de Praia. Durante o ano 2017, grazas a este programa máis de 30 personas puideron visitar praias como os areais de Miño, Boiro, O Grove, Muros ou a praia de Sanxenxo.
Viaxe do Imserso
Excursión á neve
Nadal Benéfico
Un total de 43 veciños e veciñas do Pino participaron nunha viaxe de quince días a Roquetas de Mar, na provincia de Almería, grazas a un convenio de colaboración que mantén o Concello co Imserso. Os viaxeiros puideron gozar das instalacións dun complexo hoteleiro de catro estrelas, no que estiveron aloxados durante a súa estancia nesta localidade turística e de vacacións do Mediterráneo andaluz.
Mozos e mozas de 8 a 14 anos e tamén aqueles adultos que quixeron anotarse puideron participar na viaxe a Cabeza de Manzaneda, de dous días de duración, organizada conxuntamente polo Concello do Pino e polo CPI Camiño de Santiago e celebrada en marzo. Xogos na neve cos trineos, clases de esquí para principiantes e esquí libre para os xa iniciados foron algunhas das actividades programadas.
A colaboración entre o Concello e a Cruz Vermella facilita o reparto de alimentos entre as familias que teñen maior dificultade para cubrir as necesidades básicas. Ao longo do ano 2017 distribuíronse máis de 5.575 Kg de alimentos procedentes da Cruz Vermella e doutras accións como O Nadal Benéfico. Un quilo de alimentos para unha boa causa, actividade que se realiza en colaboración con Cáritas. Concello de O Pino • 7
Clara aposta polo camiño da conciliación Nenas e nenos de 3 a 12 anos participan todos os anos no programa chamado No Camiño da Conciliación, unha proposta realizada polos departamentos de Deportes e Servizos Sociais e desenvolvida en colaboración co CPI Camiño de Santiago. A finalidade é axudar a conciliar a vida familiar e laboral da veciñanza do municipio durante as vacacións escolares, pero sempre tendo en vista o goce e a aprendizaxe lúdica dos máis pequenos. O programa pretende cubrir as necesidades das familias facilitando a apertura de centros educativos en xornada de mañá durante os diferentes períodos vacacionais. É por iso que se desenvolve en varias fases: a Escola de Verán, de xullo a setembro; o Lecer Primavera, durante a Semana Santa; e, xa no inverno, o Lecer Nadal.
Alta demanda do Inglés Lúdico A boa acollida das clases de Inglés Lúdico por parte das familias do municipio reflíctese na gran demanda que sempre ten esta actividade. Na actualidade son máis de cen os rapaces e rapazas de entre 3 e 16 anos que están inscritos. Así, divírtense e aprenden cunha fórmula lúdica de ensino do inglés que a profesora nativa, Raquel Quinteiro, conxuga con habilidade. As aulas desenvólvense no local municipal da praza de Forcarei.
As distintas actividades deste proxecto celébranse nas instalacións do CPI Camiño de Santiago. Dun xeito lúdico, deportivo e de aprendizaxe, os máis pequenos participan en xogos cooperativos, obradoiros que favorecen tanto o entretemento como a transmisión de valores e, ademais, realizan saídas e andainas pola natureza para pasar unhas entretidas vacacións.
Subvencións concedidas polo Concello Durante o ano 2017, o Concello do Pino destinou case cincuenta mil euros de fondos propios a subvencionar actividades e mantemento de asociacións, igrexas e clubes do municipio. Os importes figuran na táboa que se adxunta. 8 • Concello de O Pino
ENTIDADE
EUROS
ENTIDADE
EUROS
ANPA CPI Camiño de Santiago
4.500
Clube Dep. Vagalume Energía
2.800
Asoc. Cultural Reviravolta
1.000
A.C. e Deportiva Veteranos do Pino
1.200
Banda de Música de Arca
7.000
CPI Camiño de Santiago
2.300
Igrexa de Lardeiros
1.500
Cáritas Parroquial de Arca e O Pino
1.200
Igrexa de Gonzar
1.500
Escola Unitaria de Gonzar
518
Igrexa de Pastor
1.488
A. Veciños de San Estebo de Medín
700
Igrexa de San Mamede de Ferreiros
1.500
Asociación Veciños de Castrofeito
1.000
Igrexa de San Breixo de Ferreiros
1.500
Asoc. Gaitas Airiños de Gonzar
1.000
Igrexa de Cerceda
1.500
Asoc. Xuvenil Feitizo
800
Igrexa de Cebreiro
1.500
A. Cultural Os Da Volta de San Xulián
800
Igrexa de Arca
1.500
Clube de Tiro Con Arco Arco-Arca
500
Igrexa de San Vicenzo de O Pino
1.500
Sociedade Cazadores A Magdalena
900
Igrexa de Medín
1.500
S.D. O Pino
6.000
TOTAL SUBVENCIÓNS
47.206
EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
Obradoiros de emprego de xardíns e viveiros Catro dos vinte alumnos que participaron no primeiro obradoiro de emprego Tambre-Ulla estaban xa traballando cando este rematou, a finais de marzo. Este foi un dos aspectos destacados polos alcaldes do Pino e de Touro, Manuel Tabaoda e Ignacio Codesido, e polo representante da Xunta, Ovidio Rodeiro, na clausura do obradoiro. Durante seis meses, os dez alumnos do Pino formáronse en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes. Os dez de Touro fixérono en repoboacións forestais e tratamentos selvícolas. Os dous alcaldes animaron ao alumnado participante no obradoiro a crear as súas propias empresas. Taboada destacou o feito de que catro dos participantes xa atoparon un emprego, e animou aos asistentes á formación a converterse en emprendedores. “Despois da saúde, o máis importante é o traballo,” díxolles aos alumnos aos que lles agradeceu o traballo feito “que queda aí para que o poida gozar a veciñanza”.
Dirixido por Javier Suárez García, contou con dous monitores, unha administrativa, unha titora e unha orientadora laboral. Durante estes seis meses, no concello do Pino fixeron tarefas de mantemento nas
áreas recreativas e nas carballeiras da Magdalena, Ponte da Pedra, Vimieiro, San Sadurniño, Vilar de Ferreiros e Susos. A Xunta financiou este obradoiro cunha achega de 180.000 euros.
NOVO OBRADOIRO DENDE O MES DE SETEMBRO O 29 de setembro os concellos do Pino e Touro iniciaban un novo obradoiro de emprego financiado pola Xunta. Dez alumnos do Pino fórmanse durante 9 meses en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. Fan tarefas de mantemento nas áreas recreativas da Magdalena, na fluvial do Tambre e Ponte Pedra (Lardeiros), a carballeira de Gradamil (Lardeiros), dos campos da festa de Pastor, Gonzar e Cerceda e na área de descanso de Lengüelle (San Breixo), e a reparación de mobiliario público en Castrofeito. Concello de O Pino • 9
CURSO DE HIXIENE ALIMENTARIA PARA MANIPULADORES DE ALIMENTOS Dirixido aos desempregados e desempregadas do concello interesados en adquirir coñecementos en manipulación de alimentos e obter o certificado acreditativo imprescindible para traballar en hostalería, supermercados, industria alimentaria, residencias... Cunha duración de tres horas, realizouse o 22 de maio, asistindo un total de trece persoas. Esta actividade foi subvencionada polo Concello.
CURSO DE OPERADOR DE CARRETILLA ELEVADORA Dirixido ás persoas en situación de desemprego e en activo empadroadas no concello interesadas en adquirir coñecementos teóricos e práticos no manexo da carretilla. Realizado os días 3 e 10 de xuño cunha duración de oito horas. A esta actividade, financiada integramente polo Concello, asistiron quince veciños e veciñas.
CURSO PLATAFORMA ELEVADORA MÓBIL DE PERSOAL Dirixido ás persoas desempregadas e ocupadas empadroadas no Concello interesadas en adquirir coñecementos para efectuar traballos en altura, principalmente montaxes, reparacións, inspeccións ou outros traballos similares. Realizouse o 25 de novembro, cunha duración de 8 horas, e asistiron un total de quince persoas. Esta actividade estivo financiada polo Concello. EMPREGO PRIVADO Durante o ano 2017 prestouse o servizo de publicidade solicitado polas empresas privadas que buscaban persoas desempregadas para ocupar os postos de traballo ofertados. Desenvolvemento Local publicitou 13 ofertas na páxina web do concello e na páxina oficial de Facebook, poñendo en contacto aos empregadores cos demandantes de emprego. 10 • Concello de O Pino
CUADRILLA DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS Subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña, a través do Programa de Integración Laboral (PEL), o Concello do Pino contratou a catro persoas desempregadas para realizar obras e mantemento de servizos municipais e para facer tarefas de limpeza viaria e na rede de sumidoiros (nos parques, nas áreas recreativas, prazas, beirarrúas e beiravías). Estiveron operarios contratados durante un período de seis meses, dende o 27 de xuño ata o 26 de decembro de 2017. CONTRATADOS TRES SOCORRISTAS
FOMENTO DE EMPREGO APROL RURAL Cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria contratáronse dúas persoas desempregadas para a realización de tarefas de protección e mantemento de zonas e espazos naturais desde mediados de decembro de 2017 cunha duración de 9 meses.
Subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria contratouse a un socorrista acuático para facer labores de vixilancia mentres estivo aberta a piscina municipal dende o 30 de xuño ata o 29 de agosto de 2017. Por outra banda contratáronse outros dous socorristas a través da Deputación da Coruña, dentro da convocatoria de subvencións do Programa de Socorrismo.
CONTRATACIÓN DE PERSOAL NA OFICINA DE TURISMO O Concello do Pino obtivo financiamento para a contratación de dúas personas que fixeron tarefas de atención ao público na Oficina de Turismo sita no centro sociocultural Luis Seoane en Arca. Unha das traballadoras contratouse a través do convenio de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia para a atención e información ao peregrino, desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro de 2017. Outra mediante o programa da Deputación da Coruña para financiamento do gasto de persoal da Oficina de Turismo, desde o 13 de xuño ata o 12 de decembro de 2017. PUBLICIDADE DE SUBVENCIÓNS Desde o departamento de Desenvolvemento Local dáselles difusión ás políticas activas de emprego da Xunta de Galicia de interese para os desempregados, entre as que compre salientar os cursos de formación, obradoiros de emprego, emprendedores, etc. Por outra banda tamén se publicitan outras axudas, tanto da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, coma doutros organismos públicos dirixidos ás asociacións, vivendas, explotacións agrogandeiras, comercio, etc. Toda a publicidade realízase mediante a páxina web do Concello, Facebook e taboleiros de anuncios. Concello de O Pino • 11
OBRAS E MEDIO AMBIENTE
Máis dun millón de euros investidos en obras O Concello do Pino continúa ampliando as rutas habilitadas para facer sendeirismo no municipio, como fórmula para fomentar os atractivos turísticos e, ao mesmo tempo, ofrecerlle unha alternativa á veciñanza para manter hábitos de vida saudables. Neste senso, durante o 2017 acondicionáronse dúas sendas de máis de 13 quilómetros á beira do río Tambre. A primeira delas comeza na praia fluvial da Tarroeira e chega ata o Muíño de Miguel, en Agrolongo, na parroquia de Lardeiros, cruzando varios afluentes do río. Esta actuación supuxo un investimento de 40.000 euros e foi financiada pola Secretaría Xeral para o Turismo. A ela únese outra ruta de dous quilómetros que vai dende Portochao, en Budiño, e conecta coa anterior, financiada pola Consellería de Medio Ambiente. Este novo camiño pegado ao río Tambre vense a unir á ruta botánica do río Mera e á senda do Picón –coñecidas por moitos afeccionados ao sendeirismo– conformando unha boa proposta para facer exercicio e, ao tempo, promocionar as excelentes paixases do concello. O acondicionamento da nova senda incluíuse no Plan de Obras do Concello, no que se investiron máis dun millón de euros, entre os fondos propios do Concello e as achegas doutras administracións públicas. A maior parte deste investimento destinouse a mellorar as vías de comunicación do municipio, para favorecer os desprazamentos de veciños e veciñas. Hai tamén un investimento importante para mellorar o polideportivo municipal de Arca, ao que se dotou dun novo tellado e de calefacción, do que se beneficiará, principalmente, todo o alumnado do colexio público. No plano turístico, tamén se optou por instalar colectores de lixo soterrados en Arca, para mellorar a hixiene e a imaxe que se lles traslada aos milleiros de peregrinos que fan o 12 • Concello de O Pino
Camiño de Santiago e que supoñen unha importante fonte de ingresos para o municipio.
Acceso á igrexa de San Miguel de Cerceda
Mellora do vial que une Aquelavila coa N-547
Vial de Torre a Lardeiros de Medín
Vestiarios campo fútbol de Reboredo
Cantina campo fútbol de Reboredo
Estrada de Lardeiros de Medín á N-634
No Pleno celebrado en febreiro, a Corporación aprobaba obras por un total de 470.848 euros para incluír no Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación da Coruña. A esta cantidade engádense outros 321.436 euros de gastos correntes que o Concello destinou ao mantemento e consumo do alumeado público e ao tratamento do lixo. Nos catro proxectos do POS+, o Concello optou por incluír o acondicionamento de estradas de titularidade municipal para facilitar o desprazamento da veciñanza. As obras de recubrimento de fochas leváronse a cabo nas seguintes zonas: estrada de Pumar a Vilarmeao e a que une a aldea de Cerceda coa estrada que une Abalada e Brea (61.176 euros). Outros 60.723 euros foron para arranxar o vial entre o límite de Touro e Casal (Cebreiro), o que vai do cruce do Casal ata San Sadurniño e o que une Aquelavila coa N-547. No terceiro proxecto (93.777 euros) pavimentáronse viais en Casa Cuberta (Lardeiros) e acondicionouse a estrada de Lardeiros de Medín á Torre, e a que vai da N-634 a Lardeiros de Medín. Por último, 80.947 euros destináronse á senda peonil da igrexa de San Miguel de Cerceda e ao muro de contención no campo da festa de Medín. Para o plan complementario do POS+ incluíronse o acondicionamento da estrada que vai da N-634 ao colexio de Arca, por un montante total de 174.232,09 euros. O acondicionamento dos vestiarios e da cantina do campo de fútbol de Reboredo; a adquisición de dúas caldeiras de biomasa para dotar de calefacción ao polideportivo municipal, xunto ao cambio de cuberta do pavillón, foron outras das obras que acometeu o Concello no 2017, e que dotan ao Pino dunhas instalacións deportivas que se sitúan entre as mellores da comarca. Concello de O Pino • 13
OBRA
IMPORTE (€)
Instalación de colectores de lixo soterrados na Praza do Concello
47.000
Bases protecc. colectores en vías municipais das parroquias de Cebreiro, Budiño e Medín
15.179
Senda peonil da rúa das Minas e parque do Souto en Arca
59.058
Reposición bens afectados pola obra senda peonil rúa das minas a parque Souto
2.263
Estrada local de Frechazo Primeiro á Igrexa de San Mamede de Ferreiros
17.295
Senda peonil do cemiterio á aldea de Pereira
39.335
Muro de contención en senda peonil do cemiterio á aldea de Pereira
4.154
Acceso ao aparcadoiro da igrexa de San Miguel de Cerceda
7.041
Acceso á área recreativa da Magdalena
40.443
Reforma de vestiarios e cuberta da cantina no campo de fútbol de Reboredo
67.890
Substitución da cuberta no pavillón municipal
68.326
Instalación da caldeira de biomasa no polideportivo municipal
52.923
Instalación de aerotermos para a calefacción do polideportivo e construción da sala de caldeiras
22.559
Acceso a fincas agrícolas en Tambre, no Amenal e á explotación porcina San Gregorio
72.920
Pavimentación de viais en Casa Cuberta (Lardeiros) e outros
60.000
Senda peonil á igrexa de San Miguel de Cerceda e outros
80.300
Estrada local de Pumar a Vilarmeao e outros
60.500
Acceso peonil dende a praia fluvial da Tarroeira ata a área recreativa Muíño de Miguel
55.470
Renovación de alumeado público concello de O Pino: lugar Amenal e outros
61.831
Acceso á rúa do Picón-Pedrouzo
2.271
Mellora de drenaxe e interiores en Villarrel
5.805
Acondicionamento de pistas forestais en San Gregorio
6.925
Acondicionamento de pistas forestais en Veirán
2.424
Acondicionamento de pista forestal Rabal de Arriba (Gonzar)
5.189
Limpeza de gabias pista en Barcia (Pastor)
974
Limpeza de gabias en Santo Antón e acceso ao punto limpo
2.558
Acondicionamento pista forestal Rabal de Abaixo (Gonzar)
8.598
Recubrimento de fochas estrada de Pazo a Villabuíl
6.658
Acondicionamento da pista forestal O Picón
2.701
Recubrimento de fochas estrada rúa Minas entronque cemiterio
5.917
Camiño forestal A Rúa a Alto do Picón
4.265
Recubrimento de fochas estrada rúas das Minas a monte Picón
2.316
Acondicionamento da pista agraria en Currás
2.238
Mellora da capa de rodadura da estrada que une a rúa do Concello coa N-634 Instalación de marquesinas en paradas de autobús de Lardeiros, Ferreiros, Medín e Castrofeito
180.000 18.000
TOTAL 1.091.326 14 • Concello de O Pino
