Skip to main content

Historias de cine

Page 1

Historias Dcine


ÍNDICE -UNHA FLOR NA NEVE (4º DE INFANTIL). -TINTÍN E ROSA (5º DE INFANTIL). -UNHA AVENTURA DE BADI (6º DE INFANTIL). - A PANTASMA (1º DE PRIMARIA). -AS AVENTURAS DE PEDRO (2º DE PRIMARIA). -O GRAN CAMBIO DOS NENOS (3º DE PRIMARIA). -UN AMOR MOVIDIÑO (4º DE PRIMARIA). -A MAXIA DUN SOÑO (5º DE PRIMARIA). -FRANKENS-TÉ (6º DE PRIMARIA). -CAMIÑANDO POLO CAMPO (6º DE PRIMARIA). -A SALVACIÓN HUMANA ((6º DE PRIMARIA). -UNHA VIAXE DESASTROSA ((6º DE PRIMARIA). -DE VACACIÓNS EN NORUEGA ((6º DE PRIMARIA). -OS MORTOS REVIVEN ((6º DE PRIMARIA). -O RAPAZ SOÑADOR, LECTOR (6º DE PRIMARIA). -O HOME ROBOT ((6º DE PRIMARIA). -UN LEÓN NA CASA ((6º DE PRIMARIA). - A DAMA BRANCA (6º DE PRIMARIA). -SPIES IN NEW YORK (6º, INGLÉS). -THE BALLERINA (6º, INGLÉS). -KING (6º, INGLÉS). -UNHA SONRISA INESPERADA (5º, MÚSICA).


Fotograma da película “Frozen”

UNHA FLOR NA NEVE Érase unha vez un moneco de neve, que se chamaba Olaf, que estaba moi triste porque lle gustaban moito as flores, pero coa neve non podía atopar ningunha. Pero un día o seu mellor amigo “Ben” explicoulle que para atopar flores había que plantar unha planta e querela e coidala moitísimo. Así que Olaf comprou unha planta moi bonita, no mercado, e empezou a coidala e a contarlle contos todos os días para que florecera. E de pronto, un día de sol, cando foi a lerlle o conto, a planta tiña unha flor preciosa, de cor lila. E, sabedes por qué? Porque a planta estaba moi contenta polos contos que lle contaba o seu amigo Olaf, todos os días. 4º Educación Infantil.


Fotograma de “Ferdinando”, curta de Disney

TINTÍN E ROSA Había unha vez un touro que se chamaba Tintín. Era grande, de cor negro e branco, cuns cornos fortes coma caninos de lume. Era tan bonito que todos se fixaban nel. Tiña as patas finas e gustáballe moito o perfume das flores. Un día, que ía paseando polo campo, recolleu flores para regalarllas a súa amiga a vaca Rosa. Rosa vivía nunha granxa que estaba cerca. Esa mañá estaba xogando cos porcos e co cabalo cando chegou Tintín co seu ramo de flores. Achegouse a ela, deulle as flores e Rosa… namorouse!!!.

5º Educación Infantil


Fotograma da película “HACHICO”

“UNHA AVENTURA DE BADI” Había unha vez un can que se chamaba BADI, que tiña un dono chamado DANI. Un día, o can e o seu dono, paseaban polo bosque mirando as fervenzas do río. BADI tiña moitas ganas de bañarse; arrimouse perigosamente ao borde da montaña e… ZAS, caiu. A corrente ía moi rápida e a auga estaba atemperada, BADI case afoga. DANI baixou correndo e esperou a BADI ao outro lado da fervenza para axudalo. Colleu un pau longo e estirouno para que BADI o agarrara coa boca e así logrou salvalo. Cando saiu da auga, DANI deulle unha forte aperta. agotado.

