Skip to main content

Mulleres pintoras

Page 1

Artemisia Gentileschi, 1593 -1654 Pintora italiana do Barroco.

Artemisia aprende o oficio no taller do seu pai, Orazio Gentileschi. Pintora da escola de Caravaggio, cun claroscuro máis acentuado e dramático, é apreciada entre os grandes artistas da súa época polos seus retratos e escenas con heroínas bíblicas. Convértese en pintora da corte e é a primeira muller en ingresar na Accademia do Disegno de Florencia.


Georgia O’Keeffe, 1887 - 1986 Pintora estadounidense modernista.

O estilo de Ou´Keeffe é tan persoal que non se inscribe dentro de ningún movemento. As súas obras máis famosas son as series de flores a gran escala e as paisaxes do deserto. En ambas hai elementos de abstracción e expresionismo. Conta co apoio e influencia do fotógrafo e marchante Alfred Stieglitz, con quen contrae matrimonio. Obtén éxito comercial e un gran recoñecemento en vida converténdose nun dos iconos da cultura norteamericana.


Tamara de Lempicka (1898 – 1980) Pintora Art Decó de origen ruso.

Lempicka vive dez anos de gran éxito en París durante os felices anos vinte cun estilo figurativo, xeométrico e glamuroso. É a retratista máis importante do Art Decó con preferencia polas figuras femininas, o luxo, a moda e o erotismo. Ao trasladarse aos Estados Unidos perde o favor da crítica máis interesada nas vanguardias.


Frida Kahlo, 1907 - 1954 Pintora surrealista mexicana. A obra de Frida é profundamente biográfica cun estilo moi persoal que combina elementos surrealistas, naïf e folclóricos. É famosa tanto pola súa obra, en especial polos seus autorretratos, a súa dramática vida e turbulento matrimonio co muralista mexicano Diego Rivera, como polo seu peculiar e distintiva aparencia. Vive a maior parte da súa vida xuntos á sombra do éxito de Rivera, pero converteuse desde os anos 70 ata a actualidade nun icono do feminismo e a cultura hispana.


Maruja Mallo (1902-1995) A máis famosa pintora galega do século XX. Natural de Viveiro, destacou como pintora surrealista relacionándose con outras personalidades destacadas do momento como SalvadorDalí, Federico García Lorca, Luis Buñuel, María Zambrano, RafaelAlberti, Miguel Hernández, Ortega y Gasset, etc. Desgraciadamente coa Guerra Civil tivo que exiliarse a Arxentina, e coa ditadura neste país optou por regresar a España, xa nos anos sesenta, onde continuou o seu labor malia ser unha descoñecida no seu país. Nos anos noventa afortunadamente puido recibir varios galardóns artísticos e o xusto recoñecemento da súa obra.


María Antonia Dans (1922-1988) O naturalismo na pintura M.ª Antonia Dans foi unha muller adiantada ao seu tempo, capaz de asumir o reto dunha modernidade e unha independencia que a penas se lle permitía a unha muller no panorama da posguerra española. Pintora dunha temática profundamente enraizada en Galicia, non se deixou influír polas tendencias abstractas que dominaban o panorama da arte e plasmará con inxenuidade e colorismo a campiña e os labores do campo. O seu estilo obterá o recoñecemento da crítica e a súa lista de exposicións, bolsas e premios será extensa.


Menchu Lamas (Vigo,1954) A pasión pola cor. Menchu Lamas é probablemente a artista galega de maior proxección internacional. Integrante, dende 1980, do Grupo Atlántica, que propón unha renovación da arte. Traballa con grandes formatos nos que a pincelada é en realidade un brochazo e son comúns na súa obra as imaxes de culturas exóticas e primitivas.


Rosa Elvira Caamaño (Bueu ,1954) Unha pintora do entorno. É licenciada e doutora en Belas Artes pola Facultade Belas Artes de San Fernando de Madrid. Para realizar a súa tese de doctorado obtivo unha beca da Academia de Belas Artes. É profesora titular de Pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, académica correspondente da Academia Archeoloxica de Roma e comisaria da única exposición antolóxica sobre Serafín Avendaño (paisaxista vigués do século XIX).


Mercedes Ruibal (1928-2003) Polifacética artista cun intenso mundo interior. Mercedes Ruibal emigra a Bos Aires con vinte anos, e alí comezaría a pintar baixo os consellos e a guía de Laxeiro. Alí realiza a súa primeira exposición (1956). No ano seguinte retorna a Galicia, e expón en Vigo, á que seguirán outras exposicións en Madrid, Florencia, Roma... A súa traxectoria partiu das iniciais influencias de Laxeiro e do gusto por un primitivismo arcaizante e naif cun acusado acento expresionista.


MARIA BLANCHARD(1881-1932) Pintora cubista. Grazas ao seu éxito na Exposición Nacional de Belas Artes en 1908 conseguiu unha beca para marcharse a Paris, na capital francesa, relaciónase con artistas como Diego Rivera, Picasso e Juan Gris, quen exercerá unha profunda influencia sobre ela. Formou parte do grupo cubista parisino . Desenvolveu unha pintura cubista introducindo elementos persoais, como é o tratamento da cor. Aos poucos abandonará este estilo e inclinarase pola figuración pero sempre baixo a influencia do cubismo.


Celia Castro(1860-1930) Pintora chilena pioneira.

Foi a primeira muller en estudar pintura profesional en Chile, destácase polos seus melancólicos registros da realidade. Chile recórdaa por ser unha das mulleres pioneras que desafiando as convenciones sociais, dedicouse a desenvolver o seu talento artístico máis aló do ámbito hogareño, superando aos seus compañeiros varóns. Xunto coas súas contemporáneas, as irmás Aurora Mira e Magdalena Mira lograron obter recoñecemento como pintoras, sendo Celia a primeira muller en recibir unha beca para o seu perfeccionamento en Europa.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Mulleres pintoras by cole cabalo2 - Issuu