Calefacción e tellado para o polideportivo O polideportivo municipal de Arca é un dos poucos da comarca que conta cun sistema de calefacción que fará moito máis levadeira a práctica deportiva para todas as persoas, novas e maiores, que utilizan habitualmente estas instalacións. Sen dúbida o colectivo máis beneficiado será o alumnado do CPI Camiño de Santiago, que recibe aquí as clases de educación física. As obras supuxeron un investimento superior aos 135.000 euros e foron financiadas polo Concello, pola Secretaría Xeral para o Deporte e máis pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitaba o pavillón en novembro, unha vez rematada a substitución da cuberta de fibrocemento por outro material con illante térmico e acústico, que supuxo un investimento de 68.000 euros, dos que o Concello aportou 28.000. O sistema de calefacción no pavillón (75.482 euros), conta con dúas caldeiras de biomasa de 53.000 euros (42.000 financiados polo Igape). O Concello pagou parte das caldeiras, o local onde se ubican e os aerotermos e circuítos para trasladar o aire quente ao interior do recinto con 32.643 euros. As obras executounas Construccións Taboada. Con estas actuacións, o alumnado do CPI Camiño de Santiago “xa poderá realizar as actividades deportivas, tanto escolares como extraescolares, en mellores condicións. O
Concello foi sensible ás peticións da comunidade educativa, que se viña queixando das condicións do polideportivo para facer ximnasia, sobre todo pola humidade e polo
frío. Con estas actuacións, a situación está mudando xa radicalmente. Somos un dos poucos concellos da comarca que ten calefacción no polideportivo”, explicaba o alcalde. Concello de O Pino • 15
Estrean en Arca os primeiros colectores soterrados do Pino O municipio do Pino conta xa cos primeiros colectores soterrados para facilitar a recollida de lixo e, ao mesmo tempo, mellorar a imaxe e a salubridade da capital do concello. En Arca instaláronse cinco illas para a recollida de lixo, catro na avenida de Lugo e de Santiago (estrada N-547) e outra na praza do Concello. Estes primeiros colectores atópanse preto dos locais de hostalería da capital municipal, “coa finalidade de mellorar a imaxe que damos aos peregrinos e, ao mesmo tempo, evitar a presenza de moscas e mosquitos arredor das terrazas destes establecementos, mellorando así a salubridade e evitando os malos cheiros que hai arredor dos colectores de superficie”, indicou Manuel Taboada durante a recepción das obras. Esta iniciativa foi financiada pola Consellería de Medio Ambiente, en base a un convenio asinado
co Concello, e supuxo un investimento de 200.000 euros. A empresa Oviga foi a adxudicataria da obra civil e a firma Formato Verde a que subministrou os colectores e os equipos necesarios. “A nosa intención é seguir colocando máis illas con colectores soterrados, tanto en Arca como noutras zonas do concello”, indicou o alcal-
de, quen solicitou a colaboración da veciñanza “para fomentar a reciclaxe dos residuos domésticos”. En cada unha das cinco zonas habilitadas hai dous colectores para os residuos orgánicos, que están identificados coa cor verde escura; un colector para o papel, de cor azul; outro verde claro para o vidro e, finalmente, outro para os envases lixeiros, de cor amarelo.
Senda peonil de Outeiro a Ponte Puñide O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou no mes de febreiro o municipio do Pino para supervisar varias obras financiadas polo organismo provincial. Acompañado polo alcalde e por outros representantes da Corporación, achegouse ao parque infantil da praza de Forcarei –construído no ano 2016 cunha achega da Deputación– e á senda peonil en Outeiro, que une as dúas estradas nacionais que pasan polo concello do Pino. Para mellorar a seguridade dos viandantes na estrada provincial DP-6601 –na travesía do Outeiro, na parroquia de Arca– construíuse unha nova beirarrúa peonil de 2 metros de ancho, con baldosa de 16 • Concello de O Pino
formigón vibrado con bordo, e instaláronse 22 puntos de luz. Tamén se executaron tres treitos de aparcadoiro de vehículos neste mesmo tramo, e se instalaron os servizos de recollida de augas pluviais, saneamento, abastecemento de auga e alumeado, ademais de acometer o soterramento dos servizos de telefonía. O novo camiño contribúe a mellorar as comunicacións entre os lugares de Outeiro, Vento e Piñeiro, incrementando a seguridade da veciñanza destas zonas.
PETICIÓN DE AXUDA PARA UN NOVO CAMIÓN DO LIXO O alcalde do Pino aproveitou a visita do presidente da Deputación da Coruña para solicitarlle que o organismo provincial financie a adquisición dun camión para a recollida de lixo, “porque o actual, de 15 anos, sofre moitas avarías”. Unha petición que Valentín González se comprometeu a estudar e para a que a finais de ano aínda non dera resposta.
DEPORTES
Primeiro campionato galego de milla nocturna A Federación Galega de Atletismo escolleu ao Concello do Pino para celebrar, por primeira vez na nosa comunidade autónoma, o Campionato de Galicia de 1 Km e de Milla que se fai en horario nocturno. A proba foi organizada polo Club Vagalume Energía (hoxe Club Atletismo O Pino), polo Concello e pola propia Federación o 8 de abril. Na proba bateuse o récord galego na categoría de maiores de 54 anos, e igualouse o de 1.000 metros da categoría cadete. Leticia Fernández, Rocío Alvite e Ariana González proclamáronse no Pino campioas galegas absolutas de atletismo na distancia dunha milla en ruta. En categoría masculina, e nunha final moi igualada, Alberto Chaves impúxose na liña de meta ao seu compañeiro Fernando Vales. A terceira praza foi para Martín Regueira cun tempo de 4:42. Neste campionato, Eduardo Miguel Pinedo bateu o récord galego da milla na categoría de maiores de 54 anos, cun tempo de 6:00. Pola súa banda, El Medhi El Nabaoui, na categoría cadete, igualou o récord de 1.000 metros con 2:51. O presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, destacou a elevada participación nesta proba, a primeira que se celebra en Galicia de noite, nunha xornada na que tamén se disputou o campionato galego de 1 Km en ruta para categorías inferiores. O Concello habilitou o percorrido polas rúas Nova e Pedrouzo, en Arca, homologando este circuíto para que as marcas sexan válidas a efectos de establecer a clasificación galega e nacional. Para os vindeiros seis anos permanecerá homologado este circuíto no que os participantes competiron dende as seis e media da tarde ata as once da noite, cando comenzou a milla nocturna en categoría absoluta masculina. Concello de O Pino • 17
O Gran Camiño, eloxiado por todos os atletas “Posiblemente nunca tiven tanta xente animando durante unha carreira. O percorrido da media maratón O Gran Camiño é excelente”, resumía o veterano Benito Gallardo Francisco, do Carballiño, tras rematar en segundo lugar na categoría de maiores de 60 anos. Todos os atletas que participaron na proba coincidían en resaltar as bondades do percorrido e no feito de poder compartir carreira cos peregrinos a Compostela. A aposta do Concello do Pino, xunto co de Arzúa, para organizar esta primeira edición da media maratón entre Arzúa e Arca foi todo un éxito. Máis de 230 atletas participantes, centos de peregrinos que non deixaron de animar durante o percorrido, así como o feito de poder contar con corredores de renome entre os participantes foron algúns dos éxitos colleitados. No meramente deportivo, o compostelán Pedro Nimo (1:12:09) e a mazaricana Rocío Alvite (1:24:47) gañaron a primeira edición da media maratón O Gran Camiño, con algo máis de 21 quilómetros de percorrido. O mellor atleta local do Pino foi José Manuel Caneda Barreiro, aínda que non foi o único do concello que participou. Cun ritmo de 3:25 minutos por quilómetro, Pedro Nimo, ex campión de España de maratón, non tivo rivais na categoría masculina e encabezou o pelotón en todo o percorrido polo municipio do Pino. O Club Vagalume Energía, do Pino, foi segundo na clasificación por equipos e contou cunha nutrida representación nesta media maratón. Os mellores atletas foron Mela Penas Blanco, gañadora na categoría Veteranas 1 e quinta na xeral. Amador Pena Torreira, tamén do Vagalume, quedou sétimo na xeral e proclamouse gañador na categoría de Veteranos 1. 18 • Concello de O Pino
A senda do Picón puxo a proba a 76 corredores O percorrido está clasificado cunha dificultade media, pero o certo é que a subida ao alto do Picón puxo a proba as forzas dos 76 atletas que participaron no mes de novembro no III Rail Senda do Picón, no que se percorreron 16 quilómetros por pistas forestais do concello, cunhas vistas espectaculares nalgún momento. Os atletas do Pino volveron demostrar que se atopan en forma. Rubén Insua Díaz, do Club Atletismo Sar Vermú Petroni, e Verónica Calvo, do CDM Vértice, foron os vencedores absolutos. Na categoría masculina, Juan Elosúa Capellán e Víctor Maneiro Freire, ambos os dous do Club Atletismo O Pino, cruzaron xuntos a meta, en segunda e terceria posición da categoría absoluta. No podio feminino, Verónica Calvo estivo acompañada por Míriam Palomanes Atanes e Teresa Carneiro Barroso.