BADI estaba

Como estaban tan lonxe da súa casa, e BADI non podía camiñar, construíron unha balsa con troncos do bosque. Usaron o pau longo como remo. Polo río abaixo chegaron a súa casa. Ao entrar secáronse e déronse unha aperta moi forte porque estaban xuntos despois do rescate. 6º Educación Infantil


Fotograma de “Cazafantasmas”

A PANTASMA Esto sucedeu un 23 de abril. Unhas nenas e nenos simplemente querían festexar o aniversario da súa amiga Mónica pero a festa rematou sendo un pesadelo. Cando Xulia, Rosa, Xosé, Máría, Antón e Natalia chegaron a casa de Mónica o primeiro que fixeron foi xogar as agachasdas. Logo chegaron os país de Mónica e merendaron. Ao rematar subiron o pequeño cuarto de Mónica e viron películas de medo pero non se asustaron, eles non se asustaban fácilmente. Ao rematar a película cada un tiña que contar unha historia de medo. Cando Xulia estaba a punto de conta-la súa Antón xa non quería xogar máis, Tiña medo!. Entón prendeu a luz. Xulia moi enfadada con Antón porque non lle deixou contar a súa historia, apagou a luz novamente Natalia e Xulia puxeronse a berrar. Mentres Mónica trataba de calmalas Xosé, María e Antón miraban. Ao final puxéronse dacordo e apagaron a luz, de súpeto escoitan un forte grito debaixo da cama de Mónica. Rosa prende a luz e danse de conta de que Xulia non está, empezan a berrar: foi a pantasma!. Danse de conta que alguén tiraba deleas e berraba: Espertade! Espertade!, eran os país de Mónica habíanse quedado durmidas vendo a película. Todo fora un pesadelo!! 1ª Educación Primaria


Fotograma da película: “Las aventuras de Tintín - El secreto del unicornio”

AS AVENTURAS DE PEDRO Había unha vez un neno chamado Pedro, ao que lle gustaban moito as aventuras. Entón, un día decidiu pedirlle ao seu tío unha barca para surcar os 7 mares. Cando xa a tiña, colleron o seu canciño (chamado Antón) e os tres foron con ela moi lonxe, querendo chegar ao Polo Norte, pero o problema era que antes tiñan que navegar polos mares, con ondas enormes. Un día, de súpeto, achegouse unha forte tormenta. As ondas eran tan, tan grandes que a barca encheuse de auga e comezou a afundirse. Despois dunhas horas e cando xa pasara a tormenta, Pedro viu unha avioneta que viña para... rescatalos! Ao subir nela, o neno encontrouse co seu mellor amigo. Que ben! Pero había un problema... e era que non tiñan combustible para chegar a terra,polo que tiveron que tirarse en paracaídas rapidamente. Todos agarraron as súas mans e caeron nunha pequena illa. Era moi bonita, había unha palmeira moi grande cuns cocos moi apetitosos. Como tiñan moita sede, intentaron collelos, pero non lle chegaban. Entón, Pedro subiuse enriba do seu amigo e así puideron alcanzalos. Coméronos todos e logo fixeron unha nova barca coa madeira da palmeira e así conseguiron chegar sans e salvos a súa casa. FIN! 2º Educación Primaria


Fotogramas da película “Cadea de favores”.

O GRAN CAMBIO DOS NENOS Esta historia ocorreu ao inicio do curso 2016/2017. Na mesma clase dunha escola de Cabo Udra, no curso de terceiro de educación primaria, estudaba unha nena chamada Lucía. Todos os días na hora do recreo Martín e Mario, que estaban na mesma clase, metíanse con ela e obrigábana a darlles a merenda. Ela defendíase e dicíalles que non, pero ao final eles sempre se saían coa súa, e lla quitaban á forza. Empurrábana entre os dous ata que ela con moito medo accedía a darlla. Un día a ela ocorréuselle traer froita, e Martín colleu a mazá de Lucía, mordeuna, e a cuspiu ao chan. Mario tirouna ao lixo, ademais do plátano que tamén traía. Tamén lle fixeron a cambadela e cando caiu ao chan, pisáronlle a man. Ameazárona dicíndolle que se

ao día seguinte traía froita de novo,

mancaríana. E por suposto, non podía dicir nada a ninguén. Aínda por riba un día, a mestra que coidaba o patio viu a merenda no lixo, e castigouna pensando que fora ela a que a tirara. A mestra non cría todo o que lle contaba do que pasaba en realidade. Outro día foi ao baño e Martín e Mario non lle deixaron pasar, e fíxose pis por riba dela. As veces tamén lle pegaban, e lle mandaban facer cousas malas aos demais compañeiras e compañeiros.