MÁIS DE 500 PARTICIPANTES NA DECIMOCUARTA EDICIÓN DA CARREIRA PEDESTRE POPULAR Enma Argibay Domínguez, en infantil, e Iván Fernández Mela, en benxamín, foron os atletas do Pino que resultaron gañadores das súas respectivas categorías na carreira popular que reuniu o 30 de abril a máis de medio milleiro de atletas en Arca. A carreira dos máis pequenos foi a que levantou máis expectación entre o público asistente. Algo parecido ocorreu coa proba de canicros, na que os atletas ían acompañados polas súas mascotas durante a competición.
A Carreira Pedestre Popular do Concello do Pino xa está asentada no calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo e, por terceiro ano consecutivo, forma parte do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Por esta proba pasaron os mellores corredores galegos e portugueses da última década, desde os irmáns De La Torre, un deles atleta olímpico; ata Lolo Penas, o campión nacional de 5.000 e 10.000 metros; Pedro Nimo, campión de España de mara-
tón; María Jesús Gestido e Rocío Rodríguez, campioas nacionais tamén de diferentes distancias. Un dos aspectos salientables da proba son os máis de 100 corredores do concello que interviron nesta última edición, un xeito de fomentar a práctica do deporte no municipio e que crea afección coa actividade de running, a formación do Club Atletismo O Pino con máis de 50 atletas (antes Club Vagalume Energía), e a actividade de atletismo que forma parte das Escolas Deportivas Municipais. Concello de O Pino • 19
Máis de 200 asistentes ás escolas deportivas Máis de 200 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos participaron durante o curso escolar 2016-2017 nas Escolas Deportivas Municipais do Pino, que contaron coas disciplinas de patinaxe, fútbol sala, psicomotricidade, atletismo, baloncesto, aeróbic infantil, bádminton e karate. No acto de clausura, que se celebrou o 2 de xuño no polideportivo de Pedrouzo, os deportistas fixeron unha exhibición de todo o que aprenderon diante de numerosos familiares e amigos. Ao finalizar a exhibición, levaron como agasallo unha medalla e unha camiseta que lles foron entregadas polo alcalde e varios concelleiros do equipo de goberno. As escolas deportivas enmárcanse na filosofía do Concello do Pino de fomentar a actividade física como fórmula para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Así, ao longo do ano, o Concello desenvolve diferentes programacións, actividades e eventos singulares ou patrocina outras, tratando de ofertar un amplo abano de posibilidades o máis atractivo e variado posible, que cubra os gustos e necesidades de toda a veciñanza. O caso das escolas deportivas é un exemplo deste xeito de actuar, ao igual que as clases de ximnasia que se desenvolven polas diferentes parroquias para favorecer ás persoas maiores.
20 • Concello de O Pino
Boa participación en Pescapino, pero poucas troitas Preto dunha trintena de nenos e nenas de 4 a 13 anos participaron no concurso Pescapino 2017 na área recreativa da Magdalena, en Castrofeito. Con puntualidade británica, os nenos e as nenas participantes achegábanse ata a zona para probar sorte coa caña. Pese a que o tempo acompañaba, as troitas foron remisas a picar, deixando una mañá pobre en capturas. Tan só tres foron as pezas que se lograron capturar ao longo da xornada. Cinco minutos despois de iniciarse, picaba e saía da auga a primeira troita. A segunda tardou un bo anaco en picar, e a terceira saía xa na segunda quenda de participantes preto das doce do mediodía. Ademais dos pais e nais dos concursantes, déronse cita na área afeccionados á pesca e público en xeral. Desta volta o xurado non tivo dificultade en dirimir os gañadores, que puntuaban por pezas capturadas. Na modalidade infantil (11-13 anos) só houbo un gañador: Iván Castro Figueira. En alevín (8-10 anos) o primeiro posto foi para Pablo Martínez Carnota e o segundo para Yago Bello Montero. Os tres premios da categoría benxamín (4-7 anos) quedaron desertos ao non terse pescado ninguna peza.
Os gañadores de cada unha das modalidades recibiron cada un un trofeo. O Concello tamén obsequiou cunha medalla a cada un dos participantes. Pescapino 2017 pechou esta edición con deportividade e con éxito de participación,
aínda que a cantidade de troitas capturadas non foi a desexada. Con este concurso, destinado a fomentar o deporte da pesca e a iniciación ao mesmo entre os nenos e nenas, o Concello busca resaltar os espazos naturais do municipio.
Concello de O Pino • 21
Ciclismo para veteranos e amantes da BTT A decidida aposta do Concello do Pino polo deporte volveuse ver reflectida ao longo do 2017 coa organización ou patrocinio de numerosas actividades deportivas, entre as que se atopa o ciclismo. Nesta disciplina destacan a ruta BTT, en novembro, e o IV Trofeo Concello do Pino, en maio, que era a terceira e última proba da II Challenge que organiza o Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas. As dúas anteriores disputáronse en Touro e na Estrada, os días 2 e 30 de abril, respectivamente. Os máis de 110 ciclistas participantes na Challenge percorreron 70 Km, a maioría deles polo municipio do Pino, nun circuíto ao que lle tiveron que dar dúas voltas. Ramón Roel foi o dominador absoluto deste IV Trofeo de Ciclismo Concello do Pino ao imporse na liña de meta e adxudicarse, ademais, as dúas metas voantes da proba. Roel (Betanzos) gañou na categoría de Máster 30, mentres que Francisco Javier Iglesias Mosquera (Supermercados Froiz) e Javier de la Fuente (Norinver) foron os gañadores nas categorías de Máster 40 e Máster 50-60, respectivamente. A implicación dos participantes nesta Challenge foi máxima, xa que se chegaba á última proba puntuable sen un claro favorito para adxudicarse a vitoria final. Xa no primeiro paso pola meta Roel pasou cunha lixeira vantaxe sobre o segundo. E no mes de novembro tocoulle a vez aos amantes da BTT. Un cento de deportistas participaron na ruta de 43 quilómetros organizada polo Concello e que tivo no alto do Picón o seu punto de maior dificultade. Foron moitos os ciclistas que subiron andando os últimos metros deste monte de Cebreiro e dende o que se poden admirar unhas excelentes paisaxes. Algúns dos participantes tardaron tres horas en rematar o percorrido. 22 • Concello de O Pino
Escolares do Pino na fase comarcal de cros
Os atletas máis pequenos do Pino, representando ao CPI Camiño de Santiago, tiveron unha actuación salientable na fase comarcal de campo a través escolar que desde hai 3 anos organiza o Concello do Pino xunto á Agrupación Deportiva La Parra e á Federación Galega de Atletismo. Esta competición forma parte do programa Xogade, da Secretaría Xeral para o Deporte, e é a fase clasificatoria para o zonal que se disputa en xaneiro en Santiago. Entre os 80 participantes do municipio destacaron Sara Vázquez, gañadora da categoría cadete, Álex Ventosa, terceiro en cadete, Xoel Blanco, terceiro en infantil, Daniel Suárez, terceiro en alevín, Adrián Beis, terceiro en benxamín e Ainoa Vigo Botana, campioa en benxamín.
Concello de O Pino • 23
Torneo de fútbol 7 con vinte e catro equipos Os días 9 e 10 de setembro de 2017 celebrouse no campo de fútbol de Reboredo a segunda edición do Torneo Municipal de Fútbol 7, no cal participaron 24 equipos das categorías benxamín e alevín, nas que competiron dous dos equipos locais. Organizado polo Concello,
a SD O Pino e Onosofutbol.com, a cita foi un éxito tanto de asistencia de público, ao estimarse que máis dun milleiro de persoas se achegaron ata o campo municipal para presenciar algúns dos encontros, como no que á organización do torneo se refire.
Na categoría de alevín, o Victoria FC proclamouse vencedor do torneo ao impoñerse na final ao Santiago por dous goles a un. Na categoría benxamín, repitiu triunfo o equipo compostelán do Victoria FC, neste caso ao impoñerse ao Bertamiráns por tres goles a un.
PREBENXAMÍNS, CAMPIÓNS EN SANTIAGO E EN MELIDE O equipo Prebenxamín 2 do Concello do Pino completou unha excelente temporada 2016-2017. Despois de acabar terceiros na liga regular de Santiago, estes magos do balón conseguiron proclamarse campións da Copa de Santiago, e tamén campións do Torneo Intermunicipal disputado en Melide.
O EQUIPO DE BÁDMINTON das escolas deportivas municipais disputou este ano a fase intercomarcal. Kevin Andrade clasificouse para o campionato provincial. 24 • Concello de O Pino
EXHIBICIÓN DA ESCOLA DE PATINAXE. A escola municipal de patinaxe conta na actualidade con máis de setenta participantes. Debido ao éxito desta actividade, unha vez conclúe o curso nas Escolas Deportivas Municipais celébrase unha gala monográfica con numerosas exhibicións das diferentes idades de participación.
TURISMO E PATRIMONIO
Orcos e dromedarios asombran na Feira Celta Pasear a lombos dun dromedario ou dun poni, pousar sobre o ombreiro unha ave rapaz ou fuxir dos temidos orcos, uns monstros da mitoloxía celta que escorrentaron a máis dun visitante. Estas foron só algunhas das atraccións da IX Feira Celta do Pino, sobre todo para os máis cativos, que puideron xogar tamén nun espazo de ludoteca artesanal. Pequenos e maiores gozaron durante a primeira fin de semana de agosto dos moitos atractivos
que ofrece unha feira que antecede ao día grande da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar. A actuación do grupo musical Oltha Gaba e a maxia e malabares do Duende Froilán marcaron o inicio deste particular mercado situado na praza de Forcarei. Tamén soaron nas rúas de Arca os acordes da música celta de Mermicolion. Mais sen dúbida ningunha, unha das actuacións máis sorprendentes foi o
espectáculo de música e lume Los Orcos. Ademais, peregrinos e visitantes presenciaron demostracións de artesanía en vivo, como teares, talla en madeira ou corno celta e cerámica. Tamén puideron mercar nos postos de coiro, xoguetes, especias ou caramelos e repoñer forzas na taberna e no kebab. Por último, houbo quen se decidiu por dar paseos en dromedario ou en poni, ademais de ver as ocas e as exhibicións de cetraría.
Concello de O Pino • 25
Maioría de idade para a festa do galo piñeiro Milleiros de persoas achegáronse ao Pino para tomar parte na XVIII Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, declarada de Interese Turístico de Galicia. A afluencia foi tal que moitos non puideron participar na degustación gratuíta de galo piñeiro. Como indicou a propia conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, “o produto é tan bo e ten tanta demanda que malia prepararse máis de 340 quilos para a degustación gratuíta, cando eu cheguei xa non quedaba nada”. Como pregoeira da festa, Ánxeles Vázquez salientou que Galicia “é unha comunidade punteira en sanidade animal, en benestar animal e, polo tanto, en garantía de produto con excelen-
26 • Concello de O Pino
cia” que debemos potenciar para mellorar a nosa economía. Pola súa banda, o alcalde Manuel Taboada pediulle á conselleira que dende a Xunta se establezan os criterios necesarios para “poder declarar o galo e a galiña piñeira raza autóctona de Galicia”. Taboada recordou tamén que grazas ao traballo do veterinario Jesús García Rodríguez, promotor da feira de galos vivos, logrouse recuperar xeneticamente a raza do galo piñeiro, que ten orixes celtas. “Hoxe os expertos calculan que hai máis de 15.000 parellas de galos e galiñas piñeiras por todo o noroeste español”. Na feira de galos vivos presentáronse este ano máis de cincuenta exemplares, que espertaron a curiosidade de centos de persoas que durante toda a mañá percorreron a carpa onde estaban expostos os animais. E mentres uns participaban na feira de galos vivos, outros
admiraban os centos de cabalos e eguas da Mostra Cabalar nos arredores da praza de Forcarei. Xa pola tarde, un espectáculo con diferentes exercicios e exhibicións puxo o broche de ouro a esta décimo oitava edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, que congregou o primeiro domingo de agosto a máis de 1.200 persoas no xantar popular preparado polo restaurante A Magdalena, de Castrofeito. Outra das sorpresas foi a actuación do cantautor de Arteixo Manolo Couto antes do pregón, para presentar o seu disco O Galo Piñeiro, que inclúe unha canción dedicada a esta festa e que colleitou numerosos aplausos.
OS MELLORES EXEMPLARES DE GALIÑA E GALO PIÑEIRO Os gañadores do concurso que recompensa os mellores exemplares de galo piñeiro foron Lucas Magadán, co primeiro e co terceiro premio, e Carlos Rodríguez, que quedou segundo. Na categoría de galiñas de raza piñeira proclamouse vencedor Miguel Neira, mentres que Lucas Magadán acadou o segundo lugar e Magdalena Martínez o terceiro. Lucía Gómez e Manuel Platas gañaron na categoría de galos de curral. En total repartíronse 550 euros en premios. UNHA ESCULTURA PARA PROMOCIONARSE NO MUNDO Aproveitar que milleiros de peregrinos de máis de cen países fan fotos de recordo ao seu paso por Arca é un dos motivos polos que o Concello do Pino colocou unha escultura que conmemora a maioría de idade da Festa do Galo Piñeiro. A obra é un galo piñeiro de bronce fundido en policromía, do recoñecido Cándido Pazos. “É a primeira vez que fago unha fundición de bronce en policromía”, dixo o artista, destacando así a singularidade da peza colocada sobre un pedestal de granito diante do concello. O conxunto mide 3,20 metros de alto e pesa 3.500 quilos.
ÁNXELES VÁZQUEZ ANIMA A APROVEITAR O CAMIÑO DE SANTIAGO. A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, instou no seu pregón a poñer en valor a raza piñeira de raíces celtas e a promocionar os excelentes produtos galegos aproveitando o Camiño de Santiago, que lles permite aos concellos do interior “manter contacto con moitas e moi distintas culturas e con diferentes visións das múltiples realidades do mundo”. Concello de O Pino • 27
A senda do Norte con Camiña e Descubre Son xa catro as edicións que leva andadas Camiña e Descubre, unha iniciativa promovida polo departamento de Cultura do Concello que cada día conta con máis seguidores. De feito, na primeira etapa
desta cuarta edición participaron máis de 50 persoas, que partiron de Ribadeo co ánimo de percorrer o Camiño do Norte. A ruta realízase por tramos o terceiro sábado de cada mes. Esta actividade diríxese
a todos aqueles veciños e veciñas dispostos a coñecer paraxes novas, compartir conversas e, sobre todo, quilómetros polos diferentes pobos que percorren centos de peregrinos cara a Compostela.
Pasos subterráneos para mellorar a seguridade da Ruta na N-547
Espectáculos de Cultura no Camiño
O Ministerio de Fomento vai construír cinco pasos subterráneos no Pino para que os peregrinos poidan cruzar de forma segura a N-547. Outro construirase no municipio de Palas de Rei. No Pino, estes pasos baixo a estrada faranse nos núcleos do Burgo, Santa Irene, O Empalme, Cerceda e Salceda. O presuposto estimado das obras ascende a 1,8 millóns de euros. O proxecto, publicado no BOE a finais do mes de outubro, ve a luz despois dun estu-
A situación privilexiada do Pino como parte do tramo final da Ruta Xacobea a Compostela permítelle ao municipio participar do programa Cultura no Camiño, que tivo a súa primeira entrega en 2013. Sen ir máis lonxe, algúns dos espectáculos de teatro e novo circo da programación de verán forman parte deste proxecto. É o caso de Payaso Piruleta & Compañía, Baobab Teatro, Circo Chosco, Kote Malabar e Fredi e Cía.