Lucía sentíase moi desgraciada e triste. Tiña a autoestima moi baixa, todo lle daba medo, sentíase continuamente ameazada, e non era quen de supéralo.

Un día Paula que estaba na súa clase, atopouna chorando a ela soa nunha esquina do patio e decidiu axudala. Argallaron preparar na casa de Lucía un bocadillo de cartón, para levar ao colexio ao día seguinte. Paula encargouse de avisar á mestra, para que estivese atenta do que ía pasar no patio. E efectivamente, Martín e Mario foron quitarlle a merenda a Lucía, e ao ver o bocata de cartón, comezaron a insultala e a pegarlle. Aos dous nenos castigáronos sen recreo unha semana enteira. Lucía e Paula querían que os perdoasen, e decidiron facer unha trastada, para que as castigaran con eles. Puxéronlle á mestra pegamento e unha chincheta na cadeira. Elas delatáronse e cando foron castigadas con eles, falaron moito e pedíronlle perdón. Os catro fixéronse os mellores amigos. Saían xuntos moitos días a pasear despois das clases, e compartían a merenda. Lucía por fin puido pásalo ben no colexio, e estar máis tranquila e a gusto.

3º Educación Primaria


Fotograma da película “Grease”

Había unha vez dous rapaces chamados Marta e Fernando que eran amigos dende pequenos. Agora estudaban xuntos no instituto Illa de Ons de Bueu. Estaban en distintas clases: Marta estaba en 1º B e Fernando en 1º A, pero os dous tiñan algo en común: aos dous lles gustaba moito bailar. Coincidían todos os días no recreo e na clase de Música e pouco a pouco fóronse namorando e xa non se podían separar o un do outro. Estaban xuntos sempre que tiñan un momentiño. Pero, sucedeu algo terrible para eles. O pai de Marta, que aquí non tiña traballo, atopouno nas Vegas (Estados Unidos, América do Norte) e tiveron que mudarse a vivir alí. Primeiro marchou o pai, e dúas semanas despois o resto da familia. Marta non lle contara nada a Fernando de que tiña que marchar, e esperou xusto ao último día. Fernando enfadouse moito e díxolle a Marta algo terrible: que non quería vela nunca máis porque non tiña confianza nel para contarllo dende o primeiro día. Pasaron tres meses dende que Marta se fora, e tiveron que volver de novo a Bueu, porque o seu pai non conseguira aprender inglés e acabaron despedíndoo do traballo no que estaba e non foi quen de atopar outro. Ao día seguinte de chegar de novo a Bueu, Marta foi ao instituto para seguir cos seus estudos e atopou a Fernando no recreo, pero el xa tiña outra noiva: Sonia. Tardara pouco en esquecerse dela e isto doeulle moito e non puido evitar saír chorando. E así pasou o resto do día, “chorando a mares” porque, aínda por riba, a noiva de Fernando fora a súa mellor amiga. Púxose tan triste que non quixo nin saír do seu cuarto. Pero despois de pasar a tarde e a noite chorando, sacou todas as súas forzas e pensou que xa era o momento de deixar de chorar e gastar as súas enerxías