28 • Concello de O Pino
do sobre as zonas de confluencia e conflito dos camiños históricos coa rede de estradas do Estado. Neste traballo identificáronse, entre outros, os cruces entre o Camiño de Santiago e a N-547, dependente do Ministerio de Fomento. Unha vez sinalados os puntos negros ou conflitivos, e dada a importancia da seguridade vial na Ruta xacobea, o Goberno decidiu acometer unha serie de obras co obxectivo de aumentar a seguridade nestas zonas.
Turismo atende a máis de 10.000 peregrinos O concello do Pino é o municipio galego que máis quilómetros posúe de Camiño, exactamente 18, que son percorridos anualmente por milleiros de peregrinos de todas as partes do mundo. Ademais, dentro do termo municipal conflúen tres das rutas que foron declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. O Camiño Francés é o itinerario cultural de referencia para a meirande parte dos peregrinos, seguido do Camiño Primitivo, que é a ruta máis antiga, e do Camiño da Costa ou Camiño Norte, que é o itinerario que máis auxe tomou nos últimos anos.
selar as credenciais e solicitar información de aloxamentos turísticos. Entre xuño e novembro de 2017 recibíronse máis de 10.000 peregrinos, despuntando nos meses de verán. No que respecta á proceden-
cia dos visitantes, a maior parte dos españois veñen das comunidades de Madrid, Cataluña e Andalucía, mentres que os estranxeiros proveñen principalmente de Italia, Estados Unidos e Francia.
Mostra da importancia do Camiño ao seu paso polo Pino é o gran número de peregrinos que se achegaron ata a Oficina de Turismo para EXPOSICIÓN PERMANENTE DE XESÚS CANABAL Os peregrinos e veciños que se achegan á Oficina de Turismo, no centro sociocultural Luís Seoane, visitan tamén a exposición permanente de Xesús Canabal, veciño e empresario que emigrou a Uruguai e foi ministro delegado da República no exilio. Concello de O Pino • 29
EDUCACIÓN E CULTURA
A maxia do Nadal, polas parroquias Despois de percorrer milleiros de quilómetros dende Oriente, os tres Reis Magos aínda tiveron forza para levar a maxia do Nadal por cada unha das parroquias do Pino, enchendo de gozo e ledicia a pequenos e maiores. A comitiva real foi recibida por moitos veciños e veciñas en cada un dos puntos de encontro, como xa é habitual no Pino. Pola tarde do 5 de xaneiro, foron centos de nenas e nenos os que se achegaron ao polideportivo de Arca para recordarlle ás Súas Maxestades que non se esqueceran de ningunha das peticións feitas con grande ilusión. A Fada do pavillón, os inchables, os xogos, a rosca e o chocolate completaron unha tarde especial, previa á noite máis máxica do ano. Unha expectación que xa comenza os días previos á Noiteboa, cando Papá Noel visita todos os anos os centros educativos do concello, cos máis cativos da escola infantil, co alumnado da Unitaria de Gonzar e tamén cos máis novos do CPI Camiño de Santiago de Arca. Todos eles reciben a visita máis agardada do ano. É a maxia do Nadal.
30 • Concello de O Pino
Concurso de Entroido con 40 participantes O concurso de disfraces de Entroido organizado polo Concello do Pino reuniu en Arca a centos de persoas, que aplaudiron aos 38 participantes nas diferentes categorías e a actuación tanto de Cayetano Lledó como da Orquestra Compostela. Os alumnos de 5º de Infantil (5 anos) foron os protagonistas da tarde. Ademais de recoller o premio do concurso de carteis, foron tamén os gañadores da categoría de comparsas, coa escenificación de Recén chegados do Museo do Prado. A condesa de Chinchón e as Meninas de Velázquez, polo que lles correspondeu un premio de 350 euros. Os Piratas cativos obtiveron o premio ao disfraz máis orixinal, dotado con 100 euros. No resto de categorías, os gañadores foron: O museo do Louvre, en infantil, e Don Quixote, segundo nesta categoría, na que participaron 26 nenos e nenas. O gañador en individual foi O Espantallo e o dúo Imos ao cine foi a mellor parella. O enxamio levou o premio de grupo. Mentres o xurado deliberaba, Cayetano Lledó, co seu espectáculo Lafayette Show, fixo rir aos centos de veciños que acudiron a Arca. A Orquestra Compostela foi a encargada de por as notas musicais durante a tarde e a noite. Ao quedar deserta a categoría de carrozas, na que non houbo ningún participante, o Concello repartiu un total de 1.000 euros en premios. Concello de O Pino • 31
Concursos para fomentar a creatividade Promover outro xeito de abordar temas de interese, descubrir novos talentos e darlle protagonismo ao
alumnado dos colexios públicos. Con este obxectivo todos os anos se convocan diferentes concursos.
No 2017 destacaron o de carteis de Entroido; o de retratos de muller e o xa tradicional de postais de Nadal.
RETRATOS DE MULLER Se de algo podemos presumir no Pino é de ter mulleres excepcionais. Así o reflectiron as alumnas e alumnos do colexio de Arca que participaron no concurso Retratos de Muller con motivo do 8 de marzo. Cada participante debía elixir unha candidata e explicar por que era a mellor do mundo. O “sorriso máxico” da mamá Sandra, a irmá Toni que “resulta esencial na miña vida” ou a bisaboa Estrela, “nai solteira, costureira e que levaba as vacas pastar” foron os argumentos das tres postais gañadoras. POSTAL DE NADAL A postal coa que o Concello felicitou as festas do 2016 a veciños e veciñas foi obra de Lucía Pereiro Garea e Laura Peteiro Castro (que gañaron o concurso na categoría de 10-11 anos). A gañadora de 6-7 anos foi Ainoa Vigo, e na categoría de 8-9 anos, Daniel Suárez. No 2017 houbo novo concurso. As familias recibirán a postal de Susana Vázquez Seoane (gañadora na categoría 10-11 anos). Nas outras categorías gañaron a aula de 4 anos do 5º B INFANTIL CPI C. SANTIAGO
SUSANA VÁZQUEZ
NAYRA NOYA
INFANTIL 4 ANOS
RAMÓN GARCÍA
FERNANDO FRANCO
colexio (en infantil); Nayra Noya (6-7 anos), Ramón García Pérez (8-9 anos) e Fernando Franco (ESO). BRAIS RODEIRO (6-8 ANOS)
DUNA LEMOS (9-11 ANOS)
CARTEL DO ENTROIDO. O concurso de disfraces do Entroido tamén ten cartel propio elaborado polo alumnado dos centros educativos do municipio. No 2017 os gañadores foron: o alumnado de 5º B de Infantil do CPI Camiño de Santiago; Brais Rodeiro e Duna Lemos, que recolleron o seu premio o día do concurso de disfraces. 32 • Concello de O Pino
Outubro lúdico e cheo de actividades A chegada do outono marca tamén o inicio de numerosas actividades e cursos na Concellaría de Cultura e a
conmemoración de datas significativas, como o Día Mundial contra o Cancro de Mama, o día das Bibilio-
Almofadas do corazón contra o cancro de mama O 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Dende o ano 2012, o Concello do Pino pon a disposión de todas as mulleres que as poidan precisar as Almofadas do corazón. Trátase duns coxíns con forma de corazón que se adaptan moi ben ao brazo, teñen unha medida e un peso concreto, todo feito con produtos naturais, tanto o recheo como a tela que o recobre, e axudan a paliar as molestias
tecas ou o Samaín. Un mes lúdico no que tamén celebramos un curso sobre intelixencia emocional. que se producen tras as operacións de extirpación de mama ou dos vasos linfáticos da axila como consecuencia desta enfermidade que afecta a máis de 100.000 mulleres en España. Estes coxíns son realizados por varias voluntarias dende o ano 2012, e fixéronselle xa varias entregas á Asociación Contra o Cancro de Santiago para que llos fixeran chegar ao maior número de mulleres posible. Na Casa da Cultura do Pino, en Arca, tamén dispoñemos destas Almofadas do Corazón, se algunha persoa as precisa para si mesma ou para un familiar pode vir recollelas persoalmente ou solicitalas por teléfono no número 981 511 065.
A IMPORTANCIA DA INTELIXENCIA EMOCIONAL Aprender a superar os sentimentos de rabia, ansiedade, frustración; ser capaces de automotivarnos e de coñecer as propias emocións. Son parcelas que se engloban na denominada intelixencia emocional, esa que, ben adestrada, nos axuda a desenvolver e gozar unha vida persoal, académica e profesional plena. Con este obxectivo o Concello colaborou coa organización dun curso de intelixencia emocional dirixido tanto a monitores de tempo libre como a mestres de educación infantil e primaria ou titulacións afíns en educación, deporte, ocio e tempo libre. SAMAÍN EN GONZAR
DIA DAS BIBLIOTECAS
O 31 de outubro rematabamos a semana do Samaín na escola unitaria de Gonzar cunha xornada divertida. Nenos e nenas estiveron escoitando contos e facendo un atrapa-soños cheo de cabazas, gatos e pantasmas.
O 23 de outubro, Día das Bibliotecas, o alumnado do CPI Camiño de Santiago puido ver a representación da obra O Lobo e a Lúa, unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da lúa. Concello de O Pino • 33
Luis Seoane, moi presente no curso de bolillos As obras do grande artista e Fillo Predilecto do Pino Luis Seoane estiveron este ano moi presentes no curso de bolillos que imparte a mestra Ana Rosa Liste, creativa e innovadora, restauradora de pezas históricas e gañadora de varios premios internacionais. Esta vocación de Ana Rosa foi a que a levou a reproducir a tamaño real e coa técnica dos bolillos algunhas das obras máis representativas de Seoane, como O Gaiteiro, A Pomba, A Avoa, etc, e trasladarlle esta afección e amor pola arte ás alumnas que asisten ao curso no Pino, que durante o ano académico 2016-2017 se centraron, sobre todo, en facer traballos relacionados coa tradición galega, en xeral, e coa do Pino en particular. Así, durante o curso que rematou en xuño de 2017, as alumnas foron quen de reproducir con moita arte, paciencia e mestría, o escudo do Concello do Pino e ata o mesmo Bota-
34 • Concello de O Pino
fumeiro da Catedral de Santiago. Tamén empezaron a practicar a técnica do bordado ao aire, para manter viva a tradición do traxe galego –dándolle así continuidade ao curso de bordado que se organizara en anos anteriores, e que se repetirá cando haxa un número axeitado de persoas interesadas–. Todas unhas artistas que, ao remate do curso, montaron unha exposición cos seus traballos e cos de Ana Rosa na entrada da casa de cultura espertando a admiración de todas as persoas que acudiron vela, moitas delas peregrinos que percorrían o Camiño de Santiago. E para completar un ano redondo, no mes de xullo a mestra Ana Rosa viaxaba ata Portugal para asistir como invitada á Mostra Internacional de Rendas de Bilros en Peniche, onde gañou un premio pola súa obra O lagarto da Carolina.
CURSO DE ÁBACO E XOGOS MATEMÁTICOS No mes de outubro de 2017 dende a Concellaría de Educación e Cultura ofertouse por primeira vez un curso de Ábaco e Xogos Matemáticos, un programa de desenvolvemento mental para nenas e nenos de 6 a 12 anos. O obxectivo é que se habitúen a facer cálculos mentais rápidos e de precisión de maneira sinxela e práctica. Neste curso, mediante unha aprendizaxe entretida e divertida, os asistentes experimentan melloras significativas no seu rendemento escolar xogando co ábaco, tangrán, sudoku ou labirintos. Algúns deste xogos son fabricados polo propio alumnado. CURSO DE GUITARRA Impártese os mércores, ás 19.30 horas, cun máximo de dous alumnos por clase. Poden participar todos os interesados, aínda sen coñecementos de solfexo. CURSO DE COSTURA Comenzou pola demanda das veciñas para ter nocións básicas. Esta demanda foi medrando e hoxe ofértanse clases dous días á semana –horario de mañá e tarde–, e grazas á habilidade de alumnas e mestra, deséñanse patróns e xa se están a confeccionar pezas máis sofisticadas como abrigos, vestidos ou capas. INFORMÁTICA PARA ADULTOS Este curso está pensado para introducir ás persoas adultas nas novas tecnoloxías. Aprenden a facer un documento, crear un correo, solicitar as citas médicas, os permisos para facer queimas, etc. Participaron dez persoas maiores de 40 anos veciñas do concello. No mes de xaneiro de 2018 repetirase este curso. Pódense apuntar todos os interesados. Concello de O Pino • 35
Actividades culturais nun verán refrescante Compaxinar cultura e deporte durante o verán é algo cotián na piscina municipal do Pino, onde pequenos e maiores poden mellorar as súas técnicas de natación sen esquecer as actividades culturais. E para telo claro dende o comezo, este ano o departamento de Cultura organizou un espectáculo teatral nas inmediacións da piscina que fixo gozar a grandes e cativos. A compañía Circo Chosco representou o seu espectáculo Forzudos,
para o que contou, incluso, coa colaboración de Isa, unha nai de Arca que amosou as súas dotes sobre o escenario –aínda que nesta ocasión fose de herba–. Este foi só un aperitivo. Despois, e durante todo o verán, o departamento de Deportes organizou un curso de natación para mellorar o desenvolvemento na auga de todas as persoas participantes. Numerosas actividades que contribuíron a gozar dun verán divertido.
Información e formación contra a violencia de xénero
Aula aberta e Creatividade para o alumnado de menor idade
Formar e informar ao alumnado sobre a importancia de respectar, tolerar e compartir, concienciar dende o berce para que, de adultos, estean en contra das situacións de acoso e violencia de calquera tipo, tamén da violencia machista. Con este obxectivo, dende a Concellaría de Cultura se lle entregou ao profesorado do CPI Camiño de Santiago a unidade didáctica A Nena que quería navegar a principios de novembro, para complementar a campaña contra a violencia de xénero que desenvolveu o Concello do Pino. A iniciativa rematou o venres 24, cando o alumnado puido ver á compañía Redrum representando a obra de teatro A Nena que quería navegar.
Na Aula Aberta participaron unha ducia de nenas e nenos con idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos que se reuniron na biblioteca municipal dous sábados ao mes. De 10:30 a 12:30 horas traballaron sobre diferentes aspectos, segundo a estación do ano ou as conmemoracións que se celebren ese mes: Nadal, Letras Galegas, Samaín, etc.
36 • Concello de O Pino
O programa Creatividade diríxese ao alumnado de Infantil do CPI Camiño de Santiago durante o horario lectivo, para complementar as actividades extraescolares que o Concello lle ofrece ás familias.