en buscar unha parella para o baile que se celebra todos os anos a final de curso, no mes de xuño, porque non ía permitir que Fernando lle arruinase o que máis lle gustaba no mundo: “bailar”. Ao día seguinte, cando remataron as clases, ía Marta despistada falando cunha amiga de como se sentía, cando de repente chocou cun rapaz de 2º A, chamado André, e todos os seus libros caeron ao chan. André deuse presa en axudarlle a recollelos e ela quedou marabillada da súa amabilidade. Seguiron véndose no instituto todos os días, ata que el decidiu pedirlle que fose a súa compañeira para o baile de fin de curso, porque tamén lle gustaba moito bailar. No mes de abril comezaron a ensaiar o seu baile, pero non conseguían poñerse de acordo. Cando non pisaba André a Marta, pisaba Marta a André. Aínda que aos dous lles gustaba moito bailar, xuntos non conseguían facer un bo paso de baile. Pasaron semanas ensaiando, pero o seu baile non lles saía nada ben. Pola súa parte, Fernando tamén estaba ensaiando coa súa moza para o baile, pero aínda lles ía peor. Un día sen querer deulle co cóbado a súa moza na cara e deixoulle un ollo morado. Ela enfadouse tanto con el que pasou tres días sen ensaiar o baile. Xa en xuño, un día antes do baile, os catro estaban no ximnasio facendo o seu último ensaio, e saíalles igual de mal que o primeiro día. Decidiron que non ensaiaban máis e que agardarían ao día seguinte para ver como saía. Por fin chegou o gran día. Cinco minutos antes do baile, Fernando, que pasara toda a noite dándolle voltas á cabeza, achegouse a Marta e díxolle que estaba moi guapa, e se bailaba con el seguro que facían o mellor baile de toda a súa vida. Marta contestoulle que si, pero que non ensaiaran nada xuntos e non lles ía saír ben. Fernando díxolle que daba igual, que so tiña que seguir o ritmo. Ademais Marta púxolle unha condición: tiña que contestarlle a unha pregunta, tiña que dicirlle se a seguía querendo. Fernando contestoulle que seguía moi namorado dela, e así comezaron o seu baile. Os pasos parecían saírlles sos dos seus pés e xuntos tiñan un ritmo fantástico. Cando remataron todo o mundo aplaudiu marabillado e convertéronse na mellor parella de baile de toda a historia do colexio. Pola súa parte, André e Sonia bailaron xuntos, e tampouco o fixeron nada mal. Quedaron en cuarta posición. E deste xeito, todos foron felices no baile de fin de curso. 4º Educación Primaria


PARQUE XURÁSICO

A MAXIA DUN XOGO Era un xogo moi raro. Producía certo arrepío: a caixa era negra, chea de po, rodeada de arañeiras...Claudia abriuna con moito medo. Dentro había unha pequena máquina. Sen pensalo dúas veces, Marcos premeu un botón vermello que emitía un son moi estraño. O cuarto no que se atopaban comezou a dar voltas e Tomás e os seus sobriños tamén, como se estivesen no centrifugado da lavadora. Cando aquel vertixinoso movemento cesou, Claudia, Marcos e o seu tío apareceron tirados e desorientados nunha volcánica illa. Pouco a pouco foron espertando do seu atordamento e incorporándose do chan. - Tomás, onde estamos? Que nos pasou? -preguntou Claudia mirando ao seu arredor. - Non sei... Parece unha illa deserta. - Será un soño?- dixo Marcos. De súpeto escoitaron un tremendo estrondo. Semellaba unha avalancha... Xiraron a cabeza cara atrás e unha manda de galiñas xigantes aproximábase a toda velocidade. Tomás colleu forte da man aos seus sobriños e correron coma tolos. Cando xa estaban quedándose sen folgos, saltaron dentro dun enorme buraco que había no chan. Os gallimimus pasaron de longo, continuando a súa louca persecución. Claudia, Tomás e Marcos erguéndose da súa caída, observaron que ao fondo daquelas paredes había unha especie de túnel e botaron a andar por el. De alí a un pouco encontraron unha incubadora con ovos xigantescos. Quedáronse observando con moita atención e nese momento un dos ovos eclosionou. Marcos, sen poder resistilo, meteu a man e colleu unha fermosa cría de gallimimus. Continuaron camiñando polo túnel ata que deron cunha brillante luz vermella que emitía o mesmo son que tiña o botón do xogo. Premeron de novo sen dubidalo. Ante os seus ollos apareceu un portal dourado e grande, pasaron a través del e.... Sen saber como volveron ao cuarto no que xogaban co sinistro xogo. Por suposto,levaran con eles o pequeno gallimimus que co tempo converteuse na súa mascota e, a pesares do diferenza de tamaño, aprendeu a vivir coas galiñas da avoa de Marcos e Claudia

5º Educación Primaria


Fotograma da película “Frankenstein”

Frankens-té Despois da súa época asustando á xente, Frankestein cambiou o nome a Frankens-té para ter unha vida normal e cun traballo, pero tomábano coma un monstro aínda que non o era xa. El o intentaba e o intentaba, ata que un día contratárono como actor porque crían que levaba un disfrace. El quedou moi contento pero o problema era que so podía facer del mesmo pero el estaba contento. Un día foi ao colexio de Montemogos para ensinar aos nenos e nenas a ser actores, pero eles xa o facían moi ben. Entón el ensinoulles a eles e eles ensináronlle a el e todos acabaron xogando, rindo e gañando premios de cine. José Martínez 6º E.P.


Fotograma da película “El señor de los anillos”

Camiñando polo campo Fai moito tempo, dous irmáns camiñaban polo campo en silencio. Levaban unhas horas camiñando sen parar. Os dous estaban bastante cansados, pero a eles dáballes igual. O único que lles importaba era chegar ao poboado. Cando estaban a punto de chegar, un tropezou con algo, caeu ao chan e dixo: - Que dano!!!! O outro axudouno a levantarse e mirou que había unha caixa no chan e colleuna. Colleu aire e dixo: - Mira con que tropezaches! -Pero que é isto? -Unha caixa. Abriuna e dentro había xoias, ouro, prata... Os dous quedaron asombrados e á vez moi contentos. Correron cara a aldea para ensinarlles a todos a caixa. Cando chegaron, chamaron a todo o poboado. A xente non sabía que pasaba pero dáballes igual, eles seguían aos dous irmáns. Cando por fin reuniron a todo o poboado, abriron a caixa e mostráronlle á xente o que tiña dentro. A xente abraiada empezou a saltar de felicidade pois, con esa riqueza o poboado non pasaría fame nin frío. Lucía 6º primaria


Fotograma da película “Deadpool”

A SALVACIÓN HUMANA Na cidade de Nova York, as nubes quedaron negras e un malvado tirou un gas co que a xente púxose malísima. Un home que se chamaba Lucas que levaba un traxe vermello con espadas e o seu amigo que se chamaba Metalizado foron polas casas por se encontraban persoas. Encontraron un neno que se chamaba Diego. Para salvar o mundo tiñan que matar ao malvado. Foron á torre onde estaba pero o malvado envioulles un exército de malos. Metalizado e Diego deixaron un camiño para que Lucas lle dera un escarmento e Lucas mandouno marchar e salvaron as persoas e o mundo.

Raúl 6º E.P


UNHA VIAXE DESASTROSA

UNHA VIAXE DESASTROSA Érase unha vez unha familia que vivía en Dunster, un pobo de Londres. Claudia era unha nena rubia, xunto co avó, que xa era maior, e tiña o pelo branco, o irmán que tiña o pelo rizado, o tío que tiña o pelo marrón e os seus pais. A nai era rubia e o pai moreno. Decidiron irse de vacacións á Comunidade Valenciana, en España. Cando ían de camiño, nunha caravana pequena, pararon nun restaurante a cear. O avó díxolle que ía ao baño. Claudia e os seus pais marcharon. Cando o avó saíu do baño xa non había ninguén. Claudia e os seus pais non se daban conta de que o avó non estaba. Chegando a Valencia quedaron sen gasolina. Entón chamaron a un taxi. Despois de esperar vinte minutos polo taxi acordáronse do avó e foron a buscalo. Cando chegaron o avó xa non estaba, os pais de Claudia preguntáronlle ao camareiro se vira a un señor maior de pelo branco. O camareiro contesta que ese señor lle dixera que ía coller un taxi para ir a Valencia. Entón Claudia, os seus pais, o irmán e o tío foron a Valencia. Cando chegaron encontraron a o avó na entrada do hotel e fóronse á praia.