Música, contos e camiñada nas Letras Galegas Letras Galegas cunha intensa actividade e cunha variada programación. Así celebramos no Pino o mes de maio, con letras, música e ata cunha camiñada. Todo empezaba o 3 de maio coa representación da obra de teatro de Carlos Casares A galiña azul, motivo que aproveitou o Concello para agasallar con varios exemplares deste libro ao CPI Camiño de Santiago, á Unitaria de Gonzar e á Escola Infantil. O día 17 foi a Banda de Música de Arca a encargada de ofrecer un concerto na Casa da Cultura, con temas tradicionais galegos. Tamén de música tradicional foi o encontro que a fin de semana seguinte mantiveron os diferentes coros e grupos de folk do concello. O Coro de Santa María de Budiño, Coro de Santa Eulalia de Arca, Reviravolta, A Volta de San Xulián e Airiños de Gonzar foron os encargados de facer gozar aos amantes da boa música, do galego e da cultura tradicional. Como non podía ser doutro xeito, esta gran xuntanza rematou cantando todos xuntos o Himno Galego. Entre concerto e concerto, a Asociación Xuvenil Feitizo mantivo entretidos na Casa da Cultura a moitas nenas e nenos contándolles contos e a vida e obra de Carlos Casares, ademais de pintar con eles. Para rematar esta intensa e variada programación tamén se quixeron sumar os integrantes do Club dos Venres, para os que se programaron diversas actividades sobre a vida e obra de Carlos Casares. Con este motivo se decidiu reservar para esta fin de semana das Letras a última andaina do Camiña e Descubre coa que percorremos o Camiño Primitivo por etapas. O sábado 20 de maio fíxose o último tramo do Camiño, dende Arca ata Compostela. Porque as nosas letras tamén se poden homenaxear camiñando, cantando e, como non, lendo. Concello de O Pino • 37
Para durmir a carón do Camiño • Para dormir junto al Camino • To sleep next to the Way Pensión Mirador de Rourís * Lugar Rourís 9, San Breixo de Ferreiros Tel.:608981630/627451596 josebenito402@cloud.com Albergue A Ponte Ponte Ferrreiros 1, S. Mamede Ferreiros Tel.:665641877 albergueaponte@hotmail.com Albergue de Boni Lugar Salceda22, San Breixo de Ferreiros Tel.:618965907 elalberguedeboni@gmail.com Albergue Turístico de Salceda Lugar Salceda 58, San Breixo de Ferreiros Tel.:981502767 posadadesalceda@gmail.com Albergue Alborada Lugar Salceda, San Breixo de Ferreiros Tel.:620151209 pensionalberguealborada@gmail.com Pensión Casa Tía Teresa * Lugar Salceda14, San Breixo de Ferreiros Tel.:628558716 casatiateresa@gmail.com Albergue El Chalet Lugar A Brea 5, San Miguel de Cerceda Tel.:629693921/659380723 elchaletalbergue@gmail.com Pensión O Mesón * Lugar A Brea, 16 San Miguel de Cerceda Tel.:981511040 info@pensionomeson.com Pensión The Way * Lugar A Brea 36, San Miguel de Cerceda Tel.:628120202/981502990 info@thewayhostel.com Albergue Andaina Empalme Santa Irene 11 San Miguel de Cerceda Tel.:981502925/609739404 albergue.andaina@gmail.com Albergue Público Santa Irene Santa Irene, Santaia de Arca Albergue Santa Irene Santa Irene, Santaia de Arca Tel.:981511100 Albergue Astrar Lugar Astrar 19, Santaia de Arca Tel.:981511463/608092820 albergueruralastrar@gmail.com Hotel O Pino * Lugar A Rúa 5, Santaia de Arca Tel.:981511035 info@hotelopino.com Pensión Casa da Fonte ** Lugar A Rúa 17, Santaia de Arca Tel.:684312390 casadafonte1@hotmail.com Casa Rural Acivro (Grupo B/Compartido) Lugar A Rúa, Santaia de Arca Tel.:981511316 cacivro@hotmail.es
Albergue O Burgo Avd. Lugo 47-B , Santaia de Arca Tel.:981511406/630404138 albergueoburgo@gmail.com Pensión Compas * Avda. Lugo 47, Santaia de Arca Tel.:981511309 pensioncompas@gmail.com Albergue Público de Arca Avda. Lugo 30, Santaia de Arca Pensión Platas ** Avda. Lugo 26, Santaia de Arca Tel.:981511378 pensionplatas@hotmail.com Pensión Bule-Bic * Avda. Lugo 18, Santaia de Arca Tel.:981511222 complejobulebic@gmail.com Pensión A Solaina ** Rúa Picón 3, Santaia de Arca Tel.:633530918 pensionasolaina@hotmail.com Albergue Trisquel Rúa Picón 1, Santaia de Arca Tel.:616644740 informatrisquel@gmail.com Albergue Edreira Rúa Fonte 19, Santaia de A info@albergue-edreira.com Pensión Santaia Casal de Calma ** Rúa Igrexa 10, Santaia de Arca Tel.:680910676 bego.aller@gmail.com Albergue Rem Avda. Igrexa 7, Santaia de Arca Tel.:981510407 reservas@alberguerem.com Albergue Cruceiro de Pedrouzo Avda. Igrexa 7, Santaia de Ara Tel.:981511371/629518204 resesvas@alberguecruceirodepedrouzo.com Albergue Otero Rúa Forcarei 2, Santaia de Arca Tel.:671663374 info@albergueotero.com Pensión O Muíño * Rúa O Muíño 1, Santaia de Arca Tel.:981511144 omuino30630arca@hotmail.com Pensión LO * Rúa Mollados 43, Santaia de Arca Tel.:608989100 reservas@pensionlo.com Pensión Arca * Rúa Mollados 25, Santaia de Arca Tel.:981511437 / 657888594 pensionarca@gmail.gmail.com Pensión Maribel ** Rúa Mollados 23, Santaia de Arca Tel.: 981511404/ 609456966 info@pensionmaribel.com
Pensión Una Estrella Dorada * Avda. Lugo 10, Santaia de Arca Tel.:630 01 83 63 armarturo@gmail.com Pensión 9 de Abril * Avda. Santiago 7, Santaia de Arca Tel.:606764762 infopension9deabril@gmail.com Pensión O Pedrouzo * Avda. Santiago 13, Santaia de Arca Tel.:981510483 info@pensionpedrouzo.com Pensión Recuncar* Avda. Santiago 34, Portal 2, 3º A Tel.: 698139798 pensionrecuncar@hotmail.com Pensión Maruja * Rúa Nova 9, Santaia de Arca Tel.:981511406/630404138 albergueoburgo@gmail.com Pensión Avenida * Avda. Santiago, 23 - Santaia de Arca Tel.:698147113 info@pensionavenida.net Pensión Codesal * Rúa Codesal 7, Santaia de Arca Tel.:981511061/600506651 mesoncodesal@hotmail.es Hotel Amenal** Lugar Amenal 12, Santaia de Arca Tel.:981510431 reservas@hotelamenal.com Hotel Bello ** Lugar Santiso 15, Santa María de Castrofeito Tel.:981511112 hotelbello@hotelbello.es Pensión O Cruceiro * Lugar O Marquiño, San Xiao de Lardeiros Tel.:981191624 hostalocruceiro@gmail.com A Casa da Auga (Grupo B/Compartido) Lugar Voutereira, San María de Budiño Tel.:981191624/629828967 barralmoledo@hotmail.com Casa Rural Calvo (Grupo B/No Compartido) Lugar Piñeiro 4, San Vicenzo do Pino Tel.:981814401/617369334 casacalvo@casacalvo.com Casa Rural Vila sen Vento Lugar O Pino 24, San Vicenzo do Pino Tel.:636813371 vilasenvento@gmail.com Casa Rural Muíño de Pena (Grupo B/C.) A Ponte Puñide 24, San Vicenzo do Pino Tel.:981814404/03 reservas@omuinodepena.com A Maquía de Medín (Vivenda vacacional) Lugar Sobrado 9, Santo Estevo de Medín Tel.: 620613651 info@molinoamaquiademedin.com
20 18
XANEIRO
COMITIVA DE REIS
• A partir das 17:00 horas, inchables no polideportivo municipal • Antes da chegada das SS.MM. farase entrega dos premios aos gañadores do Concurso de Postais • Remataremos a festa co tradicional chocolate e roscón de Reis
11:00
PEREIRA, Campo de Festas
11:15
CASTROFEITO, Escola de Santiso
12:15
BUDIÑO, Campo de Festas
12:30
O PINO, Campo de Festas
12:50
GONZAR, Campo de Festas
13:15
MEDÍN, Campo de Festas
13:30
PASTOR, Campo de Festas
13:45
LARDEIROS, Campo de Festas
17:00
SAN BREIXO, Campo de Festas
17:20
SAN MAMEDE, Campo de Festas
17:45
SAN MIGUEL DE CERCEDA, Igrexa
18:00
CEBREIRO, Campo de Festas
19:30
CHEGADA AO POLIDEPORTIVO
20
18
MUNICIPAL
FEBREIRO
XIX CONCURSO DE DISFRACES
I.- Poden participar todas as persoas que acudan disfrazadas. II.- Os participantes deberán anotarse na Praza do Concello o mesmo día do concurso a partir das 16:00 horas. III.- O concurso se celebrará o domingo día 11 de febreiro de 2018 ás 17:30h na Praza do Concello. IV.- Outorgaranse premios polas seguintes categorías: 1º PREMIO INFANTIL 100€ 2º PREMIO INFANTIL 75€ MÁIS ORIXINAL 100€ INDIVIDUAL 100€ PARELLA 125€ GRUPO 150€ CARROZA 200€ COMPARSA 350€ Nota: Todos os rapaces/as de ata 12 anos que desfilen no escenario terán un agasallo. V.- As comparsas terán que ter polo menos 10 membros que representarán un mesmo motivo.
VI.-
O grupo terá como mínimo 3 persoas e máximo 9 e representarán un mesmo motivo. VII.- As carrozas serán como mínimo de 4 persoas representando algún tema enriba dun móbil (carro, tractor, etc…) e terán que estar todos os compoñentes (agás o condutor) enriba del. VIII.- Durante o desenvolvemento do desfile, o xurado valorará: Comparsas e grupos: Vestiario e maquillaxe (traballo feito a man e emprego de materiais de refugallo): 1 a 4 puntos. Orixinalidade: 1 a 3 puntos. Organización e traballo en equipo: 1 a 3 puntos. Involucrar ao público: 1 a 5 puntos. Disfraces individuais (infantís e adultos) Orixinalidade do vestiario : 1 a 4 puntos. Maquillaxe: 1 a 2 puntos. Involucrar ao público: 1 a 5 puntos. IX.- A selección dos gañadores realizarase a proposta dun xurado composto por persoal alleo ao Concello de O Pino.