Andrea Piñeiro Rozas 6º de Primaria


Fotograma da película “Sete apelidos vascos”

DE VACACIÓNS EN NORUEGA Un día uns cidadáns do País Vasco chamados Fran, Miriam e Rosa decidiron ir de vacacións a Noruega onde vivían os avós de Miriam. A pesar de que o seu noivo Fran preferiría estar na casa vendo a tele, e deixar a Míriam e a súa nai ir solas, pero Míriam que era de moi mal carácter obrigouno a ir con elas xa que despois de todo faría todo o posible por facer feliz á súa noiva. Ao chegar a Noruega a avoa de Míriam deixou unha nota na porta da casa que dicía : “Ola se es Míriam dicirche que fun á cidade do lado. Volverei sobre as cinco e media. Se queredes podedes ir a dar unha volta ao pobo veciño”. No pobo parecía non haber ninguén xa que todo o mundo estaba comendo. Aínda eran as tres e media pasadas e non probara bocado en toda a mañá. Entón quixeron parar a comer nun dos restaurantes da zona. Ao terminar de comer, sobre as cinco e media, como pensara a avoa, foron para casa. Cando chegaron a avoa díxolle : -Que horas son estas de chegar? Onde estivéstes metidos? Fíxenvos a comida fai tres horas. -Pero… na nota pon que volverías ás cinco e media! -Esa carta e do teu avó, Míriam. Eu levo na casa todo o día. Entón ao darse conta, sen dicir nin unha palabra, foron directos ao tren de volta á casa, xa que a visita de todos os anos acababa sempre igual. EVA 6º Primaria


OS MORTOS REVIVEN No día do seu aniversario a súa nai foi ao cemiterio a deixarlle un ramo de flores. Ese mesmo día pola noite escoitábanse ruídos. A nai espertou e foi a mirar que ruídos eran. Cando baixou as escaleiras viu o espírito dun neno. A nai quedou sorprendida ao mirar ese espírito, entón pensou en que ese rapaz tiña algo familiar, en concreto era o seu fillo. A nai volveu para a súa cama e durmiu. Ao día seguinte a nai foi ao cemiterio a mirar a tumba do seu fillo e estaba desenterrada. Logo apareceu o seu fillo detrás e lle dixo: -Mama sinto que me faltas. -Eu tamén -dixo a nai. Entón os dous romperon a chorar e intentaron abrazarse pero non podían porque o neno era un espírito e... A nai espertou dun largo pesadelo!!!!

Fernando 6º Primaria


Fotograma da película: “Cómo entrenar a tu dragón”

O RAPAZ SOÑADOR, LECTOR Había unha vez en Londres un rapaz como outro calquera con doce anos, moi alto. Chamábase David. Tiña os seus amigos, tiña que ir a escola... O que pasaba era que a este rapaz lle encantaba ler todos os días. Aos seus compañeiros da clase non lles gustaba ler, solo a un, Daniel, moi delgado, que tiña trece anos e era o seu veciño. Por ese motivo se levaban xenial, compartían os libros... A eles lles gustaba tanto ler que tiñan que ir a ler sempre a unha biblioteca onde non houbera ruído. Cada día tiña que coller un libro novo, e non calquera libro. Encantáballe ler libros entre 400450 páxinas. A David os que máis lle gustaban eran os de animais, sobre todo os de dragóns e tamén os de fantasía. E a Daniel os de historia. Por outra parte, eles estaban na biblioteca e comezaron a dialogar: - David mira este conto, é xenial -dixo Daniel-. -Si, e de que trata? -preguntoulle David-. -Pois o título é Harry Potter e é un libro de fantasía -contestoulle Daniel-. -Vale, trae para acá vouno coller prestado, ten boa pinta -díxolle DavidE logo xa se foron para a casa. Dende aquel día a David encantáronlle os libros de Harry Potter. Leu toda a saga. El de tanto ler cando soñaba sempre soñaba cos contos. Sempre tiña soños de que cada día iría a viaxar a todos os sitios dos libros que leu co seu dragón, que se chamaba Albus Dumbeldore debido a saga de Harry Potter. E seguía así todos os días soñando e indo a moitos lugares no seu dragón.

Ramón Patiño Rivas 6º E.P.


Fotograma da película: “Iron Man”

O HOME ROBOT Un día en Madrid un home quixo inventar un traxe parecido a un robot. Ao día seguinte de acabar o traxe, enfermou. El tiña un fillo que se chamaba Tony, era alto, fraco e moreno. Pasaron os ano e o pai de Tony morreu por cáncer de pulmón. Tony puxo o traxe de robot e empezou a axudar á xente. Cada vez melloraba o seu traxe: fabricou unha pulseira para activar o seu traxe, púxolle voz e mais un láser de destrución. El foi o heroe de Madrid. Fixéronlle unha estatua en honor del.

Breixo 6º E.P


Fotograma da película: “As crónicas de Narnia”

UN LEÓN NA CASA Había unha vez unha familia con catro nenos chamados: Valeria, Ana, Carlos e Daniel que vivían nunha casa no medio do bosque. Un día estaban os catro irmáns xogando ao fútbol no xardín da súa casa, cando, Ana, que era a máis pequena de todos se perdeu perseguindo unha bolboreta. Cando esta estaba tan alta que xa non a podía alcanzar apareceu un león que lle preguntou a Ana: - Perdícheste? – dixo o león Ao que Ana lle respondeu: - Ti eres un león. Os leóns non poden falar. – dixo Ana acercándose a este. - Eu son Raxar, e, aínda que sexa un león si que podo falar porque eu veño do mundo do arco da vella pero os da miña cidade botáronme do meu mundo. – dixo o león moi triste. Ana, ao velo tan triste, abrazouno e dixo: - Eu son Ana, veña temos que ir durmir, está anoitecendo e, mañá pola mañá buscaremos o camiño de volta á miña casa e alí poderás quedar comigo. Así o fixeron. Fóronse a durmir e á mañá marcharon en busca da súa casa. Mentres tanto na súa casa os seus irmáns estaban moi preocupados por ela xa que non aparecía. - Que podemos facer?– dixo Valeria, a irmá de Ana.


- Vamos ir a buscala, xa! - dixo Daniel. - Pois vamos. – dixo Carlos. Cando xa estaban no medio do bosque escoitaron pisadas dun animal e de súpeto aparece Raxar que, no seu lombo levaba a Ana. - ANA!– gritan todos ao unísono. - Mira Raxar estes son os meus irmáns: Valeria, Carlos e Daniel aínda que nós lle chamamos Dani. Irmáns este é Raxar o león que me axudou a chegar ata aquí. – dixo Ana. - Eu son Raxar – dixo el. - Pero si é un león non pode falar. – dixo Valeria que estaba tan sorprendida ao ver o león que non podía case nin falar. - Vamos para a casa ou non? - dixo Carlos. - Veña vamos pero Raxar ven connosco- dixo Ana. - Vale! – responderon todos. Estiveron camiñando uns vinte minutos ata que chegaron á casa. Entraron no salón e dixéronlle aos seus pais: - Este león chámase Raxar e axudou a Ana para volver á casa; pódese quedar na nosa casa?- preguntou Dani, que, como era o maior, era o que tiña que dicilo. - Si pódese quedar aquí – dixeron os seus pais. - Moitas grazas – dixo Raxar. E así viviron felices todos xuntos coma unha gran familia. Sara 6º


Fotograma da película “Cisne negro”

A DAMA BRANCA Fai moito tempo nunha escola de danza clásica de París había unha nena que se chamaba Clara. Era de ollos e pelo escuros e tiña a pel branca coma a neve. O que máis lle gustaba do mundo era bailar Ballet, de feito ela soñaba con ser bailarina de Ballet e poder levar un traxe branco fermoso. Pero coma en todas as historias sempre hai un malo. Na súa escola, había unha rapaza rubia, baixa e fea que sempre se metía con ela dicíndolle que ela nunca chegaría a ser bailarina e xamais levaría ese traxe. Días despois o mestre anunciou un concurso para bailar o Lago dos Cisnes, quen gañase podería bailalo. Ambas as dúas concursaron, e o fixeron moi ben, cousa que fixo máis difícil a decisión do xuíz. Finalmente a gañadora foi Clara e conseguiu bailar “O Lago dos Cisnes” e levar o vestido branco. RAQUEL 6-º E.P.


SPIES IN NEW YORK

Fotograma da película: “Es por tu bien”

One day in New York, while Alberto and Agustín were talking about their mission to spy on a fugitive, Eustaquio appeared. Eustaquio was an annoying neighbour. Suddenly their boss called them to be ready for the mission. Eustaquio listened to the conversation and wanted to participate in it. When the mission started Alberto, Agustín and Eustaquio went to the Empire State Building. They infiltrated to try to catch a fugitive that was there. Suddenly the fugitive jumped from the top of the building. Alberto, Agustín and Eustaquio believed that the fugitive had died, but a policeman that was patrolling the area saved him. Then the police took him to prison again. Alberto, Agustín and Eustaquio went to the spy centre to tell their boss that the mission had gone very well. Eustaquio proved to be a good spy and he was hired. Now, Alberto, Agustín and Eustaquio are the best spies in New York.

Eva and Lucía (6º Primaria)


The ballerina

Fotograma da película: “Ballerina”

A long time ago in a professional ballet school there was a pretty girl called Aria. She wanted to be a professional ballet dancer, so she trained hard until the auditions came. That day she was very nervous but her friends encouraged her. Finally it was her turn to act. She danced and let the judges with open mouths. When the performance ended the judges congratulated her and they offered her to go to a ballet school in Paris. Some years later, after a lot of training she managed to achieve her dream. She became a professional ballet dancer and now she has lots of friends.

Raquel (6º Primaria)


KING

Fotograma da película “Kong, La isla Calavera”

In the Pacific Ocean, the S.W.A.T. finds an island with signs of life. They send a group of scouts to explore and investigate it. They arrive at the island by helicopter and they jump out to the centre of the island, were there is a desert. They bump into the dead body of a giant creature. Suddenly a creature appears and tries to kill them. They hide and while the creature is sending signals to his king, they shoot it many times in the head, causing the creature’s death. Then, they find a forest near the sea, where there is a ship waiting for them. Once in Washington D.C., they go to the White House to talk to Trump, because he has a lot of missiles. All of a sudden, what seems to be an earthquake moves the ground. However, they soon realize there wasn’t an earthquake; it was the king of the island that wanted revenge for killing the creature. Fortunately, the S.W.A.T used the Tump’s missiles to kill the creature and keep everybody safe. THE END Fernando, Jose and Raúl (6º Primaria)


Fotograma da película “Sonrisas e lágrimas”

UNHA SORPRESA INESPERADA Recordo, como se fora onte, cando eu era pequena e ía ao prado cos meus amigos e a profesora de canto. Lembro en especial, con moita alegría, os venres de primavera que nos levaba de “picnic” e nos daba a clase ao aire libre. Que ben o pasabamos! Un día cando estabamos cantando, acompañados da guitarra, achegouse un raposo. Nós pensabamos que viña escoitarnos pero en realidade o que quería era comer a nosa merenda, tiña fame. Compartimos con él a comida e quedouse con nós durante toda a tarde. Puxémoslle o nome de “Foxi” e ao rematar o día, pola tardiña, despedímonos del. As demais veces que fumos de picnic non o encontramos. Nunca máis o volvín a ver. Pero sempre estará no meu recordo!

Música-Alumnado de 5º de Primaria


Traballo colaborativo realizado polo alumnado de Infantil e Primaria do Ceip Montemogos.

Proxecto documental integrado:

“Dcine�.

Curso 2016/17


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook